
O sábado 26 de Agosto, na xornada previa á XXXII Festa dá Vendima desde as cinco da tarde os maís cativos poderán gozar dunha gran ludoteca infantil na Praza Rei de Viana e a festa da espuma. Despóis, ás 21.00 horas levaráse a cabo a apertura da IV Mostra de Viños de Leiro, que continuará o domingo, e na que haberá degustacións de viños de 7 adegas deste concello ribeirao, e degustacións tanto de viños, como de licores e cócteles variados elaborados a base de viños do Ribeiro.
O domingo 27, comeza a XXXII Festa dá Vendima ás 10.00 horas coa recepción de Acios a concurso seguido da propia exposición. A lectura do pregón farase as 12.00 horas na praza do Cruceiro e este ano estará a cargo do conselleiro de medio rural, José González Vázquez. Ás 12.15 horas terá lugar o desfile de carrozas e charangas desde a rúa Gabino Bugallal ata o antigo campo da Feira, asi como a V Concentración de Coches Clásicos.
No Salgueiral estará instalado o xa tradicional mercado artesanal, ás 13.30 horas ofrecerá un gran concerto a Real Banda de Gaitas dá Deputacion de Ourense,e as 14:30 h. iniciaráse o xantar organizado, co típico menú da festa da vendima, o prezo da tarxeta para este xantar é de 30 euros por comensal.
Pola tarde, ás 16.30 horas, procederase á entrega de premios dos Concursos de Acios e de Carrozas, e a continuación darán inicio as actividades infantís e a festa no Salgueiral. Ás 17.45 horas disputarase o partido de fútbol de veteranos do Leiro CF e ás 20.00 horas celebrarase o concerto Corais dá Vendima que organiza a coral Val de Avia. Ás 22.00 horas será a fin de festa da vendima 2023 con animación musical no Salgueiral.
El tema terrazas en Carballiño ya viene de viejo, abuso de ocupacion, muchas mas mesas de las que pagan o colocacion a lo loco con la excusa de "a mi me deja".
No hay un grupo de gobierno con el valor suficiente a cortar esto de una vez, como muchas otras cosas, demasiados favores y amiguismos para hacerlo. Como mucho les diran, oye colocalas bien que la gente protesta, o se lo diran en el invierno.
Al final lo de todos los años, ferias y fiestas abuso extra , y en temporada normal abuso normal.
No espereis una terraza controlada,marcada, con un indicador de mesas autorizadas, jamas lo hara, hasta que haya denuncias .

ABANCA e o Concello de Leiro veñen de asinar un convenio de colaboración que materializa o apoio da entidade financiera á XXXII Festa da Vendima, que se celebrará os próximos días 26 e 27 de agosto. O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández Pérez, e o coordinador de Banca Institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román, foron os encargados de asinar o acordo, acompañados polo director da oficina de ABANCA en Leiro, Miguel Madriñán Camba.
Esta colaboración "enmárcase dentro da vontade do banco de contribuir ao desenvolvemento, promoción e difusión da cultura e as tradicións galegas a todos os niveis. De feito, ABANCA é a única entidade patrocinadora de festas de interese turístico en Galicia que conta cun acordo específico para este fin", indican desde a entidade crediticia.
Ademáis, o apoio á Festa da Vendima tamén responde "ao firme compromiso histórico que mantén o banco co sector vitivinícola a través da súa unidade ABANCA Agro, que conta cun amplo equipo de profesionais especializados no sector e unha oferta financeira integral e adaptada ás necesidades específicas que presenta esta actividade económica", remarcan desde ABANCA.

A escola da Banda de gaitas e danzas O Irixo retoma a súa actividade o sábado 9 de setembro, despois dun curso repleto de actuacións en numerosas festas parroquiais e en eventos da contorna, como a I Romería das Pulpeiras en O Carballiño ou a XXXIV Festa da Istoria de Ribadavia, na que participarán o vindeiro 26 de agosto.
Este novo curso contará con clases de gaita, percusión e baile tradicional galego, que se impartirán no local social anexo ao CEIP Virxe da Pena da Sela en O Irixo. As clases individuais e colectivas, así como os ensaios grupais, impartiranse todos os sábados xeralmente en horario de mañá.
En canto á inscrición de novos alumnos, destacan que a matrícula será gratuíta e poderá efectuarse en calquera momento do curso, ainda que recomendan facelo nos inicios do mesmo para completar a formación anual. A cuota mensual establécese en 10€ para maiores de 8 anos e gratis para menores desta idade, e permitirá participar en tódalas actividades ofertadas. Recordan que para máis información poden contactar por redes sociais ou presencialmente no local de ensaio.
Dende a agrupación fan un chamamento para animar ao público xeral a que se unan a este equipo, xente comprometida coa nosa cultura e tradición, o cal a día de hoxe xa conta cunha plantilla de 40 persoas matriculadas.
Hasta aquí hemos llegado. Vamos a ver amigo Paco Fumega, tú crees que es normal que para pasar por debajo de los soportales haya que ir en fila india..? es normal que si va una mamá con el cochecito del niño, tenga que bajar a la calle por no tener sitio para pasar..? o si es una persona en silla de ruedas me lo pones peor, o cuando llueve tengamos que mojarnos porque están las terrazas e impiden el normal paso de las personas. Dime una cosa Paco Fumega, los soportales son zona pública o privativo de los propietarios de las terrazas..? ya está bien, que buscas enfrentamientos entre los que están sentados y los que intentamos pasar y movemos sillas.? ya está bien Paco Fumega, de verdad estamos locos? o te dan algo para que hagas tanto la vista gorda..? Haz algo ya.de una vez por todas. Otros partidos politicos seguro ya lo habían solucionado, con lo fácil que es..

A colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Boborás permitirá dotar a este municipio da súa primeira piscina pública municipal.
Así o salientou hoxe a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen se achegou ata a parcela na que se localiza a nova instalación deportiva e de ocio para supervisar o resultado dos traballos, finalizados a semana pasada e pendentes tan só de trámites administrativos. Acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e pola alcaldesa, Patricia Torres, a vicepresidenta segunda lembrou que esta actuación foi economicamente posible grazas ao acordo asinado en 2022 entre o seu departamento e o Goberno municipal no marco do chamado Plan hurbe, unha iniciativa a través da cal a Xunta mobilizou desde o ano 2010 ao redor de 165 millóns de euros para financiar máis de 415 intervencións urbanísticas en decenas de municipios.
Así, cun investimento comprometido en virtude do referido convenio de máis de 650.000 euros, a Administración autonómica asume o 70 % do custo da nova piscina e o Concello de Boborás, o 30 % restante.
As instalacións deportivas ocupan unha parcela de 13.506 metros cadrados, destinada antes a campo de fútbol, e constan de 2 vasos de auga (un para adultos e outro para nenos) cunha zona de praia en formigón armado e con tratamento especial para evitar esvarar. Así mesmo, tamén se construíu unha edificación anexa para ofrecer servizo de bar, con área de vestiarios e enfermería e un cuarto para instalacións diversas e almacén.
Tras incidir na importancia que teñen para os concellos determinados proxectos urbanísticos pola súa incidencia na mellora da calidade de vida da veciñanza, Ángeles Vázquez explicou que os equipamentos urbanos desempeñan tamén un papel fundamental como factor dinamizador para o desenvolvemento social e cultural e se converten, á vez, en elementos estruturais da contorna. Neste sentido, recordou que grazas aos acordos de cooperación asinados no marco do Plan hurbe desde o ano 2010 se executaron ou comprometeron un total de 168 actuacións urbanísticas na provincia de Ourense —5 delas no Concello de Boborás—, co obxectivo común de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor contornas urbanas e núcleos rurais. Ademais, tanto a responsable autonómica como a rexedora municipal coincidiron en que coa construción da nova piscina pública tamén se atende unha vella demanda veciñal, xa que Boborás era un dos poucos municipios da comarca que non contaba aínda cunhas instalacións deste tipo.
Estimado señor Alcade, querome derexir a vostedes e a POLICIA LOCAL, para pedirlles que por favor tomen mediadas acerca das mesas que ten postas o dono do bar pulpería do cruce de ribadavia, por culpa das súas mesas, os peatons temos que meternos a carretera, co perigo de que veña un coche e nos atropelle.
Esas mesas non poden estar ahí, cae de caixon , dame moita pena que teña que pasar unha desgracia pa que vos deades conta.
Non todo vale con tal de facer caixa, se non tendes sitio pa ter unha terraza, pois non se pon, sin máis.
Esto xa é un sin vivir, é necasario é urxente un horario de xogo na pista roxa, as luces están prendidas toda a noite e madrugada, e poñense a xogar cando lle cadra, sen ningún tipo de control, e os vecños da praza sufrimos as consecuencias. Parece que nesta zona caennos todas e padecemos esta falta de control todos os dias da semana. E nos tamén temos dereito ao descanso.

A Deputación de Ourense financiará un proxecto que vai solucionar dunha vez por todas a problemática que desde fai xa polo menos 15 anos atrás ven afectando ao Bañiño de Arcos, xa que conforme avanza o verán e baixa o caudal do río Arenteiro, o cano do Bañiño queda sen a famosa auga minero-medicinal.
Esta auga, que tantos usuarios ten tanto veciños da comarca como incluso de fora, está indicada para enfermidades de fígado, ril, vesícula e pel, clasificadas polos especialistas como frías, cunha temperatura de 18 graos. Recoméndase o seu consumo durante sete días consecutivos en xaxún ou en baños para a pel, polo que a moitos usuarios esta problemática represéntalle un gran perxuízo.
En COPE O Carballiño, a petición da nosa audiencia, interesámonos hoxe por esta problemática, e o alcalde Francisco Fumega avanzou nesta emisora de radio a execución inminente dun proxecto para solucionar este problema, que ademáis mellorará a salubridade da propia auga, ao sustituír o depósito de cemento por outro con planchas de alumiño, ademáis de instalar un novo sistema de bombeo manual. Escóitao no audio adxunto.
Las terrazas de los soportales un abuso, sin limite ni control.
El concello que pasa no hace nada?
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- …
- seguinte ›
- última »