7, Marzo 2023

A pregunta é ¿a dónde van parar todas a gran cantidade de tapas de sumidoiros e do alcantarillado que están a desaparecer nas ultimas semanas no Carballiño?

7, Marzo 2023

O XVI Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso ofrecerá do 5 ao 14 de maio cinco concertos de conxuntos vocais e instrumentais procedentes de Portugal, Reino Unido e Galicia, coa participación do pianista ourensán Fabio Álvarez e a estrea como escenario do mosteiro de Santa María de Oseira, que acollerá a última das interpretacións programadas. O festival foi presentado no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; e o director do certame, Juan Enrique Miguéns.

Rosendo Fernández cualificou o festival como “unha porta sempre aberta á música culta e de calidade, coa aposta firme da Deputación de Ourense”. Una cita musical, afirmou, “xa consolidada polo respaldo do entendido público ourensán e de cantos nos visitan, ademais de destacar pola contribución á posta en valor de emblemáticos inmobles de gran beleza arquitectónica na provincia, coa estrea este ano por primeira vez do pequeno Escorial galego: o mosteiro de Santa María de Oseira”. Fernández expresou os seus parabéns aos organizadores, a Asociación Pórtico do Paraíso, “que sempre demostra unha gran profesionalidade para alcanzar o éxito, como estou seguro será tamén na presente edición”.

Jacobo Sutil tamén felicitou á organización “por esta magnífica programación”, resaltando a capacidade de xestión demostrada “para reunir tantos intereses, non só desde o ámbito público co patrocinio da Deputación e a colaboración da Xunta de Galicia, ademais do goberno de Portugal, senón tamén a un importante número de empresas e entidades privadas”. Como administración pública, incidiu o director de Agadic, “a nosa obriga é proporcionar todo tipo de cultura á cidadanía e neste caso con un proxecto gourmet, pequeno por número de concertos, pero grande pola súa calidade e a mestura dunha música non habitual coa riqueza patrimonial da provincia”.

Concertos no Liceo, mosteiro de Santo Estevo e Oseira

Juan Enrique Miguéns agradeceu o patrocinio da Deputación de Ourense e a colaboración de Agadic no XVI Festival Pórtico do Paraíso, que ademais volverá incluír cinco concertos na presente edición “grazas á maior implicación do goberno portugués, que vén colaborando con nós por segundo ano consecutivo, e que nos permite contar co cuarteto luso Alcipe”.

O certame, explicou o seu director, comezará o día 5 de maio cun primeiro concerto no Liceo de Ourense a cargo do conxunto vocal e instrumental Americantiga Ensemble (20.30 horas), que repite presenza. Esta vez regresa a Ourense cunha formación diferente e un programa musical para conmemorar o bicentenario da independencia de Brasil.

O segundo concerto será o 7 de maio no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (19.00), a cargo do pianista Fabio Álvarez, músico ourensán de Poboa de Trives que presentará ao público o seu segundo traballo discográfico. Chegados de Lisboa, o Quarteto Alcipe protagonizará a terceira xornada o día 10 na igrexa de Santo Ángel de Ourense (20.30). O Liceo acollerá o cuarto concerto, o 12 de maio (20.30), cun trío inglés de viola, violín e acordeón con obras clásicas no seu repertorio, pero tamén con certa parte de improvisación e de música popular.

O mosteiro de Santa María de Oseira será escenario do último concerto do festival, o domingo 14 de maio (19.00), co cuarteto vocal inglés The Orlando Consort, un dos conxuntos máis importantes de Europa no seu xénero. A súa presenza terá un carácter moi especial, pois logo de 35 anos de carreira o cuarteto vén de anunciar o seu retiro. O concerto de Oseira será o último que ofrezan en Europa.

Toda a información está dispoñible no sitio de internet porticodoparaiso.com

7, Marzo 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu hoxe a constitución do novo pleno do consello regulador da indicación xeográfica protexida (IXP) Pan de Cea, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, este novo pleno quedou conformado por 4 vogalías da candidatura única correspondente a Elaboradores Independentes de Cea. Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez e a vicepresidencia sexa asumida por Juan Luis Calviño Testa. En ambos casos, repiten no cargo.

7, Marzo 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu hoxe a constitución do novo pleno do consello regulador da denominación de orixe (DO) Ribeiro, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, este novo pleno quedou conformado por 3 vogalías, sometidas a eleccións, correspondentes a Unións Agrarias e á Asociación Agraria de Galicia; 2 para a Asociación Agraria de Galicia; outra vogalía para Candidatura Independente de Bodegas; 3 para a Cooperativa Viña Costeira e unha vogalía restante para a Asociación Galega de Vitivinicultura Artesanal. Estas 7 últimas vogalías foron por candidatura única. Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron, por unanimidade, que a presidencia do consello regulador a asuma Juan Manuel Casares Gándara e a vicepresidencia sexa para Concepción Iglesias Pousa. Ambos repiten no cargo.

7, Marzo 2023

O Sr. Alcalde, Francisco Fumega, segue sen dar explicacións sobre a súa temeraria resolución na que habilitaba a execución das obras de cerre dunha finca propiedade do seu entorno familiar  que, de forma ilegal, xa tiña realizadas dende había meses antes de ter presentado da comunicación previa e coas que se apropiaba de terreos de propiedade privada e outros de titularidade municipal na rúa Alberto Vilanova, Señorín, coa agravante de ser sabedor de tal circunstancia e de que non se correspondían coa documentación presentada.

            Mentres que os propietarios afectados presentaban no Concello  a denuncia pola invasión dos seus terreos e dos de propiedade pública, novembro de 2020,  os responsables municipais non só non mostraron interese algún en defender e recuperar o patrimonio municipal subtraído senón, máis ben, obstaculizaron en todo canto puideron a aplicación das resolucións que emitía o propio Concello, ata chegar a paralizar a tramitación do expediente de reposición da legalidade urbanística e deixar caducar o prazo de execución  infrinxindo sistemáticamente toda a normativa legal que regula o seu cumprimento e a imposición das sancións que corresponden á infracción urbanística.

            Ante a insistencia dos denunciantes e a intervención da Valedora do Pobo, ábrese un novo expediente. No mes de novembro de 2022, a secretaria emitiu a proposta de resolución no mesmo sentido que a anterior, que non é outra que a reposición da legalidade e o derribo do cerre. Ata o día de hoxe dita proposta está sen resolver, nin executado o expediente sancionador ditado no mes de agosto dese mesmo ano, nin aberto o expediente da reclamación de Responsabilidade Patrimonial presentada polos afectados hai meses, sendo preciso, novamente, a intervención da Valedora do Pobo para  acceder á información e documentación do novo expediente. Será que o concelleiro delegado para resolver, Manuel Dacal, está agardando a intervención da fiscalía para cumprir e facer cumprir a Lei?

            Por outra parte, e en paralelo ao proceso descrito anteriormente, en resposta á denuncia presentada no Concello polos propietarios afectados, o propietario infractor presenta demanda de deslinde de fincas no xulgado do Carballiño na que, ademais da superficie invadida co cerre dos postes, pretende apropiarse do resto da parcela municipal ata tal punto de negar a titularidade municipal e ignorar ao Concello do Carballiño nesta demanda. E os responsables municipais de brazos caídos.

            En previsión dos danos e prexuízos que lle poidan ser causados en todo este proceso, os propietarios afectados exercitan a acción de evicción contra o Concello do Carballiño, por ser o vendedor orixinario do seu terreo, resultado dun expediente de permuta. Ao requirimento do xulgado ao Concello, os responsables municipais dan o silencio como resposta, negando o alcalde de forma reiterada a existencia da citación xudicial.

            O clamoroso abandono da defensa dos bens públicos en favor dos seus intereses privados e familiares e o escándalo sen precedentes que supón este grave episodio exixe explicacións públicas, nítidas e inmediatas do Alcalde, Francisco Fumega, e do concelleiro responsable da tramitación e execución do expediente de reparación da legalidade urbanística, Manuel Dacal.

6, Marzo 2023

"Por absoluta unanimidade", asi da o coñecer Espazo Común a desiganción de Pachi Vázquez como o seu candidato á alcaldía do Carballiño para os comicios municipais do 28M.

Remarcan que "todos e cada un dos membros da Xuntanza Local do Carballiño estiveron de acordo en que a experiencia dun dos políticos máis importantes da historia deste pobo é imprescindible para reconducir moitas das eivas que foron aparecendo estes últimos anos e que ameazan seriamente o noso futuro".

“Despois de catro anos de intenso traballo dende a oposición, estando en cada recuncho onde un veciño nos requería e facendo dúcias de propostas, Espazo Común está en disposición de presentar un proxecto para O Carballiño cun grupo de homes e mulleres cheos de ilusión e gañas e será unha honra ser o candidato no pobo ao que llo debo todo” afirmou Vázquez.

Manuel Vázquez Fernández Pachi" naceu no Carballiño en 1955, e del destacan dende ESCO "é un home sobradamente coñecido pola súa implicación coa vila que o viu nacer e incluso cando o camiño político o levou a ser conselleiro de medio ambiente da Xunta de Galicia ou candidato á presidencia da mesma, sempre loitou para traer inversións que melloraran as condicións de vida dos cidadáns". Dende Espazo Común atribuen ao seu traballo político "o enlace da autovía, a gratuidade desta para ir a Ourense, o campo de fútbol de herba artificial da Uceira, a depuradora do Carrás, o Camiño dos Arrieiros, a construción dun parking subterráneo no centro, o Paseo do Arenteiro e moitas outras dunha lista que se faría interminable".

“Levamos catro anos a pé de pobo, coñecemos moi ben cada rúa, cada camiño, cada recuncho desta xeografía e temos un diagnóstico claro do que se precisa. E o que é aínda máis importante, temos a enerxía e o equipo necesarios para levalo a cabo” aseverou Vázquez. A súa candidatura presentaráse nun acto público aberto a toda a cidadanía que desexe acudir ao Hotel Arenteiro este vindeiro venres 10 de marzo ás 8 da tarde.

4, Marzo 2023

El anterior copenauta ha debido de quedarse aliviado tildando de lado macabro a la intervención de Gonzalo en la tertulia de la Cope. Tuve que escucharla para ver ese "lado macabro" y esa presunta tergiversación. Y lo único que pude constatar es que Gonzalo dice verdades como puños. Este proyecto de momento tan solo es un titular propagandístico, respaldado por uno de los chiringos que en la actualidad dirige el PSOE. Está en pañales, no existe de momento ni dotación presupuestaria en ninguna administración pública, ni nada de nada. Es un dibujito electoral de cara a engañar a cuatro pusilánimes que tienen hábiles las orejas para aplaudir los  brindis al Sol. Hablar de 1.7 millones o de 1 o de 4 es una filfa. Para soltar el dinero, la Confederación necesitará una dotación presupuestaria en los próximos ejercicios (PGE). De momento todo es propaganda.

Cierto es que los del PSOE no son los únicos en agitar sus chiringuitos. Hemos podido constatar que los del PP han desembarcado con toda su Armada. Baltar junior está desatado. Dice que por medio del INORDE no se qué y no sé cuanto. Pero todo al pasar las elecciones, igual que los del PSOE. Medio Rural, que no ha hecho acto de presencia en cuatro años irrumpe también en el proceso preelectoral con su conselleiro masidao y su jefe territorial, ninguno de los cuales ha aportado nada en la comarca durante cuatro años.

Por lo tanto, la crítica anterior queda reducida a una feroz animadversión por Gonzalo, que opina libremente en la tertulia siendo bien conocida su simpatía por Espazo Común. Del mismo modo que el señor Barge, habida cuenta que es bien conocida su simpatía por el PSOE. Del mismo modo que el señor  del PP. Del mismo modo que es bien conocida la ideología del señor Nogueira. Pero todos opinan en libertad, lo cual es sanísimo.

Lo triste y preocupante es ese ramalazo fascista de aquellos intolerantes que, incapaces de escuchar opiniones contrarias, realizan ataques ad hominen sin ningún tipo de argumento racional más allá del mero insulto. Gonzalo no ha tergiversado nada en la intervención del viernes pasado. Desconozco si lo ha hecho otras veces. Pero lo único que veo macabro es la intolerancia de ciertas personas a las opiniones de los demás. Máxime cuando es inobjetable que ese proyecto, lejos de ser una realidad, de momento es un mero titular propagandístico.

 

 

 

 

 

 

 

4, Marzo 2023

Onte na tertulia, moi animada por certo non coma a anterior, o señor Gonzalo volveu sacar o seu lado macabro, a pesar de a estas alturas da película xa non engaña a nadie, non a si mismo, mentindo sobre a obra da Rua Ourense, o maior investimento público dos últimos años, digo público porque privados houbos maiores, como o do Mercadona, polo cal se renovará Unha rua tan importante como a Rua Ourense, e que o señor Argimiro, rei dos pufos nos deixou, aceptando o final do seu mandato a tus transferencia a cambio de nada, e a Xunta moi hábil transferiu a estrada en condiciones xa mellorables por aquel entonces, eso sen sumar o pudo do tanatorio que pagaremos entre todos,pero a donde suero ir a as mentiras do señor Gonzalo con respecto das obras diciendo que solo son 1,2 M e non 1,75 M, que o resto e o IVA, gastos xerais, beneficio industrial, e así son todas as obras neste país, non sei se eles vieron algunha que non, porque o dubido, e deixe de defender tanto o seu mesias Pachi, que nos deixou os seus pufos tamen, coma a nave de Protección Civil,entre outros 

3, Marzo 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e do alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, supervisou hoxe diversos traballos preventivos levados a cabo neste municipio ourensán. Alí, destacou que o investimento que se vai dedicar a estas actuacións, xunto con outros traballos no concello veciño de Avión, ascende a case 500.000 euros.

Neste senso, José González destacou a importancia de manter xestionadas as faixas secundarias para minimizar o risco dun incendio forestal para a poboación. Así, supervisou os traballos de roza na contorna dos núcleos de Abelenda e de Fornelos, onde se xestionou unha superficie de algo máis de 10 hectáreas mediante rozas mecánicas e manuais, podas e clareos. Ademais, comprobou o novo peche gandeiro construído nesta zona -de 3.310 metros- para salvagardar os animais.

Estas actuacións tiveron un orzamento de algo máis de 102.000 euros e enmárcanse no Plan preventivo de Galicia 2022, dotado con 33,1 millóns de euros para actuar en máis de 58.600 hectáreas de terreo e en 5.780 quilómetros de pistas forestais e outras vías, ademais de construír 111 novos puntos de auga e acondicionar os 4.750 existentes.

Ademais, sinalou o titular de Medio Rural, a estas obras súmanse outras que se levarán a cabo no monte veciñal en man común de Serra de Gateira, Ceo, Val de Custas, Salpeiras e Cidade. Este proxecto, que previsiblemente comezará ao longo deste mes, está dotado cun orzamento de case 400.000 euros, no que tamén se inclúe unha partida para traballos nun monte veciñal ubicado no concello veciño de Avión.

Así, neste segundo proxecto levarase a cabo -en Carballeda de Avia- o acondicionamento de case 6 quilómetros de pistas e faixas auxiliares, ademais da construción dunha acometida para o abastecemento de auga a dous depósitos que poderán ser empregados polas motobombas do Servizo de prevención e extinción de incendios forestais. Tamén se construirá un novo cercado para o gando de case 3.000 metros. No tocante á actuación no concello de Avión, procederase a mellorar preto de 11 quilómetros de pistas e faixas auxiliares do monte veciñal de Barroso, Foral de Vilar e Cortegazas e Nieva.

Nesta liña, o conselleiro matizou que todas estas obras teñen como finalidade anticiparnos aos incendios forestais e facilitar o traballo do propio Servizo contraincendios, na medida en que poidan acceder dunha forma máis segura ao monte.

De feito, José González indicou que estes traballos súmanse a outros de gran importancia como son as queimas prescritas. Un instrumento avalado polos técnicos que permite crear descontinuidades para conseguir que, de producirse un lume, se deteña na área tratada con queima prescrita. Precisamente, sinalou, no concello de Carballeda de Avia realizouse esta semana unha queima de cinco hectáreas na parroquia de Vilar de Condes.

Así, a superficie na que a Xunta leva actuado mediante queimas prescritas no que vai de 2023 -co gallo de avanzar na prevención de incendios forestais- supera xa a media dos últimos 10 exercicios completos: máis de 110 queimas realizadas xa na nosa Comunidade para actuar en nunhas 560 hectáreas de superficie.

3, Marzo 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, xunto co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, supervisou esta mañá o inicio dos traballos de roza e posta a punto do novo polígono agroforestal de Barzamedelle, neste municipio ourensán, onde se retirarán unhas 60 hectáreas de mimosas, entre outras actuacións. Así, cabe lembrar que dito polígono permitirá mobilizar 145,6 hectáreas de superficie, divididas en 183 parcelas propiedade de 113 veciños.

Esta mobilización de terreos fíxose co consentimento dos propietarios, aínda que a Administración controlará -en todo momento- o acaparamento de terras con sistemas como a limitación da porcentaxe de participación dun mesmo interesado. Ademais, esta actuación está baseada na multifuncionalidade e biodiversidade con respecto aos usos tradicionais na comarca do Ribeiro. Neste senso, segundo a súa guía produtiva, establécense como usos ou actividades principais os cultivos leñosos -como viñedo e froiteiras-, de ciclo curto e sistemas agroforestais (sistemas de aproveitamento mixto fundamentalmente gandeiro e forestal -frondosas caducifolias- e, nalgún caso, algún tipo de cultivo agrícola complementario para o aproveitamento gandeiro e compatible cos outros dous).

Así, cabe sinalar que este polígono de Barzamedelle forma parte dos 21 polígonos agroforestais en distintas fases de actuación existentes na nosa Comunidade. Estes suporán a mobilización de case 8.800 hectáreas distribuídas en algo máis de 26.400 parcelas propiedade duns 7.250 veciños. Xunto a estes 21 polígonos agroforestais, Galicia conta tamén con 21 aldeas modelo declaradas. Polo tanto, desde que entrou en vigor a Lei de recuperación -en maio de 2021-, en Galicia estanse a mobilizar arredor de 10.000 hectáreas de superficie de boa calidade para promover a súa posta en valor, entre polígonos agroforestais, aldeas modelo e permutas de interese agrario.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS