
O Grupo Provincial Socialista vai presentar unha moción para que a Deputación de Ourense poña en marcha un plan de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar este mesmo curso escolar 2023/2024. As achegas irán dirixidas ao alumnado de todos os níveis educativos empadroado en calquera concello da província de Ourense de menos de 20.000 habitantes, oscilando a súa contía entre os 100 e 250 euros. O voceiro socialista na Deputación, Álvaro Vila, en rolda de prensa cualificou a medida de "urxente", habida conta do inicio inmediato, o vindeiro 11 de setembro, do que é "o curso máis caro da historia para as familias", incidindo no "especial impacto da economía de nais e pais de alumnos nunha provincia onde o perfil socioeconómico se víu aínda máis fraxilizado no actual contexto".
O máis recente informe da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) conclúe que cada alumno de entre 3 e 18 anos gastou durante o pasado curso escolar 2.186 euros de media, situándose este custo en Galicia en 1.287 euros de media. Despois de ter falado con libreiros da provincia, que evocan subas dun 20-25% respecto ao pasado ano, só en libros de texto cada familia ourensá pode gastar entre 300-400 euros para un alumno de primaria, máis de 500 euros en secundaria e non menos de 200 euros en de infantil. A isto hai que engadir, segundo cifras da OCU, 95 euros material escolar, máis de 30 euros nas cotas das AMPA, uns 111 euros en actividades dos centros, 100 euros en conceptos de diversa índole e 161 euros en uniformes, alí onde estes son requiridos. "Na conxuntura actual de elevada inflación o inicio escolar supón un duro golpe para as xa de por si precarias economías domésticas", enfatizou Vila.
"A política de axudas do goberno autonómico é a todas luces insuficiente, a pesares do triunfalismo recentemente amosado por Alfonso Rueda, quen non cesa de arremeter contra o modelo de gratuidade total instaurado en 2009 polo goberno bipartito, con efectos certos sobre as familias", sostivo o voceiro socialista, arroupado polo groso dos deputados do grupo provincial. Amais, non se pode pasar por alto que, á luz dos datos da Axencia Tributaria relativos ás declaracións do IRPF da Provincia, un ourensán cobra 1.500 euros menos ao ano que a media de Galicia, non chegando os ingresos de case a metade dos contribuíntes aos 12.000 euros anuais, e ganando algo máis dun 30% dos ourensáns menos de 6.000 euros ao ano. Así as cousas, o Informe Europeo de Pagamento de Consumidores elaborado pola consultora Intrum, destaca que tres de cada catro fogares van endebedarse co inicio do curso.
Para Vila, "precísanse medidas urxentes para facer fronte aos gastos do curso escolar, que ameazan á estabilidade dun importante número de familias da nosa provincia, e de aí a necesidade, e urxencia, da nosa moción". A proposta socialista contempla que a contía destas axudas oscile entre os 100 e os 250 euros por alumno para as unidades familiares con ingresos inferiores ao 3 do IPREM, sendo este en 2023 de 8.400 euros anuais, resultando elixibles para as achegas as unidades de convivencia que non superen os 25.200 euros anuais. "O monto global das axudas é máis razoable, facilmente obtible pola Deputación, xa sexa a través da eliminación de gastos superfluos ou destinando parte do remanente orzamentario, que adoita ser repartido con criterios máis que dubidosos en partidas que non teñen un impacto tan directo na estabilidade e benestar das familias", recalcou Vila.

As festas patronais do Carballiño contarán con cinco orquestras, entre as que destacan a Orquestra Panorama e o grupo Assia, dúas das mellores formacións do momento, tanto en Galicia como en Asturias, respectivamente. Tamén estarán as orquestras Status, Ritmo Joven e fuerza Nueva.
Unha vez máis,dende a organización decidiuse que as actuacións comecen xa pola tarde, co fin de facilitar ó público infantil e ó de maior idade a oportunidade de disfrutar dos espectáculos.
Ademais, actuará o grupo galego The Tetas' Van, que realiza versións de clásicos do rock and roll, en inglés e en galego, reivindicando o papel da muller na escena galega.
No apartado de bandas de música, as festas contarán ca veciña Agrupación Musical de Boborás e, o día do patrón, ca premiada ( entre outros, no Certame Internacional da Cidade de Benavente) Agrupación Musical da Limia, que recuperará o espazo do Asilo para a súa actuación. Tamén estarán presentes charangas como Dr. Anchoa, CLK ou Castro Bello, ou grupos de música tradicional galega.
O día de feira, o 16, será o día da tradicional gran tirada de fogo fixo e voador, un evento que os últimos anos reuniu a milleiros de persoas e que este ano repite escenario, a explanada da entrada ó Parque Municipal, co fin de cumprir todos os requisitos legais e de asegurar a comodidade dos usuarios.
Os máis cativos tamén terán o seu oco particular cunha gran festa infantil o día 18, festivo local, pola mañá. Nesta xornada poderán desfrutar dun baile a cargo de DJ.Tibu e ademais, dende a organización, se apostou pola recuperación dos xogos tradicionais como poden ser a "carreira de sacos", a "pita cega", o "tira da corda", ou os xogos da "ferradura" e da "silla".
No caso das atraccións, que estarán abertas do día 14 ao 20, será este último día o tradicional "Día do Neno", no que se aplican descontos para os usuarios. Nesta edición tamén se conta con varias actividades como dúas concentracións de coches, actuacións das corais da vila, exposicións fotográficas, un torneo de xadrez, moito fútbol e a tradicional Romaría da Saleta.
Por parte da comisión de Festas que se fai cargo da organización queren agradecer as aportacións da veciñanza que, xunto co Concello do carballiño, fan posible que se podan celebrar unhas festas que pechan o verán na provincia. Recordan tamén que este sábado estarán na Praza Maior de 16:30h a 20:30h e o domingo de 10:30 a 14h, co fin de facilitar á veciñanza que poidan facer a súa aportación e levar o tradicional libro das festas, que este ano conta ca participación de varios escritores da vila que publicaron recentemente e con fotografías antigas de familias, "pandillas" e persoeiros históricos da vila grazas á colaboración de José Luís Diz, que foi o encargado de facer o cartel tamén. Os libros tamén estarán a disposición do público na Oficina de Xestión da Recaudación, que se atopa na rúa Faustino Santalices.
Venres 15 10:00 ALBORADA BOMBAS DE PALENQUE 11:30 PASARRÚAS CHARANGA CASTRO BELLO 18:00 PASARRÚAS CHARANGA DR. ANCHOA 21:00 A 22:00 1º PASE GRUPO ASSIA (Praza Maior) 00:00 A 02:00 2º PASE GRUPO ASSIA
Sábado 16 10:00 ALBORADA BOMBAS DE PALENQUE 11:00 MÚSICA GALEGA NA FEIRA 11:30 PASARRUAS AGRUPACION MUSICAL DE BOBORAS 12:30 CONCERTO AGRUPACION MUSICAL DE BOBORAS ( Praza Juan Corral) 18:00 CHARANGA CLK 19:30 PARTIDO C.D. ARENTEIRO- C.D. IRÚN 21:00 A 22:30 1º PASE ORQUESTRA STATUS (Praza Maior) 00:00 GRAN TIRADA DE “FOGO FIXO E VOADOR” (Parque Municipal) 00:30 CONCERTO THE TETAS’ VAN ( Rúa Calvo Sotelo) 02:00 a 03:30 2º PASE ORQUESTRA STATUS
Domingo 17 10:00 ALBORADA BOMBAS DE PALENQUE 10:00 1ª CONCENTRACIÓN DE COCHES ANTIGOS (Rúa Principal) 11:30 MISA SOLEMNE NA HONRA DE SAN CIBRAO Participan: AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA CORAL POLIFÓNICA DO CASINO 13:00 CONCERTO AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA ( Asilo do Carballiño) 20:00 a 22:00 1º PASE ORQUESTRA NUEVA FUERZA (Praza Maior) 23:00 a 01:00 1º PASE ORQUESTRA PANORAMA ( Veracruz) 01:00 A 02:00 2º PASE ORQUESTRA NUEVA FUERZA 02:00 A 03:00 2º PASE ORQUESTRA PANORAMA
Luns 18 11:30 OLIMPIADAS CO DJ.TIBU (Praza Maior) Xogos populares : Tira da corda Pita cega Xogo da Ferradura Xogo da silla Carreira de sacos 19.30 a 22:30 Tarde de baile ORQUESTRA RITMO JOVEN ( Praza Maior)
Martes 19: GRAN ROMARÍA DA SALETA
8, 9 e 10 de setembro, Feira Pepa a Loba
9 de setembro Festival Outros Países, Outras Músicas
9 de setembro 2º Concentración automovilística #no limits Automotive Crew
14 setembro, Misa de Santa Cruz ca Coral do Orfeón
15 setembro, Misa da Virxen dos Dolores co Coro de Cámara música Viva
23 de setembro estreo da obra “ Insubmisa” de Antagonista Teatro
30 de setembro Festival Galaico-Portugués

A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de limpeza na estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo
Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.
As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.
O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras para a execución dunha parada de autobús intermodal do Carballiño, cun investimento de preto de 170.000 euros.
Trátase dunha parada exclusiva para as liñas interurbanas de autobús de uso regular na parcela situada na explanada da estación de ferrocarril, localizada na avenida 25 de Xullo, co fin de favorecer a intemodalidade entre os dous medios de transporte.
As obras consistiron na instalación dunha parada de autobuses, configurada como illa, entre a citada avenida, a dársena de aparcamento da estación ferroviaria e os accesos á mesma.
Na intervención incluíuse a incorporación dunha zona axardinada, mobiliario urbano e unha marquesiña a ambos os lados, xerando así dúas zonas de parada: a primeira en dirección de acceso á vila sobre a propia avenida; e a segunda, na marxe oposta do núcleo da parada para os autobuses que saen do municipio.
Esta actuación reforzará a comunicación entre a estación ferroviaria e o transporte interurbano por autobús no concello do Carballiño.
A intervención enmárcase nun convenio de colaboración polo que a Xunta achegou o financiamento e executou as obras, mentres o Concello do Carballiño puxo á disposición os terreos necesarios e asumirá agora o mantemento da infraestrutura.
A actuación é financiada no marco do Eixe REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de covid-19.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá á inauguración do II Festival Céltico de San Amaro, no Castro de San Cibrán de Lás, o de maior superficie escavada na provincia de Ourense. A "Cidá" convértese hoxe nunha xornada festiva que reivindica as raíces deste pobo nun enclave patrimonial de referencia na provincia e que o Concello de San Amaro trata de poñer en valor a través da organización deste festival.
Nesta edición, os asistentes poderán gozar da ampla e variada programación que inclúe actuacións musicais a cargo do grupo Gaeloc e o grupo Zurrumalla, xogos para a rapazada, danza cerimonial coa actuación de Dar Trela Teatro e Percusión Ancestral, así como a recreación histórica das asociacións Tir Na Og e Terra Cópora.
Viendo cómo va a quedar la obra de la iglesia de Brués a los vecinos nos preocupa y mucho...Ponen un bordillo estrechando la carretera mucho y ya no es muy ancha.Una plaza donde antes se podían estacionar varios coches vemos que terminada la obra no se va a pooder aparcar, lamentable.Aun por encima hacen una acera en la que se puede reventar las ruedas del coche a la mínima que se arrime.No se entiende porque no puede quedar a nivel de la carretera para así poder estacionar,ser la carretera más ancha y no tener el peligro de pinchar una rueda y dejar los coches mal aparcados,más cuando haya un entierro, fiesta...Un planteamiento muy mal echo...exigimos a la alcaldesa que quede todo a nivel como ya estaba antes, porque antes estaba muchísimo mas práctico para todos,saludos.

Neste primeiro dia do mes de setembro e no programa especial dos "Venres de Verán" en COPE O Carballiño fixemos a radio desde a casa do concello de Ribadavia, en vesperas de celebrarse as festas que honran á patrona do Ribeiro, a Virxen do Portal.
Precisamente, de toda a programación festiva para os próximos dias na vila do avia falamos coa concelleira de cultura de Ribadavia, Yolanda Gómez. Tamén nos acompañou o alcalde César Fernández, co que abordamos diversos aspéctos da actividade municipal e incidimos, fundamentalmente, nunha idea: a relación histórica e contemporánea das comarcas do Ribeiro e O Carballiño e a necesidade de traballar xuntos para reforzarse como destino turístico único.
Podes escoitar o programa íntegro realizado desde a casa do concello de Ribadavia no audio adxunto.
Xoves 7 : Comezan as festas dá Virxe do Portal coa gran tirada de lumes ás 18.00 horas, ás 18.30 horas pasacalles a cargo de charanga CLK. Ás 19.00 horas procederase á confección da alfombra floral. Ás 20.00 horas poderase gozar na praza de San Xoán de Legado do Tibu. Pola noite, ás 22.30 horas, celebrarase unha gran verbena a cargo da orquestra Olympus, no Instituto e para finalizar, ás 01.00 horas MVP disco móbil animará a velada na rúa Progreso.
Venres 8: Oficiaranse misas ás 8.00, 9.00 e 10.00 horas. A 10.00 horas terá lugar a recepción das autoridades na Casa do Concello e ás 10.45 horas, pasacalles coa Banda de Música A Lira de Rivadavia. Ás 11.00 horas dará comezo a procesión seguida, unha hora máis tarde, da misa solemne en honra a Nosa Señora do Portal, cantada polo Coro de Cámara Club Artístico. Ás 13.30 horas, pasacalles cos Xigantes cos Cabezudos acompañados da charanga Sorcha. Ás 20.30 horas, concerto da Banda de Música a Lira de Ribadavia, na praza de San Xoán e ás 22.30 horas no Auditorio dará comezo o concerto de Santiago Auseron e a súa Academia Nocturna. A medianoite, gran tirada de fogos artificiais e ás 00.30 horas a orquestra Suavecito amenizará a verbena.
Sábado 9 : Comeza o día de festa coa VII Concentración de Motos Clásicas e o oficio da misa ás 11.00 horas e ás 12.00 horas, saída de Xigantes cos Cabezudos acompañados polo grupo de gaitas Airiños de Anoia. Ás 13.00 horas pasacalles a cargo da Banda Agrupación Musical dá Limia. Ás 14.30 horas comezará o xantar da VII Concentración de Motos Clásicas. Pola tarde celebrarase a misa cantada polo Coro Parroquial ás 18.30 horas, e a continuación, procesión de baixada de Nosa Señora do Porta á capela, acompañada da Banda Agrupación Musical dá Limia. Ás 19.00 horas, recepción dos Xigantes Don Pedro e Doa Ana. Ás 20.30 horas celebrarase o concerto da Banda Agrupación Musical dá Limia no Auditorio. Finaliza a xornada, ás 23.00 horas, co concerto Michael Legend (tributo a Michael Jackson).
Domingo 10: Na última xornada de festas sairán os pasarrúas cos Xigantes cos Cabezudos ás 13.30 horas, acompañados do grupo de gaitas Airiños dá Arnoia. Pola tarde a partir das 18.30 horas, contacontos con Paco Nogueiras, e ás 20.30 horas, celebrarase o XX Festival de Bandas no Auditorio.
Cualquiera que escuchase la intervencion del concejal del Pp hablando de ocio, gente joven, alcohol, drogas, orines, peleas , barrios etc, pensara que O Carballiño es un pueblo descontrolado, loco y al que no se puede venir, porque a la minima pierdes la vida.
Cierto es que hay suciedafes, puede haber algun jaleo puntual, pero sin ser tan tiquismiquis cargando contra la hosteleria y los jovenes, da pena oir esa mocion, que es fruto seguro de alguna reclamacion amiga y que se ve no defiende creyendosela.
Entiendo que es como el chiste, los findes se juntaba en tertlias literarias en sus casas con los amigos beboendo zumo de limon .
Todo tiene un punto medio. Cargar de esa forma contra la juventdb y la hosteleriano esla mejor. El concejal de espazo comun, es mucho mas logico.
Pero el PP que ya goberno y durante su legislatura tambien habia la misma situacion que ahora y que yo recuerde nadah izo, puede hacer una cosa, reunirse con la hosteleria ,decirles que hay que cumplirhorarios, normativad, competencias , etc y con la gente ue abarrota el pueblo, lajoven y la mayor que tambien ensucia, hace ruido en las terrazas y en otras actividades etc .
En fin , vaya forma de tirar piedras contra el pueblo, los sectores que viven de ese jaleo y que imagen penosadan denuestra juventud,.
Nadie quita la razon delo necesario de controlesy cumplimiebtos de normas pero creo que nunca se llevaran a cabo,porque no es la pri.era vez ni la ultima que se pide ,y con distinto color politico.
Saludos y tolerancia

Ata catro películas na carteleira do Novocine de Leiro, o cine de referencia para as comarcas do Ribeiro e O Carballiño, do 1 ao 7 de setembro, agás o dia 6 que pecha por descanso semanal.
A entrada manténse cun prezo de 5 euros para o público en xeral, agás os vernes que se mantén a promoción do cine senior, con entrada a 2 euros para as persoas maiores de 65 anos.
Primeiro pleno ordinario de iste novo mandato, e agora inda vamos de mal a por. Foi bochornoso escoitar o novo concelleiro recién chegado o grupo de goberno agora en minoría insultando e chamándolle fanfarróns os grupos da oposición,cando os grupos da oposición fixeron un traballo impecable e así os premiaron os veciños do Carballiño , pois todos subiron nas pasadas eleccións de maio . Non así o grupo de goberno q os castigaron sacándolle tres concelleiros, seguro q si fóra oxe sería inda pior.Iste concelleiro parece q ben un pouquiño crecediño, debe pensar q inventou íl o concello do Carballiño . Creo recordar q xa fóra concelleiro no concello de Boborás e xa fóra protagonista de algunhas liortas tendo q intervenir a garda civil no pleno
Cálmese un pouquiño se concelleiro e respete os compañeiros de corporación, se non o millor sería q se vaia p
A casiña ou se non q xexa a propia oposición q no mande por medio de unha moción de censura. O de oxea no pleno foi vergoñento.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- …
- seguinte ›
- última »