
O Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou as pasadas semanas unha moción para ser debatida no pleno instando ao Concello Á ADQUISICIÓN PARA A SÚA CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR DAS CASAS REITORAIS ABANDONADAS NO CONCELLO DO IRIXO.
O concello do Irixo, do que forman parte doce parroquias, ten a meirande parte das súas casas reitorais en auténtica ruína como a de San Cosme ou a de Reádegos , Froufe ou Espiñeira; ou en semi-ruína, como a de Dadín, Cangues ou Corneda, esta última dun gran valor artístico e arquitectónico e en continua espoliación. Xa no ano 2002 o concello anunciou publicamente a adquisición da casa reitoral de San Cosme para turismo Rural e así fora reflectido nos medios de comunicación, pero pasados, máis, de 14 anos nada se sabe da compra de ningunha destas casas reitorais que forman parte do noso rico patrimonio, aínda que non sexan propiedade deste Concello.
O Grupo Municipal Socialista, indica que estas accións se poden realizar sen prexuízo de incluír outras casas reitorais, edificacións ou terreos que puideran quedar en desuso como a do Campo, ou en estado de abandono progresivo, pero actualmente de forma mais urxente centrándose claramente na Parroquia de Cangues (Santo Estevo), Parroquia de A Cidá (Santa Mariña), Parroquia de Corneda (Santiago), Parroquia de Dadín (San Pedro), Parroquia de Espiñeira (San Pedro), Parroquia de Froufe (San Xoan), Parroquia de Reádegos (Santa Baia) e Parroquia de San Cosmede de Cusanca (San Cosmede) As casas reitorais do Concello do Irixo, conforman, en gran parte, un conxunto artístico e arquitectónico que merece, sen lugar a dúbidas, a pena ser conservado e posto en valor e uso con múltiples posibilidades.
Debido ao estado destas propiedades, e a que a Igrexa hai xa uns anos que decidiu vender algunhas propiedades en desuso e especialmente as que están en estado ruinoso ou practicamente, como é o caso das anteriores sinaladas, sería moi asumible negociar coas autoridades eclesiásticas para que o Concello do Irixo adquirise a titularidade de todas estas antigas casas reitorais para recuperalas e poñelas en valor. Todas estas casas, algunhas situadas estratexicamente e outras con enormes posibilidades segundo o caso, poderían, despois dun laborioso proceso de restauración, non so albergar espléndidas vivendas de turismo rural ou albergues, que darían un pulo importante ó concello no ámbito laboral e turístico; senón tamén poderían ser convertidas en centros culturais, dotacionais ou municipais que darían servizo social para todos os veciños e veciñas do Irixo.
Xa que logo, poderían ser puntos de ocio e reunión dos veciños de cada unha das parroquias. É, ademais, unha obriga moral non deixar que se perda o patrimonio deste concello, senón arranxalo, conservalo e destinalo para uso e desfrute dos veciños ou dotar, nesas instalacións, outros servizos a este concello, porque non esquezamos que o patrimonio do concello é dos veciños e veciñas de todas as parroquias. Debido ao seu estado de deterioro á inversión inicial non debería ser moi elevada e perfectamente asumible por este concello, sempre e cando se axuste o seu presuposto, dotando unha partida orzamentaria, ou chegado o caso, unha modificación de crédito para acometer a compra despois dunha negociación coas autoridades eclesiásticas.
A rehabilitación de todas estas propiedades, que se iría prolongando no tempo, podería contar con diversas subvencións de distintas administracións e mesmo poderían dar lugar á creación dun obradoiro de emprego, xerado polo propio concello ou en colaboración con outros concellos veciños, o que xeraría traballo e riqueza no concello.
Os socialistas, queren destacar que a negociación para a adquisición destas casas reitorais coas autoridades eclesiásticas, debería incluír espazos ou metros de terreos da Igrexa que sexan necesarios para mellorar as comunicacións ou as infraestruturas do concello. Sirva como exemplo, que coa cesión duns dous ou tres metros na fachada do destro da parroquia do Campo se podería acometer o ancheamento e a urbanización do entorno con beirarrúas, que mellorarían considerablemente o entorno e garantirían a seguridade dos peóns que actualmente circulan pola estrada para desprazarse á igrexa; ao non dispoñer, no entorno da parroquia, de accesos axeitados.
O Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, presentou, hai semanas, para a súa consideración e dada a importancia da conservación e posta en valor deste patrimonio existente no concello, que ademais serviría conxuntamente con outras accións para dinamizar o turismo e a economía do concello, unha moción instado ó Pleno municipal á adopción do seguinte ACORDO: “Que o Concello do Irixo negocie coas autoridades eclesiásticas, sexa o Bispado ou quen ostente a representatividade deste para tales cuestións, a adquisición na fórmula máis vantaxosa, preferiblemente a compra, das casas reitorais existentes no Concello, deshabitadas e en estado de abandono para rehabilitalas coa solicitude das axudas das distintas administracións autonómicas, estatais ou europeas, aproveitando a rehabilitación das mesmas para a creación dun Obradoiro que xere emprego e dinamice a economía do municipio e finalmente destinalas a vivendas de turismo rural, albergues, centros culturais, dotacionais ou municipais, etc. para todos os veciños e veciñas de O Irixo.”
Ahí se ve lo que tanto iba ir y al final no fue en el contrato del agua como tantas veces aclaraste tu.
Ahora hay que ir haciendo remiendos corriendo porque en el contrato esto ni estaba ni se le esperaba al igual que muchas más cosas que irán apareciendo poco a poco. Sigan así señores del pppsoe. Sigan, sigan.

O Carballiño prepárase para vivir os días grandes da Semana Santa, a única da provincia declarada de Interese Turístico en Galicia. As procesións dos días grandes congregarán nas rúas a centos de visitantes, que se achegarán a coñecer o fervor relixioso da vila do Arenteiro. Os actos litúrxicos estarán acompañados de bandas de música, orfeóns, corais e incluso unha saeteira sevillana, Rocío Silva.
Este Xoves Santo, levarase a cabo a Procesión Penitencial da Sentenza e a Esperanza ás 21,00 horas. O itinerario arrancará no Templo da Veracruz e continuará na rúa dos Canteiros, rúa Aldara, Praza Maior, rúa Cesáreo Tizón, rúa Vulcano, rúa Tomás Mª Mosquera, rúa Rosalía de Castro, rúa Curros Enríquez, rúa Antonio Palacios e volta á Veracruz. A procesión inclúe dous pasos, o Xesús da Sentenza e a Misericordia e a Nosa Señora da Doce Esperanza, que contará por primeira vez cun trono propio, adquirido en 2025. A Banda de Música Municipal de Celanova e a Legio VIII Civitas Limicorum tamén participarán no desfile.
O Venres Santo será o de maior actividade, coa Procesión do Cristo da Saúde e a Procesión Solemne do Santo Enterro, máis coñecida como “Os Caladiños”. A Procesión do Cristo da Saúde partirá ás 12,00 horas do Templo da Veracruz para continuar pola rúa dos Canteiros, rúa Aldara, Praza Maior, rúa Cesáreo Tizón, rúa Vulcano, rúa Tomás Mª Mosquera, rúa Rosalía de Castro, rúa Curros Enríquez, rúa Antonio Palacios e volta á Veracruz. O Cristo da Saúde será o único paso, que irá custodiado por 14 penitentes. A banda AM. Sº Cristo de la Buena Muerte de Ferrol acompañará a procesión.
Pola noite, a partir das 21,00 horas, realizarase a procesión dos Caladiños. Os tres pasos, Santa María Magdalena e San Xoan ao pé da Cruz, Santísimo Cristo Xacente e a Nosa Señora das Dores, sairán do Templo da Veracruz e percorrerán as rúas Evaristo Vaamonde, Teresa Miras Portugal, Cesáreo Tizón, Igrexa Parroquial de San Cibrao, rúa Vulcano, Tomás Mª Mosquera, Praza Maior, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Antonio Palacios ata volver á Veracruz. A procesión contará coa participación da Real Banda de Gaitas da Deputación, a Banda de Música de Vilatuxe, o Orfeón do Carballiño, o Coro Xuvenil EnHarmonía, a Coral de Cámara Música Viva, a Coral A Torre de Maside e o Coro Parroquial do Carballiño. Ademais, a saeteira sevillana Rocío Silva interpretará varias saetas no interior e exterior do templo da Veracruz.
O Domingo de Pascua terá lugar a Procesión Gloriosa da Resurrección a partir das 11,00 horas. A procesión comezará no Templo da Veracruz e proseguirá pola rúa dos Canteiros, Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Praza Maior, Tomás Mª Mosquera, Vulcano, Igrexa Parroquial de San Cibrao, Cesáreo Tizón, Aldara e Os Canteiros ata regresar á Veracruz. Os pasos, Sagrado Corazón de Xesús e Virxen das Dores, estarán acompañados pola Banda de Cornetas y Tambores Nuestro Padre Jesús Nazareno de Ferrol.
Por outra banda, ata o domingo, día 5 de abril, a poboación pode achegarse ao Templo da Veracruz para desfrutar da exposición “A Paixón segundo Playmobil 3.0”, organizada pola Asociación Española de Coleccionistas de Playmobil (Aesclick).

Estado lamentable da fonte de Flores, outra víctima do desgoberno municipal PPSOE. Abandono total como o resto do pobo. Nin están, nin se lle espera. Istes dias andan moi afaenados en liortas polo sillón da alcaldia.Soo lle preocupa eso.

A Xunta de Galicia finalizou o proceso de adquisición das 15 hectáreas no ámbito do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, por un importe de case 242.000€, co que se rematan os trámites de expropiación amigable, iniciados en setembro de 2025, e da declaración da prevalencia de utilidade pública destes terreos. Así llo confirmou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, ao representante da Comunidade de Montes Veciñais e Man Común de Cristimil e A Torre, Modesto Rodríguez, anteriores propietarios destes terreos ata este momento.
“Cumprimos coa palabra dada”, afirmoulle neste encontro ao representante do Goberno galego, acompañado polo delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, e o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, con respecto ao compromiso dado polo propio conselleiro de que o expediente estaría concluído “antes de que rematase o ano 2026”.
Tal e como lembrou López Campos, o Parque Arqueolóxico conta cunha superficie total de 20 hectáreas, das cales 15 pertencían a esta Comunidade de Montes. “Trátase dun terreo que inicialmente foi cedido á Xunta de Galicia polo Concello e cuxa propiedade, posteriormente, foi outorgada á Comunidade de Montes pola vía xudicial”, informou antes de facer fincapé no feito de que, no ámbito desta superficie, está localizado o centro de interpretación do Castro de San Cibrao de Las.
“Este xacemento, que en novembro de 2025 declaramos Ben de Interese Cultural, é un dos máis destacados de Galicia polo seu tamaño, estado de conservación e a súa importancia tanto a nivel histórico como científico. “Por iso para a Xunta de Galicia era unha prioridade poñerlle fin ao conflito e avanzar na adquisición destes terreos”, precisou López Campos, engadindo que, coa fin deste proceso, “dáse carpetazo definitivo a este asunto”. “Trátase dun resolución histórica, froito do dialogo e consenso por un ben colectivo para toda a Comunidade”, salientou.
Ben de Interese Cultural
Cómpre lembrar que o Castro de San Cibrao de Las, situado a uns 20 quilómetros da cidade de Ourense, nos termos municipais de San Amaro e Punxín, conta xa co máximo réxime de protección como ben representativo do patrimonio arqueolóxico de Galicia ao terse declarado o conxunto como Ben de Interese Cultural.
Esta declaración fundaméntase no seu interese científico e na súa importancia histórica e arqueolóxica, sendo un dos xacementos máis sobranceiros e coñecidos da Comunidade Autónoma, como elemento crucial da Idade do Ferro. Así o expediente destaca que a súa integridade preservouse de forma excelente, sen que se vise afectada substancialmente a súa morfoloxía ao longo dos varios séculos de historia desde ou seu abandono.
Foi precisamente esta singularidade a que fixo que a Xunta de Galicia o escollese para crear o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, un centro de interpretación para difundir este coñecemento entre a poboación e os visitantes que recibe cada ano máis de 10.000 persoas.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, mantivo esta semana unha reunión co alcalde de Piñor, José Luis González, para reforzar a súa cooperación na loita contra os incendios forestais.
Neste sentido, cómpre salientar que o concello de Piñor está adherido ao convenio de xestión da biomasa, asinado con Seaga e dotado con 25 millóns de euros, para apoiar a localidades e propietarios para realizar estas tarefas e cumprir así as súas obrigas por lei. A maiores, na xuntanza tamén se avaliaron outros asuntos en materia de mellora de infraestruturas rurais, sobre as cales Piñor conta cunha axuda aprobada de case 45.000 euros ao abeiro da convocatoria 2025-2026 do Plan Camiña Rural.

O Concello do Carballiño vén de adxudicar o Servizo de Atención no Fogar (SAF) por un total de 4,5 millóns de euros para os próximos catro anos (dous fixos e dous prorrogables).
Trátase do maior investimento neste servizo da historia do Carballiño, que blinda así unha atención de calidade para as persoas dependentes do municipio, tal e como resalta Silvia Baranda, concelleira de Asuntos Sociais. “É un importante desembolso para o Concello, pero quixemos asegurarnos de ter o mellor servizo posible para os nosos maiores e que non volva pasar o mesmo que coa anterior empresa, que non podía facer fronte ao pago das traballadoras polo aumento xeralizado de prezos”, explica a edila.
De feito, o propio Concello tivo que facerse cargo da paga extra de Nadal e dos salarios do mes de marzo do persoal da adxudicataria o pasado ano. “Despois de meses de problemas, vímonos na obriga de contratar outra empresa temporalmente ata que, por fin, puidemos efectuar esta adxudicación”, detalla. Para asegurar a calidade do servizo, o novo contrato establece un dos prezos por hora máis altos de toda Galicia. O custo da hora ordinaria (de luns a sábados) é de 24,80 euros, e o da hora extraordinaria (domingos e festivos) fíxase en 26,87 euros.
“Na anterior adxudicación a hora pagábase a 18 euros, polo que estamos falando dun incremento importante que vai repercutir non só na mellora das condicións laborais do persoal senon tamén nunha atención de maior calidade”, destaca Baranda. O investimento de 4,5 millóns de euros conta co apoio da Xunta de Galicia a través dunha subvención.
O SAF conta actualmente con máis dun cento de usuarios, dos que a maioría presenta un avanzado grao de dependencia. “Este é un servizo moi necesario para os nosos maiores e cada vez temos máis demanda porque a nosa é unha poboación envellecida. Queremos atendelos e darlles un servizo digno, que non teñan que sufrir problemáticas alleas a eles”, explica a concelleira, quen tamén recorda o importante papel do SAF para as familias coidadoras.

Un escandalo como deixan as grietas das veirasrruas da rúa Ourense. Unha obra q costou tanto diñeiro publico. Iste goberno de coalición PPSOE non fai nada, ten o pobo abandonado, e o pouco q fai queda todo unha chambonada, como a rúa Carabel en Flores, Rúa Ourense, Aquilino Sánchez ezt. Son un desgoberno total q están a facer moito dano o Carballiño.

O Bloque Nacionalista Galego convértese na primeira formación política no ámbito local do concello do Carballiño en proclamar ao seu candidato á alcaldía para as eleccións de maio de 2027.
Aquí podes escoitar a entrevista de Xan Pinal a Manuel Chan Muñoz:

Abandono total do xardin aromatico q a concelleira q invita a xente do Carballiño a abandonar o pobo, vendera como a xoia da corona. Lamentable o estado q se atopa iste xardin aromatico q fixo,era a escola taller. Mantemento cero, o mesmo ca todas as zonas do Carballiño. Mais traballo concelleira! E menos botar a xente do pobo. Aquí naide se ten q marchar O unico q sobra aquí é o goberno de coalición PPSOE q soo andan polo ben de iles e teñen todo o pobo abandonado.