21, Setembro 2023

Hai momentos na vida na que se entremezclan momentos de ledicia e de pesar o mesmo tempo; e o intelecto tén unha dicotomía difícil de discernir.

Hoxe logo de vinte e oito anos,atrás queda aquíl doce de maio de 1995,as portas do Vaticano van ser pechadas.

Tras longos anos na emigración en Lausanne,na Suiza,de volta a sua terra ,Manuel Fernández Moure e Aurora Benedicta Daparte Rey ,abriron un local de hostalaria na praza maior de San Cristovo de Cea que foi ata o día de hoxe un referente non soio na província e no resto de Galicia,senon por o mundo enteiro grazas os peregrinos e forasteiros que por aquí pasaron e pasan.

A vida que é roda ou ruleta,pasa paseniñamemte e así como quén non quere a cousa ,sin decatarse ,chegaron a xubilación.Segundo a definición que provén do latín,da verba jubilare,que significa alegria ,ou o que hoxe chamamos edade dourada.Eso é o que eu desexo que disfruten con alegría e armonía moitos anos.

Nada será igual sen esas partidas “silenciosas”do Ledo,o Guillermo,ó Dario,o Fachenda,o Piteira,o Dalama,o Generoso,o Tono,o Chapi….e que decir das tertulias co Patricio,o Fernando,o Pajita,o Irixo,o Manolito Maderas…discutindo co Pepe de Maceda e o Evaristo.E o Evaristo falando do divino e do humano
con D.Benito Vázquez e D.Luis Cachaldora co alcalde Valladares por medio.

Ou que decir dises mediodías co Modesto da Veiga,o Francisco Adá,o Culleres,o Roxo,O Ramón de Bustelo e o Miguel de Tanxil….ou os dias de feira con xente de aquí de acolá falando da caza ou do Real Madrid.

Botaremos todo eso en falta nun vacio de tempo e espacio pero seremos conscientes,moi o noso pesar,que toda o mundo ten dereito a ser feliz e disfrutar.

Somentes engadir felicidades por alcanzar esta meta e os mellores desexos que poidan ,Manolo e Benedicta,d e compartir xuntos nunha nova etapa de vida e da sua filla Susana.

Texto: Evaristo Rodríguez, cliente, amigo e veciño.

21, Setembro 2023

O pleno da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, que integran os concellos do Irixo, San Amaro, Boborás e Beariz, elixiu ao alcalde de San Amaro Fernando Rodríguez Redondo como novo presidente da entidade supramunicipal, en sustitución do exalcalde do Irixo Manuel Cerdeira, que a presidiu nos últimos catro anos, ambos do Partido Popular.

Como vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos do Carballiño foi elixida a concelleira bearicense, Ana Rodríguez Muradás. Ambos nomeamentos foron por unanimidade.

Podes escoitar as declaracións do novo Presidente da Mancomunidade no PODCAST de COPE O Carballiño deste xoves dia 21 de setembro.

20, Setembro 2023

A Xunta de Galicia e o Concello de Beariz analizarán as posibilidades de colaborar nun novo proxecto urbanístico que permitiría a humanización de varias rúas do municipio. Así o acordaron a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o rexedor municipal, Manuel Prado, na reunión que mantiveron hoxe para abordar este e outros asuntos de interese municipal.

Durante o encontro, o alcalde trasladoulle á vicepresidenta segunda que o proxecto municipal inclúe, entre outras cuestións, a mellora dos pavimentos, o soterramento das instalacións aéreas e a adaptación á normativa vixente sobre accesibilidade.

Pola súa banda, Ángeles Vázquez informou ao rexedor da posibilidade de que esta iniciativa municipal, se poida acoller ao chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de iniciativas que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza. Así, de ratificarse a colaboración, a Xunta financiaría o 70% da obra e o concello asumiría o 30% restante.

Nesa liña, cómpre subliñar que, grazas aos acordos de cooperación asinados no marco do Plan hurbe, desde o ano 2010 se mobilizaron ao redor de 165 millóns de euros para financiar máis de 415 intervencións urbanísticas, das que ao redor de 170 se levaron a cabo na provincia de Ourense, co obxectivo común de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor contornas urbanas e núcleos rurais.

De feito, o concello de Beariz xa levou a cabo actuacións ao abeiro desta liña de financiamento, como, por exemplo, a mellora da contorna da Casa do Concello e a humanización de rúas no lugar de Alvite.

20, Setembro 2023

Pasan os meses, e ata os anos, e continúa en estado lamentable e tal como pode observarse nas fotos este vial que é transitado a diario por centos de vehículos. 

20, Setembro 2023

Lino el candidato estrella del PP de Carballiño se metió a la política para arreglarse la vida y ya lo consiguió. 

Enhorabuena para el y para quien lo puso ahi.

 

 

19, Setembro 2023

O tempo está acompañando e propiciando unha boa afluencia de romeiros e romeiras a esta Saleta 2023 no monte de Astureses, neste 19 de setembro que é festivo local no concello de Boborás, aínda que a esta romaría acuden cada ano persoas da practica totalidade dos concellos da comarca carballiñesa.

Familias e pandillas teñen o seu espazo reservado, e as tabernas ambulantes forman un gran comedor ao aire libre nas inmediacións da capela da Nosa Señora da Saleta, que se está quedando pequena durante a xornada pola gran afluencia de devotos, que escoitan misa desde o exterior.

Como se corresponde cun dia de romaría, a xornada está amenizada coa música tradicional dos Biruxes, a charanga Loucost, o dúo estelar e a orquestra Miramar.

18, Setembro 2023

Unha resolución da Presidencia da Deputación ven nomear ao concelleiro carballiñés do Partido Popular Lino González García como "persoal eventual do Grupo Provincial Popular", con efectos a partir deste pasado sábado dia 16 de setembro, e deberá agora ser publicado no Boletín Oficial da Provincia.

A resolución da Presidencia da Deputación  dispón o nomeamento en "réxime de persoal eventual e dedicación exclusiva a Lino González García como asesor do grupo políticodo Grupo Provincial Popular. Tamén recolle que "a persoa nomeada, de acordo co orzamento vixente, percibirá unha retribución dun importe anual de 43.611,43 euros, divididos en 14 pagas".

Lino González foi o cabeza de lista nas pasadas eleccións municipais do mes de Maio na candidatura do Partido Popular no Carballiño, e foi designado como o portavoz municipal na corporación carballliñesa, pero non exerceu aínda como tal, xa que so asistíu ao pleno de constitución celebrado no pasado mes de xuño.

Posteriormente, protagonizou un sonado desencontro co Partido Popular, ao desmarcarse das directrices da dirección provincial na elección da alcaldesa de Boborás Patricia Torres como Deputada Provincial, aínda que agora con desta designación como asesor do grupo provincial parace reconducirse a situación, accedendo o PP á petición de Lino González, que reclamaba dedicarse en exclusividade á política, e deixando a un lado a súa actividade profesional nunha entidade bancaria.

18, Setembro 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o goberno galego vai crear nos Orzamentos de 2024 un bono para as familias por valor de 120 euros por fillo ou filla, de entre 6 e 16 anos, para a compra de material e equipamento deportivo, asistir a clases ou anotarse nun centro deportivo.

Salientou que esta iniciativa, dirixida a deportistas federados, fomentará a vida saudable das xeracións máis novas e chegará a máis de 130.000 fogares, á vez que facilitará a volta ao cole de todas as familias e incentivará as compras no comercio galego.

Así o anunciou na xuntanza cos membros do Goberno galego na que se abordaron os feitos e próximos obxectivos da Xunta na liña das políticas do Goberno galego “desde as persoas e para as persoas” e incidiu en que a “axenda da Xunta é a axenda de Galicia”. Neste senso, tamén apuntou que xa se está a traballar para elaborar un teito de gasto que permita contar cunhas contas públicas de cara ao ano que vén.

Neste encontro salientou as iniciativas que aprobou o Goberno durante o último ano, como: a Lei do litoral, para xestionar toda a costa galega na súa extensión; as medidas de apoio ás familias, coa equiparación das familias con dous fillos ás familias numerosas a efectos do IRPF; as relacionadas cos problemas de acceso a un fogar, impulsando preto de 1900 novas vivendas públicas para alugueiro e outras 3000 da man de promotores privados; as medidas relacionadas cos tributos, configurándose Galicia como unha das comunidades autónomas con menos impostos para as rendas medias e baixas; e a aposta galega polo uso de enerxías renovables coa aprobación da Lei de recursos naturais.

Rueda afirmou que Galicia “é unha terra forte”. Salientou a capacidade da comunidade para recuperar a fortaleza económica prepandemia seis meses antes que o conxunto de España.

Isto súmase a demostración en cifras que fai Galicia cada ano batendo récords de visitantes ao consolidarse como un dos destinos turísticos favoritos por excelencia por ser unha comunidade acolledora, aberta e hospitalaria, tal e como sinalou o presidente galego.

O titular da Xunta tamén destacou “o espírito de superación que se transmite de xeración en xeración” e que sitúa Galicia á cabeza de España, de Europa e do conxunto dos países desenvolvidos en resultados de escola e emprego. Por este motivo, afirmou que a nosa comunidade é “unha terra de traballo”, na que o desemprego está en cifras máis baixas que nunca e con máis persoas cotizando que no ano 2009.

Rueda destacou que Galicia leva anos traballando polas familias, pola creación de oportunidades de postos de traballo e no asentamento das bases para un futuro mellor. O sistema educativo galego é “unha referencia en inclusión das rapazas e rapaces con necesidades especiais e en apoio ás familias menos favorecidas”, sinalou o presidente.

En materia de sanidade, o goberno implantou numerosas medidas para protexer a saúde dos galegos e das súas familias. Galicia converteuse na comunidade que máis aumentou as prazas MIR de medicina de familia e nun referente na implantación de medidas contra o déficit de profesionais, afirmou o presidente.

Rueda avanzou a posta en marcha do Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia para antes do fin da lexislatura e o reforzo no enfoque proactivo neste ámbito a través de Plans locais de saúde. “O reto non é só tratar a doenza, senón previla antes de que apareza”, afirmou o presidente galego.

18, Setembro 2023

O conselleiro de Medio Rual, José González Vázquez, destacaba na súa visita que iniciativas como o I Concurso de doma clásica San Amaro celebrado na xornada deste domingo 17 de setembro dinamizan o rural e facía, ademías, mención especial ao polígono agroforestal deste municipio de San Amaro, co apoio da Xunta.

González Vázquez asistíu este domingo ao concurso hípico de San Amaro, que se celebrou nas instalacións hípicas promovidas polo concello de San Amaro no antigo campo de fútbol do Foxo, onde ten a súa sede a escola do Club Hipico de San Amaro, e no que 80 rapaces participan das actividades desta entidade, entre elas destacan as de equinoterapia, especialmente recomendadas para rapaces con discapacidade.

O conselleiro entregou os trofeos deste concurso de doma clásica, en compañía do alcalde de San Amaro Fernando Redondo. A xornada contou tamén cun xantar popular servido pola comisión de festas das Neves de Grixoa. O único pero da xornada foi a inestabilade meteorolóxica, que condicionou o desenvolvemento da programación prevista.

17, Setembro 2023

O Ola, ola! non volverá soar como antes, pero seguirá máis vivo que nunca. Pepe Domingo Castaño faleceu este domingo 17 de setembro en Madrid aos 80 anos despois dunha longa carreira ligada aos medios de comunicación ata converterse nunha das voces máis importantes e recoñecidas de España. Nacido o 8 de outubro de 1942 en Lestrove (A Coruña), deixa horfa a unha radio que "nunca volverá soar igual sen tí".

Antes que na Cadea COPE, na que pasara xunto ao seu inseparable Paco González os últimos 13 anos en tempo de Xogo, traballou na SER e en TVE onde comezou a labrar unha exitosa traxectoria. Durante a súa mocidade Pepe criouse na localidade de Padrón, foi novicio dominico nun seminario en Asturias e cursou estudos de Maxisterio ata que descubriu a radio con 18 anos en Radio Galicia e nunca máis volveu separarse. Mentres realizaba os seus primeiros primeiros pasos no medio traballou como contable no seu pobo ata que en 1966 mudouse a Madrid e en 1969 comezou en Radio Centro onde permaneceu cinco anos e onde se formou como profesional presentando un programa musical titulado 'Disco parada'. Anos máis tarde, en 1971 gañou un Premio á Popularidade do diario Pobo e en 1973 ingresou en Radio Madrid, da Cadea SER, onde en 1988 entrou a formar parte dos equipos de Carrusel Deportivo e O Larguero, espazos deportivos, nos que coa súa creativa e característica forma de entender e compartir a publicidade foi creando unha escola ata desenvolver frases tan míticas como o 'Pepe, un purito'.

En televisión presentou en TVE o programa 300 Millóns entre 1979 e 1982, e en Telecinco o concurso Número Uno en 1995. Pepe Domingo Castaño foi tamén cantante, gravou varios discos e e mesmo conseguiu un Disco de Ouro en México en 1979, con temas como 'Neniña', coa que foi número 1 dos 40 Principais,', aínda que en España o seu gran éxito foi a canción 'Vistes pantalón vaquero'.

A súa paixón pola música levoulle a presentar o Gran Musical, que foi o seu primeiro programa. Era fillo adoptivo de Padrón desde maio de 1986 e estaba casado en segundas nupcias desde 1985 coa exmodelo María Teresa 'Tere' Vega, coa que tiña dous fillos. Con anterioridade, entre 1969 e 1981, estivo casado coa presentadora de televisión María Luisa Seco. A carreira de Pepe Domingo Castaño sempre estivo ligada ao mundo do xornalismo e, en especial, ao deporte. Así o acreditan decenas de premios, entre eles catro Ondas, dúas Antenas de Ouro e un Micrófono de Ouro, e o recoñecemento dunha España que chora a súa perda. Prensa, radio e televisión choran a unha Lenda. Ata sempre Pepe Domingo Castaño.

.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS