
O IES M. Chamoso Lamas organiza para o próximo 16 de Maio dende as 9:30 ata as 12:30 a cabo a II Xornada de emprendedores no salón de actos do centro.
O obxectivo desta xornada é dar a coñecer ao alumnado os recursos que teñen para poder emprender o seu propio negocio e ter de primeira man a experiencia de varios emprendedores que no seu día lanzaron o seu proxecto propio. Trátase dunha actividade aberta ao público en xeral interesado no empredemento.
Descarga o arquivo para ver o programa da xornada:
Invito ós membros da corporación municipal a que saian do concello e baixen a pé pola rúa San Cibrao. E incrible a cantidade de lixo acumulado. Varre alguén?, e se o fai , cada canto tempo?. A imaxe que dá esta rúa, que vai dar a igrexa vella, é pésima. Mirade que estamos en eleccións e eu e máis xente subimos por aí a votar. Igual cambiamos o voto polo camiño.

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, puxo en valor o viño galego como principal elemento dinamizador dos territorios que compoñen as cinco denominacións de orixe vitivinícolas da nosa comunidade e, en concreto, referiuse ao que supón para a comarca a D.O. do Ribeiro.
"Temos un sector responsable e sostible coa súa contorna e coas persoas que nos rodean -engadiu- e ao seu arredor progresan moitos pobos e cidades pequenas da nosa xeografía, vertebra o territorio e ofrece emprego de calidade, aliñando esta ruta coa Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas impulsada pola Xunta en colaboración co sector, coas tres universidades galegas e cos axentes relevantes dos respectivos territorios para acadar a consolidación dos nosos viños nos diferentes mercados”.
Gabriel Alén referiuse deste xeito ao importante papel da viticultura nos territorios rurais nos que se produce, no acto de presentación da Primavera das Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro que se desenvolverá entre os días 12 e 14 de maio. “O enoturismo como un turismo dun alto valor engadido e unha potente ferramenta para o desenvolvemento dun tecido socioeconómico moderno, sustentable e con futuro, nunha contorna como é o Ribeiro”, subliñou o delegado territorial.
Diante do presidente da DO Ribeiro, Juan Casares, participante no acto, o delegado territorial lembrou iniciativas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, impulsada pola Xunta da man do sector. Esta folla de ruta persegue potenciar os ámbitos produtivo, industrial e distribuidor do sector e outros eidos vinculados a el, como son o turismo, o patrimonio ou a paisaxe.
O gran obxectivo da Estratexia é mellorar o posicionamento dos viños galegos, aumentar a súa competitividade en mercados nacionais e internacionais e transformar, de aquí a 2026, a capacidade de xeración de valor dos territorios nos que se produce. No seu desenvolvemento xogará un papel fundamental a futura Lei da calidade alimentaria, así como a Lei de recuperación da terra agraria, para garantir a rendibilidade do sector do viño e a súa sustentabilidade, así como a remuda xeracional. Nesa liña, entre instrumentos de recuperación e reestruturacións parcelarias, xa son arredor de 35.000 hectáreas as que que están a ser mobilizadas na comunidade desde 2020, moitas delas destinadas á plantación e cultivo de vide.
Así mesmo, o delegado salientou o peso do sector vinícola galego, que agrupa máis de 10.000 viticultores e case 450 adegas, cunha superficie que supera as 8.700 hectáreas de viñedos.
Xornadas de portas abertas
Durante toda a fin de semana, do 12 ao 14 de maio, a Ruta do Viño do Ribeiro, ten programada unha ampla oferta de actividades que abranguen visitas guiadas e de balde ás adegas participantes, catas comentadas, descontos en aloxamentos e restaurantes onde poderán degustarse dous menús concibidos especialmente para esta ocasión. Como en edicións anteriores, haberá un ‘Bus do viño’ que sairá desde as principais cidades de Galicia (A Coruña, Santiago, Ourense, Vigo e Pontevedra), o sábado e o domingo, con destino a diferentes puntos do patrimonio histórico e as adegas do Ribeiro, onde se desenvolverán actividades de enoturismo especialmente deseñadas para esta iniciativa.
Outras accións destacables son: o V roteiro de sendeirismo de ‘O Camiño do viño’, rememorando o roteiro que seguían os antigos arrieros; paseos en EcoBarco polo río Miño, a fusión de gastronomía e viño no ‘Ribeiro de tapeo’, e o concerto da banda ourensá ‘En mala hora’ na Praza Maior de Ribadavia. Coa finalidade de respectar os aforos previstos, as prazas son limitadas, e todas as actividades precisan de inscrición previa para participar nelas. As entradas para o Bus do viño e algunhas das actividades, están xa á venda na web Ataquilla.

O IDAE ven de notificar ao concello de Avión unha subvención de 1.099,357 euros, dacordo ao proxecto promovido pola institución municipal para levar a cabo a substitución das luminarias das distintas iluminacións publicas en todas as localidades do municipio. O Orzamento total ascende a 1.293,361 euros.
Son 1.616 luminarias coa nova tecnoloxía LED as que se instalarán, o que repercutirá na mellora da calidade lumínica e suporán un aforro enerxética que se calcula pode representar un abaratamento de ata o 60% en relación á factura eléctrica anual que na actualidade abona o concello de Avión.

Isidro Vidal acaba de lanzar o seu novo sinxelo “Maxia” baixo o selo discográfico “Edicións Bordón”, como preludio ao seu novo albume que sairá á luz o próximo 12 de maio.
“Maxia” é unha canción instrumental que trascende os xéneros e estilos habituais no mundo da gaita de fol, ofrecendo unha experiencia auditiva única que te leva a través dunha viaxe emocional a través da súa melodía engaiolante. Cun son envolvente e unha composición cuidadosamente elaborada, esta melodía inspira a soñar e crer nun mesmo mentras convida a superarse e alcanzar a felicidade.
Esta nova canción descata pola súa melodía pegadiza e tarareable, que che atrapa dende o primeiro momento e lévate a un estado de ánimo positivo e motivador. A través da súa música, Isidro Vidal transmite a súa mensaxe de superación persoal e búsqueda da felicidade, creando unha conexión emocional única coa súa audiencia.
Cunha carreira musical de éxito, Isidro Vidal é recoñecido na escena internacional polas súas habilidades coma músico, tendo realizado concertos nestes últimos anos en Galicia e Estados Unidos, participando en diversos festivais destacados da worldmusic coma o Festival Celta de México, Festival Celtasur (Andalucía) ou o Festival Identidades (Portugal). Ademáis esta composición é unha mostra máis do éxito do seu proxecto #composición365 do que sae esta canción, das que destacan outras como a destacada Muiñeira do Pulpo adicada á Festa do Pulpo do Carballiño.
Vídeoclip: https://youtu.be/a6CE3gNZwsU
Instagram/Facebook: @isidrovidalmusic
Somos varios comerciantes, como moitos compañeiros que pagan os seus impostos , e queremos facer unha protesta.
Que non hay dereito que certos establecementos chinos, sigan abrindo os domingos cando e ilegal, debido a que teñen unha superficie superior a permitida pa poder abrir. Unha chamada as autoridades ou a quen corresponda.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente da Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga), Manuel Precedo, asinaron o convenio de colaboración mediante o que a Xunta renova o seu compromiso anual con este colectivo para o mantemento dunha programación cinematográfica estable e de calidade. A oferta de 2023 desenvólvese arredor de 18 ciclos e semanas de cine en 13 cineclubs doutras tantas localidades galegas, entre as que figura O Carballiño.
Segundo recolle o acordo, a colaboración da Xunta materialízase nunha achega de 30.000 euros, a través da que se contribúe á organización e coordinación de 12 ciclos e seis semanas de cine, estruturados arredor dunha temática concreta ou con carácter temporal, a través dos que se reforza o labor dos cineclubs galegos na difusión e creación de públicos para o cinema, ademais de como alternativa e complemento ao circuíto comercial.
Ademáis do Cine-Club Carballiño, participan nesta programación os cineclubs Groucho Marx do Barco de Valdeorras, Bueu, Cangas, Os Papeiros de Chantada, Poleiro de Goián (Tomiño), Valle Inclán de Lugo, Serie B de Narón, Val Miñor Alice Guy de Nigrán, Padre Feijoo de Ourense, Pontevedra, Lumiére de Vigo e Adega de Vilagarcía de Arousa.
Moi boa lista, recuperando e acordándose a última hora dos que levan traballando polo Irixo anos e anos. Logo de tres anos e medio, heredando a alcaldía, Lito non se acordaría de eles, se non fora polo tema de Gloria o cal abría que facerlle unha entrevista para saber ben o que pasou. Ahora sí os necesita e toma man de eles, e poñendo a socia da empresa nunha situación estratéxica da maioría cando non ten nada que ver con Irixo, ou si, negocio. Non recordades as antiguas declaracións, na cal dixo que a súa lista estará composta dun maior número de mulleres? Non me dan as contas aínda con Gloria...
Por certo cortas luces, e ahora polas por poñer? Todos temos empresas no Irixo que nos merecemos igualdade.
A Banda de Gaitas, estaba millor cando tiñas ti o poder económico, verdade? Cando pensas ingresar o atrasado? Despois das eleccions estratexicamente para castigar?
Acordaste do asfaltado, e 4 anos con baches? Imos seguir así na siguiente legislatura?
Pagando 1500e a Pueblos mágicos e calqera, pero deberían ver, alcantarillados sin facer... Non sería mellor porse o día antes de ser Pueblo Mágico?
Sería bo que no Irixo as eleccións foran todos os anos, ahora sí se ve traballo a pé das casas.
O Irixo somos a xente, as empresas, e os que coidamos os veciños... e RECORDADE que o pobo elixe, e nun mes non equivale a 4 anos!!
Después de hacer un durísima crítica (incluso me he quedado corto) sobre la licencia de obra en Maside, estoy en la obligación de exponer otras actuaciones del alcalde de Maside para las que cuenta con un buen equipo.
-Brillantísima gestión de la pandemia, me atrevería a decir que ejemplar.
-Notable mejora de la atención al público en el Ayuntamiento, y gran acierto en la municipalización de Recaudación.
-Ostensible incremento de la actividad sociocultural del municipio.
-Mejora notable y palpable de la limpieza.
-Gestión política muy hábil aprovechando los momentos, y consiguiendo recursos del resto de administraciones públicas (sobresaliente en esta faceta).
-Proyectos de futuro muy ilusionantes.
Y voy a parar porque tendría que escribir un ladrillo tan extenso como el anterior. José Manuel Iglesias y su equipo tienen capacidad para trabajar por un Maside mejor. También tiene un buen equipo Ignacio Campo. Y el BNG presenta un equipo en el que conozco mucha gente de gran valor.
Ojalá que tengamos representación de los tres equipos, y que el alcalde resultante cuente con una oposición exigente y propositiva que redunde en beneficio de Maside.
Suerte vecinos!!!!

O Carballiño acolleu esta semana unha Mesa Empresarial “Mercado laboral na contorna rural”, co obxectivo de coñecer a situación socioeconómica e laboral que existe actualmente nesta comarca. Concretamente tratábase de ver que dificultades teñen as empresas para atopar perfís adecuados para os seus persoais, así como as que poidan ter as persoas que buscan emprego. Tamén se abordaron as diferentes posibilidades de colaboración das empresas coa área de emprego de Cruz Vermella e as vantaxes para as empresas froito destas colaboracións.
Nesta xornada contamos coa experiencia e participación de empresas e asociacións de diferentes sectores, tanto industriais como do sector servizos, pemes e grandes empresas. Concretamente asistiron representantes da Asociación Área Industrial do Carballiño, a Asociación de Novos Empresarios de Ourense, as técnicas de orientación laboral do Concello do Carballiño, GRI Towers, Carlin Papelerías, Cacho Pizza, Casa Gazpara, Moquiños Fisioterapia, Nela Biosense - Nela Gourmet e Supermercado Superxa.
Unha das conclusións que máis se repetiu é a dificultade para atopar na propia comarca persoal para contratar ou formar. Neste sentido e a importancia de que a xente da localidade fórmese para poder acceder a determinados postos en sectores como o industrial ou a cociña. Destácase, ademais, a importancia da formación teórico-práctica, como ferramenta para adquirir experiencia previa á incorporación da persoa ao mercado laboral, aspecto no que as empresas se mostraron interesadas en colaborar con Cruz Vermella, ademais de facelo doutras maneiras como orientacións grupais ou acudindo a nós para cubrir as súas vacantes de emprego.
A actividade organizouse desde o Plan de Emprego de Cruz Vermella en Ourense a través dos proxectos Incorpora de Fundación “a Caixa” e Reto Social Empresarial, que conta a con o financiamento do Goberno de España e do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- …
- seguinte ›
- última »