6, Outubro 2023

A casa do concello do Irixo acolleu a IV reunión da Asociación de Concellos Camiño de Nós.

Asistiron alcaldes e representantes de dez municipios das provincias dr Ourense, Pontevedra e A Coruña polos que atravesa a ruta seguida, en xullo de1926, por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Vázquez Monxardín, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo Bedia, desde Ourense a Compostela.

A presidenta e anfitriona da Asociación que reivindica este itinerario cultural é Susana Iglesias, alcaldesa do Irixo, vicepresidente José Manuel Iglesias, alcalde de Maside e o secretario Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra.

O próximo 21 de outubro, sábado, ás 10,00 hs terá lugar a III Andaina Camiño de Nós, co traxecto O Carballiño-Irixo, organizada pola Fundación Insua dos Poetas e patrocinada polos Concellos do Carballiño e O Irixo.

6, Outubro 2023

Bos días. Gustaríame comentar unha desagradable experiencia que me sucedeu esta semana. O pasado mércores tiña que ir a Ribadavia ben cedo e estiven chamando por teléfono á parada de taxis da Alameda desde as oito en punto da mañá ata as oito e media sen que ninguén contestase. Como non había resposta decidín acercarme eu mesmo ata a parada e comprobei que efectivamente non había ningún taxi. Quedeime alí esperando ata ás nove en punto e non apareceu ningúen. Finalmente vendo que xa non chegaba a tempo á miña cita en Ribadavia desistín e marchei para a miña casa cabreado. Estas cousas non pasaban fai anos cando había máis dunha parada de taxis no Carballiño. Daquela había taxis na Alameda, na Praza Maior do Concello, na Praza dos Liborianos e ata nas estacións de buses e de tren. Polo que se non atapabas taxi nunha delas sempre podías probar noutra. Esto último tamén mo fixeron notar turistas que veñen ao Carballiño e chegan en bus ou tren e se atopan que xa non é frecuente que haxa un taxi esperando na estación ás horas das principais chegadas. Remato para dicir que so pretendia desafogarme un pouco e espero que no futuro este tema dos taxis e do transporte público en xeral mellore e non pasen situacións coma ésta de ter que ir a outra vila ou cidade e non poder por falta de alternativas. Un saúdo.

5, Outubro 2023

O alcalde non lle chega con non facer mantementos, con non facer obras, nin instalacións.

Ahora quere desfacer o pouco que hai no pobo.

A única rúa ancha na que se pode circular sin quedar atascado. Na única que se pode ir a pasear coa familia porque collemos todos pola beirarúa. Pois resulta que a quere facer de un solo sentido e recortarlle as beirarúas.

Quere desfacer a única avenida decente do Carballiño.

Que cando se vaia el, non quede nada.

Vaiase señor Fumega e deixe paso a quen queira facer e non desfacer.

5, Outubro 2023

Ao fio da denuncia "Centro de saúde en Señorín, a fantasía do Alcade, teño que recoñecer que é un asunto que me ten intrigado.

E cales serían os terreos próximos ao helipuerto de Señorín? Ao mellor, por casualidade, se achegaban aos que o Alcalde e a súa familia ten por alí. Vamos, por dicir algo.

Tamén, por casualidade, veño escoitando desde dous anos para aquí e pleno tras pleno, ao portavoz de Espazo Común, Adolfo Nogueira, pedindo explicacións ao alcalde sobre a apropiación de terreos públicos por parte do seu familiar  cun cerre de postes sen ter o título habilitante, que mais tarde o propio alcalde lle legalizou, aínda que os servizos xurídicos e técnicos do Concello certificaron a súa ilegalidade; e preguntando sobre as medidas que os responsables municipais tomaron para defender os bens municipais. As respostas do Alcalde, que se poden comprobar nas grabacións dos plenos, son esperpénticas.

Parece que hai presentada unha denuncia contra o Alcalde por prevaricación e tráfico de influencias  por parte dos particulares tamén afectados. E a todo isto, onde estaba o resto da oposición e os medios de comunicación neste tempo?. Resulta sorprendente e mais que intrigante este clamoroso silencio.

Como dí a denuncia anterior, que cada quen saque as súas propias conclusións.

5, Outubro 2023

Os alcaldes e alcaldesas asinantes do Pacto de Pedre (Jorge Cubela, de Cerdedo-Cotobade; Patricia Torres, de Boborás; Manuel Prado, de Beariz; Manuel Vázquez, de Punxín; Susana Iglesias, do Irixo, Manuel Iglesias, de Maside, e Francisco Fumega, do Carballiño), mantiveron hoxe unha reunión co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor para solicitar o apoio da institución provincial na reivindicación da mellora integral da estrada N-541.

Luis Menor recalcou a importancia da petición unánime dos alcaldes dos municipios afectados de dúas provincias. Sinalou que o tráxico accidente na Noiteboa de 2022, con 7 falecementos, amosou a crudeza da situación de falta de seguridade que ten unha vía que vertebra dúas provincias e une dúas capitais de provincia. "A estrada está igual que hai 30 anos, salvo algún remendo que en nada mudou a situación. A Deputación non pode ser máis que solidaria e reivindicativa cunha petición de aumento da seguridade, pois as mortes non as podemos soportar", recalcou.

Luis Menor tamén abundou no valor estratéxico que ten esta estrada para o desenvolvemento económico de dous territorios. "Por iso precisamos maior ambición: por suposto, e en primeiro lugar, unha reforma que é máis que necesaria. Pero iso debémolo combinar cunha vía de alta capacidade que una as capitais das provincias de Ourense e Pontevedra. Sería a solución definitiva para vertebrar, solucionando os problemas actuais e dispoñendo dunha conexión sólida e de futuro na que o Goberno central se debe poñer a traballar, polo ben de ambas provincias".

Jorge Cubela, que falou en nome dos alcaldes firmantes do Pacto de Pedre, agradeceu o apoio da Deputación de Ourense e a sensibilidade do seu presidente, Luis Menor, respecto á súa petición: a mellora integral da N-541. A súa falta de adherencia, situación actual e estado de conservación está provocando unha grave inseguridade para as persoas, con demasiados sinistros de tráfico. E sinalou como necesidade inmediata unha capa de rodadura no seu trazado integral e mellora nos accesos aos núcleos poboacionais.

5, Outubro 2023

A Deputación de Ourense presentou na Feira Internacional de Termatalia que se está celebrando en Uruguai, a primeira tarxeta dixital termal (wallet), que permitirá aos usuarios coñecer as novidades dos programas públicos provinciais de termalismo, promocións que o sector realice con axuda da Deputación ou facilitar a súa identificación nos centros termais da provincia, entre outras cuestións.

O presidente de Uruguai, #Luis Lacalle, tivo a oportunidade de coñecer os detalles desta nova ferramenta -a primeira destas características que se implementa no sector dos balnearios- da man da director da área de Benestar da Deputación de Ourense, Jose Juan Cerdeira.

Outra das funcionalidades que ofrece esta tarxeta é crear un sistema de comunicación directa entre os balnearios e os usuarios, permitindo ao sector incluír direccións web actualizadas con descontos ou promocións especiais.

A tarxeta dixital (wallet), dispoñible para os dous sistemas operadores de telefonía móbil (IOS e Android, servirá aos balnearios e á institución provincial para informar á cidadanía das novidades termais de Ourense. Para iso, os usuarios deberán instalar esta tarxeta na aplicación wallet do teléfono e rexistrar os seus datos persoais para que a través dun código QR, o balneario poida ler en segundos a información básica de identificación do usuario. Unha ferramenta deseñada para que se actualice inmediatamente para os usuarios, balnearios e a administración provincial.

Neste sentido, é importante destacar que esta tarxeta permitirá dispoñer dos datos do usuario para a súa identificación cada vez que acuda a un balneario da provincia permitindo un maior control que será beneficioso para múltiples obxectivos como pode ser: campañas de promoción que outorguen puntos por ir aos balnearios a través de rebaixas ou premios por alcanzar un número de usos dos servizos dos centros termais, ata a posta en marcha dun sistema que simplifique o rexistro das técnicas termais que se presta en programas como o de Termalismo Social da Deputación. De feito, a partir do ano 2024 utilizarase esta tarxeta dixital para comunicar o inicio do programa, informar sobre as súas novidades, así como para contactar coas persoas beneficiarias do mesmo.

Así mesmo, se o usuario da tarxeta permíteo, o sistema pódelle enviar mensaxes e notificacións personalizadas e xeolocalizadas reportándolle unha serie de información que poida ser do seu interese. Pero, para acoutar máis a información que ao usuario chégalle a través da tarxeta, poderá determinar no formulario de inscrición o “grupo de interese” ao que quere pertencer, por exemplo, as persoas beneficiarias do Programa de Termalismo Social terán un grupo específico.

O primeiro grupo en crearse nesta plataforma foi o de “Grupo Termatalia 2023” para poñer ao dispor da comunidade científica e dos representantes de organismos públicos, a posibilidade de rexistrarse na tarxeta dixital coa finalidade de fomentar colaboracións e transferencia de boas prácticas.

Termatalia Uruguai 2023 declarado Evento de Interese Turístico

“Termatalia Uruguai 2023” foi declarado Evento de Interese Turístico polo Ministerio de Turismo da República Oriental do Uruguai. Trátase da quinta edición da feira en América Latina, tras as celebradas anteriormente en Perú, Arxentina, México e Brasil. Ao longo das súas 21 edicións, Termatalia é un evento que demostrou ser de interese para os gobernos que apostan por posicionarse como destinos termais e de turismo de saúde.

5, Outubro 2023

É ben sabida a ubicación favorita do alcalde do Carballiño para construír o novo Centro de Saúde, que de novo no último pleno se nombrou. Pena que a Xunta non se decantase pola opción de levalo á zona do helipuerto de Señorín (na que tanta insistencia tiña o Sr. alcalde) e escollese a estación de autobuses para elo, ante as dúas únicas propostas do concello para situar o novo centro de saúde.

Nestes días veume á cabeza a problemática que unhos particulares veñen reclamando dende fai tempo en varias denuncias e inclusive nos propios plenos do concello, onde denuncian que un familiar do alcalde invadiu terreos particulares e do concello nesa zona.

Quizais, e só quizáis, dúas historias xuntas enténdense moito mellor. Que cada quen saque as súas propias conclusións....

4, Outubro 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a resolución dunha nova orde de axudas para as unidades de atención temperá, entre as que figura a da Mancomunidade de Concellos do Caballiño, que presta atención a máis de 150 nenos e nenas entre os cero e os seis anos, que xestiona a entidade comarcal que agrupa aos concellos de Boborás, Beariz, San Amaro e O Irixo.

Ademáis, esta unidade tamén ofrece este servizo mediante convenios de colaboración, para os concellos do Carballiño, Maside, Piñor e a Mancomunidade do Ribeiro. A alta demanda que está rexistrando este servizo facía necesaria a ampliación de horas de atención por parte dos profesionais que atenden aos cativos, o que vai ser posible para o ano 2024 a través desta orde, posibilitando a contratación de maís persoal. A Mancomunidade de Concellos do Carballiño recibirá para esta finalidade un incremento da subvención inicialmente concedida, que ascende a 23.455 euros.

Os cativos que acuden a este servizo reciben de forma gratuíta atención para atendenr as necesidades transitorias ou permanentes relacionadas con transtornos no seu desenvolvemento ou en risco de padedelos. Un equipo formado por logopeda, psicologo e terapeutas ocupacionais atenden este servizo que foi incrementando a súa demanda desde a súa creación por parte da Mancomunidade de Concellos do Carballiño.

4, Outubro 2023

Boas. Na última tertulia díxose (erróneamente ao meu parecer) que para suplir as carencias do transporte público na nosa comarca podemos ir ata Punxín e coller alí o urbano de Ourense e tamén o transporte metropolitano. Primeiro o urbano de Ourense vai hasta as bodegas de Santa Cruz de Arrabaldo. Non ata Punxín. E segundo, o de que o transporte metropolitano chega ata Punxín é certo, pero solo sobre o papel porque a día de hoxe inexplicablemente segue sen estar implantado. Somos a única provincia galega na que sucede iso. A culpa de quen é? Porque a conselleira Ethel Vázquez e o alcalde de Ourense, Jácome, cúlpanse mutuamente o un ao outro de tardanza na súa implementación. Con políticos así, que non miran nada para a provincia de Ourense, mal vamos.

4, Outubro 2023

Uns meses despois de "aparecer por un meigallo" este burato no medio da beirarrúa da rúa San Cibrao, presentei un escrito no concello para que o viñesen arranxar. Deso xa van outros cinco meses. Tanto costa mandar algún operario do concello a quitar os entullos e tapar con morteiro?

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS