20, Febreiro 2025

A Asociación de Comerciantes Carballiño CCA organiza unha nova edición da Feira de Stock de Inverno, que terá lugar do 21 ao 23 de febreiro na Praza Maior do Carballiño. Durante tres días, os veciños e visitantes poderán atopar produtos con descontos irresistibles en moda, calzado, complementos e artigos para o fogar, entre outros.

Aproveitando o período de rebaixas de inverno, un total de 14 establecementos comerciais ofrecerán os seus produtos a prezos de saldo nunha feira que se desenvolverá nunha gran carpa instalada na Praza Maior. Nela, os asistentes poderán atopar artigos de diferentes sectores como moda masculina e feminina, moda infantil, calzado, lenzaría, complementos, artigos para o fogar e alimentación, entre outros.

O horario da feira será: Venres 21: de 17:00 a 21:00 h. Sábado 22 e domingo 23: de 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 21:00 h. A entrada será gratuíta, permitindo a todos os asistentes aproveitar as mellores ofertas e apoiar ao comercio local.

Como agradecemento aos clientes pola súa fidelidade, Carballiño CCA sorteará un vale de compra de 100 € para gastar nos establecementos participantes da feira. Como participar? Por cada compra realizada na feira, os clientes recibirán unha papeleta que deberán completar cos seus datos e depositar na urna situada na caseta de Carballiño CCA. O domingo 23 ás 18:00 h, realizarase o sorteo presencial na carpa da feira. Para poder gañar o premio, a persoa agraciada deberá estar presente no momento do sorteo e acreditar a súa identidade cun documento oficial.

Establecementos participantes

Os seguintes comercios formarán parte da Feira de Stock de Inverno: Aura Modas, B Jeans 8 ,Bolequiños, Contos, Dua’s, *École, Ende Ben, Froitas Evaristo, Lamargha, Ou Ruan, Ou Super 100, Plumetti e Pol Cotton e Thermomix Carballiño.

Desde O Carballiño CCA animan a todos os veciños e visitantes a achegarse á Feira de Stock de Inverno para gozar de grandes oportunidades de compra e apoiar ao comercio local, fundamental para a economía local. A feira conta coa colaboración do Concello do Carballiño e co cofinanciamento da Xunta de Galicia.

19, Febreiro 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse na sede de San Caetano co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e o primeiro tenente alcalde Pepe Castro-Gil, cos que abordou a integración do Museo da Fábrica de Papel na Rede de centros museísticos de Galicia.

Ademais, o representante de Cultura do Goberno galego e os responsables municipais deste concello analizaron posibles colaboracións para impulsar, modernizar e facilitar a accesibilidade en diferentes equipamentos  culturais do municipio, dentro da estratexia de melloras destas infraestruturas que está a levar a cabo a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

19, Febreiro 2025

O Grupo Provincial Socialista leva unha iniciativa á Deputación para garantir a estabilidade e viabilidade das denominadas “casas niño”, ao considerar que “desenvolven un papel crucial na atención á infancia e á conciliación familiar, contribuíndo de paso a fixar poboación nas zonas máis despoboadas”.

“Queremos poñer o foco na realidade desta figura fundamental no noso rural e, nomeadamente, na problemática das súas traballadoras e traballadores, falsos autónomos sobre os que recae todo o peso dun servizo que teoricamente leva a cabo pola Xunta”, subliña Álvaro Vila, voceiro socialista na Deputación, desde A Parruliña, unha casa niño situada no Lugar de Outeiro, en Taboadela.

As casas niño son un modelo de atención dirixido a nenas e nenos de 0 a 3 anos, deseñado para municipios rurais galegos onde, por mor da baixa densidade de poboación, non resultan viables os servizos habituais de atención á primeira infancia.

Xestionadas por profesionais autónomos, ofrecen atención personalizada nun ambiente 100% familiar e cada unidade pode atender ata cinco nenos. A Consellería de Política Social e Igualdade financia a súa posta en marcha e funcionamento cunha subvención anual duns 29.000 euros brutos.

Precariedade e indefensión

“O monto asignado pola Xunta, ao que hai que detraer un 20% de impostos, apenas cubre os custos operativos e gastos cotiás, ameazando a continuidade deste servizo esencial do noso rural, sendo particularmente críticas continxencias coma unha baixa por enfermidade ou unha substitución puntual ao non alcanzar as capacidades económicas destas casas niño”, declara Vila.

Segundo este, “os traballadores non teñen relación contractual algunha coa Xunta e se o día de mañá teñen que pechar as instalacións non teñen cobertura social nin a posibilidade de acreditar a súa experiencia e obter referencias para optar a outros postos de traballo e continuar coa súa vida”.

A provincia de Ourense conta na actualidade con 48 instalacións operativas con capacidade para acoller a 240 nenas e nenos, consolidándose como a provincia galega con maior número de instalacións, con arredor do 50% das unidades en funcionamento na actualidade.

“Reclamamos que a Deputación de Ourense se implique e esixa da Xunta de Galicia que se preocupe dunha situación insostible para as e os profesionais das casas niño, que tamén se pode facer extensiva ás casas do maior, para que mellore o seu cotiá e os recoñeza coma traballadores”, conclúe o voceiro socialista.

19, Febreiro 2025

O PSdeG-PSOE de Leiro vén de presentar un escrito dirixido a consellería de vivenda e infraestruturas para que de forma “urxente” proceda a regular e solucionar o problema do alumeado da ponte da Esperela na OU-209. As e os socialistas denuncian que as obras levadas a cabo con financiamento da Xunta de Galicia presentan “graves” carencias en materia de iluminación, xa que tal e como apuntan “as luces cegan aos condutores pola noite, restándolles visibilidade”.

Dende o grupo municipal socialista explican que nas últimas semanas “foron moitos os veciños e as veciñas que nos trasladaron as súas queixas polo pésimo estado no que quedou a iluminación da ponte da Esperela tralas obras executadas con financiamento por parte da Xunta”. Tal e como indican as e os socialistas “as luces cegan aos condutores pola noite, reducindo a visibilidade e pondo en perigo a seguridade viaria”.

Os concelleiros do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, e Pedro José González, reclaman solucións “urxentes”, ante unha situación que consideran de “extrema gravidade”. Tal e como subliñan os edís socialistas “os focos cegan aos condutores e xa houbo algún accidente de tráfico por este motivo, concretamente o pasado 28 de decembro, escasos días despois da inauguración da obra”.

Rodríguez e González consideran que a consellería de vivenda e planificación de infraestruturas debe “por solución a esta problemática, co fin de garantir a seguridade viaria e de evitar futuros accidentes”. Os concelleiros afirman que “a regulación das luces para evitar que ceguen aos condutores pola noite é indispensable para unha correcta circulación pola ponte da Esperela e que deste xeito non teñamos que lamentar máis accidentes”.

Dende o PSOE de Leiro lembran que as obras da ponte da Esperela “xa supuxeron importantes contratempos para a veciñanza e os negocios, tras estar pechado este acceso principal ao municipio durante moitos meses, e coincidindo co verán”. As e os socialistas xa amosaron no seu momento a súa “desconformidade” e denunciaron a “falla de previsión” da Xunta e do concello nas obras e agora trasládanlle a consellería as reclamacións da veciñanza, cada vez máis preocupada polo risco que supón circular por esta ponte durante as noites.

19, Febreiro 2025

Agora seica precisa falar cos propietarios das fincas para colocar gaiolas e poder atrapar a manada de cans que andan a armar a de dios por ahí adiante. Andan algo despistados, debe ser que está o entroido as portas e o importante e o importante. Eu dígolle unha que lle reune tódolos requitos: iso que chaman parque en Corzos, que comparten propiedade con Carballiño, que tiran os cartos nun  simulacro de parque infantil que da vergonza velo, nunha compostera, onde levan as porterias de futbol que eran do Colexio. Non deberían ter problema en poñerse dacordo facendo o que están a facer. 

Por certo, para que os de determinada empresa de telecomunicacións botén os escombros das suas chapuzas nas fincas dos demáis ahi non hai que pedir permiso. Xa non digo nada de que en menos de quince días viñeron e joderon o asfalto novo. Unha vergonza de concello. Nin organización nin nada. 

Non é moi díficil facer as cousas mellor co mesmo.

18, Febreiro 2025

Son 4 días laborais en ámbolos dous casos, nin mellorou nin empeorou. Estase a facer unha interpretación equivocada do calendario. Que eu saiba nin en Boborás, nin en ningún ambulatorio, o médico/a de familia traballa os sábados, domingos ou festivos. Para iso están os correspondentes PACs por zonas.

Que todo é millorable, é un feito, pero temos que ser conscientes de que cada vez vai ser máis dificil topar man de obra en moitas ramas. E non so na sanidade, educación... Non se pode obrigar a ninguén a traballar nun determinado sitio porque haxa demanda. En Carballiño a praza de pediatria que se cubriu, non foi a da profesional que se xubilou, xa que ninguén quixo esa praza porque te ata o sitio de por vida. Non é un pecado que os profesionais non queiran ir a un determinado lugar. Non é un problema de Boborás, de Carballiño ou calquera outro concello. Por poñer outro exemplo bastante contundente, o primeiro MIR que escolleu traballar no Complexo Hospitalario de Ourense o ano pasado foi o número 598. Creo que este dato é bastante contundente para entender a realidade social. Non lle podemos pedir a estas novas xeracións o que non fixeron moitos dos nosos pais ou avós. O que máis ou o que menos no mellor dos casos abandonou as aldeas do rural polas cidades na procura dun futuro mellor, e outros directamente emigraron onde consideraron. 

Non pretendo ofender a ninguén, pero temos que ser realistas ca realidade que nos toca vivir. Probablemente non habería que facer eses ambulatorios dos que se fala, e o que había que facer e mellorar as comunicacións cos centros médicos máis grandes e ben equipados.

O sistema que tiñamos nin é sostible nin se pode manter no tempo.

 

18, Febreiro 2025

A Executiva Nacional do PSOE deu a coñecer este martes a expulsión do partido do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, polo pacto de goberno asinado co Partido Popular no concello do Carballiño.

O órgano de dirección do PSOE considerao responsable de "menoscabar a imaxe dos cargos públicos ou das institucións socialistas" asi como actuar "en contra dos acordos adoptados polos órganos de dirección do partido".

Fumega, que estaba suspendido cautelarmente de militancia no PSOE e alegara contra tal acordo, xa anuncia que agora volverá alegar contra esta expulsión acordada pola Executiva Nacional e presentará un recurso nos próximos 10 dias, como marcan os estatutos da organización para estes casos.

18, Febreiro 2025

4 días non era pouco pero non era un exceso pero ahora xa Vai en 6 días,  en breve se superará a semana de espera, algo que non está nada nada ben, e noutros sitios ainda e peor, a sanidade pública sin sanidade nin pública en breve por desgracia 

18, Febreiro 2025

Hai unha piedra de gran tamaño desprendida dunha vivienda deshabitada na Rúa Curros Enríquez, á altura dos catro camiños. Que corre serio risco de caer na beirarúa co perigo que esto supón. A quen corresponda, que tome cartas no asunto antes de lamentar unha desgraza.

18, Febreiro 2025

Asi o acreditou en COPE O Carballiño o concelleiro e portavoz do grupo municipal socialista, Diego Fernández.

Tralas advertencias de Espazo Común sobre "o evidente conflito de intereses" na Mesa de Contratación que deberá resolver a adxudicación do contrato da auga e  que apuntaba a un dos técnicos nomeados pola Deputación de Ourense, o portavoz do grupo socialista dixo que están seguros "da honorabiliade de todos os técnicos que son os máis cualificados nos seus departamentos, aínda asi o concello solicitou á Deputación un informe de compatibilidade para que non haxa ningún tipo de dubida".

Escoita aquí as manifestacións de Diego Fernández sobre este asunto:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS