1, Xullo 2023

Xa era de esperar os problemas que ía traer para a circulación a construcción do Mercadona no entorno da estación do FF.CC a carón da N-541. Xa son dabondo coñecidos os que xa temos e padecemos dende  fai tempo, que agora parece que se tratan de paliar a raiz do tráxico accidente de autobus na vispera do Nadal pero o que non podemos é provocar máis infrinxindo as normas pensando na comodidade. Non se pode seguir permitindo que porque a alguén se lle antolle entrar o Mercadona xirando a esquerda dirección Ourense (vese ben que hai liña continua e polo tanto está prohibido) provoque retencións de 7 ou 8 coches como me pasou a mín hoxe agardando a que xire ou provoque un accidente por alcance con colisión posterior facendo unha maniobra prohibida. Tamén  está claro que está prohibido o xiro a esquerda para sair da superficie comercial e tamén se está a facer provocando retencións no interior do recinto.

Prego as autoridades que tomen medidas, e fagan controis informativos e `preventivo e seguen os incumprimentos que empecen a poñer multas. Senón non aprendemos.

30, Xuño 2023

COPE O Carballiño, a emisora líder en audiencia na provincia de Ourense na franxa de mediodia, según o último "Estudio General de Medios" trasladouse ata a vila de Cea en vespera dunha nova edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea.

Para a ocasión, eliximos para emitir este programa especial, o novo complexo hosteleiro AC/DC, ubicado no casco histórico de Cea, recentemente inaugurado, e desta nova proposta que inclúe cafetería, gastrobar e moi pronto hospedaxe, falamos cos seus promotores, Iván e Marcos.

E tamén falamos con outra emprendedora como Silvia Garriga, de https://nelabiosense.es e das súas marmeladas creativas e os seus productos cosmeticos naturais elaborados na súa fábrica do polígono industrial do Fondo de Cea.

O presidente do Consello Regulador da IXP Pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez repasa a actualidade deste colectivo e do programa de actividades para esta fin de semana en Cea, igual que o fai o concelleiro de turismo José Dalama. Pola súa parte, o alcalde José Luis Valladares avanza que será a promoción turística unha das prioridades da súa xestión para este novo mandato municipal recén comezado.

Podes escoitar todas as entrevistas do programa no audio adxunto:

29, Xuño 2023

Parece que ninguén está reparando co que acontece coas árbores no paseo do río Arenteiro, no tramo entre A Toscaña e a pasarela metálica do Cornubal. Trátase dun auténtico perigo, o ano pasado foron dous os árbores caídos, polo menos que eu recorde, máis recentemente caeu outro que aínda pemanece sen retirar, e onte mesmo volveu caer outro, poden verse na foto a escasos metros ambos.

Trátase dunha zona moi transitada por moita xente paseando e facendo deporte, deberíase actuar con urxencia, vese nas árbores caídas, que son de gran tamaño, que apenas teñen raíces, debería facerse un estudio a todos os demáis, porque entendo que son un perigo evidente que pode poñer en risco a vida de persoas. Señores responsables do concello, hidrográfica ou quen corresponda, actúen xa, e a todas as persoas que pasan pola zona, teñan cuidado.

29, Xuño 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou aos premiados pola Denominación de Orixe O Ribeiro como baluartes da Galicia Calidade e do rural con oportunidades. No acto de entrega dos galardóns, asegurou que os recoñecementos son unha proba do arraigo do sector, da excelencia dos viños galegos recoñecida dentro e fóra de Galicia e da confianza en que, desde os recunchos máis modestos, os produtos galegos poden conquistar o mundo.

O xefe do Executivo autonómico valorou a forza da viticultura na Comunidade, e asegurou que a Xunta traballa para dar resposta as súas demandas. Deste xeito, subliñou a aprobación da Lei de recuperación da terra agraria para fomentar o impulso de novas zonas de viñedo, os preto de 30 millóns de euros aprobados en axudas para investimentos, exportacións e reconversións de plantacións de vide; a futura Lei de calidade alimentaria, que blindará no plano legal a excelencia dos produtos e a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas.

“Unha viña é unha fonte de riqueza pero tamén unha postal para moitos deses visitantes que contribúen a que Galicia siga batendo récords turísticos”, afirmou. Na súa intervención, o presidente salientou que son moitas as persoas que logran que Galicia estea de moda, e que a marca da Comunidade sexan, xunto cos lugares, os sabores.

Eloxio aos premiados

En referencia aos premiados, eloxiou a traxectoria de Delfina López e o impulso de novos viticultores como Cristian Vázquez, unidos pola ambición por facer as cousas cada día un poco mellor. Así mesmo, gabou a La Alacena Roja pola súa labor divulgativa, xunto cos establecementos O Colmear (Ourense), A Vinoteca de Tucho (Ribeira) e Sibarita (Vigo). Recalcou o prestixio de María José Huertas como unha das mellores sumilleres de España e o papel de Manuel Juliá tanto na escrita, como na dirección da Feira Nacional do Viño.

Por último, incidiu en que a Festa Da Istoria de Ribadavia, declarada de Interese Turístico Nacional, supón un escaparate magnífico para coñecer a comarca vitivinícola. “O Ribeiro é un espello de que o rural galego ten moita calidade e moita vida se todos imos detrás do mesmo obxectivo”, finalizou.

29, Xuño 2023

Luego de esta funada de los vecinos de Irixo tanto a Xuntos por Irixo como al PSOE, funada importante por la cagada que están y han hecho entre ambos. Susana ya ha hecho sus declaraciones en la radio, y ha explicado a su parecer lo que ha pasado en esas negociaciones, incluso ha dejado la puerta abierta a posibles negociaciones futuras entre ambos partidos.

Por otro lado, me gustaría y yo creo que a la mayoría de los votantes también, que Iago diera en público sus explicaciones y versión de los hechos. Es verdad que la mayor funada ha sido hacia su persona, pero usted lleva muchos años en política y ya debería saber que al ser una persona pública es a lo que uno se enfrenta. 

Nos esperan unos años muy complicados en O Irixo, dialoguen, tómense un respiro ambos y al fin y al cabo ustedes también son vecinos de O Irixo y entiendo que tienen cierto cariño a nuestro pueblo por eso están donde están (sino no tendría nada sentido) ambos con sus aspiraciones políticas intereses personales como cualquier persona, pero NO dejen que Manuel Cerdeira siga un minuto más en esa alcaldía que desmerece totalmente, por su falta de labor que está más que comprobada en estos años y por las faltas de respeto hacia los vecinos que no hace falta enumerar, ya todos conocemos. 

Yo creo que les han dado una oportunidad única a ambos que están desaprovechando, respétense, sean profesionales, hagan su trabajo para lo que los vecinos han votado. NO tienen porque ser colegas, ni amiguitos, no se trata de eso,  podemos entender que cada un tenga su manera de pensar, pero yo creo que ambos deberían reflexionar, bajar las orejas, tragarse cada uno su orgullo y ponerse de una vez manos a la obra. En fin.. obviamente esta historia ya cansa, cansa mucho y está la mayoría de los vecinos enfadados, se sienten traicionados y es normal, o para mí lo es. Así que reflexionen, cojan el teléfono y pónganse manos a la obra de una vez.

Simplemente CUMPLAN lo que han PROMETIDO HACER, AMBOS PARTIDOS!!!

28, Xuño 2023

O PSdeG-PSOE de Leiro esíxelle ao alcalde do municipio do Partido Popular, Francisco José Fernández, explicacións ante a falta de información á oposición da visita da conselleira de medio ambiente e dos conselleiros de medio rural e cultura á localidade. Os e as socialistas critican que tiveron constancia das visitas institucionais destes cargos da Xunta “a través da prensa”, xa que tal e como apuntan “non recibimos nin un só aviso ou comunicación por parte de alcaldía de ditas visitas”.

Dende o grupo municipal socialista de Leiro consideran que o rexedor “segue coas súas malas praxes habituais, tratando de impedir o traballo da oposición e denigrándoos, co único fin de evitar que participen e teñan constancia das visitas institucionais de cargos públicos ao noso municipio”. Ante esta situación, dende o PSOE de Leiro solicítanlle ao alcalde “explicacións dos motivos polos que o rexedor non decidiu avisar aos nosos concelleiros da presencia no municipio de ditas autoridades”.

Para o voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Pedro José González, esta forma de actuar “é unha mostra máis da falta de respecto que o señor Fernández demostra pola oposición” e lémbralle que “mal que lle pese, o PSdeG-PSOE é tamén representante da veciñanza, polo que nin nós, nin os nosos votantes, veciños e veciñas de Leiro, merecemos tal desprezo pola súa parte”. Para o líder dos socialistas da localidade estas praxes “non son novas, xa que levan repetíndose o longo dos últimos anos”, e ante este motivo esíxelle ao alcalde que “rectifique nesta forma de actuar”.

“Como máximo representante público dos veciños e veciñas de Leiro, o alcalde debe rexerse polos principios da ética e a transparencia, comunicando e informando á oposición das visitas institucionais”, afirma Pedro José González. O voceiro socialista tamén afirma que “ao igual que o Partido Popular, o PSdeG-PSOE tamén forma parte da corporación” e subliña que “debe terse en conta a oposición para futuros actos e visitas institucionais, xa que estes son en beneficio da veciñanza de Leiro, e non actos electoralistas do Partido Popular”.

28, Xuño 2023

Paco Fumega concede a COPE O Carballiño a súa primeira entrevista trala súa recente reelección como alcalde do Carballiño., unha intervención na que fai unha interpretación dos resultados electorais e afirma que estamos nun inicio de mandato no que se impón o diálogo cos grupos da oposición para sacar adiante os proxectos que precisa O Carballiño.

E avanza nesta entrevista algunhas claves deste novo mandato no que a actividade en canto a obras centraráse no ámbito urbano "porque no rural xa está todo prácticamente feito".  Podes escoitála no audio adxunto.

27, Xuño 2023

Asi o anunciou en COPE O Carballiño o alcalde piñorense, José Luis González. Será a través de fondos Fondos Next Generation da Unión Europea, un proxecto que terá un orzamento de 1,5 millóns de euros para contruir a primeira residencia de maiores de titularidade municipal na comarca carballiñesa, ésta que promove o concello de Piñor.

Terá 40 prazas residenciais e ubicaráse no lugar da Albarona. Máis detalles no audio adxunto da intervención do rexedor municipal nesta emisora de radio.

27, Xuño 2023

A Festa de Exaltación do Pan de Cea chega á súa edición número trinta co obxectivo de acadar un novo récord de vendas. “Nesta ocasión poremos á disposición do público preto de 2.500 pezas”. Así o indicou esta mañá o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan de Cea, Carlos Rodríguez, durante a presentación da XXX Festa de Exaltación do Pan de Cea, que se desenvolverá esta fin de semana no Campo da Saleta.

Na rolda de prensa tamén participaron o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Manuel Baltar, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luís Valladares. Ambos os dous gabaron as cualidades deste produto con indicativo de calidade e auguraron un novo éxito de convocatoria para esta exaltación gastronómica.

Así, Manuel Baltar recoñeceu o “formidable traballo” do Consello Regulador da IXP Pan de Cea e do Concello de San Cristovo de Cea na posta en valor e desenvolvemento deste produto “icona da nosa gastronomía e un motor económico para Cea”. Neste sentido, lembrou que “a Deputación sempre estivo, está e estará ao carón da Festa do Pan de Cea, acompañando a un produto como este, corazón da nosa provincia e auténtico emblema da ourensanía”.

Pola súa banda, José Luís Valladares agradeceu “o apoio desde sempre” da Deputación de Ourense e desexoulle o mellor ao presidente na nova lexislatura. O alcalde puxo en valor tamén a programación paralela á Festa de Exaltación, como a IX Ruta dos Fornos que terá lugar o sábado 1 de xullo. “Recordo que comezamos coa Ruta dos Fornos como unha proba e o seu éxito é tal que case que estamos desbordados”, apuntou José Luís Valladares.

Programa da XXX Festa de Exaltación do Pan de Cea

O presidente do Consello Regulador, Carlos Rodríguez, desglosou o programa de actividades para esta fin de semana. Así, a xornada grande, o domingo 2 de xullo, abrirase cun pasacalles ás 10.00 horas coa charanga CLK. Ás 12.00 horas terá lugar a recepción de autoridades no Campo da Saleta.

A continuación inaugurarase a exposición “Camiño a Santiago”, do escultor ourensán Acisclo Manzano. Tras os acordes da Charanga CLK, ás 13:00 horas terá lugar o pregón da XXX Festa de Exaltación do Pan de Cea, que este ano correrá a cargo do xornalista Marcial Mouzo, coñecido locutor da Radio Galega que dirixe as madrugadas da Radio Galega co seu programa “Pensando en ti”. Unha vez finalizada a súa intervención, ofrecerase unha degustación de produtos galegos con distintivo de calidade e a entrega de agasallos dos colaboradores. Troula Group e a Charanga Ardores encargaranse da ambientación musical.

Xa ás 14.30 horas terá lugar o tradicional xantar organizado coa degustación de produtos galegos con indicativo de calidade como empanada da IXP Ternera Gallega, polbo á feira e carne ao caldeiro da IXP Ternera Gallega con IXP Pataca de Galicia e IXP Castaña de Galicia, acompañado polo Pan de Cea tamén con IXP. De sobremesa, queixos das DOP de Galicia, acompañados coa IXP Mel de Galicia, Requeixo das Neves con marmelada Nela Biosense, IXP Tarta de Santiago e, finalmente, café. Todo regado con Sidra de IXP Agricultura Ecolóxica de Galicia, viños galegos con Denominación de Orixe e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. “Temos a previsión de que acudan unhas 400 persoas”, concretou Carlos Rodríguez. Ás 18:00 horas, a actuación da Charanga Ardores acompañará a unha degustación gratuíta de embutido tradicional con Pan de Cea.

Durante toda a xornada, haberá un espazo expositivo no que participarán unha vintena de empresas de diversos sectores. Artesanía e gastronomía daranse cita nesta mostra feiral, que se complementará cun posto institucional onde se exporán produtos amparados por distintos Consellos Reguladores agroalimentarios galegos e co expositor do Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico (Inorde).

IX Ruta dos Fornos e animación musical

O sábado 1 de xullo terá lugar a novena edición da Ruta dos Fornos. “O público poderá visitar os sete fornos antigos, un máis ca na edición anterior, gozando de experiencias gastronómicas singulares en cada un deles”, concretou o presidente do Consello Regulador.

A IX Ruta do Fornos poderase percorrer este sábado 1 de xullo, entre as 18.30 e as 22.30 horas. Os tickets están á venda nos bares e no Concello de Cea durante os próximos días. Son limitados e o propio sábado haberá algúns á venda na Praza Maior de Cea. As propostas gastronómicas nos sete fornos participantes son as seguintes:

A) Forno do Lodairo: pepito de IXP Ternera Gallega calidade suprema, embutidos tradicionais, DOP pementos de Herbón, viño branco e tinto, cervexa Estrella Galicia e auga
B) Forno do Parapeta: mexillóns á vinagreta e ao vapor, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
C) Forno do Santo: empanada de IXP Ternera Gallega Calidade Suprema en masa de Pan de Cea, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
D) Forno do Abade: queixos das DOP de Galicia, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
E) Forno da Cebola: tortilla de IXP Pataca de Galicia, embutidos tradicionais, viño branco e tinto (apto para persoas celíacas)
F) Forno da Eira: xamón a corte, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
G) Forno da Cruz: ovo cocido, embutidos tradicionais, viño branco a tinto e auga

A IX Ruta dos Fornos combinarase coa animación musical das agrupacións, Candaira, Feitizo de Pau, Pikafoles, Pandereteiras de Celavella, Xunquereteiras e Pratos Mornos. O concerto final da novena edición desta ruta correrá a cargo do grupo de versións La Banda na Praza Maior de San Cristovo de Cea, a partir das 23:00 horas.

Incremento da produción

Con respecto á comercialización de produtos da IXP Pan de Cea, Carlos Rodríguez indicou que “agardamos que as vendas deste ano superen os 700.000 euros, unhas vendas ás que se suman os mercados fóra de Galicia e a venta online. Cada vez o Pan de Cea está máis presente en toda toda España: Madrid, Andalucía, Asturias, Valencia, Estremadura, entre outros. Véndese directamente a restaurantes, tendas especializadas e incluso grupos de familias co demandan”.

Na actualidade son 13 os fornos tradicionais inscritos no Consello Regulador, os mesmos que o ano pasado. Algúns destes fornos distribúen o 80% da súa produción fóra de Galicia.

26, Xuño 2023

Desde o BNG de Leiro solicitamos a limpeza e desbroce das zonas de baño e lecer rapartidas polo noso concello, como son: Mexieiro, O Pociño, A Augas Quentes, A Ponte Sanclodio, Campo de San Antonio e a Área Recreativa.

Adecentamento da zona verde do Mexieiro que gran parte da súa extensión conta con calvas ou anacos secos. Dotación de papeleiras, e se estudie a instalación de aseos para os bañistas.

Mellora da entrada o río na área de baño do Pociño, cada vez máis complicada, sendo unha zona de baño perfecta para os cativos.

Apertura dos baños do salgueiral e o vestiarios da campo da festa, durante toda a tempada estival, ou cando menos o fin de semana, xa que non se conta con outro servizo deste tipo en todo o transcurso do paseo fluvial.

Esperamos que se teñan en conta estas propostas, e como xa vimos repetindo en diferentes ocasións se comece os trámites para conseguir o recoñecemento de praia fluvial da área de baño do Mexieiro.

Asdo: Rebeca Paz, portavoz do BNG no concello de Leiro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS