21, Xaneiro 2023

A Comarca do Carballiño gaña habitantes no Padrón Municipal por vez primeira no que levamos de século 21, según os últimos datos de referencia que ven de publicar o INE, e que fixa a pobacion oficial dos concellos para todo este ano 2023, e ata que se faga a próxima actualización por parte do Instituto Nacional de Estadística.

O incremento da poboación comarcal, que rompe a tendencia descendente das últimas cinco décadas, débese fundamentalmente a evolución positiva demográfica rexistrada en dous concellos, o de Punxín que gaña 40 habitantes e alcanza os 744 no último padrón, e Maside, que chega aos 2.753, que son 35 máis en relación ao anterior padrón, polo sigue sendo o segundo concello da comarca en habitantes.

En menor medida, tamén aumentan a súa poboación oficial o concello do Carballiño, que non logra superar a barreira dos 14.000 habitantes, quedándose con 13.932, que son 21 máis que no padrón do ano pasado, tamén sobe Boborás que fixa o seu novo dato de poboación nos 2.119, son 13 máis que o ano precedente, consolidando desta maneira a súa posición como o terceiro concello da comarca máis poboado. O outro municipio que consigue atraer novos veciños é Beariz, que suma 7 novos habitantes e fixa a súa poboación municipal en 978 habitantes.

Pola contra, perde poboación no último Padrón Municipal de Habitantes o concello do Irixo, con 1.366 persoas empadronadas, no último ano perdeu 35 habitantes, pero o drama demográfico deste concello é de tal calibre que no que vai de século, ou o que é o mesmo, nas dúas últimas décadas perdeu 819 habitantes, o 37,5% da poboación coa que contaba O Irixo no ano 2.000.

Tamén é relevante a caída do concello de San Cristovo de Cea, que perdeu o 36,8% da poboación coa que contaba ao entrar no século 21, cun descenso de 1.190 habitantes, deles 30 no último ano, polo que se queda agora con 2.042 habitantes. Piñor rexistra 16 habitantes menos, quédase con 1.146, e San Amaro, que perde 6 habitantes qúedase con 1.042, no último padrón.

Asi pois, se facemos a suma dos cinco concellos que incrementan poboación, e restamos aos catro que perden, temos que no conxunto da Comarca do Carballiño, o último Padrón Municipal suma 29 habitantes máis en relación ao ano anterior. 

 

20, Xaneiro 2023

O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, destacou hoxe en FITUR a relevancia que supón a declaración da Festa do Pulpo como Festa de Interese Turístico Internacional, tanto no que respecta á promoción internacional do evento como ás melloras que conleva en canto ao lugar de celebración e servizos que se ofertan.

“Tras 60 ediciones y un éxito creciente, el rango de internacionalidad nos permitirá incrementar la promoción y, por lo tanto, atraer a más visitantes. Y esto conlleva sin duda mejorar los servicios que ofrecemos, y en los que ya estamos trabajando para la 61 edición de la fiesta, que será el segundo domingo de agosto de este año”, dixo o concelleiro.

Dacal tamén amosou a súa satisfacción por compartir esta distinción con outras dúas festas gastronómicas galegas, como son a Festa do Marisco do Grove e a Festa do Cocido de Lalín, e agradeceu a colaboración da Xunta e do Goberno central ao respecto.

“Es un honor y también una gran responsabilidad haber obtenido esta distinción que sitúa a nuestra Festa do Pulpo entre las más populares fiestas gastronómicas de Galicia y de España. Por ello, quiero agradecer la colaboración que hemos tenido de la Xunta de Galicia, y más en concreto de la Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro, y del Gobierno central, sobre todo de la ministra de Industria, Comercio y Turismo, María Reyes Maroto y de la Secretaria de Estado de Turismo, Rosa Ana Morillo Rodríguez”.

Na quenda de presentación da 61 edición da Festa do Pulpo do Carballiño, que se celebrará o 13 de agosto deste ano, e acompañado por imaxes da tapa xigante e da Festa do Pulpo, o concelleiro resaltou a traxectoria e excelencias da festa, así como do Carballiño como vila turística.

“La Festa do Pulpo de O Carballiño es una de las celebraciones gastronómicas más antiguas y multitudinarias de Galicia. En la última edición, celebrada en agosto del pasado año, congregó a más de 100.000 personas que consumieron alrededor de 75 toneladas de pulpo con las que se elaboraron unas 150.000 raciones. Como anticipo de esta magna romería, se elaboró la tapa de pulpo más grande del mundo, en un plato de 5 metros y 37 centímetros de diámetro, que contenía más de 500 kilogramos de pulpo, equivalente a unas 1.500 raciones. Fue un hito en la historia de esta fiesta, que es difícil superar, pero que lo seguiremos intentando. En todo caso, nadie discute que O Carballiño es la capital mundial del pulpo”, sinalou o concelleiro.

Tamén se referiu á tradición pulpeira do Carballiño.

“El éxito de la Festa do Pulpo reside en dos pilares esenciales: la tradición y el buen hacer de las pulperas y pulperos de O Carballiño, y un entorno natural extraordinario como es un parque municipal de más de 400.000 metros cuadrados de extensión”, dixo o concelleiro.

Dacal mencionou a oferta termal, o patrimonio cultural e natural, a programación cultural previa á Festa do Pulpo e a boa situación estratéxica do Carballiño, sobre todo destacou as ventaxes do servizo do AVE, que sitúa Ourense a 2h e 10mn de Madrid.

Ao remate, invitou aos asistentes, entre os que se atopaban os deputados socialistas por Ourense no Congreso Adolfo Pérez Abellás e Uxía tizón, así como o senador Miguel Bautista, ademais do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entre outras autoridades, Dacal fixo unha invitación para visitar O Carballiño e asistir á festa.

“Finalmente, y ya que estamos en una de las Ferias de Turismo más importantes del mundo, quiero despedirme con una invitación para viajar a O Carballiño, y disfrutar de nuestra Festa do Pulpo y la amplia oferta turística y gastronómica que ofrecemos, especialmente en verano, pero también durante todo el año”, dixo o concelleiro.

19, Xaneiro 2023

Buenas noches, hoy tuve que ir a mi médica de cabecera  xq me encontré mal, y resulta que hacia tiempo que se habia ido, sin dejar sustituto/a , ni se le espera, estamos totalmente desatendidos, y lo peor de todo es que nadie se queja, nadie dice nada, no pataleamos, no luchamos por algo tan importante como tener un médico que nos  consulte cuando nos encontramos  mal.  Dios  mio, que le está pasando a la sociedad  en la que vivimos,. Será que la gente se quedo  atrapada en el tiempo y aún  están pensando en el partido del Arenteiro ,  Atletico de Madrid, de la Copa del Rey. Si toda esa gente que se junto ese día para ver el partido hicieran lo mismo  y se  juntasen para pedir médicos para la Atención Primaria que bien nos iría.

PIDO AYUDA a todos los pacientes del centro de Salud de carballiño para luchar por nuestros médicos,  tenemos derecho a tener un médico de cabecera fijo ,  y si estse enferma o falta por cualquier motivo personal,  tenemos el derecho de que nos manden un sustituto mientras.

  LOS POLITICOS NOS QUIEREN PRIVATIZAR LA SANIDAD, NO LO PODEMOS PERMETIR,

19, Xaneiro 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, destacou “o potencial sen límite” das singularidades enogastronómicas e termais das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. Así o fixo, na presentación deste xeodestino na Feira Internacional de Turismo, en Madrid.

O delegado territorial subliñou a importancia dos Xeodestinos “polo coñecemento de ser parte, en primeira persoa e durante oito anos da xestión dun territorio que cre nos seus incentivos e profesa a filosofía do Goberno de Galicia de compartir as potencialidades e recursos de municipios e comarcas para valorizar destinos e puntos de confluencia, e así, ser máis eficientes na organización turística, nas técnicas de chamada e os reclamos publicitarios”.

Gabriel Alén lembrou que o polbo, o pan, o viño e os recursos termais dentro dun clima, unha orografía, e a biodiversidade do medio, conforman unha paisaxe singular na que conflúen os vales do Avia e do Miño. Na pel das súas augas é un privilexio practicar deportes como a vela, o remo e o piragüismo; Non en balde, foi o éxito da celebración de La Coupe de la Jeunesse no Parque Náutico de Galicia de Castrelo de Miño, que se celebrou no verán.

Dado o seu patrimonio enogastronómico, este plan pretende converter o territorio Ribeiro-O Carballiño, cun orzamento estimado de 2,4 millóns de euros, nun destino turístico enogastronómico de referencia a nivel nacional, promovendo unha oferta turística cohesionada, ordenada e coordinada para todo o destino.

Destaca tamén o plan de mobilidade sostible, que abarca dende o sector do transporte público ata a marcha a pé, e a posta en marcha de liñas de axuda e formación para a dixitalización da hostalería.

Neste proxecto tamén se inclúen liñas de axudas ao sector privado para o fomento de produtos turísticos enogastronómicos sostibles e innovadores, e un programa de axudas á recuperación da arquitectura tradicional relacionada co viño, como o viño do Ribeiro, e produtos gastronómicos, como o Pan de Cea, característico do destino. Por outra banda, establécese a apertura dun centro enogastronómico como punto de venda, sala de degustación e espazo de showcooking de produtos locais.

19, Xaneiro 2023

Non podemos deixar de denunciar esta situación. Os usuarios do tramo de estrada OU-504 que une O Carballiño e Cea (neste caso) levamos varios meses percorrendo esta ruta nunhas condicións inaceptables e perigosas. Despois de que estuveran "arranxando" o pavimento, a estrada quedou sen pintar, polo que tanto os carrís e as incorporacións están sen delimitar, situación bastante perigosa xa que se lle sumamos as poucas horas de luz debido a época do ano e as condicións meteorolóxicas adversas actuais, fan que o percorrido non sexa seguro para a circulación, por iso SOLICITAMOS que dende o organismo pertinente se poña solución e pinten a calzada o antes posible para evitar calquera desgracia provocada por este motivo.

19, Xaneiro 2023

O PSdeG-PSOE de Punxín vén de dar a coñecer a que será a súa candidata á alcaldía de cara as eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio. Lorena Peleteiro Vázquez repetirá como candidata, co obxectivo de acadar un goberno de progreso no municipio e de optar por políticas enfocadas a traballar a carón da veciñanza, escoitando as súas inquedanzas e resolvendo os problemas cotiás.

Dende o PSdeG-PSOE de Punxín destacan que “o traballo levado a cabo nos últimos 4 anos por Lorena Peleteiro, actual voceira municipal, é a mellor carta de presentación da nosa candidata e deixa claro que se trata dunha persoa que loita día a día na procura dun Punxín mellor e no que a veciñanza teña uns servizos dignos”.

A Agrupación Socialista de Punxín afirma que se presentan a estas eleccións municipais “cunha enorme ilusión e cun proxecto serio e pensado para que o noso municipio avance”, apuntan tamén que “é o momento de darlle un cambio ao noso concello, de volvelo a converter nun referente, polo que estamos convencidos de que 2023 será o ano de Punxín”.

Lorena Peleteiro Vázquez, actual voceira do grupo municipal socialista en Punxín, e candidata á alcaldía por segunda vez, afirma que “asumo novamente esta elección con moita responsabilidade, pero tamén con moita ilusión e disposta a traballar dende o minuto un por Punxín e as súas xentes, como levamos facendo estes catro anos”. A candidata do PSdeG-PSOE fai fincapé en que “temos un propósito claro, que é traballar os vindeiros 4 anos dende o goberno municipal”.

Peleteiro Vázquez destaca que Punxín “precisa dun cambio, un cambio na forma de gobernar, un cambio que implique escoitar á veciñanza e dar resposta aos seus problemas e inquedanzas, un cambio que traia dunha vez por todas un goberno de progreso para o noso concello”. Dende o PSOE de Punxín finalizan afirmando que Lorena Peleteiro “é a mellor candidata para propiciar o cambio en Punxín”.

18, Xaneiro 2023

Boas noites , facendo referencia a queixa anterior eu sempre pensei que pa amañar calquer papel ou solicitar informacion a cerca de algo administrativo ou de calquera outra indole, tiñamos que ir os bares de detrás do concello  ou dos do lado izquierdo, e que xa nos atendian alí.

 Eu aconsellovos que antes de perder o tempo indo o concello,  pasedes primeiro por ditos  bares que están pa atender ós empleados do concello,  no que lles cumpra, como pode ser pa prepararlles unha tila para o estres laboral, ou unha valeriana para a carga de traballo que teñen etc.  ( alí idelos topar seguro).

18, Xaneiro 2023

Neveu nas últimas horas deste mércores 18 de xaneiro nunha boa parte da xeografía comarcal, onde máis na zona máis alta da parroquia de Oseira, na que varias localidades estiveron durante horas incomunicadas por estrada ata que as máquinas quitaneves deixaron transitables os accesos a Confurco, A Cabana, Arenteiriño, O Gamoal ou Pobadura, onde a veciñanza tivo que quedarse nas casas esta mañá. Nesta zona chegou a acumularse ata 10 centímetros de neve.

A nevarada tamén foi protagonista esta xornada en numerosas localides dos concellos de San Cristovo de Cea, PIñor, O Irixo, Boborás, Beariz e Avión. A neve difuculta bastante a circulación de vehículos aínda que todas as estradas permanecen transitables, recoméndase en todo caso máxima precaución.

Na foto de José Dalama, a igrexa de Confurco, na parroquia de Oseira, na zona da nosa comarca onde a nevarada foi máis intensa.

17, Xaneiro 2023

O PSdeG-PSOE reclamou hoxe desde a zona cero da Arnoia, a implicación da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia na reparación dos danos causados polas inundacións e os corrementos de terras das últimas semanas. Como xa anunciaran o pasado 3 de xaneiro, os e as socialistas piden, mediante unha iniciativa que se votará no pleno provincial de xaneiro, a colaboración da institución cos concellos, xa que moitas destas entidades locais son incapaces de asumir unha desfeita deste calibre.

Concretamente, piden ao goberno de Baltar “fondos económicos para a colaboración cos concellos”, para a “reparación de infraestruturas como estradas, pontes ou camiños, así como para a restauración de edificacións, construcións ou instalacións de calquera tipo”. Tamén demandan “material e equipamento” para reparar os danos e para a “protección e seguridade de lugares en risco de sufrir episodios similares no futuro”. Igualmente esixen “colaboración loxística”, ofrecendo os seus vehículos e maquinaria.

A limpeza e mantemento de ríos e zonas próximas, segundo o acervo normativo español, corresponde ás entidades locais. Tamén é responsabilidade de seu a restauración da normalidade no caso destas emerxencias. Pero a inmensa maioría delas carecen de capacidade económica e loxística para afrontar en soidade estes traballos. A día de hoxe e a pesar do seu deber legal de cooperación, a deputación non ofreceu motu proprio acción algunha e por iso o PSdeG-PSOE desprazouse ata a área recreativa das Poldras (A Arnoia), para comprobar os destrozos, acompañados de edís deste municipio.

Axuda da Confederación Hidrográfica

O vicevoceiro, Nacho Gómez, asegurou que “non tería que ser o grupo socialista quen tivera que facer esta proposta porque é obvio” que a Deputación ten que axudar, pero “o presidente, en vez de facer fotos e cuestións que non axudan en nada aos concellos, se adicou a mirar cara outro lado”.
“Pedimos que todas as institucións asuman as súas responsabilidades”, destacou o deputado ourensán porque “necesitamos axudas dos que teñen os cartos” e por iso anunciou que, logo dunha solicitude do PSdeG-PSOE da Arnoia, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil visitará a zona afectada. “Nós somos responsables como para entender que todas as administracións públicas teñen que botar unha man”, insistiu antes de remachar que “non por ser dunha ou doutra cor política imos dicir o contrario”.

O edil no Concello da Arnoia, Emilio Alberte, sinalou que no seu municipio hai dúas áreas moi afectadas, polo que piden a todos os organismos –Xunta, Deputación e Confederación Hidrográfica– que “se mollen” porque estamos ante “un problema bastante gordo para o pobo”. O concelleiro puxo como exemplo que, no caso da área das Poldras, os traballadores e agricultores que, ata o de agora, empregaban a ponte arrasada, teñen que dar un rodeo de tres quilómetros para chegar ata os seus terreos. “É un problema bastante grave”, destacou.

Estes temporais deixaron múltiples danos na Arnoia, Baños de Molgas, Allariz, O Carballiño ou Ribadavia. “Resulta inaceptable a pasividade do goberno provincial ante esta situación extraordinaria, a pesar da petición pública de axuda e do clamor”, insisten desde o Grupo Socialista antes de denunciar que “polo de agora, Baltar só demostrou unha total falta de liderado e unha ausencia de compromiso coa veciñanza”. “Non podemos permitir que queden abandonados a súa sorte e por iso damos este paso a fronte”, resaltaron.

Situación de emerxencia de interese galego

Os e as socialistas ourensáns tamén reclaman á Xunta que declare a ‘situación de emerxencia de interese galego’, é dicir, a figura legal que ampara o reparto de axudas directas á veciñanza e aos concellos. “Concorren absolutamente todos os requisitos establecidos na Lei de Emerxencias de Galicia, para que o Consello da Xunta aprobe esta emerxencia e habilite as modificacións orzamentarias necesarias para afrontar unha necesidade económica que debería ser prioritaria”, destacan.
Igualmente resaltan que a Xunta de Alfonso Rueda debe aprobar de inmediato o decreto para establecer os criterios de reparto, evitando así que se fagan a dedo, como xa ten sucedido en ocasións anteriores. Estamos ante “unha desfeita de calado” que “cómpre emendar canto antes” e que a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia “nin deben nin poden ignorar”.

16, Xaneiro 2023

Esto es la vergüenza de cualquier gobierno de Carballino son las 9:29 y no atienden a nadie y solo hay que mirar para el cartel vergüenza pura

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS