30, Marzo 2026

Cos circos mediaticos e faltos de educación que se ven nos plenos do Carballiño, a falta de transparencia e de información clara que non queren dar os que gobernan, o estado lamentable das nosas calles e coa escasez de xente comprometida e que sepa comunicar, resulta que o viernes Manuel Nogueira deixou caer que o máis seguro é que non participase nas proximas eleccions municipales. Podo entender alguns dos motivos que deu, pero que non se engañe no sentido que a xente nas anteriores non lle votaden a el. A quen non votaban era a ese partido parasitario co que se presentaba. Eu non lle votei por ese motivo e xa de aquelas me parecía unha persona moi valida como o ven demostrando cando fala os viernes na tertulia. Espero que recapacite e non deixe así como asi a sua participacion na politica municipal. Penso que ten moito potencial e é unha persona moi valida e que sabe comunicar e faino sempre con datos. Creo que calquera partido politico estaría encantado de contar con el, aunque el non pense asi. E si non, que monte el un partido ou unha agrupación de electores. Non creo que lle vaia mal. Pero que o pense.

30, Marzo 2026

O Club Aehde O Carballiño continúa asinando unha tempada para enmarcar. Na súa primeira
participación no Campionato de España de grupos show de patinaxe artística, celebrado en Guadalajara e na modalidade de grupos pequenos (ata 12 membros), a entidade carballiñesa obtivo un meritorio décimo posto competindo os campions do mundo e as principais formacións da disciplina a nivel continental e universal.

O seu programa "Asasinato no Oriente Express" obtivo unha puntuación de 25,32 puntos,
quedando moi preto de entidades cheas de historia como o CPA Olot, que lle antecedeu nunha clasificación onde Cunit, Tona e Figueres leváronse o podio.

O Aehde carballiñes, ademáis, foi o terceiro equipo galego por detrás de Condado e Brión, as dúas entidades cas que compartiu podio no campionato Galego.

A próxima cita para o grupo de categoría Nacional do Club Aehde será o Trofeo Internacional de Alcoi, tamén coñecido como a Copa de España, o vindeiro 18 de abril.

Dende O Club Aehde agradecen "a colaboración da Deputación Provincial de Ourense, que nos axudou a facer realidade a nosa presenza no Campionato de España".

30, Marzo 2026

A concelleira Elvira, debería tranquilizarse un pouco nos plenos, centrarse mais, preocuparse mais de ter o Carballiño  limpo e decente, q nunca estivo no estado q se atopa. E deixar de mandar a xente q se vaia do Carballiño. Debería pedir  disculpas, no Carballiño  collemos todos.Hai q ter valor pa invitar a q se vaia do Carballiño  o millor alcalde q tivo iste pobo, e q tanto fixo por il. Recapacite concelleira, no Carballiño  collemos todos. E Pachi merece un monumento.

29, Marzo 2026

Coa chegada da primavera, as brigadas municipais do Concello do Carballiño comezan a posta a punto das zonas verdes e xardineiras do casco urbano. Os traballadores iniciaron este venres as tarefas de rozada arredor de árbores e marxes de beirarrúas para limpar e adecentar os espazos naturais despois dos meses de intensas chuvias.

“Agora é o momento de repoñer xardíns e zonas verdes para que a nosa veciñanza os poida desfrutar de novo”, explica Rosa Fuentes, concelleira de Benestar Comunitario. A brigada comezou os traballos na rúa 25 de Xullo e na avenida do Parque, para continuar nos próximos días polo resto de vías do Carballiño.

Por outra banda, continúan os baldeos de beirarrúas no casco urbano. Estes días, os equipos de limpeza están priorizando aquelas rúas polas que discorren as procesións de Semana Santa. Porén, os baldeos realizaranse en todas as vías principais do Carballiño.

“Despois da temporada tan forte de chuvias, por fin podemos avanzar na limpeza das beirarrúas”, destaca Fuentes, quen lle recorda á poboación a importancia da súa colaboración para manter unhas rúas limpas e coidadas.

28, Marzo 2026

Os concelleiros da corporación municipal de Leiro, Pedro José González González e Manuel Rodríguez, denunciaron publicamente hoxe o que consideran un "novo episodio de escurantismo e deslealdade institucional" por parte do grupo de goberno local.

A denuncia prodúcese tras a visita institucional da Directora Xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, ao Monumento Natural de Pena Corneira para anunciar un investimento de 60.000 euros.

Os representantes da oposición subliñan que o Goberno Municipal non informou nin convidou aos demais grupos da corporación a dito acto, tratando un investimento financiado con fondos públicos e europeos (FEADER) como un "evento privado de partido". Un patrón de comportamento antidemocrático "Non é un erro puntual, é un sistema de traballo", explican González e Rodríguez.

Os edís cualifican de "intolerable" que se estea a xestionar un investimento de 60.000 euros sen información pública detallada. Compromiso coa transparencia Os concelleiros aseguran que non van permitir que se siga "ninguneando" a representación democrática de Leiro e esixen respecto institucional.

27, Marzo 2026

Lamentable  a intervención da concelleira Elvira no pleno de onte , no concello do Carballiño. Pareceme Un insulto e unha falta de respeto a sua aptitude. Invitou a q se marchara do Carballiño  a o ex alcalde Pachi Vazquez.  No Carballiño  collemos todos., non sobra naide e menos a persoa q fixo tanto por iste pobo e sempre levou e leva o Carballiño  no vorágine. Xa lle gustaria a concelleira Elvira e a todos os compañeiros de goberno de coalición PPSOE,  yer o Carballiño  como estaba na etapa de Pachi alcalde. 

 Recomendaríamos a voncelleira q se serene entranquilice, Pachi nunca abandonará o Carballiño,  levao na ialma, e estou seguro, segurisimo q volverá a ser alcalde do Carballiño.  O pobo è Saviol  e poñerá   a cada un no seu sitio. Pachi alcalde e a concelleira e a coalición  pa casa, q non fagan mais dano o Carballiño. 

27, Marzo 2026

A Xunta de Galicia destina 60.000 euros á melloras na contorna do Monumento Natural da Pena Corneira, tal e como indicou a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz durante a súa visita a este espazo.

Entre as actuacións que se levarán a cabo destaca o acondicionamento da senda que conecta a área de lecer, que se localiza na parroquia de Lamas, no concello de Leiro, co monumento natural. En concreto, actuarase en algo máis dun quilómetro deste roteiro rozando vexetación e eliminando polas e árbores que dificultaban o camiño.

Tamén se acometerán traballos de reparación nas instalacións da aula da natureza como a reposición dos cercos de madeira de cinco fiestras do inmoble, a retirada do recubrimento de madeira deteriorada do teito e a limpeza e reparación dos canlóns e baixantes da mesma.

A maiores, a directora xeral explicou que tamén se actuará para mellorar e consolidar o desenvolvemento da masa de frondosas autóctonas presente na contorna de Pena Corneira. Deste xeito, acometeranse rozas manuais en zonas de difícil accesibilidade que afecten preferentemente a especies heliófilas por comprometer a viabilidade do arboredo ou a biodiversidade das especies de subsolo da masa de frondosas.

Ademais, faranse desmestas, que incluirán a eliminación de pés de eucaliptos, acacias negras, mimosas e falsas acacias para favorecer o desenvolvemento das frondosas autóctonas.

Estes traballos serán cofinanciados a través do Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027.

A Serra de Pena Corneira foi declarada monumento natural no ano 2007 e forma parte da Rede de Espazos Protexidos de Galicia, conformada por 97 enclaves. De feito, con 997 hectáreas de extensión, é o monumento natural de maior extensión da comunidade.

A importancia deste espazo radica na súa peculiar xeomorfoloxía, especialmente na diversidade da composición e cristalización dos granitos que provocou neste macizo, unha evolución da paisaxe caracterizada por formas rochosas. A serra conta cunha complexa asociación de formas xeolóxicas que teñen un interese especial pola singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos.

27, Marzo 2026

Sebas Lamazares, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Gonzalo Rodríguez participan nesta tertulia do venres 27 de marzo de 2026, moderada por Xan Pinal.

Escóitaa aquí:

 

27, Marzo 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou  na reunión do pleno do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, que o pasado ano certificou 411.133 pezas de pan, cun valor estimado de case 1,15 millóns de euros, e elaboradas nos 12 fornos que actualmente están operando.

A área de elaboración do pan amparado por esta IXP é o termo municipal de San Cristovo de Cea e a súa produción segue un modelo artesanal, vinculado á tradición. Así, o de Cea defínese como o pan que se elabora con fariña de trigo, con adición de auga potable e sal comestible, ao que se lle engade, para a súa fermentación, masa nai procedente dunha elaboración anterior. O amasado realízase en varias etapas, seguindo as técnicas ancestrais da zona. Por último, a masa cócese en fornos de pedra granítica de deseño característico do lugar que son previamente quentados con leña.

26, Marzo 2026

O Concello do Carballiño colabora coa Escola Galega de Clown na segunda edición do Clowncurso, un encontro que se vai consolidando como unha das principais citas galegas no ámbito do humor e a creatividade.

“É unha proposta diferente na que as risas están aseguradas, e nun momento de confrontación como o actual, ben merece a pena rir e gañar saúde”, sinalou esta mañá Diego Fernández, concelleiro de Cultura, na presentación do festival. O edil, que destaca o traballo e esforzo dos organizadores, convida á veciñanza a desfrutar dunha completa programación que arranca o luns 30 de marzo e finaliza o sábado 4 de abril.

Jouse García, director do festival, puxo en valor a variada oferta desta segunda edición do Clowncurso e deu conta do crecente interese por participar de compañías de fóra de Galicia. “Estamos sorprendidos de que nos contacten doutras zonas de España e mesmo a nivel internacional, o que significa que as cousas van avanzando e o festival vai consolidándose”, apuntou.

A función inaugural corre a cargo dun invitado de luxo, o recoñecido pallaso e actor Pepe Viyuela, cunha longa traxectoria na arte do clown. O seu espectáculo “Encerrona” abrirá o Clowncurso o luns 30 de marzo, ás 20,30 horas, no Auditorio Municipal. “Aínda hai entradas dispoñibles que se poderán adquirir o propio luns, a partir das 19,00 horas, na taquilla do Auditorio”, indicou Jouse García.

O concurso de espectáculos, no que o público decidirá co seu voto a peza gañadora, comeza o martes 31 de marzo coa obra “Soka” de Nomadak, de Navarra. O mércores será a quenda do galego Fredi Muiño, quen presentará “Circanelo”. O xoves, a navarra Laura Puertas subirá ao escenario con “SuperEla” e, xa o venres, será a compañía galega A Vela Circo quen actúe coa peza “O último que apague a luz”. Todas as representacións comezan ás 20,30 horas no Auditorio Municipal.

As entradas teñen un custo de 3 euros e pódese adquirir un bono de 10 euros para todos os espectáculos do concurso. A actuación máis votada polo público recibirá un premio dotado con 1.500 euros.

Formación internacional

O Clowncurso tamén conta cunha parte formativa dirixida a profesionais e a persoas interesadas na linguaxe clown. Desde o martes 31 ata o sábado 4, a recoñecida clown estadounidense impartirá un curso no que se explorará a liberdade creativa, a vulnerabilidade escénica e as ferramentas da comicidade física.

“É unha gran mestra e estamos moi contentos de que participe no festival, desde que contactamos con ela amosou moita predisposición”, destacou Jouse García. O curso xa está case completo, pero aínda hai tres prazas dispoñibles. O prezo da inscrición é de 285 euros.

O sábado 4, como colofón do curso formativo, haberá unha mostra final a cargo de Chaplain a partir das 20,30 horas no Auditorio Municipal. Ademais, realizarase a entrega do premio do público. A entrada é de balde.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS