8, Febreiro 2026

Boas querida xente.

Fai algo máis de un mes comentei que a taxa provincial pola prestación do servizo intermunicipal delegado de recollida, transporte e tratamento de residuos de competencia local podiase recurrir. 
Pois do dito aos feitos. Comparto un borrador de recurso fronte a dito acto que non deixa de ser totalmente inxusto por varios motivos, entre eles o de non cumprir coa normativa estatal nin a directiva europea que a regulan ao poñer unha tarifa plana sin ter en conta varios criterios que se deberían aplicar á hora de elaborar e definir o feito impoñible, exencións, reducións e bonificacións, base impoñible e liquidable, etc.

Como esta taxa a cobra a Deputación de Ourense, xa que a Ordenanza Fiscal é da súa competencia, este modelo de recurso serve para a veciñanza non só do Carballiño senon tamén para os concellos de Amoeiro, Avión, Baltar, Bande, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, O Bolo, Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Coles, Cortegada, Chandrexa de Queixa, Entrimo, Xinzo de Limia, A Gudiña, O Irixo, Larouco, Lobeira, Lobios, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Muíños, Oímbra, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, Porqueira, A Pobra de Trives, Punxín, Rairiz de Veiga, Ribadavia, San Xoán de Río, Riós, A Rúa, Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, A Teixeira, Toén, Trasmiras, A Veiga, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilardevós e Vilariño de Conso.

Para presentalo, primeiro teremos que pagar o recibo correspondente e despois de pagalo e antes de 30 días presentaremos a copia do mesmo e este modelo de recurso  debidamente cumplimentado en calquera ventanilla de rexistro do noso concello ou na propia Deputación.

Sen máis, subo o documento (carpeta de google drive con dous formatos editables e un en PDF) e agardo que sexa útil para evitar o que me parece un cobro abusivo por un servizo cuio sobreprezo nunca se lle debeu cargar á veciñanza, pois había outras fórmulas para proceder a sufragar o mesmo.

 

O voso veciño e tertuliano, Manuel Nogueira. 

https://drive.google.com/drive/folders/19HtccThk-P2zkPAhYOIX6-YPugdpaC-i...

8, Febreiro 2026

Para cuando será la solución a este problema de inundación de agua en la Rua Sierra de Martiña a la altura del túnel que pasa por debajo de la vía del tren y sale en el Fuchela.

8, Febreiro 2026

Xa estamos fartos, fartos de

 Fochancas e chapas no chan

 Falta dunha iluminacion decente 

 Do control das terrazas abandoad⁶as todo o ano nas ruas

 Do desorden do trafico 

 Farto tamen dos partidos politicos de todo color que so se moven cando interesa por votos, tratandonos de borregos, todos, ningun demostra outra cousa. 

A pregunta e sinxela, que se toma para tanto empacho, ....unha vergoña de dirixentes que levan a vila a estarmorta.

 

7, Febreiro 2026

O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Turismo, convidará formalmente á Festa do Pulpo 2026 á presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola, e ao persoal de cociña da institución para que poidan degustar e desfrutar do verdadeiro pulpo á feira.

O edil de Turismo, Manuel Dacal, tomou a decisión de invitalos despois de coñecer as queixas de Adrián Vázquez, eurodiputado galego do PP, ante a equivocación dos responsables do cátering do Parlamento Europeo.

Tal e como amosan as imaxes compartidas por Vázquez esta semana nas súas redes, o equipo de cociña da Eurocámara está servindo baixo o nome de “pulpo a la gallega” un prato con aneis de lura, pataca guisada e brócoli.

“Xa non é que cociñen doutra forma o pulpo, é que directamente non hai nin rastro de pulpo no prato!”, lamenta Dacal, quen pon en valor o importante papel das pulpeiras e pulpeiros que atesoran esta receita e manteñen a tradición cultural e gastronómica.

“Se veñen probar o noso pulpo, o mellor de toda Galicia, van quedar encantados, igual que quedaron os italianos”, asegura o edil, referíndose aos representantes de Noventa Padovana, vila italiana homenaxeada na pasada edición da Festa do Pulpo.

Dacal valora en positivo que a Eurocámara inclúa no menú receitas variadas e representativas das diferentes rexións e culturas, pero lamenta o descoñecemento dos cociñeiros. Nesa liña, o concelleiro reitera a invitación e comprométese a ensinarlle á Roberta Metsola e ao equipo do cátering o traballo centenario das pulpeiras, así como a cultura e a tradición en torno ao pulpo e á forma de cociñalo.

6, Febreiro 2026

A Deputación de Ourense vén de adxudicar a obra do aparcamento disuasorio en Pazos de Arenteiro, en Boborás, dentro do Plan de Sustentabilidade Turística “Ourense coge velocidad, Villas Históricas y Termales”. Esta actuación, que suporá un investimento total de 98.134 euros entre o que é a propia obra e o proxecto técnico, financiados con fondos NextgenerationEU, contribuirá a descarbonizar este casco histórico.

O obxectivo desta obra é fomentar a mobilidade sostible na contorna desta vila, considerada como o único conxunto histórico artístico no rural galego. Por elo, levarase a cabo o acondicionamento dun aparcamento disuasorio que permita reducir o acceso rodado ao núcleo de Pazos, segundo os criterios de accesibilidade e desenvolvemento sostible que procuran unha descarbonización dos cascos históricos.

Con esta medida lógrase reducir o tráfico e as emisións de gases contaminantes no casco histórico, ofrecer solucións de mobilidade activa como zonas peatonais, conservar o patrimonio e mellora da calidade ambiental reducindo o impacto dos contaminantes nas construcións antigas e na saúde dos habitantes. Tamén se fomenta un modelo urbano máis sostible, onde se da prioridade á mobilidade de baixas emisións e incentívase a economía e o turismo sostible ofrecendo unha experiencia máis agradable e saudable aos visitantes, podendo así potenciar a economía local respectando o medio ambiente.

Esta actuación permitirá ordenar o estacionamento reducindo a presión dos vehículos no interior do núcleo, gañando espazo para camiñar e desfrutar da paisaxe e inclúe, ademais, prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida. Completarase con alumeado de tipo LED e incorporarase a preinstalación de recarga para vehículos eléctricos e unha illa ecolóxica que ordena e oculta a zona de contedores.

Este PSTD da Deputación, xerenciado polo Inorde, enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola UE – NextgenerationEU, en colaboración coa Secretaría de Estado de Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia.

6, Febreiro 2026

Sebas Lamazares, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Gonzalo Rodríguez, no debate da Tertulia dos Venres de COPE O Carballiño, capítulo correspondente a este dia 6 de febreiro.

Presenta Xan Pinal. Escóitaa aquí:

4, Febreiro 2026

Á atención do Concello,
Escribo esta queixa para felicitarlles —antes que nada— pola súa decidida aposta por converter as rúas do municipio nunha experiencia inmersiva, case espacial. Cráteres por todas partes, suspensións de coches postas a proba e, como guinda do pastel, unha chapa metálica mal colocada nun dos buracos que ofrece un concerto permanente a cada paso de vehículo, día e noite. Un luxo que nin os festivais de verán.
Resulta admirable a creatividade coa que se está a xestionar o mantemento viario: onde antes había asfalto, agora hai aventura; onde había silencio, agora hai clonc, clonc, CLONC. Supoño que a chapa está aí como solución provisional… aínda que provisional debe significar “ata que a ferruxe faga o seu traballo” ou “ata que a veciñanza perda definitivamente a paciencia”.
A situación das rúas, cheas de buracos e remendos de dubidosa utilidade, non é xa unha molestia puntual, senón un reflexo bastante fiel da xestión municipal: improvisada, ruidosa e perigosamente descoidada. Non falamos só de confort, senón de seguridade, descanso e respecto polos veciños e veciñas que pagan impostos esperando algo máis que parches metálicos mal nivelados.
Quizais o Concello considere que isto entra dentro do concepto moderno de “urbanismo dinámico”, pero convén lembrar que as rúas non son un circuíto de probas nin unha instalación artística sonora. Son espazos públicos que deberían estar en condicións dignas, algo que, polo visto, xa non entra nas prioridades da actual xestión.
Agardo que esta queixa sirva para algo máis que para engordar un caixón, e que a famosa chapa sexa retirada ou ben colocada antes de que alguén decida facelo pola súa conta ou antes de que haxa que lamentar danos maiores —en vehículos, en saúde ou en paciencia colectiva.
Sen máis, e esperando que o Concello esperte deste longo sono asfaltado,
Un veciño farto de esquivar buracos e de escoitar metal ás tres da mañá...

4, Febreiro 2026

O grupo valLisoletano Jimenos Band, considerado pola crítica como o mellor tributo a Joaquín Sabina, chega este domingo dia 8 de febreiro ás 18:30 horas ao Auditorio Municipal do Carballiño. Os irmáns Nacho e Álex Jimeno subiranse ao escenario para facer gozar ao público cunha selección única de temas míticos do cantautor ubetense.

Jimenos Band é un grupo multiestilo e con moito humor, selo que caracteriza os seus espectáculos en vivo. Acompañados dos seus músicos Fernando Sú á guitarra e Harold das Heras á percusión, realizaron desde 2009 máis de 1000 concertos por todo o país, así como fóra das fronteiras españolas.

O grupo conta con cinco discos editados coas súas propias cancións, nas que colaboran artistas como Jesús Cifuentes (Celtas Curtos), Juan #Luis Cano (Gomaespuma), Loles León, Nacho Guerreiros ou JJ Vaqueiro. Os irmáns Jimenos convidan á poboación do Carballiño a asistir ao concerto do domingo, no que poderán cantar os seus temas favoritos de Sabina, gozar de música de calidade en directo e render homenaxe a un dos cantautores máis importantes de España.

VENDA DE ENTRADAS:

Anticipada: 14,00 € (a través de jimenosband.es o en A Solaina Café Bar) En taquilla: 20,00 €

3, Febreiro 2026

O Concello do Carballiño colabora no curso de monitor de tempo libre, monitor ambiental e manipulador de alimentos organizado pola Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto e Sustinea. A Casa da Cultura da vila acollerá as actividades e formacións prácticas que capacitarán ao alumnado para traballar como monitores.

“Hai un déficit de persoas tituladas nesta área, polo que o curso supón unha ferramenta de formación e inserción laboral para persoas do Carballiño e do resto da provincia”, apuntou esta mañá Diego Fernández, concelleiro de Cultura, durante a presentación da iniciativa. O edil animou á poboación a inscribirse e agradeceu á organización á elección do Carballiño como sede do curso.

A formación está composta por 200 horas, 60 en liña e 140 presenciais, na Casa da Cultura, segundo detallou Sergio Palleiro, director da Escola de Tempo Libre Xogo Descuberto. “Haberá unha actividade final no albergue de Ordelles, no Pereiro de Aguiar”, explicou. A parte presencial levarase a cabo nas fin de semanas do 28 de febreiro ao 5 de abril, con 10 horas formativas diariamente. “O alumnado recibirá a capacitación para a realización de actividades de ocio e tempo libre, desde vodas, bautizos e comunións ata campamentos de verán”, resaltou Palleiro.

Pola súa parte, Paulo Vázquez, presidente de Sustinea, fixo fincapé na falta de monitorado titulado na provincia ourensá. “Vémonos na obriga de importar monitores doutras provincias, polo que esta formación é unha boa oportunidade formativa e laboral”, apuntou.

A inscrición ten un custo de 250 euros e pódese formalizar a través do correo etl.xogo.descuberto@gmail.com ou do formulario da páxina web da Escola. O prazo remata o 22 de febreiro.

2, Febreiro 2026

Parece ser que, tal como nos veñen decindo dende o grupo de goberno bipartido PSOE/PP, moitas rúas se van arranxar despois de que se actúen nas mesmas polas tan famosas acometidas que presuntamente se recollen no contrato (xa adxudicado) do ciclo integral da auga e que os prazos para ditas obras pde irse ata os 5 anos.
Esto podería ser razonable si fose certo. Pero non o é. Máis que nada porque en dito contrato non se contempla actuar sobre moitas de esas rúas que o necesitan. De feito acabo antes citando sobre cales si se van actuar.
Primeiramente, o contrato do ciclo integral da auga contempla un anteproxecto de obras necesarias para poder levar acabo as actuacións de mellora do citado servizo. Este anteproxecto contempla 12 obras que van dende a construcción dun novo deposito de auga ata a conexión do nucleo de Paciños á rede de abastecemento de auga.
Tan só dúas obras contemplan actuacións en rúas da nosa vila.
A primeira vai enmarcada na renovación de redes de abastecemento. En este caso e resumidamente trátase de cambiar uns 28 km de tuberias de fibrocemento en catro zonas: Rúa de Galicia (dende Calvo Sotelo ata a estrada de Cabanelas e tocando nas variantes que fosen precisas), Avenida do Parque (dende Cavo Sotelo ata Avenida do Arenteiro), Rúa de San Cibrán (dende calle Cesareo Tizón ata Señorín) e Rúa Astureses.
Nada máis.
A segunda vai dentro da instalación de novos tramos de redes pluviais e só afecta a Avenida do Balneario en dous tramos. E en este caso só afectaría aos bordes da calzada próximos as beirarrúas co cal non se asfaltaría integramente a calzada tras as obras de canalización.
Dito isto fai falla un plan integral de acodicionamento de moitas rúas. Plan, proxecto e orzamento.

Así que a realidade é esta: o contrato do ciclo integral da auga non vai arranxar o estado penoso das nosas rúas, por moito que nolo queiran vender como verdade.

Xa para rematar, ven todo aquí, por si alguén ten curiosidade.... https://contrataciondelestado.es/FileSystem/servlet/GetDocumentByIdServl...

Un saúdo do voso veciño e tertuliano Manuel Nogueira.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS