A vila de Maside recupera así unha vella tradición, que noutros tempos formaba parte da vida comercial e social masidá, a celebración das feiras, que eran dúas no mes, os dias 9 e 23. O Concello de Maside pretende con esta iniciativa dinamizar o comercio local, e recuperar ademáis o sentido social da feira como punto de encontro e interrelación entre a veciñanza das distintas parroquias masidás e mesmo doutros concellos limítrofes. Asi, desde este 9 de abril, todos os dias 9 de cada mes, Maside recuperará o ambiente de feira, coa colaboración dos vendedores ambulantes, que nun número superior ós 30 xa confirmaron a súa asistencia, intalando os seus postos no entorno da Alameda, en horario de mañá. Ademáis, as casas de comida e restaurantes de Maside ofrecerán cada dia 9 un menú tradicional de feira, a base de richada e carne ó caldeiro. E tampouco faltarán a cita as polbeiras de Arcos.