4, Marzo 2023

El anterior copenauta ha debido de quedarse aliviado tildando de lado macabro a la intervención de Gonzalo en la tertulia de la Cope. Tuve que escucharla para ver ese "lado macabro" y esa presunta tergiversación. Y lo único que pude constatar es que Gonzalo dice verdades como puños. Este proyecto de momento tan solo es un titular propagandístico, respaldado por uno de los chiringos que en la actualidad dirige el PSOE. Está en pañales, no existe de momento ni dotación presupuestaria en ninguna administración pública, ni nada de nada. Es un dibujito electoral de cara a engañar a cuatro pusilánimes que tienen hábiles las orejas para aplaudir los  brindis al Sol. Hablar de 1.7 millones o de 1 o de 4 es una filfa. Para soltar el dinero, la Confederación necesitará una dotación presupuestaria en los próximos ejercicios (PGE). De momento todo es propaganda.

Cierto es que los del PSOE no son los únicos en agitar sus chiringuitos. Hemos podido constatar que los del PP han desembarcado con toda su Armada. Baltar junior está desatado. Dice que por medio del INORDE no se qué y no sé cuanto. Pero todo al pasar las elecciones, igual que los del PSOE. Medio Rural, que no ha hecho acto de presencia en cuatro años irrumpe también en el proceso preelectoral con su conselleiro masidao y su jefe territorial, ninguno de los cuales ha aportado nada en la comarca durante cuatro años.

Por lo tanto, la crítica anterior queda reducida a una feroz animadversión por Gonzalo, que opina libremente en la tertulia siendo bien conocida su simpatía por Espazo Común. Del mismo modo que el señor Barge, habida cuenta que es bien conocida su simpatía por el PSOE. Del mismo modo que el señor  del PP. Del mismo modo que es bien conocida la ideología del señor Nogueira. Pero todos opinan en libertad, lo cual es sanísimo.

Lo triste y preocupante es ese ramalazo fascista de aquellos intolerantes que, incapaces de escuchar opiniones contrarias, realizan ataques ad hominen sin ningún tipo de argumento racional más allá del mero insulto. Gonzalo no ha tergiversado nada en la intervención del viernes pasado. Desconozco si lo ha hecho otras veces. Pero lo único que veo macabro es la intolerancia de ciertas personas a las opiniones de los demás. Máxime cuando es inobjetable que ese proyecto, lejos de ser una realidad, de momento es un mero titular propagandístico.

 

 

 

 

 

 

 

4, Marzo 2023

Onte na tertulia, moi animada por certo non coma a anterior, o señor Gonzalo volveu sacar o seu lado macabro, a pesar de a estas alturas da película xa non engaña a nadie, non a si mismo, mentindo sobre a obra da Rua Ourense, o maior investimento público dos últimos años, digo público porque privados houbos maiores, como o do Mercadona, polo cal se renovará Unha rua tan importante como a Rua Ourense, e que o señor Argimiro, rei dos pufos nos deixou, aceptando o final do seu mandato a tus transferencia a cambio de nada, e a Xunta moi hábil transferiu a estrada en condiciones xa mellorables por aquel entonces, eso sen sumar o pudo do tanatorio que pagaremos entre todos,pero a donde suero ir a as mentiras do señor Gonzalo con respecto das obras diciendo que solo son 1,2 M e non 1,75 M, que o resto e o IVA, gastos xerais, beneficio industrial, e así son todas as obras neste país, non sei se eles vieron algunha que non, porque o dubido, e deixe de defender tanto o seu mesias Pachi, que nos deixou os seus pufos tamen, coma a nave de Protección Civil,entre outros 

3, Marzo 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e do alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, supervisou hoxe diversos traballos preventivos levados a cabo neste municipio ourensán. Alí, destacou que o investimento que se vai dedicar a estas actuacións, xunto con outros traballos no concello veciño de Avión, ascende a case 500.000 euros.

Neste senso, José González destacou a importancia de manter xestionadas as faixas secundarias para minimizar o risco dun incendio forestal para a poboación. Así, supervisou os traballos de roza na contorna dos núcleos de Abelenda e de Fornelos, onde se xestionou unha superficie de algo máis de 10 hectáreas mediante rozas mecánicas e manuais, podas e clareos. Ademais, comprobou o novo peche gandeiro construído nesta zona -de 3.310 metros- para salvagardar os animais.

Estas actuacións tiveron un orzamento de algo máis de 102.000 euros e enmárcanse no Plan preventivo de Galicia 2022, dotado con 33,1 millóns de euros para actuar en máis de 58.600 hectáreas de terreo e en 5.780 quilómetros de pistas forestais e outras vías, ademais de construír 111 novos puntos de auga e acondicionar os 4.750 existentes.

Ademais, sinalou o titular de Medio Rural, a estas obras súmanse outras que se levarán a cabo no monte veciñal en man común de Serra de Gateira, Ceo, Val de Custas, Salpeiras e Cidade. Este proxecto, que previsiblemente comezará ao longo deste mes, está dotado cun orzamento de case 400.000 euros, no que tamén se inclúe unha partida para traballos nun monte veciñal ubicado no concello veciño de Avión.

Así, neste segundo proxecto levarase a cabo -en Carballeda de Avia- o acondicionamento de case 6 quilómetros de pistas e faixas auxiliares, ademais da construción dunha acometida para o abastecemento de auga a dous depósitos que poderán ser empregados polas motobombas do Servizo de prevención e extinción de incendios forestais. Tamén se construirá un novo cercado para o gando de case 3.000 metros. No tocante á actuación no concello de Avión, procederase a mellorar preto de 11 quilómetros de pistas e faixas auxiliares do monte veciñal de Barroso, Foral de Vilar e Cortegazas e Nieva.

Nesta liña, o conselleiro matizou que todas estas obras teñen como finalidade anticiparnos aos incendios forestais e facilitar o traballo do propio Servizo contraincendios, na medida en que poidan acceder dunha forma máis segura ao monte.

De feito, José González indicou que estes traballos súmanse a outros de gran importancia como son as queimas prescritas. Un instrumento avalado polos técnicos que permite crear descontinuidades para conseguir que, de producirse un lume, se deteña na área tratada con queima prescrita. Precisamente, sinalou, no concello de Carballeda de Avia realizouse esta semana unha queima de cinco hectáreas na parroquia de Vilar de Condes.

Así, a superficie na que a Xunta leva actuado mediante queimas prescritas no que vai de 2023 -co gallo de avanzar na prevención de incendios forestais- supera xa a media dos últimos 10 exercicios completos: máis de 110 queimas realizadas xa na nosa Comunidade para actuar en nunhas 560 hectáreas de superficie.

3, Marzo 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, xunto co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, supervisou esta mañá o inicio dos traballos de roza e posta a punto do novo polígono agroforestal de Barzamedelle, neste municipio ourensán, onde se retirarán unhas 60 hectáreas de mimosas, entre outras actuacións. Así, cabe lembrar que dito polígono permitirá mobilizar 145,6 hectáreas de superficie, divididas en 183 parcelas propiedade de 113 veciños.

Esta mobilización de terreos fíxose co consentimento dos propietarios, aínda que a Administración controlará -en todo momento- o acaparamento de terras con sistemas como a limitación da porcentaxe de participación dun mesmo interesado. Ademais, esta actuación está baseada na multifuncionalidade e biodiversidade con respecto aos usos tradicionais na comarca do Ribeiro. Neste senso, segundo a súa guía produtiva, establécense como usos ou actividades principais os cultivos leñosos -como viñedo e froiteiras-, de ciclo curto e sistemas agroforestais (sistemas de aproveitamento mixto fundamentalmente gandeiro e forestal -frondosas caducifolias- e, nalgún caso, algún tipo de cultivo agrícola complementario para o aproveitamento gandeiro e compatible cos outros dous).

Así, cabe sinalar que este polígono de Barzamedelle forma parte dos 21 polígonos agroforestais en distintas fases de actuación existentes na nosa Comunidade. Estes suporán a mobilización de case 8.800 hectáreas distribuídas en algo máis de 26.400 parcelas propiedade duns 7.250 veciños. Xunto a estes 21 polígonos agroforestais, Galicia conta tamén con 21 aldeas modelo declaradas. Polo tanto, desde que entrou en vigor a Lei de recuperación -en maio de 2021-, en Galicia estanse a mobilizar arredor de 10.000 hectáreas de superficie de boa calidade para promover a súa posta en valor, entre polígonos agroforestais, aldeas modelo e permutas de interese agrario.

3, Marzo 2023

Posiblemente habría que empezar a pensar en desocupar uno de los accesos a Maside, toda vez que lleva más de un año obstaculizado por los elementos que se pueden ver en la foto.

2, Marzo 2023

O Partido Popular mantén como candidatos nas eleccións municipais do 28M aos seus candidatos nos sete concellos que goberna na comarca do Carballiño, desta maneira optarán a un novo mandato de catro anos o actúal alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares. Tamén repiten como cabeza de lista do PP Manuel Casalta en Punxín, Manuel Prado en Beariz, Patricia Torres en Boborás, José Luis González en Piñor, Manuel Cerdeira no Irixo e Fernando Redondo en San Amaro.

As dúas novidades, xa anunciadas semanas atrás, son Lino González que pasa a ser a nova aposta dos populares no concello do Carballiño, en sustitución de Ricardo Perea, e Ignacio Campo, que colle o relevo de Luis Jorge Ferro, como alcaldable para o concello de Maside.

No concello de Leiro, volverá presentarse á reelección á alcaldia baixo as siglas do Partido Popular Francisco José Fernández, que tamén é senador. E tamén optará a un novo mandato, que será o 2023-2027 Antonio Montero, que volverá liderar a lista popular no concello de Avión.

1, Marzo 2023

Non sei se é produto dun extrano encantamento e os meus ollos me enganan cando ás veces, e tan só en determinadas datas, vexo a Baltar junior por doquier. Murmurando bellas cántigas mergulando bellas verbas: Next generation, transición dixital, transición verde, moitos eixos e blo, blo, blo...

O caso é que non estaría de máis, que chegado o momento e pasadas estas datas, se tivese a sorte de seguir sendo o presidente da Deputación, faga máis acto de presenza pola nosa comarca con proxectos sólidos e tanxibles, e deixe xa dunha vez por todas o tan trillado bluf do termalismo.

1, Marzo 2023

A Deputación de Ourense prepara unha candidatura para presentar á convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) -financiada con fondos Next Generation-, cun proxecto específico destinado ás vilas termais e concellos con cascos antigos declarados Conxunto Histórico-Artístico, alineado co plan territorial da comunidade autónoma galega.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, acompañado pola xerente do Inorde, Emma González, presidiu no Centro Cultural Marcos Valcárcel unha reunión con representantes dos municipios implicados neste novo proxecto. Como vilas termais forman parte da área de intervención do proxecto Arnoia, Boborás, Cenlle, Cortegada, Leiro, O Carballiño, Ribadavia, Bande, Lobios, Muíños, Baños de Molgas, Monterrei, Verín, Punxín e Castrelo de Miño. E, como concello con cascos históricos, Castro Caldelas e Allariz, ademais dos xa mencionados Ribadavia e Boborás -Pazos de Arenteiro-

Manuel Baltar afirma que o proxecto liderado pola Deputación, a través do Inorde, “é unha nova oportunidade para poñer en valor a provincia e aproveitar os recursos europeos que, sen dúbida, virán ao noso territorio grazas a ese factor diferencial e competitivo que é o termalismo”. O presidente do goberno provincial expresa a súa total confianza en lograr estes fondos “tanto polo consenso como pola unión de esforzos, o éxito e a experiencia do noso territorio, que conta con dous plans de sustentabilidade turística, un deles xestionado pola Deputación e cofinanciado pola Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo”.

Manuel Baltar lembra que a próxima semana -o día 7 de marzo- celebrarase en Ourense a XII Conferencia Política da Confederación Europea de Poderes Locais e Intermedios (CEPLI), “onde precisamente falaremos da capacidade dos gobernos provinciais para unir ás entidades locais na execución de proxectos, como estamos a demostrar desde a Deputación de Ourense, que fortalecerá esta nova candidatura co importante aval que representa a execución doutros programas europeos”.

Pola súa banda, Emma González explica que na reunión celebrada esta mañá “analizáronse as prioridades que nos permitirán situarnos como destino turístico, especialmente no ámbito termal, onde cómpre destacar que xa formamos parte do itinerario europeo das cidades históricas con patrimonio termal”. No encontro, dixo, “tamén se avaliaron aquelas actuacións que permitan atraer poboación, xerar emprego e facer esa transición ecolóxica cara un destino sustentable na provincia de Ourense, que desde a chegada do AVE ten todo para posicionarse”.

Un proxecto con catro eixos

O obxectivo da candidatura que estrutura o Inorde é liderar, desde unha visión integral de provincia, a transformación competitiva das vilas termais e cascos históricos. As actuacións que incluirá este proxecto xiran en torno a catro eixos: transición verde e sostible; eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade.

A transición verde e sostible comprende iniciativas de restauración ambiental, xestión de espazos naturais, implantación de economía circular, rehabilitación sostible de edificios e adaptación ao cambio climático. A mellora da eficiencia enerxética inclúe actuacións para mitigar o cambio climático, reducindo a enerxía requirida para proporcionar produtos e servizos turísticos, limitar a contaminación por carbono e estimular a transición cara a enerxías renovables, así como plans de mobilidade sostible.

A transición dixital abarca a mellora continua da cadea de valor turística no ámbito tecnolóxico, mentres que na competitividade se inclúen todas aquelas accións de xeración creación de oferta, mellora do produto, creación de equipamentos, embelecer espazos públicos e todo o relacionado coa mellora constante da xestión do destino.

1, Marzo 2023

Non creo que teña lugar a dúbida a deficiente organización, en todos os sentidos, do entroido no Carballiño. Non é cousa deste ano, se non de que nos últimos anos pouco a pouco vai morrendo o noso entroido, comezando por adialo a outras datas máis veraniegas, eliminando animación nos días grandes... tan só había que dar un paseo polas rúas do pobo o sábado de entroido para decatarse de que ó concello non lle importaba moito atraer á xente á nosa vila.

Así foi como gran parte da cidadanía carballiñesa festexou o gran entroido en outras localidades da provincia. E non vou ser eu quen lles felicite pola fuxida, pero vendo o que había no pobo (o sábado de entroido, en todo o día e noite, tan só unha batucada ás 19h e os D.Anchoa ás 21h) menos mal que non quedaron. As rúas do Carballiño semellaban presenciar máis ben o enterro da sardiña en vez do entroido. Eso quedou reflexado no resto de días e facéndose notar inda máis se cabe o martes de entroido, con unha triste e pésima asistencia ó desfile de comparsas. 

Parece ser que os representantes municipais tan só tiñan o foco posto na gran festa da cachucha que sí tivo boa afluencia de xente. Quizáis este interés débese máis á festa gastronómica que ó entroido, quen sabe, máis non tod@s temos o privilexio de ir de paparota polos grandes restaurantes da vila como se de un banquete se tratase, con invitación incluida. Quizáis, e só quizáis, a xente quere divertirse e pasalo ben no noso entroido, sen ter que marchar de aquí ou sen ter que poñer unha excusa para irnos dar un festín. Porque sí, non todo é comer e beber (inda que tamén está ben)!

Xa nin falar da suciedade... Días despois do desfile do domingo, todavía seguen inundadas as rúas do pobo de papelinas, confeti e demáis.. Calquera que vise o desfile mismamente de Ourense, observou que detrás da última comparsa iban 3 camións e varios operarios limpando todos os restos que iban deixando as comparsas... se cadra no noso pobo ( it's different, como suele pasar!) teremos que agardar ata o carnaval de verano para ver dita limpeza... inda que habería que confirmar o ano.

Para rematar, todo esto poderíase resumir nun par de frases memoriables e habituais nos altos mandos locais: "Éche o que hai" ou, moito máis profunda: "A vida éche así".

VIVA O ENTROIDO!

28, Febreiro 2023

O Carballiño pasa a contar cunha nova dotación cultural, o "Espazo O Potiños" poderémos encontrálo na primeira planta da biblioteca pública municipal, na Casa da Cultura do Carballiño.

Será unha exposición permanente que reúne os fondos documentais que esta asociación carballiñesa foi reunindo durante os seus 45 anos de vida e de documetación fotográfica, e tamén de libros ou revistas, que agora serán custodiados nun lugar axeitado, e visitable para o público en xeral. Asi o destacaron tanto o concelleiro de cultura Diego Fernández coma o presidente de O Potiños, Manolo Blanco, no acto de presentación deste novo equipamento cultural.

Asemade, tamén deron a coñecer o último traballo fotográfico que realizaron en colaboración coa asociación de pulpeiros de Arcos-O Carballiño, son máis de 700 fotografías representativas de 35 familias con tradición pulpeira, un traballo que agardan poida culminar coa publicación dun libro, para elo agardan a colaboración da Deputación.  

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS