20, Outubro 2025

O Consello da Xunta de Galicia informou na súa reunión desta semana de catro proxectos en materia de mellora do abastecemento de auga e saneamento que se levarán a cabo nos concellos de San Cristovo de Cea, Cenlle, Boborás e Leiro, que suman en total 3,5 millóns de euros.

Así, cómpre citar a posta a punto da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de San Cristovo de Cea, comprometida a comezos deste ano cun investimento de 1,1 millóns e que permitirá corrixir as deficiencias técnicas que presenta a actual infraestrutura, así como dotala de sistemas tecnolóxicos que garantan un funcionamento automatizado e eficiente.

Outra actuación igualmente destacada dentro do noso ámbito é a renovación de infraestruturas hidráulicas básicas na parroquia de Laias, en Cenlle, cun investimento previsto de 500.000 euros para resolver os problemas de abastecemento e de saneamento que sofre esta zona por mor da antigüidade e continuas avarías das súas redes.

Por último, Augas de Galicia está ultimando a licitación doutros dous proxectos hidráulicos en municipios das comarcas do Carbaliño e O Ribeiro.

A primeira destas actuacións —con 900.000 euros de orzamento— centrarase na renovación dos sistemas de abastecemento e saneamento na travesía da Almuzara, na N-541, en Boborás, bastante envellecidos e que presentan filtracións e un funcionamento deficiente, ademais de carecer dunha rede de pluviais efectiva que evite a sobrecarga da fosa séptica existente.

Tamén se renovará con 1 millón de euros a tubaxe de abastecemento entre Pazos de Arenteiro e a ETAP de Leiro (concellos de Boborás e Leiro), que ten máis de 30 anos de antigüidade e que sofre roturas frecuentes que xeran cortes na subministración, afectando a adegas e servizos municipais.

20, Outubro 2025

A área de Educación do Concello do Carballiño impulsa un expurgo na Biblioteca Municipal, un proceso técnico que permite liberar espazo físico e garantir a calidade, pertinencia e actualidade do fondo dispoñible para os usuarios e usuarias. Actualmente, as instalacións municipais contan con máis de 25.000 exemplares, dos que máis da metade se atopan en espazos non adecuados para a súa conservación e acceso público.

“Cremos que este expurgo é fundamental para empezar a darlle á Biblioteca do Carballiño o impulso que merece”, asegura Lorena Castro, concelleira de Educación, que recorda que hai 10 anos que non se levaba a cabo este proceso.

A realización do expurgo, que durará tres meses, inclúe o inventario e pre-catalogación básica de materiais a revisar, o rexistro documentado de baixas, a consulta institucional á Xunta se fora preciso pola Lei de Patrimonio Documental de Galicia e o tratamento final do material (reciclaxe, doazón ou destrución controlada).

O obxectivo, tal e como destaca a edila, non é só liberar espazo para a correcta organización dos fondos, senón tamén mellorar a accesibilidade da poboación, optimizar os recursos, garantir a calidade do fondo e conservar adecuadamente o patrimonio bibliográfico relevante. A análise realizada permitiu identificar a sobrecarga de materiais de baixa rotación, a presenza de enciclopedias e atlas obsoletos, a gran cantidade de publicacións periódicas de lexislación con escaso interese por parte da poboación ou o duplicado de volumes.

Deste xeito, o expurgo permitirá adecuar a dimensión do fondo ao tamaño da poboación do Carballiño (actualmente é moi superior), ademais de implementar unha correcta distribución e clasificación dos volumes conforme a criterios técnicos. “Deste xeito reafirmamos o compromiso da Biblioteca coa mellora continuada do servizo para satisfacer as necesidades dos seus usuarios e usuarias”, engade Castro.

19, Outubro 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou a oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) do Carballiño. Alí destacou o labor que desenvolve na atención ás persoas demandantes de emprego da contorna e avanzou que en 2026 se licitarán cun orzamento de preto de 2M€ e poñerán en marcha as obras para o seu traslado a un novo espazo no edificio do Centro Comarcal do Carballiño, dotado con máis de 900 m2 e que compartirá co Polo de emprendemento xa operativo alí.

José González destacou que esta actuación, que abranguerá tamén o acondicionamento exterior deste espazo, queda enmarcada no Plan de modernización de infraestruturas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración —que abrangue tanto as oficinas de emprego como os centros de formación dependentes— e que contará cunha partida nos Orzamentos de 2026 de arredor de 8 M€, consolidando o esforzo deste ano.

No caso do Carballiño, o conselleiro subliñou que o proxecto de integrar nun mesmo edificio a oficina de emprego e o Polo non é casual, xa que permitirá crear un espazo único de empregabilidade e talento, favorecendo as sinerxías entre o emprego por conta propia e allea, respondendo ás necesidades do tecido empresarial da contorna.

No marco do proceso de modernización do SPEG, González tamén salientou que a oficina do Carballiño —que atende os municipios do Carballiño, Boborás, Beariz, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea— conta ademais con ferramentas como EMi co obxectivo de casar de xeito máis eficaz as competencias das persoas demandantes de emprego coas necesidades do tecido produtivo. Esta ferramenta xa permitiu o perfilado competencial de máis de 79.000 persoas en Galicia, arredor de 16.000 persoas en Ourense. En canto ao Polo do Carballiño, puxo de relevo que é un dos catro activos na provincia —xunto cos de Baños de Molgas, O Barco e Verín— e xa axudou á creación de medio cento de empresas. Unha folla de ruta que avanzará no 2026 cun apoio autonómico de medio millón de euros, dos que 120.000 euros irán destinados ao polo desta vila.

O conselleiro destacou que o novo espazo incrementará as oportunidades laborais con impacto no territorio. Un eixo fundamental da Consellería que, sinalou, avanzará o vindeiro ano no desenvolvemento das políticas que permitan potenciar as oportunidades laborais dos galegos e galegas —xa sexa por conta propia ou allea—, a atracción de talento ou o pulo ao comercio local. Un traballo enmarcado dentro dos Orzamentos da Xunta para 2026, que por primeira vez superan os 14.000M€ (14.240M€), cun incremento de 300M€ que irá destinado ao 100% ás áreas sociais —Política Social, Educación, Sanidade e Emprego—, que en total reciben 3 de cada 4 euros das contas.

18, Outubro 2025

Los socialistas exigen explicaciones al alcalde y transparencia sobre los costes y
permisos de esta actuación en el río Avia´

El PSdeG-PSOE de Leiro muestra su sorpresa e indignación por la reciente instalación de farolas en el paseo fluvial del municipio, colocadas entre los árboles y a escasos metros del cauce del río Avia. Las imágenes, compartidas por numerosos vecinos y vecinas, muestran luminarias prácticamente ocultas entre las ramas, lo que hace imposible que cumplan su función de alumbrado público. Además, esta actuación podría afectar al dominio público hidráulico, por lo que el grupo socialista solicita a la Confederación Hidrográfica Miño-Sil y a la Consellería de Industria que aclaren si existen los permisos y proyectos técnicos correspondientes.

“No se entiende que el Ayuntamiento gaste dinero público en algo tan absurdo, instalando farolas dentro de los árboles, en un entorno natural que debería ser cuidado y no alterado”, señalan los concejales socialistas Manuel Rodríguez Vázquez y Pedro José González González.

El grupo socialista denuncia también la falta total de planificación y de criterio ambiental, recordando que en verano las copas de los árboles cubrirán por completo las luminarias, lo que obligará a realizar podas continuas que dañarán el arbolado y aumentarán los costes municipales. El PSdeG de Leiro exige al alcalde que explique quién autorizó esta actuación y bajo qué criterios técnicos, y reclama transparencia inmediata sobre el coste y el proyecto empleado.

17, Outubro 2025

Sobran verbas

17, Outubro 2025

Non existen verbas nin en sánscrito nin en arameo para cualificar esto. O que queda clarísimo tendo en conta o comportamento da xente, é que temos o que merecemos tanto no goberno local como na oposición.

17, Outubro 2025

O Carballiño vén de superar neste mes de outubro a histórica cifra dos 15.000 habitantes no seu padrón municipal, un fito que se acada por primeira vez na historia da vila e do que deu conta esta mañá o alcalde, Francisco Fumega, baixo o lema “Xa somos 15.000”, acompañado polo tenente alcalde, José Castro.

O rexedor destacou que se trata dun feito de gran relevancia non só para O Carballiño, senón tamén para a provincia de Ourense, xa que é a primeira vez que unha vila ourensá supera esta cifra, ademais da capital provincial, que o fixo en 1.900. 125 anos despois, únese a capital do Arenteiro.

“O Carballiño medra, e un pobo que medra é síntoma do músculo económico e social que o fai posible”, puxo en valor o alcalde.

Fumega subliñou tamén que O Carballiño “é hoxe unha excepción dentro da tendencia xeral de perda de poboación en Galicia, especialmente nas zonas de interior e na provincia de Ourense, e que este crecemento demostra que cun modelo municipal diferente —centrado na calidade de vida, o emprego, a cultura, a natureza e a gastronomía— é posible reverter esa tendencia e atraer nova poboación”.

O alcalde lembrou que superar os 15.000 habitantes era un dos obxectivos principais do goberno municipal para o presente mandato, e que se logrou cando só transcorreron dous dos catro anos, grazas en parte á campaña de empadroamento posta en marcha a comezos do mesmo.

Segundo os datos do padrón municipal, o pasado 6 de outubro O Carballiño alcanzou os 15.023 habitantes, mentres que o último dato oficial do INE, de xaneiro de 2024, situaba a poboación en 14.075 persoas. É dicir, case un milleiro máis en pouco máis dun ano.

O Carballiño, unha excepción positiva en Ourense

Ata agora, Ourense era a única provincia galega onde só a capital superaba os 15.000 habitantes. Pola contra, A Coruña conta con 13 localidades, Pontevedra con 15 e Lugo con dúas por riba desa cifra.

“Nun panorama coñecido como é o da Galicia despoboada, O Carballiño conseguiu medrar e facelo, ademais, sendo unha vila do interior. Unha boa nova que fala do dinamismo que ten o concello. Unha poboación repartida no territorio é tamén un modelo máis enriquecedor e xusto”, declarou o alcalde.

O Carballiño convértese así nun caso único e esperanzador, que demostra que o interior galego pode medrar cando se ofrecen oportunidades e unha boa calidade de vida.
O crecemento poboacional non se debe ao saldo vexetativo —que continúa a ser negativo-, senón ao atractivo da vila para vivir e traballar. A maioría das novas altas no padrón corresponden a persoas procedentes de Latinoamérica, o que converte O Carballiño nun referente de integración e convivencia.

A isto súmase o dato de paro máis baixo desde que hai rexistros, actualmente por debaixo do 11%, e a ampliación en marcha do Polígono Industrial, principal motor económico e de emprego da comarca.

Un impulso para seguir medrando

Dende o Concello destácase que o paso da barreira dos 15.000 habitantes é moito máis ca unha cifra simbólica: representa a vitalidade da vila e serve como acicate para seguir mellorando os servizos públicos e consolidar o crecemento.

“Este é un logro polo que felicitarnos pero ten que ser un paso ao futuro para seguir medrando. O Carballiño ten que ser un sitio onde vivir, onde medrar e onde emprender”, declarou o tenente alcalde, José Castro.

Se pechamos o ano con estes datos, poderiamos optar a maiores fondos para todas as obras chave desta vila, como o Centro de Saúde”, engadiu.

O goberno local manterá a campaña de empadroamento e continuará presentando O Carballiño como un lugar ideal para vivir, traballar e desfrutar, cun estilo de vida saudable, unha ampla oferta cultural e un entorno natural e gastronómico privilexiado.

Un salto poboacional para superar a barreira dos 15.000 habitantes que consolida O Carballiño como referencia de dinamismo e progreso no interior de Galicia.

17, Outubro 2025

Fátima Gómez, Sebas Lamazares, Manuel Nogueira e Gonzalo Rodríguez participan nesta Tertulia dos Venres en COPE O Carballiño, correspondente a este dia 17 de outubro.

Repaso comentado ás novas máis destacadas e polémicas dos últimos dias no Carballiño e outros concellos do noso ámbito.
 

Escóitaa aquí:

16, Outubro 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Carballiño, un trámite fundamental que permite avanzar na construción do novo centro de saúde na parcela da actual estación de autobuses, situada na avenida do Balneario.

Esta modificación urbanística, promovida polo Concello do Carballiño e aprobada pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, adapta a ordenanza municipal número 9 —equipamentos e dotacións— para habilitar o uso sanitario do terreo. Con este paso, complétase o proceso administrativo necesario para facer realidade unha infraestrutura moi demandada pola veciñanza e que suporá un salto cualitativo na atención sanitaria do municipio e da súa comarca.

O novo centro de saúde (que se construirá onde actualmente está a Estación de Autobuses) duplicará a superficie do actual, pasando dos 1.800 aos 4.500 metros cadrados, e permitirá mellorar de forma notable as condicións asistenciais tanto para os máis de 20.000 pacientes que reciben atención neste centro como para os profesionais que nel traballan. As novas instalacións incorporarán áreas de saúde bucodental e mental, así como salas de críticos e observación no Punto de Atención Continuada (PAC).

O alcalde, Francisco José Fumega, destacou que a publicación no DOG da aprobación definitiva “certifica que o traballo conxunto e a colaboración institucional dan froitos concretos en beneficio da cidadanía”. Fumega subliñou tamén “a importancia deste proxecto para mellorar os servizos públicos e consolidar a vila como referente comarcal na atención sanitaria”.

O Concello do Carballiño foi quen de adaptar o planeamento urbanístico ás necesidades do proxecto, axilizando os trámites e facilitando a cesión da parcela da antiga estación de autobuses, que pasará a ter uso sanitario. Ademais, o plan prevé reservar un espazo libre de 1.000 metros cadrados para aparcadoiro en superficie, atendendo á demanda de prazas vinculadas ao futuro centro de saúde.

Esta actuación é froito da colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia, que asumirá a execución da obra unha vez completados os trámites urbanísticos e de cesión da parcela. “Desde o Concello fixemos o que nos correspondía: poñer o solo a disposición e adaptar o plan. Agora, o seguinte paso será ver como ese traballo se traduce nun centro moderno, funcional e pensado para o futuro da nosa vila. Todo queda pendente de que a Xunta remate a redacción do proxecto e adxudique a súa construción, algo que esperamos se produza o antes posible”, concluíu o rexedor.

Con esta publicación no DOG, O Carballiño dá un paso decisivo para facer realidade unha das infraestruturas máis esperadas pola veciñanza e continúa avanzando na mellora dos servizos públicos e da calidade de vida no municipio.

16, Outubro 2025

O DOGA publica no seu número de hoxe a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo pola que se somete a información pública a aprobación do Plan Básico Municipal do concello de San Amaro.

En consecuencia, a partir deste venres dia 17 de outubro todas aquelas persoas que o desexen poderán examinar o documento e presentar aquelas alegacións que consideren oportunas.

Preme no enlace para acceder á resolución:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251016/AnuncioG0765-031025-0...

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS