
O Concello do Carballiño pecha este xoves dia 18 de setembro as portas da oficina turística despois dun verán de récord de visitantes. Polas instalacións municipais, ubicadas no centro da vila, pasaron máis de 1.300 persoas durante os meses de xullo e agosto, o que dá conta do atractivo do patrimonio cultural, natural e gastronómico do municipio.
O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, amosa a súa satisfacción polas cifras, que superan o milleiro de visitantes rexistrado no verán de 2024. “Estamos moi satisfeitos de como foi a campaña estival e queremos seguir mellorando e dando a coñecer as xoias que temos no Carballiño”, apunta.
A maioría dos turistas chegaron desde diferentes puntos de España, principalmente Galicia, Madrid (o 20% do total de visitantes), Andalucía e Cataluña. No referente ao turismo internacional, México, Portugal e Francia foron os principais países, seguidos de Alemaña e Arxentina.
No referente ao perfil dos visitantes, as persoas de máis de 50 anos representaron case a metade do público (48% do total), o que reflicte a relevancia cada vez maior do turismo sénior, seguidas do tramo de idade de entre 30 e 50 anos. O groso de visitantes estivo composto por grupos familiares.
Por tipo de aloxamento, a maioría de visitantes pernoctaron no termo municipal do Carballiño, ficando a maior parte nos establecementos hoteleiros do Carballiño, e na Residencia de Tempo Libre situada no Parque Municipal, así como nas casas rurais dispoñibles na comarca. Do mesmo xeito, sen ser a maioría, foron múltiples as persoas que se achegaron a pasar o día no Carballiño.
Este xoves a oficina pecha as súas portas, pero as persoas que cheguen ao Carballiño poderán solicitar información turística e cultural nas dependencias municipais.
Pola súa parte, o Museo do Muíño do Anxo, situado no parque etnográfico do río Arenteiro, tamén contou cunha gran afluencia de visitantes durante os meses de verán. Preto de 800 persoas percorreron as instalacións do equipamento para coñecer os segredos da vida dos muiñeiros. De novo, a maioría dos turistas chegaron desde outras partes de Galicia e desde Madrid.
Prácticas do programa integrado de emprego
Este verán, a oficina de turismo do Carballiño formou parte das prácticas do programa integrado de emprego do Concello de San Amaro. Durante os meses de verán, cinco alumnos e alumnas (dous deles, usuarios de Aspadisi) realizaron as súas prácticas e finalizaron a súa formación no espazo municipal. A experiencia foi “moi enriquecedora” e permitiulles poñer en práctica os coñecementos adquiridos previamente, gañar seguridade, adquirir máis habilidades sociais e prepararse para a futura búsqueda de emprego, tal e como detalla a coordinadora do programa, Mari Carmen Limia.

Minutos despóis das once da mañá saía do Templo da Veracruz a tradicional procesión do patrón San Cibrán, co acompañamento musical da Banda de Música de Boborás. Trala imaxe do patrón, unha ampla representación dos párrocos do Arciprestazgo do Carballiño.
O bo tempo, totalmente de verán -hoxe agardamos temperaturas máxinas de 31 graos- está favorecendo o ambiente festivo nestas Festas do Setembro 2025, e a afluencia de público ás actividades programadas.
Hoxe é dia non laborable, festivo local no municipio do Carballiño, e no programa festivo tamén figura a animación musical da charanga Castro Bello polas rúas e prazas da vila, ás 13:15 h. a Banda de Música de Boborás ofrece un concerto na Praza da Veracruz, ás 18:0o h. na Praza Maior preséntase o espectáculo musical da Escola de Musica Pulpo Bests, e desde as 19:30 h. tardeo -tamén na Praza Maior- coa orquestra de baile Galilea, que tamén amenizará a verbena.

O concello do Carballiño comunicou que as clases do Conservatorio Muncipal de Música e a Escola de Música comezarán o curso nas aulas do IES nº 1, xa que as medicións realizadas nas dependencias do soto do auditorio aínda ofrecen niveis non recomendados de gas radón, alomenos en dous espazos.
En principio, e unha vez executadas obras de adecuación par resolver esta problemática, estaba previsto que a actividade regresara este curso ao auditorio, pero “non se fará ata que a seguridade sexa total de que os índices de gas radón son os asumibles segundo a normativa”.
Escoita aquí a comparecencia ante os medios da Concelleira de Educación, Lorena Castro; o Alcalde en Funcións Pepe Castro Gil, e o arquitecto Carlos Garriga, ao que se encargo o proxecto técnico.

A Xunta reanuda este luns 15 de setembro os traballos de mellora do firme na autovía AG-53, no treito entre o enlace de Cea e a A-52, que farán necesarias afeccións ao tráfico.
As actuacións previstas completarán os traballos executados previamente, de xeito que se disporá unha nova capa de rodaxe na calzada que quedaba pendente e tamén se renovará o firme nos ramais.
Para levar a cabo estas tarefas serán precisas unha serie de afeccións á circulación, pois entre as 8 horas do luns e o mediodía do martes estará cortado o ramal entre a AG-53 e a A-52.
Para incorporarse á A-52 en dirección Ourense, o tráfico sairá pola glorieta da OU-402 e reincorporarse a través do ramal de acceso desde esa glorieta á A-52.
Dende o mediodía do martes 16 ás 17 horas do mércores 17 estará cortado o ramal entre a A-52 e a AG-53. Para incorporarse á AG-53 desde a A-52, o tráfico irá á glorieta da OU-402 e accederá á AG-53 polo ramal de acceso desde esa glorieta.
Entre as 8 e as 17 horas do xoves 18 estará cortado o acceso á AG-53 desde a OU-402. Os vehículos deberán circular pola A-52 en dirección Vigo para ir pola N-541 ata Maside, onde poderán incorporarse á AG-53.
Na mañá do venres estará cortada a saída da AG-53 cara á OU-402, afectando ao carril dereito desde o viaduto do Miño. A alternativa será circular pola A-52 en dirección Ourense e facer un cambio de sentido no seguinte enlace.
Os portavoces socialistas dos concellos que conforman a Mancomunidade do Ribeiro queremos denunciar a situación de opacidade e hermetismo que se mantén neste ente supramunicipal.
A día de hoxe, a Mancomunidade está integrada unicamente polos alcaldes e concelleiros do PP que gobernan os nosos concellos, sen que exista ningún mecanismo de participación nin representación para os grupos da oposición. Isto tradúcese en que unha institución que manexa recursos públicos e proxectos de interese común para toda a comarca funciona de costas a unha parte importante da cidadanía que tamén está representada democraticamente nos plenos municipais.
Un exemplo claro deste hermetismo son os obradoiros de emprego: programas que deberían servir para ofrecer formación e oportunidades laborais reais á veciñanza, pero que se converten en ferramentas de propaganda, xestionadas sen criterios de transparencia nin participación plural.
Presentados como iniciativas colectivas, en realidade responden a unha lóxica partidista que pouco ten que ver coa igualdade de oportunidades. Cómpre preguntarse cantas das persoas participantes nos obradoiros da Mancomunidade foron escollidas con criterios obxectivos e transparentes, e cantas pola súa afinidade política.
Desde o PSOE reclamamos:
- Que a Mancomunidade do Ribeiro se abra á participación de todos os grupos políticos, garantindo representación das oposicións municipais. - Que se establezan mecanismos claros de transparencia, control e fiscalización de todos os recursos públicos que xestiona.
- Que se poña fin ao uso partidista dun ente que debería estar ao servizo do conxunto da cidadanía do Ribeiro.
A comarca merece un modelo de gobernanza baseado na pluralidade, a democracia e a transparencia, e non unha ferramenta controlada en exclusiva por un só partido
Muy poco civismo de la gente que pasea con sus mascotas por la zona de arcos, todos los días salir a la puerta y encontrársela así, no creo que les gustara que lo fueran hacer a la suya.
Hay que saber convivir….
A lectura do convenio asinado o pasado marzo polo alcalde do Carballiño coas empresas que pretenden construir unha liña de alta tensión que atravesa o noso concello produce indignación e vergoña.
Non é de estranar que o PPSOE o mantivera oculto baixo sete candados e fixera todo o posible para que os cidadáns non tiveran coñecemento do mesmo.
O Concello compremeteuse a cumprir unha clausula de confidencialidade que implica manter un silencio cómplice con respecto ao levantamento desta infraestrutura.
Este ó literal de dita clausula, octava do convenio:
“El Ayuntamiento se compromete a mantener en secreto la información técnica de cualquier clase proporcionada o relacionada con las Sociedades (as 5 empresas promotoras) que le fuera comunicada o adquirida en cualquier forma durante el desarrollo de su colaboración. Esta obligación se mantendrá durante la vigencia de este convenio, así como después de su terminación durante 5 años adicionales, con las limitaciones que establezcan las leyes aplicables.
El Ayuntamiento, sus empleados y/o colaboradores están obligados a guardar estricto secreto y a no hacer público, divulgar o comunicar, de forma directa o indirecta a cualquier otra persona o entidad cualquier información confidencial propiedad o de uso interno de las Sociedades, de sus clientes o de sus proveedores (técnica o de cualquier naturaleza), relativa a los trabajos, actividades, o a cualquier tipo de informació n a que haya tenido acceso a través de cualquier medio”
É inmoral e mezquino que un goberno municipal poida asinar un acordo para manter oculto aos veciños os proxectos dunha serie de empresas que se pretenden lucrar invadino o noso territorio e poñendo en perigo a nosa saúde e a nosa terra.
Grupo municipal de Espazo Común. Concello do Carballiño.

O Carballiño comeza hoxe as festas patronais de San Cibrán, as popularmente chamadas en toda a comarca "as festas do setembro".
Desde hoxe venres dia 12 e ata o venres 19, a veciñanza e visitantes desfrutarán de concertos, exposicións, actividades infantís ou actos relixiosos, unha completa programación deseñada para pequenos e maiores. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, convida á poboación a achegarse ao Carballiño durante esta semana para divertirse, confraternizar e despedir o verán.
Os festexos comezan pola tarde coa última cita deste 2025 do ciclo musical “Feito no Carballiño”, que arrancou o pasado mes de xullo e no que participaron diversas bandas locais ao longo do verán. Mañá participarán os grupos Five Pipers, Susie Q’s e Kambotes, que subirán ao escenario da Praza Maior a partir das 20,00 horas.
O acendido da iluminación festiva polas rúas do Carballiño e a Festa da Xuventude completan a programación da primeira xornada. A Festa da Xuventude terá lugar na rúa Faustino Santalices a partir das 00,00 horas. Os asistentes poderán gozar de versións de cancións indies coa banda Malenne para rematar bailando os éxitos musicais actuais con DJ Valeiras.
Concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Os festexos continúan a fin de semana con máis oferta musical e lúdica. O sábado, os máis pequenos poderán desfrutar da Festa Infantil de Olimpíadas coa animación musical de DJ Tibu na praza Emilia Pardo Bazán a partir das 17,00 horas. A charanga CLK ambientará as rúas da vila, que pola noite recibe a Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. O concerto, ás 23,00 horas na Praza Maior, incluirá a presentación do último álbum, “Axúdame a sentir”, así como temas dos traballos anteriores. Festicultores Troupe e o espectáculo piromusical na praza da Veracruz completan a programación do sábado.
Xa o domingo, actuará a Banda de Música A Lira de Ribadavia: a mediodía na Veracruz, e pola tarde na praza Juan Corral Paxariño. A charanga Dr. Anchoa animará as rúas e pola noite será a quenda da Orquestra Florida, que actuará na Praza Maior ás 20,30 horas e ás 23,00 horas.
Nova ubicación das barracas
Debido ás obras de posta en valor do entorno da Veracruz, que inclúen a nova iluminación da praza e do templo e a recuperación agora do empedrado, o goberno local decidiu mudar a ubicación habitual das barracas de maiores. En lugar de situarse na Veracruz, trasládanse ás rúas Ben-Cho-Sei e Celso Emilio Ferreiro.

O salón de actos do Concello de San Cristovo de Cea acolleu a sinatura do convenio de colaboración coa Consellería de Sanidade para a renovación do sistema de fontanería do Centro de Saude de Cea, que presentaba un avanzado estado de deterioro.
O Conselleiro, Antonio Gómez Caamaño e o alcalde, José Luis Valladares Fernández, asinaron este documento que supón unha inversión de preto de 14.000 para mellorar o sistema coa finalidade de asegurar unha subministración de auga axeitada, evitando posibles avarías ou fugas.
As obras consistirán na substitución de xeito completo da rede de tubaxes da planta baixa. Ademais, instalarase un sistema de retorno da auga quente sanitaria e do termóstato, co que se mellorará a eficiencia enerxética e se garantirá un maior confort para os usuarios e traballadores do Centro de Saúde de San Cristovo de Cea
Xa hai tempo que o muro de contención da Ben Cho Sei está cedendo. Vese ben na rúa que está partida pola metade e cedeu bastantes centimetros. E non se lle ocorre outra cousa que por unha atracción pesada nesa zona. Non hai forma de aprender, buscámolas pola man. Deus queira que non pase nada, porque se agardamos que os técnicos responsables fagan ben o seu traballo imos apañados.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »