18, Agosto 2023

Nova entrega dos especiais dos venres de verán en COPE O Carballiño, desta vez presentado por Lolo Carril desde a casa do concello de Maside, e no inicio dun amplo ciclo festivo e xenuinamente masidao, que abre a Festa do Cabalo no Puzo do Lago esta fin de semana do 19 e 20 de agosto, continuará cos festas de San Vitorio e completaráse o 3 de setembro coa Romaría da Rañoa.

O alcalde José Manuel Iglesias repasa algunhos dos proxectos importantes para este novo mandato municipal, como son o parque empresarial intermunicipal Maside-O Carballiño, a reforma da rúa principal da vila de Maside, ou as actuacións previstas no antigo colexio da Alameda para convertilo nun gran centro cultural e multifuncional.

No programa tamén podemos escoitar a Maria Luisa Rodríguez e Belén Fernández, promotoras das CASAS DO MAIOR de Maside e Dacón, respectivamente, que xunto a usuarias Lina e Fina fálannos do día a día nestas dáus casas do maior que están abertas no municipio.

Tamén coñecemos a Alberto Taboada e o seu proxecto singular como emprendedor turístico no lugar de Manzós, na parroquia de Louredo. Mentres, co arqueólogo Andrés Rodríguez achegámonos á intervención que o concello masidao está promovendo na zona arqueolóxica de Santa Mariña.

O presidente da Coral "A Torre" de Maside, José Manuel Pascual, detállanos o programa do clásico Festival de Corais que cada verán celébrase en Maside, o deste ano será este sábado dia 19 de agosto a partir das 20:00 horas na igrexa parroquial de Santo Tomé de Maside.

E finalmente, Lalo Botana e Enríque López, achegan á audiencia de COPE O Carballiño toda a programación de actividades para esta fin de semana no Puzo do Lago, sábado 19 e domingo 20, con motivo da celebración da 35 edición da Festa do Cabalo de Maside.

Escóitao no audio adxunto:

18, Agosto 2023

A paraxe natural do Puzo do Lago volve ser o escenario para a celebración dunha nova edición da Festa do Cabalo de Maside, a gran festa do cabalo da nosa comarca, con diversas actividades que están programadas para esta fin de semana, sábado 19 e domingo 20.

O sábado, desde as catro a tarde terá lugar unha ruta técnica con premios para os mellores, e as 20:30 horas unha exhibición de de trote enganchado, xa finalmente ás 22:00 horas unha cea con animación musical. No dia grande da festa, o domingo, o programa iníciase coa medición dos cabalos ás 9:30 horas.

Seguidamente, comezará o concurso de andadura chapeada e serrada, trote e exhibición de cabalos de arrastre. Ao mediodia, xantar popular, e pola tarde unha xinkana, concursos de dandadura serrada e galope, e finalmente a partir das 19:00 horas a tradicional carreira de burros e a entrega de premios.

No programa especial dos venres de verán de COPE O Carballiño dedicado neste 18 de agosto ao concello de Maside podes escoitar a entrevista con Lano Botana e Enríque López, responsables de organización da 35 edición desta Festa do Cabalo de Maside.

17, Agosto 2023

O próximo dia 29 ás 12:00 horas celebraráse o pleno extraordinario da corporación municipal do Irixo para votar a moción de censura presentadada contra o alcalde do Partido Popular Manuel Cerdeira, asinada polos cinco concelleiros que suman Xuntos Polo Irixo (3)  e PSOE (2).

No audio adxunto podes escoitar a entrevista a Iago Fariñas, o concelleiro socialista e futuro portavoz do goberno bipartito, na que defende a necesidade desta moción de censura que levará ao Partido Popular a perder a unha das súas alcaldías históricas na comarca, unha alcaldía que o PP obstentaba desde o ano 1995.

17, Agosto 2023

A nosa tradicional festa do pulpo chegou o seu fin, do parque marcha a xente cando se atopa semellante escaparate de botellón e borracheiras incontroladas, volumen de música insoportable,  escasas pulpeiras polo parque, a maioría están no casco urbano. O volumen de lixo que queda no parque dos 2 bares que se poñen é un auténtico escándalo, en fin, inseguridade , suciedade, mala imaxen, solo rapaces e rapazas totalmente borrachos, destrozos. 

16, Agosto 2023

O Carballiño está cheo de merda por culpa dos ciudadanos , a falta de educación, civismo, hixiene, etc, fai que haxa merda por todos lados;  de que vale que o concello limpe se  o dia siguinte vai estar igual.

As papeleiras que o concello ten posta polo pobo non son obxetos de decoración , son pa usalas tirando a basura nelas e non no chao.

16, Agosto 2023

Despolis de oír o globo sónda do Dirixente de ESCO,deixando caer a grandísima festa o pulpo do  vindeiro ano presuntamente contanto coa sua participación na organización do evento,esto foi tema de cantos de taberna, perdón de tertulias de bares.

Nunha destas tertulias alguen comentou,é precisamente foi quen pagou a volta ou ronda coa que estábamos. Que a coasa estaba clara,desde que o dirixente de ESCO é ó manda mais do PP en Ourense foram a  aquel famoso viaxe a París ver cabalos a relación ( en privado ) sempre foi moi boa,que ten que ver esto co anunció que se fixo o día da festa do pulpo?  pois que chegou a hora de que se xunten para vengarse,(por aquello de ... ou conmigo ou contra min de ambos.

 O PSdG apoia a xuntos por O Irixo en que o PP perda unha alcaldía en Ourense,enton O PP APOIA A ESCO NO CARBALLIÑO,PARA QUE O PSdG PERDA A ALCALDÍA DO CARBALLIÑO.

Sabedes que? No bar por levar a contraria é ter motivos para a discusión non lle dei a razón,pero despois da siesta chamei o colega é lle dixen que estaba dacordo co que comentara,que si era unha REVANCHA/VENGANZA.

O tempo (non moi lexano)nos dirà se estamos errados.

16, Agosto 2023

Pachi Vázquez afirmaba este pasado domingo en plena celebración no parque municipal que había moito que cambiar e que para o próximo ano teriamos unha gran Festa do Pulpo cos cámbios necesarios "o ano que ven terémos unha festa do pulpo moi potente", decía o líder de Espazo Común.

Na súas redes sociais, Jácome, o alcalde de Ourense minimizaba o éxito de convocatoria da Festa do Pulpo, tanto en afluencia de público como en consumo de polbo durante esta 61 edición.

Pois ben, o portavoz do goberno municipal carballiñés comparaba a ambos, o concelleiro socialista Diego Fernández ten claro que os dous teñen un mesmo obxetivo: desviar a atención ante "o gran éxito da festa este ano".

Escóitao no audio adxunto:

16, Agosto 2023

O Festival de Títeres do Carballiño, que chega este ano a súa 15 edición, levaráse a cabo do 16 ao 19 de agosto na explanada do parque municipal, ofrecendo obradoiros e espectáculos os catro días ás sete e media da tarde. Trátase xa dunha proposta habitual na programación veraniega da concellería de cultura do Carballiño.

Descarga o programa detallado no arquivo adxunto:

15, Agosto 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, salientou a aposta do Goberno galego por ofrecer ás familias propostas de ocio que lles permitan desfrutar do verán e, ao mesmo tempo, conciliar. Díxoo durante unha vista á Residencia de Tempo Libre da Xunta de Galicia no Carballiño, na que se está a desenvolver o programa ‘Vacacións en familia’.

O Executivo autonómico ofertou este verán un total de 2760 prazas ao abeiro deste programa, distribuídas do seguinte xeito: 1440 prazas no centro residencial do Carballiño e outras 1320 no de Panxón, en Nigrán. Ademais deste incremento da oferta, ampliáronse as quendas ata finais de setembro para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queiran pasar as súas vacacións nestas residencias de tempo libre.

O programa ‘Vacacións en familia’ inclúe aloxamento e pensión completa na residencia. Ao igual que sucedeu en convocatorias anteriores, as familias de especial consideración, como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista tiveron prioridade no acceso ás prazas.

14, Agosto 2023

Unha conxectura ven a ser un xuizo formado sobre meros indicios ou aparencias, pero en política moitas non poucas veces tamén pode estar fundamentada. 

O que en realidade augurou Pachi Vázquez ante o micrófono de COPE O Carballiño é que está seguro que o ano que ven a Festa do Pulpo virá con moitos cámbios e será unha Festa do Pulpo "potentísima", e de momento Espazo Común non ten responsabilidades de goberno para asegurar eses cámbios, pero Vázquez foi contundente nas súas manifestacións.

Que podería pasar, acaso unha moción de censura xunto ao Partido Popular para desaloxar da alcaldía a Fumega ou mesmo un pacto de ESCO co PSOE para un novo goberno bipartito no concello do Carballiño?

Escoita as declaracións de Pachi Vázquez no audio adxunto:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS