Boas tardes a todos , con respecto a ordenanza de que os donos dos animais de catro patas leven unha botella de auga pa limpar onde mexen, pareceme ben, sempre e cando, tamen se lle poña esa medida atodos os humanos que mexan na calle, que son moitos, xa que as calles que chieran a mexo, non é dos cans precisamente. propoño como propietaria de un can que ós venres a noite e sábados todo o mundo leve unha carretilla con un pipote de auga pa ir limpando os sitios por donde van deixando as súas mexadas.
O ser humano é o animal máis porco , o que máis contamina,e o que máis mancha . Deixemos ós cans vivir tranquilos.

Os afeccionados ao mundo do motor volverán a ter esta fin de semana unha cita no concello do Carballiño. Se a primeiros de xuño os protagonistas eran os vehículos participantes no Rally de Clásicos e Antigos de Ourense, que fixeron parada no Carballiño, para este sábado dia 10 está prevista unha concentración de coches deportivos con algún modelo valorado en 1.500.000 euros.
En total, haberá un cento de vehículos deportivos no corazón da vila e os veciños, veciñas e visitantes que se acheguen á Praza Maior poderá ver algunhas marcas como Ferrari, Lamborghini ou Porsche. Segundo a programación, ás 12.30 horas arrancarán para realizar unha ruta que rematará as 14.30 horas no mesmo punto e onde xa se instalou unha carpa na que se levará a cabo o xantar.
Agárdase que esta iniciativa volva a atraer a centos de persoas ao Carballiño, dinamizando a economía local e como xa ocorreu en pasadas edicións, remarcan dende o concello do Carballiño.
Quero denunciar a situación que pasan a menudo os nenos do cole da Uceira que fan uso da parada de autobús da Alameda. Raro é o día que o autobús pode parar correctamente a recoller ou deixar os nosos fillos porque a parada destinada a ese fin atópase invadida por autobuses de clientes do hotel ou por vehículos particulares. Esto causa retencións de tráfico nesta rúa e o máis preocupante,que os nenos non poidan acceder de forma segura o autobús.
Deuse aviso a policía local en varias ocasións sin éxito. So pedimos que se respeten os horarios de saída e chegada dos nenos para unha maior seguridade e convivencia de todolos veciños.

Nova "Tertulia dos Venres" en COPE O Carballiño, na que desta vez participaron Érika Paz, Sebastián Lamazares, Manuel Nogueira e Alberto Otero.
As consecuencias das tormentas dos últimos dias, que volveron provocar numerosas incidencias no Carballiño, derivadas en algunhos casos nas carencias das infraestructuras municipais, asi como as posibles saídas que poden rresolver o laberinto político cara a sesión de investidura de alcalde para o próximo sábado dia 17, foron os asuntos estrela da tertulia. Pódela escoitar no audio adxunto.

Asi o confirmou en manifestacións a esta emisora de radio o propio Pachi Vázquez, ésta foi a pregunta que lle trasladou persoalmente Paco Fumega ao líder de Espazo Común, sobre esa posibilidade, a do regreso da xente de Espazo Común ao PSOE.
Éstas e outras manifestacións de Pachi Vázquez sobre os contactos para chegar a un acordo de cogobernanza no concello do Carballiño, podes escoitálas aquí:

Celebraráse na vila dos fornos o vindeiro domingo dia 2 de xullo, un evento festivo e gastronómico que chega este ano a súa trixésima edición, organizada polo concello de Cea o o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea.
O alcalde en funcións, José Luis Valladares, presentou o cartel que promociona a festa dentro das actividades que durante esta semana desenvolve o concello de San Cristovo de Cea no seu stand da Feira Verde de Galicia, que ten lugar en Silleda ata o próximo domingo dia 11.
Neste stand, o concello de San Cristovo de Cea tamén ofrece a diario degustación de pan de Cea, en algunhos casos en colaboración con outras entidades, como as Denominación de Orixe Protexida dos Queixos de Galicia.

Francisco Fumega non descarta un goberno de coalición no que os socialistas están dispostos a participar "e no que non ten porque necesariamente ser Fumega o alcade", afirmou.
O alcalde en funcións e candidato á alcaldía do Carballiño considera que a situación política no concello carballiñés é moi complexa, admite que o resultado electoral foi "un castigo" ao goberno municipal e que a cidadanía carballiñesa ordenou un achegamento entre as forzas políticas.
Fumega agarda chegar cos deberes feitos a esa sesión de investidura do próximo dia 17 porque son trascedentais para o futuro do Carballiño os proxectos que se iniciaron neste mandato e terán que rematarse no próximo. Podes escoitar no audio adxunto a entrevista completa ao alcalde en funcións e candidato á alcaldía carballiñesa.

Falar de teatro afeccionado é falar do Carballiño e así volve a quedar demostrado no Platta, Festival Transfronterizo de Teatro Amador que se desenvolverá esta fin de semana na vila co Auditorio Manuel María como escenario. A iniciativa foi presentada esta mañá no salón de plenos da Casa Consistorial. No acto de presentación interveu o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a presidenta da Federación de Grupos Afeccionados de Teatro (Fegatea),Chelo Pampillón, e o presidente da Asociación Cultural Tiruleque, Xosé Prada.
O edil insistiu en que no Carballiño hai unha gran cultura teatral que vén de hai anos e destacou a aposta decidida que fai o Concello por este arte. O concelleiro tamén destacou “o número de colectivos veciñais que levaron a cabo nestes últimos anos actividades teatrais relevantes” e asegurou que o Festival Transfronteirizo atraerá a numerosos visitantes, o que contribuirá a dinamizar a economía local.
Chelo Pampillón, presidenta da Federación de Grupos Afeccionados de Teatro (Fegatea) agradeceu o seu apoio ao Concello e a colaboración de Tiruleque. Lembrou que o Festival cumpre unha década e que por iso se pensou no Carballiño para desenvolver unha programación especial.
Pola súa banda, Xosé Prada subliñou o feito de que “o teatro que se está vendo na actualidade no Carballiño ofrécese polos grupos amador”. Tamén asegurou que “debemos seguir apostando por este arte para que a vila siga destacando neste eido”.
Exposición “10 anos no fío das linguas”
Unha das propostas que destacan na programación é a exposición que leva por título “10 anos no fío das linguas” e que fai un resumo da traxectoria do Festival. Abrirase ao público o venres 9 de xuño ás 20.00 horas e, media hora máis tarde, actuará o grupo galego Hipócrita teatro coa obra “Arte”.
O sábado 10 de xuño desenvolverase no auditorio da residencia de tempo libre o obradoiro de Multiplay para o que aínda quedan prazas libres. Os interesados en participar poden inscribirse na páxina web de Fegatea. A entrega de premios deste obradoiro levarase a cabo no Auditorio Manuel María, ás 20.15 horas. Seguidamente actuará o grupo de Castela-León Komo Teatro con “¡Shock!”.
O domingo 11 de xuño levarase a cabo unha lectura dramatizada en galego, castelán e portugués, a partir das 12.00 horas. Pola tarde, ás 18.00 horas, está prevista a actuación do grupo portugués Porta de Cena con “As Viúvas”.
Tendo en conta que quen está no goberno en solitario é Fumega e festexeiros, e tendo en conta que aos festexeiros e organizadores de saraos lles votaron 2645 persoas, e 4888 votaron non a vender tanto fume, os que apoiaron seguir vendendo fume en solitario son 2645 persoas, en cotra das outras opcións que recibiron o apoio mairitario da cidadanía.
Para que te podas ir facendo unha opinión mellor formada, 1/3 non pode decidir por riba de 2/3. Se non o entendes matématicamente na próxima fago un dibuxo. A cidanía dixo: Fumega e festexeiros ou cogoberno ou rúa.
A esa persona que dice que votaron 4888 personas en contra de Fumega, se le olvidó poner los datos de cuántos carballiñeses votaron en contra de Pachi y cuántos en contra de Lino. Necesitamos saberlo para formarnos una opinión. Muchas gracias.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- …
- seguinte ›
- última »