O Carballiño está cheo de merda por culpa dos ciudadanos , a falta de educación, civismo, hixiene, etc, fai que haxa merda por todos lados; de que vale que o concello limpe se o dia siguinte vai estar igual.
As papeleiras que o concello ten posta polo pobo non son obxetos de decoración , son pa usalas tirando a basura nelas e non no chao.
Despolis de oír o globo sónda do Dirixente de ESCO,deixando caer a grandísima festa o pulpo do vindeiro ano presuntamente contanto coa sua participación na organización do evento,esto foi tema de cantos de taberna, perdón de tertulias de bares.
Nunha destas tertulias alguen comentou,é precisamente foi quen pagou a volta ou ronda coa que estábamos. Que a coasa estaba clara,desde que o dirixente de ESCO é ó manda mais do PP en Ourense foram a aquel famoso viaxe a París ver cabalos a relación ( en privado ) sempre foi moi boa,que ten que ver esto co anunció que se fixo o día da festa do pulpo? pois que chegou a hora de que se xunten para vengarse,(por aquello de ... ou conmigo ou contra min de ambos.
O PSdG apoia a xuntos por O Irixo en que o PP perda unha alcaldía en Ourense,enton O PP APOIA A ESCO NO CARBALLIÑO,PARA QUE O PSdG PERDA A ALCALDÍA DO CARBALLIÑO.
Sabedes que? No bar por levar a contraria é ter motivos para a discusión non lle dei a razón,pero despois da siesta chamei o colega é lle dixen que estaba dacordo co que comentara,que si era unha REVANCHA/VENGANZA.
O tempo (non moi lexano)nos dirà se estamos errados.

Pachi Vázquez afirmaba este pasado domingo en plena celebración no parque municipal que había moito que cambiar e que para o próximo ano teriamos unha gran Festa do Pulpo cos cámbios necesarios "o ano que ven terémos unha festa do pulpo moi potente", decía o líder de Espazo Común.
Na súas redes sociais, Jácome, o alcalde de Ourense minimizaba o éxito de convocatoria da Festa do Pulpo, tanto en afluencia de público como en consumo de polbo durante esta 61 edición.
Pois ben, o portavoz do goberno municipal carballiñés comparaba a ambos, o concelleiro socialista Diego Fernández ten claro que os dous teñen un mesmo obxetivo: desviar a atención ante "o gran éxito da festa este ano".
Escóitao no audio adxunto:

O Festival de Títeres do Carballiño, que chega este ano a súa 15 edición, levaráse a cabo do 16 ao 19 de agosto na explanada do parque municipal, ofrecendo obradoiros e espectáculos os catro días ás sete e media da tarde. Trátase xa dunha proposta habitual na programación veraniega da concellería de cultura do Carballiño.
Descarga o programa detallado no arquivo adxunto:

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, salientou a aposta do Goberno galego por ofrecer ás familias propostas de ocio que lles permitan desfrutar do verán e, ao mesmo tempo, conciliar. Díxoo durante unha vista á Residencia de Tempo Libre da Xunta de Galicia no Carballiño, na que se está a desenvolver o programa ‘Vacacións en familia’.
O Executivo autonómico ofertou este verán un total de 2760 prazas ao abeiro deste programa, distribuídas do seguinte xeito: 1440 prazas no centro residencial do Carballiño e outras 1320 no de Panxón, en Nigrán. Ademais deste incremento da oferta, ampliáronse as quendas ata finais de setembro para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queiran pasar as súas vacacións nestas residencias de tempo libre.
O programa ‘Vacacións en familia’ inclúe aloxamento e pensión completa na residencia. Ao igual que sucedeu en convocatorias anteriores, as familias de especial consideración, como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista tiveron prioridade no acceso ás prazas.

Unha conxectura ven a ser un xuizo formado sobre meros indicios ou aparencias, pero en política moitas non poucas veces tamén pode estar fundamentada.
O que en realidade augurou Pachi Vázquez ante o micrófono de COPE O Carballiño é que está seguro que o ano que ven a Festa do Pulpo virá con moitos cámbios e será unha Festa do Pulpo "potentísima", e de momento Espazo Común non ten responsabilidades de goberno para asegurar eses cámbios, pero Vázquez foi contundente nas súas manifestacións.
Que podería pasar, acaso unha moción de censura xunto ao Partido Popular para desaloxar da alcaldía a Fumega ou mesmo un pacto de ESCO co PSOE para un novo goberno bipartito no concello do Carballiño?
Escoita as declaracións de Pachi Vázquez no audio adxunto:

Os datos de afluencia de visitantes durante a Festa do Pulpo son cada ano motivo de tertulia e mesmo controversia, e non en poucas ocasións bastante discordantes, aínda que tendo sempre en conta que a participación é multiduninaria e pon ao límite da súa capacidade a hostalaría carballiñesa.
Neste ano 2023, os datos oficiais volven apuntar a cifras que son practicamente de record. Según os datos facilitados a COPE O Carballiño polo alcalde Francisco Fumega, a afluencia de visitantes a O Carballliño coincidiendo con esta segunda semana de agosto disparouse ata as 125.000 persoas. Tamén son de record os 80.000 quilos de pulpo consumidos.

Desde a Xefatura da Policia Local do Carballiño, Francisco Valeiras, fai un balance moi satisfactorio do desenvolvemento da 61 edicicón da Festa do Pulpo, caracterizada pola ausencia de incidencias e "o gran compartamento cidadán" e pon en valor que "a tranquilidade desta festa a pesar de reunir a miles e miles de persoas é un gran activo do que podemos sentirnos orgullosos no Carballiño, creo que é un exemplo de bo ambiente festivo aínda que se xunten moitos miles de persoas".
O responsable da Xefatura da Policia Local do Carballiño víu "a mesma xente de cada ano, pero si observo que agora ven moitísima xente a O Carballiño que xa non vai ao parque e quédase no casco urbano".
Desde COPE O Carballiño pulsamos o termómetro de varios locais de hostalaría, e o balance é unánime tanto do desenvolvemento da semana como da afluencia de visitantes a O Carballiño no transcurso dos útlimos dias coincidindo xa coa fin de semana, estiveron a tope da súa capacidade, cunha frase que case é coincidente entre todos eles "igual de xente que todos os anos, pero con menos gasto".

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e o conselleiro de Medio Rural, José González, acompañados do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiron hoxe á 61ª edición da Festa do Pulpo do Carballiño, como representación institucional da Xunta de Galicia.
A conselleira destacou a longa tradición dun evento que reflicte tanto a importancia da elaboración e do consumo de polbo para a economía do Carballiño, como a relevancia das polbeiras que conforman o groso das persoas que se encargan da súa preparación. Rivo, en concreto, puxo en valor este colectivo por ser emprendedoras e ser os sustentos das súas familias, por manter o relevo xeracional desta profesión durante décadas, por xerar emprego e riqueza no Carballiño e en toda a provincia ourensá e por ser “exemplo para as xeracións actuais e vindeiras”.
Destacou, así mesmo, que no Carballiño saben o que é facer historia non só porque unha localidade de interior fose a que “máis e mellor puxo en valor un produto de mar”, senón por converter o polbo “nun piar fundamental da economía, historia e cultura do Carballiño”. Así quedou demostrado, recordou, esta mesma semana acadando -de novo- a tapa de polbo máis grande do mundo, con 580 quilos do cefalópodo en dez minutos para un total de 800 racións. Hoxe, prevese que se sirvan ata 50.000 kg, acompañados doutros produtos gastronómicos da zona.
Pola sua banda, o director de Turismo de Galicia aproveitou a súa participación para lembrar o impulso conxunto que a Xunta está a facer co Concello para situalo como destino turístico gastronómico de referencia sobre a base do polbo como elemento diferencial. No marco dos fondos europeos, lembrou Merelles, "executaranse accións que permitan seguir desenvolvemento no eido turístico esta comarca aproveitando o tirón da chegada do AVE".
Tamén acudiu a O Carballiño neste dia grande do Carballiño o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou este mediodía na inauguración da 61ª Festa do Pulpo do Carballiño, onde quixo facer un recoñecemento “o labor das familias pulpeiras que levan xeracións facendo marca: O pulpo á feira”.
Luis Menor, na súa primeira participación como presidente do goberno provincial, expresou o seu compromiso de colaboración cunha festa declarada de Interese Turístico Internacional, “que ten á súa vez un gran impacto económico que trascende á propia vila e á comarca”.
Durante a súa intervención no acto de apertura, Luis Menor referiuse á exposición que aínda pode verse no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación, titulada “Pulpeiras e Familia”. Unha mostra fotográfica que reúne a diferentes xeracións de trinta familias de pulpeiros do Carballiño e que, a través das súas ferramentas (tesoiras, caldeira, pratos, ganchos, aceiteira, saleiro e pementeira) “axudándonos a comprender mellor o seu traballo e, sobre todo, o amor a esta profesión”. Un labor que contribúe a que “moitísimas persoas sexan quen de falar e situar no mapa ao Carballiño”.
Nesta liña, Menor expresou os parabéns ás familias pulpeiras, á organización e á cidadanía do Carballiño por esta xornada.

A vicepresidenta do Goberno de España e ministra de traballo, Yolanda Díaz, asistíu hoxe á 61 edición da Festa do Pulpo que neste domingo 13 de agosto estáse a celebrar no Carballiño.
A Vicepresidenta, que estivo acompañada en todo momento pola portavoz da Plataforma SUMAR no congreso, Marta Lois, vencellada familiarmente a O Carballiño, foron recibidas na casa do concello polo alcalde Francisco Fumega nun acto institucional no que tamén participaron concelleiros e concelleiras dos grupos políticos da corporación municipal. Yolanda Díaz asinou no libro de honra do concello do Carballiño.
Despóis de ofrecer declaracións en clave política aos medios fronte á escultura da pulpeira na Praza Maior, a Vicepresidenta en funcións do Goberno de España camiñou xunto aos responsables municipais ata o parque municipal do Carballiño, onde se celebra como cada segundo domingo de agosto a "gran pulpada mundial", considerada como a festa gastronómica máis importante de Galicia, e declarada desde 2022 como Festa de Interese Turístico Internacional.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- …
- seguinte ›
- última »