21, Xullo 2023

O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia que namentres varios nenos e nenas, netos e netas de veciños e veciñas empadroadas e que están cumprindo coas condicións e co empadroamento real no municipio, quedaron “fóra” do campamento de verán, familiares dunha traballadora municipal censada na casa consistorial "si obtiveron praza no mesmo”. Os e as socialistas consideran que este “trato de favor” a unha persoa que reside no Carballiño e que está censada de forma “irregular” no municipio “é inadmisible”. “Estamos ante unha trama na concesión das prazas para beneficiar a certas persoas”, afirman.

Dende o grupo municipal socialista explican que as bases para obter praza no campamento de verán din claramente que a orde de preferencia “é en primeiro lugar para crianzas empadroadas no municipio, en segundo lugar para fillos, fillas e netos e netas de persoas empadroadas en Leiro”. Consideran “denigrante e vergoñento” que unha persoa que “non paga un só imposto no municipio e ten a súa residencia no Carballiño”, se vexa beneficiada a hora de acceder as prazas do campamento de verán, “namentres varios nenos e nenas, netos e netas de veciños e veciñas que cumpren relixiosamente cos seus empadroamentos en Leiro, quedasen fóra do mesmo”.

Os e as socialistas afirman que “esta traballadora municipal, que é a que xestiona os empadroamentos, aproveita o estar empadroada na casa consistorial, para meter a familiares no campamento”. Ante esta situación dende o PSOE de Leiro esíxenlle ao rexedor do Partido Popular, Francisco José Fernández, que “cese na súa actitude de empregar o concello como se fose a súa propia casa e de beneficiar a persoas afíns as súas siglas políticas e as que ten empadroadas nun edificio municipal de xeito irregular”.

“Estamos ante un agravio comparativo cara a veciñanza que está empadroada e reside en Leiro”, denuncian os concelleiros socialistas, antes de sinalar que “namentres esta persoa esixe legalidade total as persoas que se empadroan en Leiro, non é coherente na forma de actuar”. O PSdeG-PSOE de Leiro tamén afirma que as bases para o campamento de verán “están firmadas polo alcalde, que é coñecedor desta situación”.

Dende o grupo municipal socialista de Leiro lembran que a comezos do mes de xullo instaron ao grupo de goberno do Partido Popular a “mellorar” a oferta de prazas no campamento de verán que se celebrará entre o 3 de xullo e o 8 de setembro, xa que consideraban que 20 “son moi poucas prazas para a demanda actual de cativos e cativas que hai no municipio”. Tras quedar varios nenos e nenas fóra do campamento de verán, os e as socialistas subliñan que “a nefasta xestión do alcalde, quedou unha vez máis en evidencia, ao non prever a alta demanda de prazas e ao beneficiar a certas persoas empadroadas irregularmente”.

Por último, dende o PSdeG-PSOE de Leiro subliñan que “estamos ante unha reincidencia nas malas praxes”, xa que tal e como apuntan “xa nas eleccións municipais denunciamos e levantamos acta ante aos empadroamentos irregulares na casa consistorial, pero vemos que a cousa non só non parou ou se corrixiu, senón que aínda foi a máis”.

21, Xullo 2023

O salón de actos do concello carballíñés acolleu a presentación do cartel oficial da 61 edición da Festa da Pulpo, que se celebrará o próximo domingo 13 de agosto.

O cartel anunciador, que desde hoxe mesmo comeza a distribuirse para publicitar esta celebración que desde o ano pasado ten o recoñecento de Festa de Interese Turístico Internacional, é obra da artísta carballiñesa Ari Quintas.

O acto, no que exerceron como anfitrións o alcalde Fumega e o concelleiro de turismo Dacal, contou coa presenza de representantes de varios patrocinadores, tanto privados como institucionais.

21, Xullo 2023

Nun comunicado difundido nesta noite de xoves dia 20 de xullo o "concello de Cenlle amosa o seu pesar polo pasamento, este xoves 20 de xullo, de D. José Manuel Rodríguez Lamas, Alcalde de Cenlle entre os anos 2020 e 2022. Nestes momentos tan difíciles, a Corporación Municipal quere transmitirlle o pésame a familiares, achegados, compañeiros e amigos. Tanto o persoal como tódolos membros da corporación queremos expresar o noso cariño e apoio emocional ante esta inesperada e repentina noticia. Descanse en Paz".

José Manuel Rodríguez Lamas contaba con 63 anos de idade, veciño da parroquia de Vilar de Rei,  foira elixido alcalde do concello de Cenlle en 2020, formando parte do grupo municipal do Partido Popular, unha vez que Gabriel Alén foi nomeado delegado territorial da Xunta. Mantívose no cargo ata finais de 2022, cando presentou a súa demisión aínda que continuou formando parte da corporación, sendo relevado na alcaldía por Rebeca Sotelo, tamén do Partido Popular.

Nestas pasadas eleccións municipais do mes de maio José Manuel Rodríguez Lamas presentouse como cabeza de lista de Compromiso por Galicia no concello de Cenlle, obtendo a acta de concelleiro, cargo que exercía na actualidade.

 

19, Xullo 2023

A Xunta ven de publicar no DOGA do mércores 19 de xullo a autorización administrativa de construcción do proxecto do parque eólico denominado Paraño Oeste, que se localiza en montes dentro dos termos municipais de Beariz e Forcarei, ambos concellos presentaran reparos a este proxecto durante o periodo de exposición pública, igual que veciños e asociacións da bisbarra de Terra de Montes.

A promotora do novo parque eólico é a sociedade Eólica Galenova, que proxecta instalar unha potencia de 49,7 megavatios, cunha inversión que supera os 36 millóns de euros, sen IVE.

A resolución de autorización autonómica aínda non é firme na via administrativa, pois contra a mesma pode presentarse recurso de alzada no prazo dun mes.

 

19, Xullo 2023

Agora resulta que cando lle propuxeron o Sr. Lino ser candidato xa sabían que había incompatibilidades co seu traballo na banca. Pese a todo este Sr. aceptou e tirou para diante. Agora di na televisión local que está tramitando e agardando a que se resolva a excedencia do seu posto. Vamos a ver, quen é tolo que renuncia a un soldo de director de banco (o seu soldo andará tranquilamente cerca dos 45.000 euros), e en excedencia non se cobra un euro. Levaron o chasco de que escolleron a alcaldesa de Boborás como representante da comarca na Deputación. Agora con Baltar fora tamén se torcen as cousas para tratar de conseguir o único posto de Coordinador do Partido (o soldo anda máis ou menos en 43.000 euros),  2 postos de asesor do Partido (o soldo anda máis ou menos en 40.000 euros) ou un dos 3 postos de administrativos do Partido (no que o soldo é de cerca de 30.000 euros). Todos eles con cargo o presuposto da Deputación de Ourense.

En breve, saberemos que posto é capaz de conseguir o Sr. Lino, porque se me equivoco será a primeira persoa que coñezo que renuncia o seu traballo e polo tanto o soldo que lle corresponda por defender os intereses dos cidadáns a cambio de nada. Porque o que se cobra por asistir os plenos é o que é.

Se me equivoco e non consegue ningún dos postos dos que falo, que alguén me explique a xogada que fixo o Sr. Lino e en que estaba pensando, porque non se entende.

O novo presidente é máis afín a Rueda e Feijóo do que era Baltar. E tendo tan preto as elección autonómicas non creo que anden con historias. E todos sabemos que Argimiro e polo tanto Lino eran de Baltar. As cousas torcéronse co da multa, e agora os cargos a dedo non están tan claros. 

Non se descarta a renuncia de Lino se non consegue un posto remunerado, é normal, antes tiña un traballo ben remunerado do que vivir coma calquer cidadán e agora non pode  ser concelleiro o mesmo tempo que director de Banco sen cobrar prácticamente nada. 

 

18, Xullo 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, puxo de relevo que a Xunta inviste máis de medio millón de euros para formar durante 12 meses unha vintena de alumnas e alumnos no marco do obradoiro de emprego Vía da Prata II, desenvolvido en San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín. Fíxoo na visita a este obradoiro de emprego dual centrado na albanelería, nos aproveitamentos forestais e na atención sociosanitaria, onde puxo de relevo “a colaboración dos tres concellos” para sacar adiante a iniciativa.

Na visita, a conselleira apostou por “fomentar a formación para mellorar a incorporación no mundo laboral” vencellada ás particularidades de cada zona, co que tamén se contribúe -destacou- a “fixar a poboación no rural”. Conscientes da importancia de seguir traballando para acadar este obxectivo, sinalou que o Goberno galego mantén o seu compromiso con programas como os obradoiros de emprego duais, que a través da formación e do emprego pretenden, por unha parte, formar brindando opcións que mesturan teoría e práctica profesional e, por outra banda, facilitar novas oportunidades reais de inserción laboral.

Nese senso, a titular de Promoción do Emprego e Igualdade referiuse aos obradoiros de emprego como ferramentas fundamentais para dotar a poboación activa de formación de calidade ao tempo que se desenvolve un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, fortalecendo piares fundamentais da nosa economía.

No caso concreto do obradoiro de emprego Vía da Prata II, Elena Rivo apuntou que se centra na albanelería, “unha área na que se demandan profesionais en toda Galicia”. Así, contémplanse accións como a visitada hoxe, de recuperación dun lavadoiro, ademais doutras como o acondicionamento de camiños ou de beirarrúas.

No caso do eido forestal, a conselleira dixo que os esforzos deben centrarse en “avanzar na conservación e xestión dos nosos montes”. Neste caso, os participantes no obradoiro de emprego dual aprenden a levar a cabo traballos de limpeza e xestión de biomasa.

Por último, referiuse ao campo da atención sociosanitaria, novidade deste ano, atendendo a que a asistencia domiciliaria é un sector en auxe, cunha ampla oferta laboral “especialmente na provincia de Ourense, con poboación máis envellecida”, polo que as alumnas e alumnos tamén atenderán a persoas nas súas vivendas durante o seu período formativo.
Imaxes relacionadas

18, Xullo 2023

Qué sabes da residencia de tempo libre do Carballiño, do seu funcionamento e o seu gran potencial ? Podes descubrílo nesta entrevista de COPE O Carballiño coa súa directora, Pilar Sotelo.

18, Xullo 2023

No último pleno veuse a reflexar o pésimo e lamentable nivel do señor Fumega que, sendo o actual alcalde do Carballiño, solta barbaridades pola boca de tal calibre como "estás ido" "tes un problema de miseria humana" ou "non te quere ver nin dios no pueblo" a Pachi, concelleiro de ESCO. Non é xustificable tampouco a contestación de este último, xa que a vida privada de cada un non debe poñerse enrriba da mesa política, mais este tipo de frases ditas por un acalde deberían ser motivo de dimisión inmediata. 

Por certo, apuntar que ante a última das frases soltadas polo señor Fumega, é gracioso escoitar de el mesmo esa frase, cando nos último anos a súa ausencia polas rúas do noso pobo é máis que notable, a saber por qué.

17, Xullo 2023

O salón de plenos da Deputación de Ourense acolleu esta mañá a sesión extraordinaria de constitución da nova corporación provincial para o mandato 2023-2027 e na que, trala toma de posesión das 25 deputadas e deputados, foi elixido como novo presidente da Deputación Luis Menor Pérez, deputado do grupo popular e alcalde de Pereiro de Aguiar.

Tras recoller o bastón de mando, “que representa aos 92 concellos e aos máis de 304.000 habitantes da nosa provincia”, o presidente felicitou aos novos membros da corporación, aos que pediu “a máis absoluta implicación” con Ourense. Unha provincia que cualificou como proxecto “porque iso implica que non hai conformismo, que sempre imos procurar a mellora, e porque cada xeración ten novas e lexítimas necesidades ás que debemos dar resposta”.

Nese obxectivo afirmou que lle gustaría contar co apoio e a implicación do resto dos grupos políticos da corporación. Como persoa “que escoita, dialoga e cre no consenso” comprometeuse a buscar o apoio de todos os partidos “para levar adiante, coa máxima lexitimidade, os proxectos de provincia”.

No seu discurso, Luis Menor estableceu as que serán as liñas mestras da súa acción de goberno: planificar e priorizar, consolidando iniciativas xa en marcha e atendendo aos novos desafíos da sociedade.

Entre os obxectivos nos que xa se traballa citou fortalezas como o termalismo; o sector do viño ou a calidade do sector primario. Falou tamén de potenciais, como o turismo ou a conexión a través do AVE co centro de España. Non se esqueceu das debilidades da provincia, entre elas a perda de poboación “que só conseguiremos frear con servizos máis eficientes”, citando ademais a creación de áreas industriais e o máximo respaldo ás áreas xa existentes, “aproveitando as novas comunicacións e a nosa privilexiada situación xeoestratéxica”.

No tocante aos desafíos, o presidente apuntou dous retos: poboación e cambio climático. Por unha banda, afirmou, a Deputación de Ourense “está chamada a ter un papel esencial no ámbito do envellecemento, da soidade non desexada e dos servizos sociais, que máis ca un problema pódese transformar nunha oportunidade de futuro”. Sobre o cambio climático comprometeuse a consolidar todas as accións desenvolvidas ata o momento no ámbito do ciclo da auga e seguir profundando na loita contra os lumes, cunha cita expresa ao Centro Integral da Loita contra o Lume de Toén, “instrumento de primeiro nivel para a loita contra o mal endémico dos incendios forestais”.

A cooperación, competencia directa da presidencia

Na cooperación cos concellos, que non é un obxectivo senón “a razón de ser das deputacións”, Luis Menor anunciou que asumirá en primeira persoa a competencia da cooperación, poñendo a disposición dos concellos “todos os recursos económicos, medios materiais e persoal técnico, mantendo e activando todos os servizos e programas que precisen para dar resposta ás súas necesidades”, peticións que coñecerá, adiantou, visitando todos os concellos da provincia: “Terei a inmensa honra de ter o despacho máis grande do mundo: 7.273 quilómetros cadrados”.

Máis aló dos pequenos concellos tamén referiuse á capital da provincia, na que viven un de cada tres habitantes desta provincia. Así asegurou que establecerá liñas de diálogo co Concello de Ourense “para fixar liñas de colaboración en proxectos estratéxicos que beneficien tanto á cidade como ao resto da provincia”.

Luis Menor prometeu tamén “chamar a todas as portas” para traballar en coordinación co resto de administracións públicas, “sen duplicidades e optimizando recursos”, advertindo que “non deixarei en ningún momento de ser reivindicativo co que defendo de xustiza para Ourense”.

Retos e desafíos “coa máxima responsabilidade e estilo propio”

No capítulo de agradecementos, lembrou que esta nova etapa ten como punto de partida “un acto de grande xenerosidade” por parte de Manuel Baltar, recoñecendo tamén “sen distinción de siglas” o traballo desenvolvido polas das deputadas e deputados provinciais no anterior mandato. Tamén tivo palabras de agradecemento para os concelleiros do seu partido pola “emocionante demostración de confianza na miña persoa” para optar á presidencia da Deputación.

Ante un novo un mandato de retos e desafíos “que asumo coa máxima responsabilidade e con estilo propio tamén”, Menor Pérez agradeceu a axuda que vai ter do seu equipo municipal para cumprir co seu mandato como alcalde de Pereiro de Aguiar, agradecemento que estendeu ao que será o seu grupo de goberno na Deputación e aos profesionais da institución provincial.

Ampla representación institucional, co presidente da Xunta de Galicia e do Parlamento á fronte

Desde o propio salón de plenos da Deputación e desde o Centro Cultural Marcos Valcárcel, ao acto asistiu unha ampla representación de autoridades e membros dos ámbitos económico, social e cultural de Ourense. Entre os asistentes se encontraban o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; os conselleiros de Promoción do Emprego e Igualdade e de Medio Rural, Elena Rivo e José González; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; así como alcaldes e concelleiros da provincia, entre eles o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que asistiu tamén na súa condición de deputado provincial.

S

17, Xullo 2023

Es una auténtica desfachatez que el señor Lino vaya al pleno a tomar posesión y no vuelva a aparecer. 
No vuelva a aparecer a representar a los votantes del PP de Carballino, porque para pasear ese mismo día por la calle, ir a pegar 2 carteles para hacerse la foto, o para hacerse fotitos en el pleno de la diputación, para eso si está.

Es un representante de escaparate que no representa a nadie, ni le interesa esta villa. Solo representa a sus intereses. Que dimita cuanto antes, él y quien lo puso.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS