23, Setembro 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e polo tenente de alcalde de Leiro, Ramón Álvarez, supervisou os labores de posta en marcha do polígono agroforestal de Barzamedelle.

O conselleiro puxo en valor, de maneira especial, os traballos de roza das acacias, que polo de agora abranguen unha superficie de 33 hectáreas, das 59,2 que se estima ocupa esta planta dentro do perímetro do polígono, é dicir, case o 56% do total.

Neste mesmo sentido, José González subliñou ademais que con esta actuación, pioneira no seu enfoque e dimensións, refórzase a protección da bisbarra do Ribeiro fronte os incendios forestais, ao tratarse dunha especie invasora e ademais pirofítica, polo que representa un risco dende o punto de vista da prevención do lume. Sinalou tamén que son traballos precisos para o recoñecemento das parcelas existentes e da investigación dos seus titulares.

Limpeza de camiños
A maiores, o titular de Medio Rural trasladou que tamén se actuou na limpeza e recuperación en case seis quilómetros e medio de camiños, para mellorar as comunicacións dentro dun polígono que se enmarca na aplicación da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e que suporá mobilizar un total de 145,6 hectáreas. Polo de agora identificáronse xa, mediante a investigación da propiedade, un total de 183 parcelas de 113 propietarios, o que representa que está identificada a titularidade de 63 das 145,6 hectáreas que conforman o polígono, é dicir, un 43% do total.

Segundo explicou o conselleiro, o obxectivo é poñer en valor terra de boa capacidade produtiva abandonada ou infrautilizada de forma sustentable. Búscase así, engadiu, crear actividade agrogandeira, fixar poboación e anticiparse aos incendios forestais. Neste caso concreto, González trasladou que a orientación principal do polígono será o viñedo (cultivos leñosos), dada a súa situación estratéxica, o que permitirá aumentar a produción da denominación de orixe Ribeiro.

22, Setembro 2023

O PSdeG-PSOE de Leiro critica que a Conta Xeral de 2022, que o goberno local do PP levou a pleno esta mesma semana e aprobou coa súa maioría absoluta, contén importantes “eivas” e deixa en evidencia a “nefasta” xestión do alcalde.

Os e as socialistas amósanse especialmente preocupados porque un concello que “ten un orzamento anual de 1.150.000 euros, teña pendente de cobro 652.199,74 euros, o que supón un 57% dos ingresos previstos para o exercicio. Dende o grupo municipal socialista aproveitaron a sesión plenaria para preguntarlle ao alcalde, Francisco José Fernández, diferentes aspectos do contido económico da conta xeral do ano 2022. Os e as socialistas de Leiro afirman que “346.208,99 euros do total pendente de ingresar son de dubidoso cobro, xa que pertencen a exercicios anteriores e temos serias dúbidas de que algúns dos compromisos non prescribisen”.

O voceiro do PSdeG-PSOE de Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, critica a “negativa” do rexedor a dar explicación e responder ás preguntas dos socialistas, afirmando que “unha vez máis optou pola calada como resposta, ademais de por continuas descualificacións”. Para o edil socialista esta situación “non é nova, xa que é habitual ao longo dos últimos anos tanto no concello de Leiro, como na mancomunidade do Ribeiro, da que é presidente” e subliña que “as contas non se axustan a realidade social e económica da veciñanza”. A Conta Xeral aprobada, recolle o pago, entre outros, do servizo municipal de auga, recollida de lixo, recadación de taxas e impostos municipais ou a prestación dos servizos sociais.

“A auga é xestionada por unha empresa privada, namentres que o resto delegáronse as competencias na mancomunidade, polo que o alcalde é o único responsable da xestión económica dun concello que ten unha débeda acumulada pendente de pago de 109.144,71 euros, correspondendo a maior parte ao exercicio de 2022”, sinala Rodríguez Vázquez. Os e as socialistas poñen outro exemplo da “neglixente” xestión do rexedor ao lembrar que a comezos de 2022, notificáronlle unha fuga no servizo de auga municipal, cuxo orixe estaba xa en 2015 e que deu lugar a unha perda media anual en cada ano de 139.000 m³ de auga, cando o consumo medio por ano e por parte da veciñanza foi de 76.441 m³.

Consideran que por todo isto, e por máis cuestións, “estase a prexudicar directamente á veciñanza” e critican que o alcalde “non responda, o que evidencia a súa mala xestión e o peor control dos recursos económicos de todos e todas”. “Lembrámoslle ao alcalde que estas preguntas terá que contestalas agora dende a mancomunidade do Ribeiro, ao ser o seu presidente e ao estar as contas de esta entidade fiscalizadas polo Consello de Contas dende o ano pasado”, finalizan dende o PSOE de Leiro.

22, Setembro 2023

Iste é o estado no que quedou o lugar da Uceira, fronte ó colexio, no que os feirantes que acudiron ás pasadas festas instalaron as súas caravanas. Con contenedores a 50 mts. E o que non se ve. Non é unha excepción, pasa sempre, e o malo é que logo ninguén ven a limpalo. E, digo eu, non haberá forma de controlar isto? Non pode o Concello cobralles unha fianza e devolverlla cando se vaian só se deixan o sitio limpo? Dende logo, non pretendo metelos a todos no mesmo saco; hai un lugar no que acampon outros e deixaron todo perfecto.

22, Setembro 2023

Comezou unha nova tempada na "Tertulia dos venres" en COPE O Carballiño, como sempre en directo entre as 13 e as 14 horas.

Nesta primeira tertulia do curso participaron José Antonio Barge, Manuel Nogueira, Maria Luisa Rodríguez e Sebastián Lamazares, e moderada por Xan Pinal. 

22, Setembro 2023

Unha verbena para a noite deste venres dia 22 coa orquestra Paris de Noia abre a programación festiva da Saleta 2023, que se prolongarán ata o lúns dia 25, incluido.

Para o sábado 23, animación musical nas rúas de Cea coa agrupación de música tradicional Feitizo de Pau, e pola noite verbena coa orqurestra Fuego.

O domingo 24, a vila de Cea acollerá pasarrúas da Banda de Música de Boborás, que acompañará a procesión e ofrecerá concertos na Praza Maior. A verbena estará amenizada por dúas orquestras, Trebol e Miramar.

Xa finalmente, o lúns 25, que ademáis será dia festivo de carácter local no concelllo de San Cristovo de Cea, haberá animación musical con Feitizo de Pau, pasarrúas e acompañamento na procesión da Banda de Música Popular de Muimenta e verbena coa charranga-espectaculo Ardores e a orquestra New York.

22, Setembro 2023

Buenos dias, quiero pedirles a los padres de los niños que llevan a sus hijos al colegio de la UCEIRA en coche,  que tengan más cuidado con los que  vamos a pie con nuestros hijos al colegio, más de una vez me sentí en peligro tanto yo como mis hijos, ya no sé que hacer para que nos vean y nos respeten como peatones que somos, por favor papás un muchito de EDUCACION .  Estoy por llevar conmigo una bandera y un silbato para hacer de guardia de tráfico.  Y por cierto para entrar al colegio no hace falta correr tanto, se puede y se debe entrar despacio y con  mucha precaución.

22, Setembro 2023

Buenos dias, quiero decirle al señor ALCALDE que por favor se pase por el colegio de la UCEIRA para que vea la gran cantidad de MIERDA, BASURA  que dejaron tirada por todo el campo los feriantes, que falta de  CIVISMO,  DE EDUCACIÓN. Para el año si vuelven pido que se les enseñe pa que sirven los contenedores, o sinó que depositen LA BASUARA  en el CONCELLO.

22, Setembro 2023

Boas. Ben se ve que as festas do Setembro van cada ano a menos como así o demostra o feito de que en vez de empezar o 14, como está mandado, que este ano empezaran o día 15. Outra proba da decadencia que experimentaron estas festas son as sesións de fogos artificiais, que este ano se limitaron a un só día cando fai uns anos era costume que houbera tres ou catro sesións de pirotecnia repartidas en tres ou catro días. Penso que unha vila como o Carballiño debería máis que unha soa sesión de fogos artificiais, pois estas dende son uns dos platos fortes das nosas festas patronais. Non sei se esto obedece a un intento de recortar gastos, a un baixo presuposto ou porque a comisión de festas apostou por macroespectáculos como a actuación da Panorama ou unha gran sesión de pirotecnia.

Por outro lado gustaríame saber quen fo i a eminencia que tivo a orixinal idea de que a sesión de fogos artificiais tivera lugar na entrada do parque municipal cousa que é totalmente desaconsellable, posto que se corre o risco de que algún dos foguetes poda prender na vexatación do parque e provocar un incendio forestal neste como así xa ten pasado nalgunha ocasión noutras localidades. Por fortuna a choiva que fixo acto de presencia o día que se botaron os fogos impediu que houbera un incendio no caso de que un foguete mal dirixido ou defectuoso chegara a prender na maleza.

21, Setembro 2023

Ata 3 peliculas a diario na pantallla grande do Novocine de leiro, o cine de referencia para as comarcas do Ribeiro e O Carballiño.

A carteleira, e nos horarios que podes ver, permanecerá proxectandose desde o venres dia 22 ao xoves dia 28 deste mes de setembro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS