
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na entrega de vehículos todoterreo a varios concellos galegos, entre eles o de Maside, que conta desta maneira cunha nova dotación para a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil de Maside. A Xunta destinou 26.725 euros para a adquisición deste vehículo.
O alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, foi o encargado de recepcionar este vehículo todoterreo nun acto levado a cabo no exterior da Dirección Xeral de Emerxencias, en Santiago de Compostela, e no que interviron o vicepresidente segundo da Xunta, asi como o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva e o delegado territorial na provincia de Ourense, Gabriel Alén.
Este todoterreo cedido ao concello de Maside conta con caixa de primeiros auxilios equipada con soporte para vehículo, extintor de po, dúas lanternas led con cargador de vehículo, cono con autonomía mínima de catro horas, pinzas de acendido de emerxencia e ponte de luces con altofalante. Dispón ademais de preinstalación para equipos de telecomunicacións e de gancho para remolque.
O vicepresidente segundo, Diego Calvo, incidiu na importancia de que os servizos de emerxencia municipais conten co mellor equipamento para o desenvolvemento do seu labor a prol da prevención e da seguridade da cidadanía. Referiuse tamén á necesidade de facilitarlles a preparación precisa para desenvolvelo, para o que contan tamén co apoio da Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), centro de referencia para a formación neste eido.
Xa estamos salvados por todos os políticos e os compromisos das insiticucións. O servizo de orientación laboral do Carballiño declara o seu compropmiso co traballo, Eu non o tiña claro, pensaba que estaba comprometido co cambio climático ou coa contaminación lumínica de Vigo. Xa solo falta que veña un día a neve e diga que se compromete con ser blanca e fría.
O porco silleiro comprométese tambén en ser a solución do rural. Este compromiso está acreditado con unha cutre foto do conselleiro e a alcaldesa.
E A Xunta, nun exercizo de responsabilidade, comprométese a manter un médico nun centro de saúde.
Madia levamos...

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña garantiu ao alcalde de Piñor, José Luis González, a continuidade da asistencia médica no centro de saúde desta localidade ourensá, nunha reunión mantida na xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, na que estiveron acompañados do delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do xerente da Área Sanitaria de Ourense, Felix Rubial.
O conselleiro confirmou ao alcalde que a próxima xubilación da médico titular do centro de saúde do seu concello non afectará á asistencia sanitaria que recibe a veciñanza e que o centro de saúde manterá a asistencia sanitaria nas mesmas condicións, dispoñendo dunha médico de familia de luns a venres como ata o de agora.

O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou a aldea modelo de Penedo, no concello de Boborás, na que resalta xa a posta en produción de gando, concretamente de porco silleiro en extensivo. Esta aldea modelo conta cunha superficie de 23,41 hectáreas distribuídas en 665 parcelas de 131 propietarios.
O conselleiro, que estivo acompañado pola alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, destacou a recuperación da raza do porco silleiro en extensivo, así como a produción prevista da alimentación necesaria nas terras de cultivo, mediante cereais e plantas autóctonas, poñendo en práctica a economía circular. Ademais, os terreos serán de produción ecolóxica.
Para levar a cabo o aproveitamento gandeiro e a recuperación das terras da aldea, dende a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural executáronse as obras e instalacións precisas. Así, realizáronse os peches (tres tipos distintos perimetrais e interiores que permiten a xestión do gando nas parcelas), infraestruturas gandeiras (refuxio, cría e lazareto), instalacións de enerxía (pastor eléctrico) e sinalización precisa.
O orzamento total investido nestas obras e instalacións aproximouse aos 82.700 euros, sendo a partida máis importante a destinada aos peches e cerramentos, con arredor de seis quilómetros lineais. Así, realizáronse as instalacións de refuxio e cría executadas en madeira para a integración na contorna da aldea.

Un incendio calcinou por completo unha vivenda unifamiliar situada no quilómetro 16 da N-541, na localidade de Punxín.
As lapas comezaron pouco despois da medianoite deste pasado domingo. Os propietarios da casa, un matrimonio de septuaxenarios foron os que avisaron a Emerxencias do que pasaba e saíron ilesos polo seu propio pé.
A central de alarmas mobilizou os bombeiros do parque comarcal do Carballiño e a Garda Civil. Tamén se enviou unha ambulancia pero non foi precisa a súa intervención. Os servizos de extinción confirmaron que puideron controlar o incendio contra as 01:45 horas, aínda que traballaron para arrefriar os restos ata pasadas as 03:30 horas.
A vivenda quedou arrasada por completo e a estrutura do tellado tamén quedou afectada. Os donos da casa explicaron que o lume comezou no teito por riba da cociña na que había unha cheminea. As lapas estendéronse con rapidez. Sospeitan que o lume se iniciara no tiro dunha estufa empotrada na cheminea, porque escoitaron un estoupido, pero as causas do incendio aínda están en fase de investigación.
Por fin somos el ayuntamiento destaca en algo. Por primra vez somos los primeros en poner arbol de navidad. Tu mira si somos adelantados que ya hemos puesto el arbol de navidad en Febrero..
Hurraas!!!!
De momento esta apagado , pero con tal que lo enciendan tambien se pidra ver desde el espacio.
Estoy pensando en los regalos ya.
A ver ahora cuando lo encienden.
PREPARATE VIGO!!

O Servizo de Orientación Laboral do Concello do Carballiño "continúa traballando pola mellora da empregabilidade dos veciños e veciñas da Comarca, prestando un servizo información, apoio e asesoramento personalizado na procura de emprego", destacan nun comunicado dende a institución municipal.
Este departamento -engaden- segue apostando pola intermediación laboral, como ferramenta para acercar as ofertas de emprego aos demandantes, facilitando a conexión entre traballadores e empresas.
No último trimestre - indican- xestionáronse 11 ofertas de traballo para diversos sectores económicos, principalmente, no sector industrial, forestal e de servizos. Estas vacantes foron cubertas por demandantes de emprego inscritos na bolsa de traballo creada e xestonada por dito servizo.
Por outra banda, o servizo de orientación laboral aposta pola formación e cualifcación da poboación activa, informando acerca da oferta formativa, os requisitos de acceso e apoio na inscrición.
Deste xeito, "continúase a motivar a persoas con baixa cualifcación a realización das Competencias Clave e prestando apoio na presentación de solicitude de partcipación nas probas libres. Recordamos que o prazo de inscrición rematará o vindeiro 10 de febreiro de 2023. Asemade, estamos a programar unha acción formatva preparatoria para a superación das probas de avaliación, de carácter gratuita, para todas aquelas persoas interesadas".
Tamén se asesora nos procesos de homologación de titulos e convalidación de estudos estranxeiros.
Por úlitmo, informan da ampliación de novas entdades colaboradoras co servizo para traballar a prol da inserción laboral, manifestando dende o concello carballiés o seu compromiso "para mellorar a empregabilidade da veciñanza e reducir a taxa de desemprego".

A directora xeral da Garda Civil, Maria Gámez, visitou o Posto Principal do Carballiño, coa finalidade de entrevistarse con mandos e axentes, coñecendo os cometidos que realizan e cómo se desenvolve a súa actividade no día a día na comarca do Carballiño, a súa estructura, organización e problemática da Garda Civil que, ademáis do Carballiño, mantén as competencias de seguridade cidadán noutros concellos da comarca.
O Posto Principal da Garda Civil do Carballiño está ao mando dun Capitán, conta con máis de 35 efectivos dedicados á seguridade cidadán no municipio do Carballiño, e tamén cubre este mesmo servizo nos concellos de San Amaro, Punxín, Maside, O Irixo e Boborás. Ademáis, a Garda Civil tamén ten no Carballiño unha unidade de armas e explosivos, unha patrulla do SEPRONA e un destacamento de seguridade nos Xulgados do Carballiño.
Hai algún plan pra informar aos condutores por vías urbanas de que non se debe utilizar o teléfono móbil ao volante? Un pequeno paseo pola vila, onde circulen coches, será suficiente pra ver tres ou catro condutores ou condutoras co seu teléfono mobil na orella ou escribindo, apoiando o aparato no volante, como vin hoxe pola tarde a unha señorita, aproveitando unha paradiña nun stop. Cando atropellen a alguén haberá todo tipo de laios. Na estrada e nas rúas urbanas toda a atención ao volante non sempre é suficiente, e nas vías urbanas, ademais, hai peóns.
A "MALDICIÓN DO RELOXO" E A INCOMPETENCIA DO GOBERNO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO
Alá polo ano 1995, unha das dúas emisoras de radio que emitían no Carballiño, e segue emitindo a día de hoxe, abría o servizo de informativos coa canción "El reloj" dos afamados Los Panchos: "...Reloj, no marques la hora, porque voy a enloquecer... Reloj, detén tu camino porque mi vida se apaga...". Unha metáfora da situación de parálise e desgoberno do equipo municipal da época. Creaba así a "maldición do reloxo".
Matemático, cando se produce relevo de goberno municipal, a primeira medida que toma o equipo entrante é a posta en marcha do reloxo da torre do Concello e darlle a ración de corda diaria que exixe o seu funcionamento.
O reloxo do Concello do Carballiño é o espello máis fiel da eficacia si puntualmente marca o paso das horas ou o reflexo da deixadez, neglixencia, incompetencia e irresponsabilidade cando queda adormecido no tempo. Non recordo cando foi a última vez que o vin funcionar.
Esta introdución ven a conto do asunto da apropiación ilegal de terreos privados e de propiedade municipal por parte dun familiar directo do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, quen, a pesar de estar inhabilitado por esta circunstancia e sabedor de que os postes de cerre xa colocados meses antes da comunicación previa vulneraban a legalidade urbanística, decidía concederlle o título habilitante para a realización das obras que, como dicía, xa estaban feitas de xeito ilegal.
Presentada por min a denuncia correspondente, como copropietario do terreo privado invadido, e despois de emitidos os informes xurídicos e técnicos, o Concello, a través do concelleiro delegado Manuel Dacal, resolve que sexa restaurada a legalidade urbanística, ou sexa, o derribo do cerramento, que permitía recuperar os terreos apropiados indebidamente. Non obstante, os mesmos responsables do Concello incumpriron o deber de tramitar e executar tal procedemento no prazo estipulado, burlando sistematicamente a lei e negando o acceso á información e documentación do expediente, feitos que precisaron da intervención da Valedora do Pobo en reiteradas ocasións. Unha sensación de estar máis preocupados en defender os intereses dos seus achegados que dos públicos aos que se deben, pois, en ningún momento mostraron intención algunha de recuperar a superficie municipal substraída.
Obrigado pola Valedora do Pobo, iníciase un novo expediente de restauración da legalidade urbanística e o correspondente expediente sancionador. A secretaria emite a proposta de resolución que obriga novamente ao infractor ao derribo do cerramento. Da resolución do concelleiro responsable nada se sabe. Da resolución do expediente sancionador menos aínda. A negativa de acceso á documentación solicitada continúa. Volta a recorrer á intervención da Valedora do Pobo e á reclamación de Responsabilidade Patrimonial.
Así estamos dous anos e medio despois. Todo segue igual. Á espera da chegada de quen volva a poñer o reloxo en marcha.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 155
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- …
- seguinte ›
- última »