
O grupo valLisoletano Jimenos Band, considerado pola crítica como o mellor tributo a Joaquín Sabina, chega este domingo dia 8 de febreiro ás 18:30 horas ao Auditorio Municipal do Carballiño. Os irmáns Nacho e Álex Jimeno subiranse ao escenario para facer gozar ao público cunha selección única de temas míticos do cantautor ubetense.
Jimenos Band é un grupo multiestilo e con moito humor, selo que caracteriza os seus espectáculos en vivo. Acompañados dos seus músicos Fernando Sú á guitarra e Harold das Heras á percusión, realizaron desde 2009 máis de 1000 concertos por todo o país, así como fóra das fronteiras españolas.
O grupo conta con cinco discos editados coas súas propias cancións, nas que colaboran artistas como Jesús Cifuentes (Celtas Curtos), Juan #Luis Cano (Gomaespuma), Loles León, Nacho Guerreiros ou JJ Vaqueiro. Os irmáns Jimenos convidan á poboación do Carballiño a asistir ao concerto do domingo, no que poderán cantar os seus temas favoritos de Sabina, gozar de música de calidade en directo e render homenaxe a un dos cantautores máis importantes de España.
VENDA DE ENTRADAS:
Anticipada: 14,00 € (a través de jimenosband.es o en A Solaina Café Bar) En taquilla: 20,00 €

O Concello do Carballiño colabora no curso de monitor de tempo libre, monitor ambiental e manipulador de alimentos organizado pola Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto e Sustinea. A Casa da Cultura da vila acollerá as actividades e formacións prácticas que capacitarán ao alumnado para traballar como monitores.
“Hai un déficit de persoas tituladas nesta área, polo que o curso supón unha ferramenta de formación e inserción laboral para persoas do Carballiño e do resto da provincia”, apuntou esta mañá Diego Fernández, concelleiro de Cultura, durante a presentación da iniciativa. O edil animou á poboación a inscribirse e agradeceu á organización á elección do Carballiño como sede do curso.
A formación está composta por 200 horas, 60 en liña e 140 presenciais, na Casa da Cultura, segundo detallou Sergio Palleiro, director da Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto. “Haberá unha actividade final no albergue de Ordelles, no Pereiro de Aguiar”, explicou. A parte presencial levarase a cabo nas fin de semanas do 28 de febreiro ao 5 de abril, con 10 horas formativas diariamente. “O alumnado recibirá a capacitación para a realización de actividades de ocio e tempo libre, desde vodas, bautizos e comunións ata campamentos de verán”, resaltou Palleiro.
Pola súa parte, Paulo Vázquez, presidente de Sustinea, fixo fincapé na falta de monitorado titulado na provincia ourensá. “Vémonos na obriga de importar monitores doutras provincias, polo que esta formación é unha boa oportunidade formativa e laboral”, apuntou.
A inscrición ten un custo de 250 euros e pódese formalizar a través do correo etl.xogo.descuberto@gmail.com ou do formulario da páxina web da Escola. O prazo remata o 22 de febreiro.
Parece ser que, tal como nos veñen decindo dende o grupo de goberno bipartido PSOE/PP, moitas rúas se van arranxar despois de que se actúen nas mesmas polas tan famosas acometidas que presuntamente se recollen no contrato (xa adxudicado) do ciclo integral da auga e que os prazos para ditas obras pde irse ata os 5 anos.
Esto podería ser razonable si fose certo. Pero non o é. Máis que nada porque en dito contrato non se contempla actuar sobre moitas de esas rúas que o necesitan. De feito acabo antes citando sobre cales si se van actuar.
Primeiramente, o contrato do ciclo integral da auga contempla un anteproxecto de obras necesarias para poder levar acabo as actuacións de mellora do citado servizo. Este anteproxecto contempla 12 obras que van dende a construcción dun novo deposito de auga ata a conexión do nucleo de Paciños á rede de abastecemento de auga.
Tan só dúas obras contemplan actuacións en rúas da nosa vila.
A primeira vai enmarcada na renovación de redes de abastecemento. En este caso e resumidamente trátase de cambiar uns 28 km de tuberias de fibrocemento en catro zonas: Rúa de Galicia (dende Calvo Sotelo ata a estrada de Cabanelas e tocando nas variantes que fosen precisas), Avenida do Parque (dende Cavo Sotelo ata Avenida do Arenteiro), Rúa de San Cibrán (dende calle Cesareo Tizón ata Señorín) e Rúa Astureses.
Nada máis.
A segunda vai dentro da instalación de novos tramos de redes pluviais e só afecta a Avenida do Balneario en dous tramos. E en este caso só afectaría aos bordes da calzada próximos as beirarrúas co cal non se asfaltaría integramente a calzada tras as obras de canalización.
Dito isto fai falla un plan integral de acodicionamento de moitas rúas. Plan, proxecto e orzamento.
Así que a realidade é esta: o contrato do ciclo integral da auga non vai arranxar o estado penoso das nosas rúas, por moito que nolo queiran vender como verdade.
Xa para rematar, ven todo aquí, por si alguén ten curiosidade.... https://contrataciondelestado.es/FileSystem/servlet/GetDocumentByIdServl...
Un saúdo do voso veciño e tertuliano Manuel Nogueira.

O temporal dos últimos dias da pasada semana, con fortes ventos, causaron importantes desperfectos na parroquia de S. Xoán de Cabanelas, tanto na igrexa como no cemiterio parroquial.
O sacerdote-administrador de Cabanelas, Pablo Serafín Espiñeira, relata o acontecido en COPE O Carballiño.
Escóitao aquí:
Buenas noches, he leído con preocupación su queja, es un problema grave y más si es diabética, ese tipo de medicación es NO demorable y no puede interrumpirse bajo ningún concepto, desde luego que hay una mala praxis por parte del personal del centro de salud, es un caso urgente y deberían meterla para que la hubiese atendido el médico, también desde la farmacia parece que no se han mostrado muy dispuestas a ayudarles , yo lo que le aconsejo es que vayan al PAC y al médico que les atienda le comenten la situación y seguramente el se las activara al ver qué es un caso prioritario, a mí me pasó hace años en Boboras que una médica sustituta no me cargo unas pastillas y en la farmacia enseguida llamaron al centro de salud y en cuestión de minutos las tenía puestas.La verdad no entiendo que demonios pasa en el centro de salud de Carballiño porque no paro de escuchar quejas de manera constante.

O Concello do Carballiño prepárase para a celebración do Entroido, unha das datas festivas máis esperadas do ano. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, presentaron a programación dos festexos, que comezan o venres 13 de febreiro e rematan o domingo 22 coa XXXI Festa da Cachucha.
“O Gran Desfile do martes e a Festa da Cachucha son xornadas moi relevantes para O Carballiño e para toda Galicia”, resaltou Fernández.
O Desfile Escolar dos centros educativos dará o pistoletazo de saída do Entroido o venres 13, a partir das 11,30 horas. Xa pola noite, será o grupo Feitizo de Pau o encargado de poñer a nota musical nas rúas da vila.
O sábado 14 celebrarase, como é habitual, o Entroido Infantil. “Este ano, como principal novidade, teremos un obradoiro de máscaras e complementos de Entroido para que os nenos e nenas poidan facer o seu propio disfrace”, detallou o edil de Cultura.
Os pequenos tamén poderán desfilar no concurso de disfraces, animado por DJ Tibu. Os máis maiores terán a oportunidade de bailar a partir das 20,00 horas co espectáculo itinerante “Carballiño te suena 3”, impulsado pola asociación @s de sempre. “Cada ano cambian de vestiario e de música”, detallou Fernández. Máis tarde será a Charanga Sorcha a que anime as principais rúas da vila.
A programación continúa o domingo, coa tradicional xornada de coplas a cargo de Os Liborianos, que actuarán a partir das 19,00 horas na Praza Maior e nas rúas do Carballiño. O luns 16 será a quenda do espectáculo itinerante “O show das orquestras”, organizado por @s de sempre, e da actuación do grupo Os Mendigos.
“O martes 17 teremos o Gran Desfile de comparsas, que como o pasado ano abrirá a batucada da casa, a batucada PerCucar do CMUS do Carballiño”, sinalou o concelleiro de Cultura. No desfile participarán comparsas da comarca, así como de fóra. “Para pechar a xornada teremos o Gran Baile na Praza Maior a cargo do Grupo Noria, onde se desvelarán os gañadores dos premios, que seguro que estarán moi rifados coma nos últimos anos debido á calidade extraordinaria dos participantes”, engadiu.
O mércores 18, a Praza Maior acollerá o Enterro da Sardiña, no que participará o grupo de teatro Dar Trela, que “sempre ofrece un produto moi creativo, con moito humor e crítica divertida”, en palabras de Fernández. O colectivo Aspadisi tamén participa na parte organizativa.
XXXI Festa da Cachucha
O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, animou á poboación a sumarse á XXXI Festa da Cachucha, que converte ao Carballiño na capital festiva galega do Domingo de Piñata. “Son miles de persoas as que se achegan á nosa vila ese día, a nosa gastronomía está tendo unha repercusión moi importante”, asegurou Dacal.
O domingo 22, as rúas do Carballiño estarán cheas de música a partir das 11,00 horas coa animación de Doctor Anchoa, CLK, Castro Bello, Feitizo de Pau e Os Biruxes. “Nos 24 locais anotados tamén haberá animación musical”, detallou o edil, quen animou á poboación a formalizar canto antes as súas reservas. “O ano pasado superamos os 2.500 comensais, un auténtico éxito”, valorou.
A partir das 17,30 horas celebrarase o desfile de folións e comparsas, nos que haberá agrupacións do Carballiño, así como de outras vilas de Galicia. A orquestra Claxxon será a encargada de poñer o broche de ouro da xornada a partir das 19,00 horas na Praza Maior.
Buenas tardes a todos, vamos a ver: mi madre pide cita para su médico de cabecera para recetas el día 21 de Enero, dicho día, el médico la llama por telefono y le dice que ya le quedan activadas todas las medicinas.
El 28 de Enero va a la farmancia por sus médicamentos y le dicen NO HAY NADA ACTIVADO.
Fuimos a la farmacia por si nos podian ayudar y nos dicen que sin recetas no hay medicamentos. Vamos al ambulatorio a las ocho de la mañana y las de ventanilla nos dicien que pidamos vez, que otra cosa no se puede hacer.
Pedimos vez y nos dan para el 4 de Febrero.
Le volvemos pedir ayuda a las de ventanilla y nos dicen que no pueden hacer nada.
Hoy viernes 30 de Febrero a las seis y diez minutos mi madre está sin medicamentos, tienes dos enfermedades cronicas, una de ellas el DIABETES.
Alguien me puede ayudar y decirme como solucionar este problema sin tener que esperar hasta el 4 de Febrero.
Yo toqué a todas las puertas pero no me ayudó nadie( ni la farmacia, ni las chicas de ventanilla, ni el médico).

Sebas Lamazares, Fátima Gómez, José Antonio Barge, Manuel Nogueira e Gonzalo Rodríguez protagonizan, unha nova entrega da "Tertulia dos Venres" en COPE O Carballiño.
Presenta: Xan Pinal.
Escóitao aquí:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »