
A Fundación Insua dos Poetas celebrará o vindeiro martes, día 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía a través dun programa de actividades no que terán especial protagonismo os escolares da comarcas do Carballiño.
A xornada cultural, que terá lugar a partir das 10,30 horas no parque temático cultural situado na Esgueva (Madarnás, O Carballiño), conta co patrocinio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello do Carballiño.
O alumnado participante recitará poemas de Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, figuras centrais da poesía galega que quedarán inmortalizadas en catro novos murais que se irán estreando durante o transcurso da actividade. Estas pezas, expostas na Galería da Literatura Galega, son obra dos artistas Yoseba MP, Raquel Germade, Novenoel e Delio RC.
As distintas actividades contarán este ano coa participación dos centros de ensino públicos e privados da comarca. Todos eles recibirán lotes de libros como agasallo.
Iniciativa da Unesco celebrada na Insua dos Poetas dende 2012
O Día Mundial da Poesía é unha iniciativa da Unesco, impulsada en 1999, que se comezou a celebrar en todo o mundo a partir do 2000. Dende 2012, a Fundación Insua dos Poetas celebra na Insua dos Poetas cada 21 de marzo esta data, sempre co protagonismo do alumnado da comarca.

A vila termal da Arnoia acolle esta fin de semana o "XVI Encontro de Vilas Termais", na xornada inaugural participaron o alcalde de Leiro Francisco Fernández e o concelleiro carballiñés de promoción económica, industria e turismo Manolo Dacal.
Na asemblea desta segunda xornada participaron, entre outros, o alcalde de Cuntis e presidente desta sección da FEMP, Manuel Campos; o alcalde de Arnoia e vicepresidente primeiro da mencionada sección, Rodrigo Aparicio; a alcaldesa de Alange e vicepresidenta segunda de Vilas Termais, Julia Gutiérrez; a alcaldesa de Boborás e deputada, Patricia Torres; o alcalde de Carballiño, Francisco Fumega; a alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo; ou o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez.
O programa da xornada de hoxe inclúe a presentación dun proxecto da FEMP que se enmarca no plan "Experiencias Turismo España", dentro do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia; unha presentación sobre a historia da EHTTA; o 150 aniversario da vila termal de Mondariz; ou a presentación de Termatalia 2023, ademais das visitas a Arnoia e Ribadavia.

Pachi Vázquez presentouse ante os seus incondicionais,e non so do Carballiño senón tamén chegados doutros concellos da comarca e mesmo doutras localidades galegas, cun "cheo ata a bandeira" destacan desde Espazo Común, no que foi o acto organizado para iniciar a súa campaña preelectoral coas vistas postas no 28 de Maio e coa idea de ser de novo alcalde do Carballiño, cargo que xa obstentou durante 10 anos, entre 1995 e 2005.
Na previa á intervención do candidato á alcaldia, tomou a palabra Adolfo Nogueira, para expresar a súa convicción de que "Espazo Común é xa a referencia da política no Carballiño, despois de catro anos de intenso traballo. Estando en cada recuncho onde foron requeridos pola veciñanza, presentando propostas en tódolos plenos e fiscalizando o desastre do actual goberno para denunciar os moitos erros que foron deixando, cal regueiro, polo camiño".
Pachi Vázquez abríu a súa intervención manifestando “estar con gañas e ilusión para devolverlle a O Carballiño todo o que lle debo traballando para construirlle un futuro”.
Asemade esbozou certas accións que serán as primeiras "no caso de ter, despois do 28 de maio, a responsabilidade de gobernar Medidas para resolver o conflito do Asilo, sobre o Centro de Saúde, sobre o pendello intermodal, melloras ambiciosas no sistema de conciliación e algunhas máis que irá desgranando nas vindeiras semanas".
Vázquez puxo en valor o equipo humano de Espazo Común "o mellor equipo de homes e mulleres e temos gañas. Cando quixeron pechar un colexio, alí estabamos nós. Cando comezou o conflito no Asilo, alí estabamos nós. E así en tódolos temas importantes deste pobo. A xente xa sabe quen traballa e quen só fai fotos”.
Asegurou que "xa falan de pactos e de acordos, o noso único acordo é cos veciños e veciñas deste pobo. Nós imos a gañar e, pese a quen pese, imos estar no vindeiro goberno municipal” dixo Vázquez que foi ovacionado en varias ocasións polos asistentes.
Nunha desas campañas rimbombantes de engañabobos o concello agasállanos cunha "institución pública" dependente do Goberno de España, que dende 1947 (gobernos de Franco) traballa para potenciar o comercio internacional e o desenvolvemento económico. Outro chiringuito.
Din que teñen un patrimonio de 25 millóns de euros, que participan en moitas empresas, a través da súa sociedade de capital-risco Vigo-Activo.
Pero non aclaran nada sobre as ferramentas que poden aportar para o Carballiño. Nin as liñas de financiamento nin nada de nada. E chamándose a sociedade de capital risco, Vigo activo, dubido moito que empreguen os recursos no Carballiño activo.
Benvidos sean os recursos para O Carballiño veñan de onde veñan, como se veñen do Tito Berni. Pero se non aclaran que tipo de prestancións pode achegar esta institución soa todo a bombo electoralista.

os empresarios do Carballiño coñeceron hoxe de primeira man as posibilidades que ofrece o Consorcio da Zona Franca de Vigo para as súas empresas, en apoio á identificación de chan empresarial, proxectos, financiamento ou programas de aceleración e internacionalización. O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, mantivo un encontro con empresarios do municipio, na casa do concello do Carballiño, acompañado polo alcalde, Francisco Fumega.
David Regades destacou que “os instrumentos da Zona Franca están ao servizo das empresas para crear emprego” ademais de subliñar que “esta reunión é un exemplo de que poden pedirnos este tipo de encontros para coñecer que ferramentas pode ofrecer o Consorcio. Ferramentas que van desde a identificación de chan empresarial, o apoio do capital risco, coa sociedade Vigo Activo, ata os programas de aceleración de proxectos empresariais e internacionalización”, destacou.
O alcalde, Francisco Fumega, asegurou que “se trata dunha iniciativa que permite reforzar o tecido empresarial do concello e afianzar as posibilidades de afianzamento e expansión do mesmo, a través duns mecanismos que xa están a dar os seus froitos noutros municipios galegos”.
No Carballiño reuníronse representantes de empresas de diferentes sectores do municipio, que se interesaron especialmente polas ferramentas de financiamento do Consorcio, o acceso a apoios para a internacionalización ou as características do chan franco.
Asistiron tamén, ademais do alcalde, outros membros do goberno municipal como o concelleiro de promoción económica e técnicos deste departamento.
Previamente, David Regades mantivo un encontro co goberno local no que coñeceu os seus plans para a ampliación de chan empresarial e acordouse avanzar nun acordo para que Zona Franca poida dar apoio técnico ao Concello ourensán.
Na actualidade o chan empresarial do concello atópase practicamente esgotado, estando en espera da posta en marcha dunha nova fase de ampliación do parque empresarial existente, incluído nas novas áreas empresariais de Galicia e cunha superficie de 1.500.000 metros cadrados que se estenderán polos concellos do Carballiño e Maside
Zona Franca de Vigo é unha institución pública dependente do Goberno de España, que desde 1947 traballa para potenciar o comercio internacional e o desenvolvemento económico. Administra unha zona franca con todas as vantaxes para Import/Export, é o principal promotor de infraestruturas empresariais, promove a innovación e o emprendemento e xestiona un volume de activos 520 millóns de euros. Os seus seis parques empresariais (Balaídos, Bouzas e PTL en Vigo, A Granxa en Porriño, Porto do Molle en Nigrán e Plisan en Salvaterra-As Neves) contan con 8 millóns de metros cadrados. Alí están asentadas 705 empresas que empregan a máis de 20.000 persoas.
Vigo Activo é unha sociedade de capital risco e brazo investidor de Zona Franca de Vigo. Conta cun patrimonio de 25 millóns de euros e participa en máis de 70 compañías.

Todo a punto, incluidas as condicións meteoroóxicaas que melloran a paritr deste venres, para a celebración da XX edición da Feira do Stock de Carballiño CCA, que se levará a cabo esta fin de semana , 10, 11 e 12 de marzo na Praza Maior.
O comercio local sae a rúa para incentivar as ventas e animar a todos os veciños da comarca e visitantes a mercar artigos de tempada con grandes descontos e a prezos de liquidación.
A apertura de portas levarase a cabo o venres 10 ás 17:00h e pechará ás 21:00h. Continuará sábado 11 e domingo 12 en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:30 a 21:00.
Para animar tamén aos máis pequechos da casa, haberá animación infantil a cargo da empresa da vila, Tempo Libre Máxico, na que se realizarán diferentes talleres, o sábado e domingo pola tarde.
O Carballiño CCA organiza o evento coa cofinanciación da Xunta de Galicia - Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación. e a colaboración do Concello de O Carballiño.
Os concellos da comarca celebraron actos institucionais con motivo do Dia da Muller, en algunhos casos as actividades conmemorativas aínda continuarán no resto da semana, como será o caso do Carballiño, Piñor ou Avión, que organizan diversos actos para a fin de semana.

Asi o anunciou o alcalde do Carballiño no transcurso da súa intervención no acto institucional organizado polo concello este 8 de Marzo con motivo do Dia Internacional da Muller.
Asi, desta maneira, Fumega anunciou que o rueiro carballiñés engadirá máis nomes de muller ás que xa presenta na actualidade, como Rosalía de Castro, Margarita Taboada, Ana Maria Mogas, Aldara ou Amalia Fernández Mosquera.
Neste mesmo acto institucional celebrado este mediodia no concello do Carballiño, a concelleira de igualdade Guadalupe Sobrado procedeu á lectura dun manifesto, un acto ao que asistíu unha representación do alumnado dos centros educativos carballiñeses, asi como de diversos colectivos e asociacións de mulleres.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e os concelleiros de Medio Ambiente e Seguridade, Rita Soto e Manuel Sotelo respectivamente, visitaron o primeiro emprazamento do punto limpo móbil xunto ca representante da Asociación de Veciños de Arcos, Alsira Fernández. A intención é facilitar, in situ, o depósito dos residuos ós veciños e fomentar ó mesmo tempo a reciclaxe. Desta maneira as poboacións máis afastadas do centro poderán contar cun método de recollida selectiva, evitarase o risco medioambiental ó eliminar os vertedeiros incontrolados de residuos domésticos perigosos e permitirá un maior coñecemento da reciclaxe por parte de usuarios e administración.
O punto limpo móbil conta con oito compartimentos para a recollida selectiva dos seguintes residuos: pequenos electrodomésticos; papel e cartón; aceites usados ( aceite doméstico usado e embotellado); lámpadas e fluorescentes; envases de vidro; pilas e baterías; roupa e calzado; envases de plástico, latas e bricks.
O camión grúa levará cada luns o depósito a un novo espazo do concello. Na actualidade o goberno local xa ten planificados os lugares para os próximos 3 meses. Logo de Arcos, o punto limpo móbil estará, por esta orde, en Pol, Costoia,Trigás, Catro Camiños, Veiga, Esgueva, Mudelos, Longoseiros, Mesego, Miomás, Partovia e Señorín.
Esta iniciatitiva do Concello do Carballiño en colaboración ca Xunta de Galicia está enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado a través da Unión europea- Next Generation EU.
A través desta sección de denuncias moitos copenautas deron a coñecer as malas prácticas da hostalería carballiñesa con respecto ás terrazas. Dende fai uns meses vimos asistindo a un novo abuso por parte de certa e coñecida cafetería ubicada na rúa Principal, a cal deixa a súa terraza colocada as 24 horas do día. Explícome: esta cafetería cando pecha polas noites non recolle a súa terraza quedando esta posta toda a noite ata o día seguinte. Non sei que din as ordenanzas municipais que regulan as terrazas do Carballiño, pero supoño que obligaran a recollelas cando establecementos hosteleiros pechen como é preceptivo. Esta non é primeira vez que isto sucede, pois fai bastantes anos atrás o día da Festa do Pulpo outra cafetería, xa desparecida, situada uns metros más abaixo tampouco recollía a súa terraza permanecendo toda noite sen recoller e co seu responsable sentado nela vixiando que ninguén lle fixera nada á súa terraza.
¿Ata cando teremos que aturar os abusos da hostaleria carballiñesa con respecto as terrazas? Espero que nova corporación municipal que saía das furnas nas vindeiras eleccións poña remedio e fin aos excesos da hostalería da nosa vila.
A crise que provocou o Covid 19 deixou moi tocada á hostalería. Dende o concello falouse de solidaridade cos hostaleiros e esta solidaridade dende o concello do Carballiño se materializou en pechar os ollos e facer a vista gorda aos atropelos aos que nos ten afeitos a hostalería da nosa vila e así estamos: inclumprimento de horarios de peche, poñer música a todo volume, abusos varios coas terrazas e agora algúns se negan a recoller as terrazas. Isto xa vai camiño de converterse na casa de "Tócame Roque".
Señores do concello a solidaridade coa hostalería do noso pobo non consiste en mirar para outro lado e consentir que certos hosteleiros se extralimiten e fagan o que lles dá a real gana. As ordeanzas e regulacións sobre a hostelería están para facerse cumprir e non para facer caso omiso delas amprándose na solidaridade. Esta se demostra acudindo aos establecementos a consumir e non en pechar os ollos e permitir tódolos abusos habidos e por haber. A pandemia foi unha oportunidade para meter en cintura a hostalería do Carballiño facendo que cumprisen a legalidade vixente, pero esta deixouse pasar como si tal cousa. En fin que se vai esperar ao fin e o cabo isto non é O Carballiño isto é Carballiñistán onde certos hostaleiros fan o que lles peta e se pasan as ordeanzas municpais e as normativa vixente polo arco do triunfo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- 157
- …
- seguinte ›
- última »