15, Agosto 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, salientou a aposta do Goberno galego por ofrecer ás familias propostas de ocio que lles permitan desfrutar do verán e, ao mesmo tempo, conciliar. Díxoo durante unha vista á Residencia de Tempo Libre da Xunta de Galicia no Carballiño, na que se está a desenvolver o programa ‘Vacacións en familia’.

O Executivo autonómico ofertou este verán un total de 2760 prazas ao abeiro deste programa, distribuídas do seguinte xeito: 1440 prazas no centro residencial do Carballiño e outras 1320 no de Panxón, en Nigrán. Ademais deste incremento da oferta, ampliáronse as quendas ata finais de setembro para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queiran pasar as súas vacacións nestas residencias de tempo libre.

O programa ‘Vacacións en familia’ inclúe aloxamento e pensión completa na residencia. Ao igual que sucedeu en convocatorias anteriores, as familias de especial consideración, como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista tiveron prioridade no acceso ás prazas.

14, Agosto 2023

Unha conxectura ven a ser un xuizo formado sobre meros indicios ou aparencias, pero en política moitas non poucas veces tamén pode estar fundamentada. 

O que en realidade augurou Pachi Vázquez ante o micrófono de COPE O Carballiño é que está seguro que o ano que ven a Festa do Pulpo virá con moitos cámbios e será unha Festa do Pulpo "potentísima", e de momento Espazo Común non ten responsabilidades de goberno para asegurar eses cámbios, pero Vázquez foi contundente nas súas manifestacións.

Que podería pasar, acaso unha moción de censura xunto ao Partido Popular para desaloxar da alcaldía a Fumega ou mesmo un pacto de ESCO co PSOE para un novo goberno bipartito no concello do Carballiño?

Escoita as declaracións de Pachi Vázquez no audio adxunto:

14, Agosto 2023

Os datos de afluencia de visitantes durante a Festa do Pulpo son cada ano motivo de tertulia e mesmo controversia, e non en poucas ocasións bastante discordantes, aínda que tendo sempre en conta que a participación é multiduninaria e pon ao límite da súa capacidade a hostalaría carballiñesa.

Neste ano 2023, os datos oficiais volven apuntar a cifras que son practicamente de record. Según os datos facilitados a COPE O Carballiño polo alcalde Francisco Fumega, a afluencia de visitantes a O Carballliño coincidiendo con esta segunda semana de agosto disparouse ata as 125.000 persoas. Tamén son de record os 80.000 quilos de pulpo consumidos.

13, Agosto 2023

Desde a Xefatura da Policia Local do Carballiño, Francisco Valeiras, fai un balance moi satisfactorio do desenvolvemento da 61 edicicón da Festa do Pulpo, caracterizada pola ausencia de incidencias e "o gran compartamento cidadán" e pon en valor que "a tranquilidade desta festa a pesar de reunir a miles e miles de persoas é un gran activo do que podemos sentirnos orgullosos no Carballiño, creo que é un exemplo de bo ambiente festivo aínda que se xunten moitos miles de persoas".

O responsable da Xefatura da Policia Local do Carballiño víu "a mesma xente de cada ano, pero si observo que agora ven moitísima xente a O Carballiño que xa non vai ao parque e quédase no casco urbano".

Desde COPE O Carballiño pulsamos o termómetro de varios locais de hostalaría, e o balance é unánime tanto do desenvolvemento da semana como da afluencia de visitantes a O Carballiño no transcurso dos útlimos dias coincidindo xa coa fin de semana, estiveron a tope da súa capacidade, cunha frase que case é coincidente entre todos eles "igual de xente que todos os anos, pero con menos gasto". 

 

13, Agosto 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e o conselleiro de Medio Rural, José González, acompañados do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiron hoxe á 61ª edición da Festa do Pulpo do Carballiño, como representación institucional da Xunta de Galicia.

A conselleira destacou a longa tradición dun evento que reflicte tanto a importancia da elaboración e do consumo de polbo para a economía do Carballiño, como a relevancia das polbeiras que conforman o groso das persoas que se encargan da súa preparación. Rivo, en concreto, puxo en valor este colectivo por ser emprendedoras e ser os sustentos das súas familias, por manter o relevo xeracional desta profesión durante décadas, por xerar emprego e riqueza no Carballiño e en toda a provincia ourensá e por ser “exemplo para as xeracións actuais e vindeiras”.

Destacou, así mesmo, que no Carballiño saben o que é facer historia non só porque unha localidade de interior fose a que “máis e mellor puxo en valor un produto de mar”, senón por converter o polbo “nun piar fundamental da economía, historia e cultura do Carballiño”. Así quedou demostrado, recordou, esta mesma semana acadando -de novo- a tapa de polbo máis grande do mundo, con 580 quilos do cefalópodo en dez minutos para un total de 800 racións. Hoxe, prevese que se sirvan ata 50.000 kg, acompañados doutros produtos gastronómicos da zona.

Pola sua banda, o director de Turismo de Galicia aproveitou a súa participación para lembrar o impulso conxunto que a Xunta está a facer co Concello para situalo como destino turístico gastronómico de referencia sobre a base do polbo como elemento diferencial. No marco dos fondos europeos, lembrou Merelles, "executaranse accións que permitan seguir desenvolvemento no eido turístico esta comarca aproveitando o tirón da chegada do AVE".

Tamén acudiu a O Carballiño neste dia grande do Carballiño o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou este mediodía na inauguración da 61ª Festa do Pulpo do Carballiño, onde quixo facer un recoñecemento “o labor das familias pulpeiras que levan xeracións facendo marca: O pulpo á feira”.

Luis Menor, na súa primeira participación como presidente do goberno provincial, expresou o seu compromiso de colaboración cunha festa declarada de Interese Turístico Internacional, “que ten á súa vez un gran impacto económico que trascende á propia vila e á comarca”.

Durante a súa intervención no acto de apertura, Luis Menor referiuse á exposición que aínda pode verse no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación, titulada “Pulpeiras e Familia”. Unha mostra fotográfica que reúne a diferentes xeracións de trinta familias de pulpeiros do Carballiño e que, a través das súas ferramentas (tesoiras, caldeira, pratos, ganchos, aceiteira, saleiro e pementeira) “axudándonos a comprender mellor o seu traballo e, sobre todo, o amor a esta profesión”. Un labor que contribúe a que “moitísimas persoas sexan quen de falar e situar no mapa ao Carballiño”.

Nesta liña, Menor expresou os parabéns ás familias pulpeiras, á organización e á cidadanía do Carballiño por esta xornada.

13, Agosto 2023

A vicepresidenta do Goberno de España e ministra de traballo, Yolanda Díaz, asistíu hoxe á 61 edición da Festa do Pulpo que neste domingo 13 de agosto estáse a celebrar no Carballiño.

A Vicepresidenta, que estivo acompañada en todo momento pola portavoz da Plataforma SUMAR no congreso, Marta Lois, vencellada familiarmente a O Carballiño, foron recibidas na casa do concello polo alcalde Francisco Fumega nun acto institucional no que tamén participaron concelleiros e concelleiras dos grupos políticos da corporación municipal. Yolanda Díaz asinou no libro de honra do concello do Carballiño.

Despóis de ofrecer declaracións en clave política aos medios fronte á escultura da pulpeira na Praza Maior, a Vicepresidenta en funcións do Goberno de España camiñou xunto aos responsables municipais ata o parque municipal do Carballiño, onde se celebra como cada segundo domingo de agosto a "gran pulpada mundial", considerada como a festa gastronómica máis importante de Galicia, e declarada desde 2022 como Festa de Interese Turístico Internacional.

11, Agosto 2023

Potenciar O Carballiño como un destino gastronómico de referencia foi o obxectivo que levou ao Concello a presentar a súa candidatura no marco dos plans de sostenibilidade turística en destino. Deste xeito, obteríase a financiación para levar a cabo ambiciosas actuacións que hoxe están moito máis preto de ser unha realidade. Esta mañá asinouse na Casa Consistorial o convenio para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística O Carballiño, cun orzamento dun millón de euros de fondos europeos.

O alcalde, Francisco Fumega, asegurou que coas actuacións que se levarán a cabo no concello “facemos unha aposta decidida por potenciar os puntos fortes que xa ten O Carballiño en catro eixes fundamentais: transición verde, mellora da eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade” .

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, destacou que coa firma deste convenio “afondarase na internacionalización do Carballiño e a comarca”. Tamén lembrou que a mancomunidade beneficiarase doutro plan de 1,5 millóns de euros, aumentando o potencial turístico desta parte da provincia.
Cómpre destacar que na candidatura que tramitou o Concello para optar aos fondos europeos destacouse que o pulpo do Carballiño é como unha denominación de orixe de facto e un selo inequívoco de calidade, sendo a festa que rende culto a este manxar o seu principal altofalante. Con esta premisa propuxéronse unha serie de actuacións que, coa sinatura deste convenio, darán continuidade á planificación turística posta en marcha nos últimos anos no municipio.

Estas son as principais actuacións:
-Intervencións de restauración ambiental, adecuación paisaxística e xestión do entorno do río Arenteiro para un aproveitamento turístico sostible e a xeración de espazos de ocio. A intervención contempla o derrube de estruturas inacabadas que alteran o paisaxe neste enclave especialmente relevante, pois afecta ao entorno no que se celebra a Festa do Pulpo.
-Definición dun plan de xestión de residuos para a festa, principal escaparate nacional e internacional do Carballiño, implantando medidas de economía circular.
-Implantación de solucións pasivas de eficiencia enerxética nas pallozas do cámping para adaptalas ao cambio climático e rehabilitalas para a súa explotación turística.
-Instalación dun sistema de iluminación eficiencia, independente e regulable na igrexa da Veracruz. Inclúese tamén nesta actuación a colocación de novas luminarias LED nas inmediacións dos principais elementos patrimoniais do municipio.
-Ampliación da senda do Arenteiro. Instalaranse pasarelas e puntos de descanso para crear un paseo fluvial que conecte as áreas urbanas e rurais.
-Instalación de sistemas dixitais de sinalización orientados a xerar un fluxo bidireccional de información coas persoas que visitan o municipio.
-Realidade aumentada para a posta en valor do destino, utilizando ferramentas tecnolóxicas que faciliten a visualización, exploración e interpretación de recursos e trasladen aos usuarios a outra época.
-Definición dunha estratexia de márketing dixital coa planificación de contidos para redes sociais e a actualización da páxina web.
-Posta a punto do Museo do Papel e o seu entorno coa creación dun centro de interpretación.
-Colaboración coa Asociación de Pulpeiros do Carballiño para a divulgación do pulpo como elemento xerador da economía local durante xeracións.
-Impulso de accións que poñan de manifesto a importancia do pulpo como elemento central da promoción do Carballiño como destino, así como motor da xeración de negocio para as empresas turísticas.

11, Agosto 2023

A Xunta de Galicia e o Concello de Piñor, a través da Deputación Provincial de Ourense, investiron máis de 450.000 euros á construción dun edificio de usos múltiples no municipio destinado a albergar diferentes actividades de carácter social e deportivo.

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o alcalde da localidade, José Luis González, visitou hoxe esta actuación, cuxo obxectivo é dotar a este municipio dun novo edificio multifuncional.

O novo inmoble consta de planta baixa —na que se localiza unha das salas do edificio, os aseos, o cuarto de instalacións e o almacén— e primeiro andar —con outra sala de maiores dimensións dotada con gradas retráctiles, almacén e unha solaina—, conectadas entre si por unha escaleira e un ascensor.

A directora xeral puxo en valor que este novo edificio de usos múltiples está localizado ao carón do albergue de peregrinos e dunhas pistas polideportivas, o que converterá esta contorna nun nodo de equipamentos e punto de encontro para a veciñanza da localidade.

Estas obras acometéronse ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais.

Deste xeito, segundo explicou Encarnación Rivas, o Goberno galego financiou o 70 % do custo das obras e o concello achega o 30 % restante, un apoio económico que resulta clave para que moitos municipios poidan acometer obras de humanización que, como esta, inciden de forma moi positiva na calidade de vida da veciñanza e na habilitación de espazos públicos.

11, Agosto 2023

Ultimamente, en Carballiño, buscando sitio para aparcar, me di cuenta que no conozco las señales ya, ni el codigo de circulacion.

Me puse a pensar, un momento, a un lado en mi coche y saque la conclusion de ver el lado positivo, es decir, agrafecer a esa gente que me recuerde y enseñe como y donde se aparca.

Me explico, calles peatonales como Perfectino Vieitez, Margarita Taboada o Canovas del Castillo, llenas de coches, las bocacalles de acceso a estas y a la principal, igual. Alñ la sombra, a lo facil y a la primera.asi da gusto, y el esto de los mortales como tontos buscando un aparcamiento correcto. Ahora entiendo, porque lo haven y se les permite. 

Da  igual el dia o el mes,. Creo que desde hoy no debemos buscar mas, hay mucho sitio libre y sin saber que se puede, plaza Mayor, plazas varias, calle Principal, etc . 

Y como tontos creyendo que aparcaba bien....

11, Agosto 2023

A portavoz do Grupo Municipal de XUNTOS POLO IRIXO Susana María Iglesias Nogueira e o portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE Iago Fariñas Valiña veñen de presentar esta mañá no rexistro municipal do Concello de O Irixo a MOCIÓN DE CENSURA PARA A DESTITUCIÓN DO ACTUAL ALCALDE DO CONCELLO DE O IRIXO MANUEL CERDEIRA LORENZO, moción asinada por 5 concelleiros da Corporación Municipal deste Concello (Susana María Iglesias Nogueira, Iago Fariñas Valiña, Juan Manuel Villanueva Decabo, Rosa María Dalama Lousado e Tamara Civeira Pérez) que representan a maioría absoluta do número legal de membros da referida corporación.

A moción propón como CANDIDATA A SUSANA MARÍA IGLESIAS NOGUEIRA.

As sinaturas desta moción foron xa debidamente autenticadas pola Secretaria da corporación municipal e acompañouse ademáis a preceptiva dilixencia acreditativa da Secretaria desta corporación que acredita que cumpre cos requisitos esixidos pola lei para a súa tramitación en base ó disposto nos artigo 197 (Moción de censura do Alcalde) “Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General”. A presente MOCIÓN DE CENSURA se fundamenta na seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

PRIMEIRO.- Que a veciñanza de O Irixo ven de expresar o pasado 28 de maio de 2023 que non aposta maioritariamente polo Sr. Don Manuel Cerdeira como Alcalde de O Irixo, como si viña facendo nos últimos anos co seu antecesor.

SEGUNDO.- Que o actual Grupo de Goberno co Alcalde actual Sr. Don Manuel Cerdeira saído da pasada sesión de investidura, se encontra nunha situación de minoría que non lle vai permitir gobernar en beneficio da veciñanza, exemplo deste feito e a imposibilidade da constitución da Xunta de Goberno Local na última sesión plenaria de organización deste Concello.

TERCEIRO.- Que a actual situación e o resultado da nefasta xestión do actual Alcalde e o seu Grupo de Goberno nos últimos anos a fronte do Concello de O Irixo, abandonando a atención a veciñanza de O Irixo e as súas necesidades mais básicas en beneficio de outras xestións non necesarias e que non melloraron en nada a vida da veciñanza do noso concello ademáis do despilfarro ocasionado. Este proceder veuse reflectido nas urnas ca perda de ata dous concelleiros nas últimas eleccións municipais que o teñen situado nunha situación de minoría e ingobernabilidade do noso Concello.

CUARTO.- Que a veciñanza de O Irixo non se merece un Alcalde e un Goberno Municipal que herdaron a oportunidade de traballar polo Irixo e a súa veciñanza e preferiron pasear e viaxar a Madrid e outros lugares, a feiras e mercados, en vez de visitar e arranxar os pobos do Irixo e atender a nosa veciñanza, polo que é necesario mudar esta situación, e os/as concelleiros/as asinantes traballarán para ofrecer outras posibilidades e outras atencións a veciñanza do Irixo e as súas necesidades.

Esta moción de censura ven sustentada por un ACORDO DE GOBERNO para o MANDATO 2023 – 2027 e asinado polos grupos municipais no concello de O Irixo XUNTOS POLO IRIXO e PSdeG-PSOE o pasado 4 de agosto de 2023.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS