
O PSdeG-PSOE de Leiro vén de presentar un escrito dirixido a consellería de vivenda e infraestruturas para que de forma “urxente” proceda a regular e solucionar o problema do alumeado da ponte da Esperela na OU-209. As e os socialistas denuncian que as obras levadas a cabo con financiamento da Xunta de Galicia presentan “graves” carencias en materia de iluminación, xa que tal e como apuntan “as luces cegan aos condutores pola noite, restándolles visibilidade”.
Dende o grupo municipal socialista explican que nas últimas semanas “foron moitos os veciños e as veciñas que nos trasladaron as súas queixas polo pésimo estado no que quedou a iluminación da ponte da Esperela tralas obras executadas con financiamento por parte da Xunta”. Tal e como indican as e os socialistas “as luces cegan aos condutores pola noite, reducindo a visibilidade e pondo en perigo a seguridade viaria”.
Os concelleiros do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, e Pedro José González, reclaman solucións “urxentes”, ante unha situación que consideran de “extrema gravidade”. Tal e como subliñan os edís socialistas “os focos cegan aos condutores e xa houbo algún accidente de tráfico por este motivo, concretamente o pasado 28 de decembro, escasos días despois da inauguración da obra”.
Rodríguez e González consideran que a consellería de vivenda e planificación de infraestruturas debe “por solución a esta problemática, co fin de garantir a seguridade viaria e de evitar futuros accidentes”. Os concelleiros afirman que “a regulación das luces para evitar que ceguen aos condutores pola noite é indispensable para unha correcta circulación pola ponte da Esperela e que deste xeito non teñamos que lamentar máis accidentes”.
Dende o PSOE de Leiro lembran que as obras da ponte da Esperela “xa supuxeron importantes contratempos para a veciñanza e os negocios, tras estar pechado este acceso principal ao municipio durante moitos meses, e coincidindo co verán”. As e os socialistas xa amosaron no seu momento a súa “desconformidade” e denunciaron a “falla de previsión” da Xunta e do concello nas obras e agora trasládanlle a consellería as reclamacións da veciñanza, cada vez máis preocupada polo risco que supón circular por esta ponte durante as noites.
Agora seica precisa falar cos propietarios das fincas para colocar gaiolas e poder atrapar a manada de cans que andan a armar a de dios por ahí adiante. Andan algo despistados, debe ser que está o entroido as portas e o importante e o importante. Eu dígolle unha que lle reune tódolos requitos: iso que chaman parque en Corzos, que comparten propiedade con Carballiño, que tiran os cartos nun simulacro de parque infantil que da vergonza velo, nunha compostera, onde levan as porterias de futbol que eran do Colexio. Non deberían ter problema en poñerse dacordo facendo o que están a facer.
Por certo, para que os de determinada empresa de telecomunicacións botén os escombros das suas chapuzas nas fincas dos demáis ahi non hai que pedir permiso. Xa non digo nada de que en menos de quince días viñeron e joderon o asfalto novo. Unha vergonza de concello. Nin organización nin nada.
Non é moi díficil facer as cousas mellor co mesmo.
Son 4 días laborais en ámbolos dous casos, nin mellorou nin empeorou. Estase a facer unha interpretación equivocada do calendario. Que eu saiba nin en Boborás, nin en ningún ambulatorio, o médico/a de familia traballa os sábados, domingos ou festivos. Para iso están os correspondentes PACs por zonas.
Que todo é millorable, é un feito, pero temos que ser conscientes de que cada vez vai ser máis dificil topar man de obra en moitas ramas. E non so na sanidade, educación... Non se pode obrigar a ninguén a traballar nun determinado sitio porque haxa demanda. En Carballiño a praza de pediatria que se cubriu, non foi a da profesional que se xubilou, xa que ninguén quixo esa praza porque te ata o sitio de por vida. Non é un pecado que os profesionais non queiran ir a un determinado lugar. Non é un problema de Boborás, de Carballiño ou calquera outro concello. Por poñer outro exemplo bastante contundente, o primeiro MIR que escolleu traballar no Complexo Hospitalario de Ourense o ano pasado foi o número 598. Creo que este dato é bastante contundente para entender a realidade social. Non lle podemos pedir a estas novas xeracións o que non fixeron moitos dos nosos pais ou avós. O que máis ou o que menos no mellor dos casos abandonou as aldeas do rural polas cidades na procura dun futuro mellor, e outros directamente emigraron onde consideraron.
Non pretendo ofender a ninguén, pero temos que ser realistas ca realidade que nos toca vivir. Probablemente non habería que facer eses ambulatorios dos que se fala, e o que había que facer e mellorar as comunicacións cos centros médicos máis grandes e ben equipados.
O sistema que tiñamos nin é sostible nin se pode manter no tempo.

A Executiva Nacional do PSOE deu a coñecer este martes a expulsión do partido do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, polo pacto de goberno asinado co Partido Popular no concello do Carballiño.
O órgano de dirección do PSOE considerao responsable de "menoscabar a imaxe dos cargos públicos ou das institucións socialistas" asi como actuar "en contra dos acordos adoptados polos órganos de dirección do partido".
Fumega, que estaba suspendido cautelarmente de militancia no PSOE e alegara contra tal acordo, xa anuncia que agora volverá alegar contra esta expulsión acordada pola Executiva Nacional e presentará un recurso nos próximos 10 dias, como marcan os estatutos da organización para estes casos.

4 días non era pouco pero non era un exceso pero ahora xa Vai en 6 días, en breve se superará a semana de espera, algo que non está nada nada ben, e noutros sitios ainda e peor, a sanidade pública sin sanidade nin pública en breve por desgracia

Hai unha piedra de gran tamaño desprendida dunha vivienda deshabitada na Rúa Curros Enríquez, á altura dos catro camiños. Que corre serio risco de caer na beirarúa co perigo que esto supón. A quen corresponda, que tome cartas no asunto antes de lamentar unha desgraza.

Asi o acreditou en COPE O Carballiño o concelleiro e portavoz do grupo municipal socialista, Diego Fernández.
Tralas advertencias de Espazo Común sobre "o evidente conflito de intereses" na Mesa de Contratación que deberá resolver a adxudicación do contrato da auga e que apuntaba a un dos técnicos nomeados pola Deputación de Ourense, o portavoz do grupo socialista dixo que están seguros "da honorabiliade de todos os técnicos que son os máis cualificados nos seus departamentos, aínda asi o concello solicitou á Deputación un informe de compatibilidade para que non haxa ningún tipo de dubida".
Escoita aquí as manifestacións de Diego Fernández sobre este asunto:
Diante da nova do apedramento sufrido na sede do PSOE do Carballiño, dende o Bloque Nacionalista Galego desta localidade queremos manifestar a nosa máis rotunda repulsa por uns actos vandálicos que tan só amosan a covardía de quen os fai amparándose na noite e o anonimato.
As ideas deben confrontarse nos lugares que a democracia dispón para iso, non con actos violentos que en nada axudan á convivencia pacífica e libre das veciñas e veciños.
Este acto ven amosar, mais unha vez, o resultado dunha forma de facer política que tan só busca o insulto, a falsidade e a mentira como único xeito de confrontar as ideas, ou o que ven ser o mesmo, diante da falla de argumentos políticos o máis sinxelo é acudir á violencia verbal en todos os foros posíbeis coa única intención de provocar crispación, odios e teimas, e con iso que calle na cidadanía a falsa conclusión de que na política todo vale ou que todos os políticos son iguais.
Por tanto, a nosa maior solidariedade coas e cos militantes socialistas, agardando que as ou os responsábeis deste atentado sexan descubertos no menor tempo posíbel.

Queixanse os de Boborás que teñen que agardar 3 días para ir ao médico. Pois no Carballiño de 9 días non baixa e para que por encima te atenda un médico que nin sequera é o teu. Así está a sanidade na comarca.

O Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento aprobou o primeiro convenio colectivo para o persoal operativo dos parques de bombeiros dependentes desta entidade, así como a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) deste servizo.
Ambos acordos aprobáronse no transcurso das convocatorias da comisión negociadora do convenio e da mesa xeral de negociación do Consorcio, ambas celebradas no Pazo Provincial. Tamén na mesma mañá celebrouse o pleno desta entidade, que ratificou a aprobación do convenio colectivo e maila aprobación inicial da RTP.
O consorcio está integrado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, estando xestionado pola institución provincial.
O convenio colectivo e a RPT serán de aplicación aos 72 bombeiros (18 por centro de traballo) que prestan os seus servizos nos parques do Carballiño-Ribeiro, Valdeorras, Xinzo de Limia e Verín.
Nas convocatorias celebradas esta mañá participaron, segundo a representación establecida, por parte da Deputación de Ourense o deputado Plácido Álvarez (en calidade de presidente do Consorcio e da comisión negociadora e mesa xeral); a vicepresidenta primeira da institución, Marta Nóvoa; e o deputado e José María Lago.
A representación da Xunta estivo encabezada no pleno polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mentres que o subdirector xeral de Interior e Seguridade, Andrés Iglesias e o xefe do servizo de Emerxencias da xefatura territorial de Ourense, José Olivier, participaron nas tres reunións.
Pola parte dos traballadores, na comisión e na mesa xeral estiveron representados os sindicatos CSIF, CIG, UXT, CC.OO e SIBGAL.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »