MONTES E AMIL ENTREVISTANSE ESTE MARTES CÓS RESPONSABLES DA OBRA

O Concelleiro de Obras e Urbanismo do Carballiño, Manuel Amil, espera que no transcurso desta semana visiten O Carballiño os responsables técnicos da Dirección Xeral de Urbanismo e os redactores do proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, para comprobar o desenvolvemento da obra e, e concretamente, a construcción do polémico muro que provocou un gran rexeitamento social. A visita dos técnicos da Xunta tamén fora anunciada dias atrás polo portavoz do partido Popular, Argimiro Marnotes, tras contactos que mantivo ante os responsables da obra, e co mesmo propósito, que se revise este aspécto concreto do proxecto, a retirada do muro que resta visión sobre o monumento de Palacios desde a rúa Evaristo Vaamonde. Antes da visita Ó Carballiño, o Alcalde Carlos Montes e mailo concelleiro de obras serán recibidos na sede da Consellería, en Santiago de Compostela, polos responsables da obra, ós que trasladarán o rexeitamento ó muro en construcción, e tamén esperan traer noticias sobre as alegacións que no seu dia se presentaran a este proxecto, que están aínda sen resolver. A entrevista está fixada para este martes dia 20 de abril ás once da mañá.