Vou escomenzar por dicir que son profundamente de esquerda e nacionalista e polo tanto militante de carnet do BNG. E o corrente de pago das cotas. Pois resulta que na política ser do BNG ven sendo como no fútbol os do Atlético de Madrid. Sufrir, perder e autodestruirse. Non se entende dende fóra, e eu como militante tampouco, esa manía AUTODESTRUCTIVA. Non chega con ter o PP coas súas políticas e as artimañas caciquís propias da dereita neste país, senón que nós colaboramos activamente. Cada vez que as cousas van razoablemente ben, sempre ven un cataclismo interno para quedar en ruinas outra vez. No caso concreto do Carballiño, o tsunami empezou coa elección do novo Consello Local, sen contar con Sofía. Algo difícil de entender. O lóxico sería contar con ela ata agora, ata o intre de escoller o vindeiro cabeza de lista. Pero xa se sabe, doutores ten a igrexa. O caso é que o BNG vai quedar sen representación no concello do Carballiño e nun intre, onde as situación do PSOE non é precisamente boiante e se podían conquerir uns bós resultados, probablemente pasaremos a unha travesía do deserto. Ou sexa, o de sempre. Dende logo eu non pretendo que o BNG sexa unha secta, un partido de si bwana coma outros que hai ben preto, máis si penso que hai que ter respecto polas opinións de todos. Entender que somos unha coalición de partidos con distintas sensibilidades E polo tanto debater, chegar a acordos internos e pensar na xente no pobo e no país. Supoño que é tarde, máis non sexamos parvos unha vez máis. Os que dirixidas ó partido por favor, lede o párrafo anterior, baixade da burra, buscade unha oportunidade de entendemento e trataremos de xogar o partido do ano que vén unidos e cohesionados ou mellor apagar as luz. GALEGUISMO SEMPRE.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe unha reunión de traballo con representantes dos concellos de Boborás, Maside, O Carballiño, Piñor e San Cristovo de Cea, xunto coa empresa EOSA, para avanzar na elaboración da Axenda Urbana da área funcional da comarca do Carballiño.
Durante o encontro analizáronse os pasos a seguir na redacción deste documento estratéxico, chamado a definir unha folla de ruta compartida para o desenvolvemento do territorio, baseada na cooperación institucional e na identificación de retos e oportunidades comúns.
Menor destacou que “esta Axenda Urbana é unha oportunidade para aliñar esforzos e construír unha visión conxunta de futuro, desde a colaboración entre administracións e contando co conxunto do territorio”. Neste sentido, lembrou que a Deputación mantén como eixo estratéxico a colaboración institucional nesta materia, con traballo xa desenvolvido noutras áreas da provincia como Ourense Sur, Valdeorras ou Monterrei.
Subliñou tamén o presidente provincial que o obxectivo desta acción é “converter esta planificación nunha ferramenta útil, que nos permita priorizar actuacións, mellorar a coordinación e aproveitar mellor as oportunidades de financiamento para seguir avanzando no desenvolvemento da provincia”.
Esta iniciativa enmárcase no desenvolvemento da Axenda Urbana Española e permitirá identificar retos estratéxicos, establecer liñas de actuación conxuntas e mellorar a coordinación das políticas públicas no territorio.

A edila da corporación municipal fixo pública a súa baixa no BNG sen aclarar que renuncia a súa acta de concelleira no concello do Carballiño. Faino remitindo aos medios o seguinte comunicado:
Por medio da presente, comunico publicamente a miña decisión de solicitar a baixa no Bloque Nacionalista Galego, motivada por profundas e sostidas discrepancias políticas co consello local do BNG do Carballiño, que nos últimos tempos derivaron nunha situación de auténtico ostracismo cara á miña persoa.
Dende decembro de 2024, esta situación non fixo máis que empeorar de maneira progresiva, caracterizándose por unha dinámica interna baseada na presión constante, o ninguneo sistemático, a difamación e o desprezo, tanto no ámbito político como no persoal. Unha deriva que resulta incompatible cos valores que se supón deben rexer unha organización local que se define como transformadora, democrática e ao servizo do pobo. Ao longo deste tempo, desenvolvín un traballo constante, rigoroso e comprometido en favor do proxecto político e da veciñanza do Carballiño.
Participei activamente na vida orgánica e institucional, impulsando iniciativas, defendendo propostas e contribuíndo á construción colectiva dun Carballiño mellor dende a responsabilidade e a honestidade. Sempre coa vontade de fortalecer a organización e de dar resposta ás necesidades reais da cidadanía, mesmo en contextos internos complexos e pouco favorables. Non podo nin debo continuar formando parte dun proxecto que, na práctica, actúa en contradición cos principios que di defender.
A política, debe estar sustentada na ética, no respecto, na pluralidade e na defensa da dignidade das persoas. Cando estes piares son vulnerados, a coherencia obriga a tomar decisión difíciles, mais necesarias. Quero deixar constancia do meu esforzo sincero e continuado por reconducir esta situación. Actuei sempre con lealdade á organización, apostando polo diálogo e pola construción colectiva, incluso en contextos adversos. Non obstante, todos estes intentos foron sistemáticamente ignorados e desantendidos.
Agradezo profundamente o apoio e a solidaridade de todas aquelas persoas que estiveron ao meu carón durante todo este tempo. O seu respaldo foi fundamental para afrontar momentos especialmente duros. Por último, reafirmo o meu compromiso firme e inquebrantable coa veciñanza do Carballiño. A miña lealdade está e estará sempre coa cidadanía, coa defensa dos seus dereitos e coa construción dun futuro máis xusto, igualitario e digno para todas e todos.
Asdo: Sofía García.
Hoy se materializó la baja de Sofía García del BNG. Una gran pérdida para la política de Carballiño. No lo conozco personalmente pero siempre me dio la impresión de que hacía su trabajo con muchísima dedicación por su parte preparando muy bien e informándose de los temas que llevaba a pleno. No como otros políticos que van sin un papel siquiera. Y es que en Carballiño andamos faltos de políticos como Sofía. Deseo y espero que le vaya bien en lo personal y en lo profesional. También espero que hasta que acabe el mandato actual sigue con su labor en la oposición aunque sea desde el grupo de no adscritos. Y es que el BNG de Carballiño actual no merece que le devuelva el acta. Gracias Sofía.

O Concello do Carballiño vén de editar o libro “O tempo que nos une. Un retrato do clima local”, escrito por Miguel García, Premio Nacional de Meteoroloxía en 2018, colaborador de AEMET desde 1984 e profesor de Física xubilado, e Manuel Villanueva, mestre e docente de Xeografía e Historia tamén retirado. Os autores analizan os principais datos climatolóxicos recollidos na estación meteorolóxica automática do Carballiño entre 1984 e 2024, tales como temperatura, vento, humidade, presión, insolación ou evaporación, entre outros.
“Estamos moi orgullosos de presentar esta obra, unha ferramenta importante para a ciencia e tamén para a vila para achegarnos ao mundo da climatoloxía e coñecer datos moi útiles en iniciativas do ámbito privado como deseño de plantacións ou propostas agrarias e forestais”, apuntou esta mañá Diego Fernández, concelleiro de Cultura, durante a presentación do libro. O edil puxo en valor o esforzo e dedicación dos dous carballiñeses na recollida e análise de datos e na elaboración do volume, no que tamén colabora o Centro de Estudos Chamoso Lamas.
A obra é un libro de consulta no que se analizan e ordenan os datos recollidos por Miguel García desde 1984. “Eu xa tiña esta idea de publicar un libro hai moitos anos, cando levaba 20 anos coa estación meteorolóxica, pero canto máis avanzaba máis tiña a necesidade de ter máis datos para ver a evolución climática da comarca”, apuntou García. En 2024, propúxolle a idea a Manuel Villanueva, docente de Xeografía e Historia e apaixonado pola climatoloxía. “E entre os dous sacamos este libro de máis de 200 páxinas”, engadiu García.
O volume consta de tres partes, tal e como detallou Villanueva. “A primeira inclúe conceptos básicos da climatoloxía, na segunda están os datos principais do clima e a terceira refírese á fenoloxía, é dicir, á importancia do clima nos ciclos vitais de plantas e animais”, explicou.
Os autores tamén inclúen no libro a dirección da páxina web do Centro de Estudos Chamoso Lamas, onde os lectores poden consultar os datos que rexistra a estación meteorolóxica cada 10 minutos.
Presentación para público xeral
O próximo sábado, día 21 de marzo, ás 12,00 horas, o salón de plenos da Casa Consistorial acolle a presentación do libro, aberta ao público xeral. “Convidamos á poboación a achegarse, van estar os dous autores respondendo dúbidas e conversando cos asistentes”, sinala Diego Fernández.
No acto haberá exemplares dispoñibles para compra e consulta. “De todos modos, o libro tamén vai estar dispoñible en formato dixital de balde”, apuntou o edil.

Nove concellos da provincia veñen de iniciar unha etapa de vangarda tecnolóxica. Os nove concellos que integran o proxecto RE-HABITA RURAL LAB mantiveron hoxe unha reunión clave no Concello de Boborás para iniciar a posta en marcha dos servizos.
Ademáis do concello de Boborás, integran esta alianza os municipios de Taboadela, San Xoán de Rio, Porqueira, Vilariño de Conso, Xunqueira de Ambia, Oímbra, Esgos e Coles.
A gran singularidade deste proxecto é a súa perspectiva de xénero. O obxectivo final da xeolocalización e do mapeo de vivendas é crear unha bolsa de alugueiro social destinada prioritariamente a mulleres.
Deste xeito, RE-HABITA RURAL LAB busca facilitar a autonomía e o arraigo feminino no rural, entendendo que as mulleres son o alicerce fundamental para fixar poboación e dinamizar a economía local.
A xeolocalización estratéxica de activos, o outro gran valor diferencial. A empresa EIBISA (representada por un equipo paritario de catro especialistas) explicou como este mapeo técnico permitirá identificar vivendas susceptibles de alugueiro ou compra, cruzando estes datos cunha plataforma inmobiliaria rural e un servizo de asesoramento xurídico e técnico presencial que arrincará en abril.
O acto contou coa validación do ambicioso plan de acción e de comunicación por parte dos nove rexedores e rexedoras. Álvaro Vila, alcalde de Taboadela (concello líder do proxecto na súa interlocución co Ministerio), destacou a importancia desta unión: "Este é un exemplo inmellorable de coordinación intermunicipal. Logramos que nove concellos falen un mesmo idioma tecnolóxico para dar solucións reais ao reto demográfico”
Pola súa banda, Patricia Torres, alcaldesa de Boborás —concello que asume a execución operativa dos servizos a través do seu equipo técnico—, subliñou o impacto na veciñanza: "Hoxe damos un salto cualitativo. Non só estamos dixitalizando mapas, estamos poñendo a tecnoloxía ao servizo das persoas para que calquera propietario ou moza que queira vivir aquí saiba onde localizar a información”
A coordinadora do proxecto, Eva D. Castro, confirmou que a partir da vindeira semana unha campaña de comunicación "inundará" as redes e as prazas dos municipios para achegar estes servizos á poboación. O obxectivo final, financiado polo MITECO, é converter estes nove concellos nun ecosistema de innovación que sirva de modelo para toda a España rural
Resulta que desde Maside, Carballiño y O Irixo puedes ir a Santiago de Compostela todos los días pero para volver el tren de vuelta sale 20 minutos después de la llegada a la capital de Galicia. Es decir, llegas, tomas un café si el tren llegó a su hora y vuelves. De hecho, el tren es exactamente el mismo en la ida que en la vuelta. Solo cambia el sentido. Atrás quedan aquellos años que teníamos 3 regionales al día por sentido con Santiago y con Ourense. Si no fuera por las mercancías que circulan por la línea ya la hubieran desmontado hace tiempo y montado una vía verde de esas que tan de moda están en el Eje Atlántico entre Vigo y Pontevedra. En fin, extrañando lo que un día tuvimos involucionamos como sociedad. Ver para creer. Una auténtica vergüenza.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, confirmou ao alcalde de Cea e ao presidente do Consello Regulador da IXP Pan de Cea, José Luís Valladares e Juan Luis Calviño, respectivamente, que o departamento que dirixe vai renovar a colaboración para seguir promocionando os produtos do mar de Galicia nesta festa de exaltación doutro dos produtos máis emblemáticos da gastronomía galega.
Deste xeito, a Consellería do Mar volverá estar presente na trixésimo terceira edición desta celebración, que en xullo volverá reunir na localidade de San Cristovo a profesionais da panadería cunha longa tradición e recoñecemento dentro e fóra de Galicia. A conselleira destacou a importancia de promocionar os produtos do noso mar en concellos do interior, por iso a Consellería cederá conservas e mexillón para que se poidan degustar xunto cun dos pans de maior calidade que existen.
Trátase de apoiar iniciativas que poñen en valor os produtos locais e o traballo dos profesionais do sector alimentario galego, pois tamén contribúen á dinamización económica e turística dos concellos. Neste senso, subliñou que o Pan de Cea representa “un exemplo de tradición, calidade e identidade gastronómica que forma parte do noso patrimonio”.
A reunión permitiu así avanzar na coordinación institucional para impulsar esta xornada de exaltación, que busca seguir consolidándose como unha referencia na promoción da panadería tradicional galega e na posta en valor do territorio.
Magistral la muestra de clase y educación en las disculpas que hoy pidio en la tertulia Manuel por unas críticas que en su opinión (cosa que no comparto) eran infundadas y estaban fuera de lugar.
Hasta para pedir disculpas aún hay gente que juega en otras ligas muy superiores a los estándares a los que nos tienen acostumbrados mucha gente y, en especial, la clase política.
Señor Nogueira, siga así. Es un referente en muchos aspectos y un ejemplo a seguir incluido en el ámbito político.

Esta Semana Santa do Carballiño do ano 2026, que conta por primeira vez coa Declaración de Interese Turístico de Galicia, caracterízase polo denso programa elaborado pola Cofradía da Vera Cruz en colaboración coa parroquia, o concello, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.
No programa que se presentou no salón de plenos do concello destaca a celebración de dous actos litúrxicos en conmemoración do septenario da Virxe das Dores, así como a reposición da mostra “A Paixón segundo Playmobil 3.0”, que tanto éxito tivo hai uns anos e que nesta ocasión incorpora ademáis, como complemento, unha maqueta de grandes dimensións do Templo da Veracruz.
No acto de presentación, que foi conducido pola periodista e presentadora do Telexornal da TVG Raquel Domínguez Carrete e que contou coa asistencia do alcalde en funcións, José Castro, do cofrade maior, Rafael Melero, e do párroco Jorge Juan Pérez, entre outros concelleiros e cofrades, anunciouse que o pregón correrá a cargo do presentador da TVG Xosé Ramón Gayoso.
Dúas conferencias, unha exposición, dous actos litúrxicos en conmemoración do septenario da Virxe das Dores, seis procesións e unha decena de actos litúrxicos que contarán co acompañamento de oito bandas, entre outras, a de Celanova, Vilatuxe e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, sete corais, dous organistas e doce saeteiros e saeteiras, entre elas, a saeiteira sevillana Rocío Silva, que acudirá exproceso á procesión do Venres Santo para interpretar varias saetas no interior e exterior do templo da Veracruz, conforman o intenso programa relixioso desta Semana Santa.
Raquel Domínguez subliñou a consolidación da Semana Santa carballiñesa como un referente da provincia e de Galicia e fixo mención ao arraigo espiritual e a tradición de xeracións da Semana Santa no Carballiño, que ten como símbolo patrimonial o magnífico templo da Veracruz. Asemade referiurse á significación especial que conleva a Declaración de Interese Turístico de Galicia, obtida hai uns meses. Ensalzou ademais o traballo artístico do cartel, que inserta por primera vez esta declaración de interese turístico.
Rafael Melero destacou a traxectoria da Semana Santa carballiñesa con máis dun século de historia e unha gran relevancia social no concello e arredores do Carballiño. Anunciou algunhas novidades no programa deste ano, como un trono propio para a procesión da Nosa Señora da Esperanza, adquirida o pasado ano, ou a elaboración dunha alfombra floral representando o rosetón do templo da Veracruz por integrantes da Asociación Alfombrista de Ponteareas, e incluso a presencia o Venres Santo na procesión da Virxe das Dores da saeteira sevillana Rocío Silva, que interpretará varias saetas no interior e exterior do templo da Veracruz durante a procesión dos Caladiños. Tamén puxo en valor a recente declaración da Semana Santa do Carballiño como de Interese Turístico de Galicia.
O párroco Jorge Juan Pérez amosouse orgulloso do programa deseñado pola Cofradía da Vera Cruz, a quen agradeceu o seu inmenso traballo e animou aos feligreses da parroquia carballiñesa e arredores a participar nos actos programados para esta Semana Santa.
Finalmente, o alcalde en funcións José Castro sumouse ao agradecemento á Cofradía da Vera Cruz polo traballo desenvolvido nestes anos que impulsaron a Semana Santa carballiñesa cun programa de dinamización cultural e de actos relixiosos que lograron converter esta celebración nun referente provincial e autonómico, impulsando o turismo local, reforzado nesta edición pola declaración tirística da Xunta de Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »