Unha exposición sobre "O camiño de Santiago no cine español" entre as novidades na programación das Xociviga 2010

Data: 
28/7/2010

Esta mañá Asunción Rivero, concelleira de cultura, e Carlos Montes, alcalde de O Carballiño, presentaban na Casa do Concello o cartel da vixésimo sétima edición das xornadas de vídeo e cine de Galicia que se celebrarán durante os días 2 e 6 de agosto. A principal novidade das Xociviga 2010 veñen a cargo de tres exposicións: "Xociviga 25 anos", unha exposición fotográfica titulada "Camiño, Foto e Palabra" de Juan Rúa e a máis importante de todas por ser unica en Galicia "O Camiño de Santiago no cine español".

A Concelleira de Facenda asegura que ó Concello do Carballiño non chegou resolución algunha solicitando a devolución do investimento feito nas obras da canceira

Data: 
27/7/2010
A dia de hoxe, aínda non chegou ó Concello do Carballiño resolución algunha solicitando a devolución dos 250.000 mil euros investidos no proxecto de construcción da canceira municipal da Medela, asi o asegurou esta mañá a Concelleira de Facenda do Carballiño, Inmaculada Ucha, saíndo ó paso da información facilitada desde o Partido Popular, que advertía desta decisión da administracción autonómica, esixindo ó Concello a devolución da citada cantidade de diñeiro, debido a defectos de forma na tramitación da achega económica recibida no seu dia por parte da Consellería de Medio Ambiente da Xunta

A Consellería de Facenda detecta graves irregularidades na construcción da canceira e pídelle ó Concello a devolución de 250.000 euros

Data: 
23/7/2010

(Redacción. Rocio Campos) A Consellería de Facenda da Xunta de Galicia reclama ó Concello do Carballiño a cantidade de 250.000 euros, motivada por unha mala xestión  feita dunha subvención utilizada no seu día para a construcción da canceira do Carballiño, sendo Pachi Vazquez Conselleiro de medio-ambiente, entre as irregularidades detectadas están certificacións mal emitidas e pagos sen xustificar. Cabe recordar que María José Pérez, concelleira de Medio Ambiente naquela época, nunca se manifestou sobre as xestións feitas durante a obra de construcción da canceira. Un asunto que resulta de moita gravidade, xa que evidencia o que se viña denunciando denda fai uns meses na propia canceira cando apareceron un elevado número de cans mortos nunha fosa.

Avión celebra a súa VI Festa Mexicana en "A Mañá de Cope"

en
Data: 
23/7/2010
O Alcade de Avión, no programa, con Rocio Campos

"A Mañá de Cope" desprazouse ata o concello de Avión para disfrutar en vivo da celebración da súa VI Festa Mexicana na cal tivemos ocasión de falar co seu alcalde, Antonio Montero e Isabel Gabián, organizadora do festexo para coñecer da súa man a historia deste pobo. Isabel Gabián achegouse ós micrófonos do programa para explicarnos en que consiste a citada celebración. A Festa Mexicana iniciouse no ano 1995 como homenaxe a todos os emigrantes no pais azteca e debido o seu gran éxito xa vai pola súa VI edición. O programa para este ano comezará as 20:30 horas con actividades para os máis cativos como xogos de piñatas, hinchables e touros mecánicos. A partir das 21.00 horas, tódolos asistentes poderán degustar da "tardeada mexicana" acompañado das típicas bebidas mexicanas, da cal Isabel nos aconsellaba os "tacos ó pastor" feitos á forma tradicional no trompo. Os restaurantes encargados de colaborar son O Rincón Azteca de O Carballiño, Chilam-Balam de Vigo e O Mesón Mejicano de Tourón.  Para rematar a xornada festiva, a verbena estará amenizada polos grupos de mariachis Garibaldi e Zones Mexico.

A parroquia de Santa Uxía de Lobás dedica a romaría da Madanela á Teoloxía da Liberación

Data: 
21/7/2010

(Redacción. Rocío Campos) Hoxe comezan as festas na honra a Santa María Madanela na parroquia de Santa Uxía de Lobás. O seu párroco, Emilio Vieitez, anunciaba en "A Mañá de Cope" a dedicación das festas á "Teoloxía da Liberación". Esta teoloxía pretende liberarnos da inxustiza, a opresión e a esclavitude, e cambiar o que diría Hobbes "o home é un lobo para o home" por que "o home sexa unha oportunidade para outro home" e desta maneira, a solidaridade e o respeto se convertan nos principais valores.

O Mosteiro de Oseira acolleu a presentación da Festa do Polbo

Data: 
19/7/2010
Presentación en Oseira

A monumental biblioteca do Mosteiro de Santa María A Real de Oseira convertíuse hoxe no excepcional escenario para a presentación oficial da Festa do Polbo, dedicada este ano ó Mosteiro Cisterciense, ó que según a tradición oral se lle debe a introdución e popularización do polbo na nosa Comarca. Tanto o Alcalde do Carballiño Carlos Montes, como o actúal Abade de Oseira, Juan Javier Martín, incidiron precisamente nas súas respectivas intervencións, neste aspécto histórico, que atribuie ós monxes de Oseira a chegada do polbo a estas terras do interior de Galicia nos tempos nos que "as xentes do mar pagaban os seus tributos ós monxes de Oseira, cándo os dominios do mosteiro chegaban atá o mar de Pontevedra, e desde alí os aparceiros pagaban os seus tributos ó mosteiro en polbo seco", e asi sería coma os monxes propiciaron a tradición polbeira entre os labregos que traballaban nas granxas que o mosteiro tiña repartidas pola comarca adiante.

O alcalde de San Amaro anuncia en "A Mañá de Cope" a próxima apertura do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de Galicia

Data: 
16/7/2010
Alcalde de San Amaro

(Redacción. Rocío Campos) "A Mañá de Cope" desprazouse ata o concello de San Amaro para celebrar a festividade do Carme cos seus veciños. Despois do día festivo de San Mauro a vila segue coas celebracións do Carme e da Festa da Cabra no pobo de Anllo o vindeiro domingo 18 de xullo. Por el pasaron numerosos invitados que mostraron a realidade do concello e das diversas actividades que teñen e que van ter lugar nos meses estivais e os proxectos que están pendentes. Elena, integrante da comisión de festas de San Amaro, manifestouse moi contenta co traballo realizado aínda que estar detrás dunha comisión conleva un gran esforzo, por eso agradecía a colaboración de tódolos veciños. Elena presentábanos o cartel das festas que comezaron o xoves día 15 coa festividade de San Mauro e cunha verbena a cargo das orquestras Monumental e Nafta e que continuaban hoxe coa festividade do Carme e cunha verbena a cargo dun dúo e da orquestra Copacabana. Pero por se fora pouco, a festa rematará o sábado cunha gran sardiñada para todos. Tamén nos explicaba que o San Mauro non so se celebra no verán, senón tamén durante o inverno no mes de xaneiro. 

A ora chegará ás rúas do Carballiño no mes de outubro

Data: 
14/7/2010
Barge

(Redacción. Rocio Campos) Os continuos problemas de circulación e aparcamento no Carballiño foron as causas que levaron a José Antonio Barge Gil, concelleiro de tráfico, a poñer en marcha o novo regulamento da ora para o estacionamento de vehículos. A nova medida entrará en vigor a mediados de outubro debido ó longo proceso administrativo, aínda que so falta concretar a decisión do grupo de goberno no próximo pleno que celebre a corporación municipal, polo que respecta ás rúas nas que se vai implantar.

A Xunta de Portavoces acorda abrir expediente para distinguir a "Paul" có titulo de "Amigo Predilecto do Carballiño"

Data: 
12/7/2010
Presentación do Cartel da festa do Polbo
Os Portavoces dos tres grupos políticos con representación na Corporación Municipal do Carballiño, PSOE, BNG e PP, reunidos esta mañá, acordaron "que por parte do Concello se tramite o expediente para distinguuir a "Paul" có título de Amigo Predilecto do Carballiño, xa que esta consideración é unha forma de agradecer a repercusión internacional que tivo a nosa vila". O famoso celalópodo do acuario alemán que prediciu os éxitos de España na Copa de Mundo de Fútbol é elevado á categoria de personalidade pola Xunta de Portavoces do Concello Carballiñés, e asi se recolle na acta da reunión na que se espeficica que "se faculta ó Alcalde para que leve a cabo as xestións oportunas a fin de conseguir que unha comitiva da localidade xermana que acolle a Paul poida visitar a nosa vila en tan sinalada data e na maneira do posible traer consigo a tan afamada personalidade".

A Garda Civil detén a un veciño do Carballiño de 85 anos condenado por unha tentativa de homicidio

Data: 
12/7/2010

A unidade de Policía Xudicial da Garda Civil detivo esta fin de semana a un veciño do Carballiño, de 85 anos de idade para dar cumprimento a unha orden de búsqueda, detención e ingreso en prisión dictada pola Audiencia Provincial. J.L.N  foi condenado por unha tentativa de homicidio. Os feitos polos que foi xulgado e condenado remontanse ó ano 2005.

Distribuir contido