28, Xullo 2023

No programa especial dos venres de verán dedicado ao concello de Piñor, avanzamos por medio do seu alcalde José Luis González importantes novas para o municipio piñorense, entre elas a inminente inauguración tanto do albergue de peregrinos como o centro sociocultural polivalente, construidos no pobo de Arenteiro, que de cumplirse as previsións abrirán as súas portas no próximo mes de setembro.

O rexedor municipal tamén comentou que vai a bo rítmo o proxecto do museo do cadaleito de Piñor, nun municipio que é punteiro a nivel español na fabricación de ataudes. Ademáis, o alcalde piñorense marcou como un obxetivo prioritario para este mandato municipal recén comezado, a construcción dunha residencia de maiores que promoverá o propio concello, que desta maneira será primeira residencia de maiores de titularidade municipal da comarca. Terá unha capacidade de 40 prazas e financiaráse por medio de fondos NEX Generatíon.

Neste mesmo programa tamén tivemos ocasión de achegarnos ata o Hostal-Restaurante Ateneo, unha das referencias na restauración na comarca, falamos con Sonia Muñoz, da cuarta xeneración desta saga familiar con máis de 100 anos de tradición.

Aquí podes escoitar o programa emitido por COPE O Carballiño este venres dia 28 de xullo de 2023.

28, Xullo 2023

O PSdeG-PSOE de Punxín critica a postura do Partido Popular e Compromiso por Galicia, que a día de hoxe, e máis dun mes despois do pleno de investidura, seguen sen dar explicacións sobre as condicións do seu pacto de goberno. No pleno municipal celebrado no día de onte, as e os socialistas pediron explicacións e información sobre o pacto acadado entre ambas formacións para o goberno municipal os vindeiros 4 anos, pero atopáronse “coa calada por resposta”.

Dende o grupo municipal socialista afirman que se trata dun pacto “contra natura” e no que segundo manifestan “priman as mentiras”. As e os socialistas argumentan que “en menos dun mes xa nos decatamos de varias mentiras por parte de ambas formacións” e destacan como unha das máis sonadas “as competencias do líder de Compromiso por Galicia na localidade, Eladio Fernández, que segundo afirmaban ía gozar de certas competencias con este acordo, das que a día de hoxe, nada se sabe”.

A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, cualifica de “bochornosa” a actitude amosada polo tenente de alcalde, Eladio Fernández, e afirma que “estou convencida de que si eu non fora unha muller, non se dirixiría a min no ton e nas formas nas que o fixo durante o pleno”. A líder dos e das socialistas de Punxín subliña que Fernández “en vez de darnos as explicacións pertinentes sobre o pacto de goberno, dános leccións sobre como temos que facer o noso traballo, deixando en evidencia que este acordo non ten nada que ver co beneficio de Punxín, senón co seu propio ben e beneficio persoal”.

Peleteiro Vázquez tamén destaca que “estamos ante unha mostra máis de como o PP e CxG xogan cos intereses de Punxín e da súa veciñanza, co único fin de obter rédito persoal dun pacto de goberno anti natura”. A voceira socialista esíxelle a ambos partidos que “reflexionen e se poñan a traballar dunha vez por todas pola veciñanza e non por repartirse cargos”.

Dende o PSdeG-PSOe de Punxín poñen de manifesto que seguirán mantendo a liña que mantiveron ata o de agora e que fixo que subiran un concelleiro nas últimas eleccións. “Imos a seguir a traballar como a oposición construtiva que somos, mantendo a coherencia como unha das nosas sinais de identidade, como viñemos facendo ata o de agora”, finalizan os e as socialistas.

27, Xullo 2023

Trinta familias do Carballiño son as protagonistas da exposición fotográfica “Pulpeiras e familia” que dende hoxe pode visitarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación. Un proxecto artístico que naceu da man da asociación fotográfica “O Potiños”, en colaboración con Pulpeiros do Carballiño.

Os fotógrafos que participaron nesta iniciativa foron xuntando diferentes xeracións e convivindo con eles para comprender mellor o seu traballo e o amor a esta profesión. “As nosas fotos queren reflectir ese traballo, esa dedicación, e para iso prescindimos do elemento máis esencial: o pulpo. Quixemos que coas súas ferramentas -caldeira, pratos, ganchos, aceiteira, saleiro e pementeira- expresasen a satisfacción dun traballo ben realizado”, sinalan dende a agrupación fotográfica ao avaliar o resultado final.

As fotografías da exposición, realizadas en branco e negro, “son unha homenaxe a todas as persoas que, ao longo de cinco ou seis xeracións, seguen a facer un traballo ben feito e foron creando unha marca”.

Na inauguración da mostra, o deputado provincial Rosendo Fernández salientou a implicación incondicional da Deputación de Ourense dende o primeiro momento en que se coñeceu a proposta expositiva, así como a identidade xa inseparable do Carballiño co pulpo e cos pulpeiros e pulpeiras.

O director do centro cultural, Francisco González, agradeceu a Manuel Blanco, presidente de “O Potiños”, o traballo desenvolvido pola asociación para converter en realidade esta exposición, que estará en cartel ata o 20 de agosto.

26, Xullo 2023

As estadísticas turísticas do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo do Goberno de España acreditan que O Carballiño recibíu durante os primeiros cinco meses deste ano 2023 un total de 20.226 turístas, o que representa un incremento do 13% máis que neste mesmo periodo de tempo no ano 2022.

Entre os meses de xaneiro e maio, o último contabilizado de momento este ano, os turístas de orixe nacional que estiveron no Carballiño foron 18.735, cun incremento do 13,6% en relación ao ano pasado, e os de orixe internacional foron 1.491, un 5,9% máis que o ano precedente neste mesmo periodo de tempo.

25, Xullo 2023
24, Xullo 2023

A normativa fixa como data límite para proceder á limpeza a do 31 de maio, a partir desa data o concello tería que proceder a sancionar os correspondentes, comunicandolles os incumprimentos, e se fose o caso pedir autorización xudicial para realizar os traballos con cargo aos propietarios.

Case dous meses despóis desa data límite, os veciños da contorna dun solar na rúa dos Carboeiros, manifestan estar cansos de reclamar que unha entidade bandaria con sucursal no Carballiño proceda a limpar un solar que é da súa propiedade, o estado no que se encontra preocupa aos veciños que teñen vivendas colindantes con esta parcela. 

23, Xullo 2023

O Partido Popular qudeouse a 33 votos dos colleitados por Mariano Rajoi nas eleccións de 2004, este domingo con Feijóo chegou desta vez aos 4.465 votos, cun incremento de 14 puntos en relación ás eleccións de 2019, ao facerse co 56,26% dos 8.017 votos que se rexistraron nestas eleccións xerais de 2023 no municipio carballliñés. Trátase do terceiro mellor resultado electoral da democracia no Carballiño, aínda que se queda lonxe daqueles 4966 votos populares das xerais de 2011, tamén con Mariano Rajoi como candidato.

O PSOE baixou 5 puntos, e quedouse nos 1996 votos, co 25,15% do total. O BNG tivo 536 votos, case 2 puntos máis que fai 4 anos, VOX 457 votos, baixou 3,49%  puntos a respecto de 2019, e SUMAR   obtivo 342 votos. A Participación foi alta, o 71,26% do electorado carballiñés acudíu este domingo ás urnas.

 

22, Xullo 2023

Cine para todos os gustos e para todas as idades, con ata 4 películas para ver a diario ata o próximo xoves dia 27 de xullo (agás mércores que pecha por descanso) no cine de referencia para as comarcas do Carballiño-Ribeiro, no Novocine de Leiro.

21, Xullo 2023

Quería recordar a los vecinos de O Irixo que este Domingo 23 de Julio son las votaciones generales del Estado en las que se deciden los próximos 4 años de nuestro país.

En el primer párrafo, me refiero a lo de recordar ya que todo indica que al Partido Popular encabezado por Manuel Cerdeira no le interesa para NADA que se hable mucho de este tema, ni que los vecin@s se enteren para que NO vayan a ejercer su derecho a voto, ya que NO han puesto un solo cartel en todo el municipio.Y por qué este desinterés?? Pues por lo que tod@s ya sabemos, y es que salga una mayoría del PP en O Irixo en las elecciones generales que a no a habido en las municipales ( por el descontento con Manuel Cerdeira) y que posiblemente en estas generales si se pueda dar.

La verdad es que a los concejales y al partido del PP de O Irixo, les está luciendo el pelo a tódos y cada uno de ellos, pueden estar orgullosos de su trabajo y de su labor ya que no respetan ni a su presidente de partido, y a lo mejor futuro presidente de España. Esto me parece inaceptable!!

Una vecina de O Irixo.

Saludos. 

21, Xullo 2023

Apenas 15 minutos é o tempo que se tarda en recorrer a distancia que temos por estrada desde O Carballiño ás parroquias máis próximas do concello de Carballedo, que son as da Aguada ou Buciños, e pouco máis á Barrela, que é a capitalidade municipal desde concello, un dos máis extensos en superficie de toda Galicia, que vai desde a zona de montaña próxima ao mosteiro de Oseira ata a mesma Ribeira Sacra.

Carballedo é un universo de patrimonio natural, con rutas de sendeirismo, culturais, etnográficas, e auténticas xoias do románico na súa arquitectura relixiosa. Con boa gastronomía e boas comunicacións, Carballedo pode ser ademáis un bo exemplo do que pode ser un concello dinámico no ámbito rural.

Enlace ao video promocional do concello de Carballedo: 

http://www.concellocarballedo.es/portal_localweb/RecursosWeb/VIDEO/1/con...

Descubrimolo neste programa especial dos venres de verán en COPE O Carballiño, presentado por Xan Pinal, e coa colaboracíon desde a casa do concello de Carballedo de María Fernández, María Cabaleiro, Raquel Vázquez, Silvia Vázquez e Adrián Rodríguez. Escóitao aquí:

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS