
O Arenteiro gañou de novo o dereito a xogar a COPA DO REI 2023-2024 na súa condición de campión do grupo 1º da Segunda Federación na pasada tempada. Este martes dia 17 de setembro coñecerá ao seu rival na primeira ronda do campionato, que se desputará a partido único entre os dias 31 de outubro ao 2 de novembro próximos.
O Arenteiro será un dos 18 equipos da Primeira RFEF clasificados para a nova edición da gran competición do fútbol español, que tan bos recordos trae á afección do Arenteiro, tras as históricas eliminatorias dos últimos anos en Espiñedo ante Valencia CF, Almería -ao que eliminou- e o Atlético de Madrid.
Agora como equipo de Primeira RFEF o Arenteiro emparellaráse cun equipo de inferior categoria, en concreto será un equipo de Segunda Federación, debendo desplazarse ao seu campo para desputar a eliminatoria.
O rirval do Arenteiro estará nun destes equipos:
Real Avilés, SD Compostela, Zamora, Guijuelo, Utebo, Gernika, Tudelano, Peña Deportiva, Manresa, Terrassa, Hércules, UCAM, Yeclano, Navalcarnero, Cacereño, Gimnástica Segoviana, Villanovense, Covadonga, Cayón, Barakaldo, Europa, Orihuela, Ursaria, Arandina, Marbella, Mensajero, Águilas, Llerenense, Valle de Egüés, Náxara, Barbastro, Club Atlético Antoniano, Andratx e Manchego Ciudad Real.
COPE O Carballiño ofrecerá en directo o sorteo, a partir das 13:00 deste martes dia 17 de outubro.

A Xunta de Galicia e o Concello de Piñor porán este ano á disposición da veciñanza un edificio de usos múltiples no municipio destinado a albergar diferentes actividades de carácter social e deportivo.
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada do alcalde da localidade, José Luis González, visitou hoxe esta actuación, cuxo obxectivo é dotar a este municipio dun novo edificio multifuncional.
O inmoble consta de planta baixa —na que se localiza unha das salas do edificio, os aseos, o cuarto de instalacións e o almacén— e primeiro andar —con outra sala de maiores dimensións dotada con gradas retráctiles, almacén e unha solaina—, conectadas entre si por unha escaleira e un ascensor.
Ademais, o edificio de usos múltiples de Piñor, que segundo avanzou a vicepresidenta estará totalmente rematado nun mes, localízase ao carón do albergue de peregrinos e dunhas pistas polideportivas, o que converterá esta contorna nun nodo de equipamentos e punto de encontro para a veciñanza da localidade.
Cun investimento total de máis de 500.000 euros, estas obras acometéronse ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais.
Deste xeito, segundo explicou Ángeles Vázquez, o Goberno galego financiou o 70 % do custo das obras e o concello, a través dun convenio asinado coa Deputación de Ourense, achegou o 30 % restante, un apoio económico que resulta clave, resaltou, para que moitos municipios poidan acometer obras de humanización que, como esta, inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza e na habilitación de espazos públicos.

O prazo de inscrición no programa formativo Impulsa Emprego Verde, destinado a mellorar a cualificación de persoas desempregadas galegas -principalmente residentes en núcleos rurais- permanecerá aberto ata o próximo 2 de novembro.
Con esta iniciativa apoiada pola Xunta de Galicia e desenvolvida pola Fundación Santa María la Real trátase de formar persoas para que poidan acceder a oportunidades laborais no eido da economía sustentable.
A oferta formativa impartirase en liña e comprende 32 horas. Inclúe obradoiros e itinerarios personalizados para que os beneficiarios adquiran habilidades de cara a ocupar novos postos de traballo vencellados coa economía verde. Bríndaselles, así, formación en liña e gratuíta a través de sesións grupais, asesoría individual e webinarios profesionais.
Poden participar nesta iniciativa persoas en desemprego de 18 a 65 anos que residan, principalmente, en zonas rurais. Galicia foi unha das tres comunidades autónomas seleccionadas este ano para acoller o programa.
Impulsa Emprego Verde identifica as necesidades formativas relacionadas co emprego verde para mellorar a procura de emprego en sectores con maior proxección profesional.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da web: https://areaempleofsmlr.es/empleabilidad/impulsa-empleo-verde/.
Bos días a todos, o Martes 10 de Outubro pedin vez pa recetas no ambulatorio de Carballiño, e dironme po Venres as 5 da tarde, ( hai máis de 2 anos que non teño médico de cabeceira) pois ainda estou esperando que me chamen. Por se fora pouco vou a farmacia pa ver se más dan pagando, e nada, teñen que ser con receta, enton o que fago é volver a pedir vez po Luns 16, e resulta que me dan vez po Jueves 19 de outubro, e agora que fago tantos dias sen médicamentos.
Eu non entendo que fan as persoas as que votamos pa que miren polo ben do pobo, pa que loiten por uns servicios dignos, por unha atención de calidade, creo que como ciudadanos do Carballiño merecemos que se nos respete como seres humanos que somos.
Estamos dando un paso pa diante e vinte pa trás, falan de facer un AMBULATORIO NOVO e non hai médicos, e os poucos que hai non cumplen cas suas obligacións, xa sexa por deixadez, ou por estar saturados.

CINE. O Cine Club Carballiño proxecta este venres dia 13 ás 20:00 e 22:30 horas no auditorio o filme chinés "El regreso de las golondrinas". O Novocine de Leiro proxecta cine de estrea "La patrulla canica, la superpelícula", cine infantil e familiar a diario ata o próximo domingo dia 15 en horarios ás 16:00, 18:00 e 20:00 horas.
TEATRO. Continúa a Mostra de Teatro Amador de Tiruleque, este sábado dia 14 ás 20:00 horas, o grupo "Gargallada Teatro" presenta a súa comedia "Crónica dun pobo".
1ª XUNTANZA DE CLÁSICOS DO IRIXO. Máis dun cento de coches clásicos participan nesta caravana automobilista que recorrerá polas estradas das parroquias do municipio, con xantar de confraternidade na carballeira da Pena da Sela.
ARENTEIRO FOTOGRÁFICO: A asociación "O Potiños" abre do venres ao domingo as exposicións fotográficas que permanecerán durante este mes de outubro no baixo sito no número 26 da rúa Evaristo Vaamonde.
VISITA COMENTADA AO CASTRO DE CAMEIXA. O concello de Boborás invítanos a unha visita guiada e comentada ás escavacións do castro de cameixa, será ás 11 da mañá do domingo 15, e o punto de encontro será o campo da festa da parroquia de cameixa.
FUTBOL DE PRIMEIRA RFEF: O Arenteiro recibe desde as 20:00 horas do domingo 15 en Espiñedo ao equipo vasco do Sestao River, en partido correspondente ao campionato de liga da Primeira Federación.

A polémica polo anuncio de CD Arenteiro que non instalará en Espiñedo a grada provisional que estaba prevista tras comunicarlle o concello que non podía autorizala por cuestións urbanísticas e tras saberse que un particular presentou unha denuncia, asi como a posible alianza de Jácome e Pachi Vázquez para unha lista conxunta de Democracia Orensana e Espazo Común para concurrir ás autonómicas de 2024, foron desta vez temas estrela na Tertulia de COPE O Carballiño.
Sebastían Lamazares, José Antonio Barge, Manuel Nogueira, e María Luisa Rodríguez participan nesta tertulia do venres 13 de outubro de 2023.
Pode escoitála no audio adxunto:


Asi llevamos 4 meses en la calle Blanco Amor de Carballiño, ya avismos al concello pero no hacen nada.

Son datos oficiais que publica e actualiza cada trimestre o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agencia Urbana, e nos que podemos ver a evolución das transaccións inmobiliarias no municipio do Carballiño. Dos mesmos pódese concluir que O Carballiño está quedando sen vivenda nova e as que pode haber non están a venda.
Os datos oficiais son concluíntes, en todo o ano 2022 do total das 120 operacións de compra e venda de vivenda no concello do Carballiño tan so 8 foron vivendas novas. E se miramos ao primeiro semestre deste ano 2023 observamos que do total das 46 transaccións inmobiliarias contabilizadas, tan so 1 foi de vivenda nova.
Os últimos datos contrastan cos dos mellores anos en vendas de vivenda no municipio carballiñés no que levamos de século 21. O mellor ano, o de 2008, chegaron a realizarse en total 272 transaccións inmobiliarias, das que 210 foron de vivenda nova. No ano 2010 foran en total 246 as operacións de compra venda de vivenda, das que 203 eran vivendas novas.

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo neste xoves dia 12 de outubro, no concello de Avión, parroquia de Nieva, que segundo as últimas estimacións supera xa as 70 hectáreas de superficie afectada. O lume iniciouse ás 21,34 h. deste pasado mércores e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 8 técnicos, 16 axentes, 26 brigadas, 19 motobombas, 2 pas e 3 avions. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- …
- seguinte ›
- última »