Boas! Perdón polo titular, pero é o que de verdade penso. Acaban de aceptarme nun curso que levo tempo querer facer e é en Santiago, vaise impartir de 9 da maña ata as 14:00 horas. Resulta que o único tren que sae do Carballiño sae as 17:06 horas e chega as 18:20 e o que hai de volta sae as 18:40 e chega a Carballiño as 19:55. Gustariame saber quen é o iluminado/a que pon e en base a que os horarios. Porque xa me dirán quen vai empregar o tren con eses horarios para ir a Santiago se somentes podes estar 20 minutos na capital de Galicia, que como comprenderá calquera é a diferencia entre a chegada a Santiago e a saida a Carballiño. Un sin sentido ningún. Ver pra creer. Así e imposible, nin pra estudiantes, nin pra funcionarios, nin pra traballadores, nin pra nada. Digo eu que haberá que ter polo menos un a primeira hora da mañá, para estar en Santiago polo menos as 8:30 da mañá e outro a última hora da tarde, que saia de Santiago as 20:00 horas para facer unha xornada laboral normal, xa non digo nada dun a mediodía porque eso sería moito perdir. Pero un a primeira da mañá e outro a última da tarde e de sentido común para calquera persoa. Xa non é cuestión de ter moitos ou poucos trens, polo menos os que haxa que teñan uns horarios acordes a vida real das persoas. Máis que lamentable.

A operaradora ferroviaria restableceu desde este domingo 11 de decembro os servizos de tren diarios que quedaran suprimidos durante a pandemia e aínda non repuxera ata agora. O certo é que esta reposición de servizos chega con moito retraso porque os mesmos figuraban na relación de trens declarados Obligación de Servizo Público (OSP) no contrato entre a Administración Xeral do Estado e a mercantil estatal Renfe.
A aplicación da medida, que Renfe agora decide cumplir, supón que as estacións de O Carballiño e Ourense pasen a contar con tres frecuencias diarias, os 7 dias da semana, manténdose o tren tamén diario con destino a Santiago de Compostela, que era o único que se mantiña operativo.
Desta maneira, cos bonos de media distancia, os viaxeiros carballiñeses terán a opción de realizar os desplazamentos en tren de ida e volta de forma gratuíta no que queda deste ano 2022, e se o goberno cumpre o prometido e manteñense as condicións para o ano que ven, tamén poderían facélo durante 2023, algo do que os posibles usuarios da estación de Renfe do Carballiño non poideron benefiarse desta gratuidade no transporte público de ferrocarril.
O primeiro tren que sae á mañá do Carballiño con destino a Ourense é as 7:48 horas e chega á estación de Ourense ás 8:13 horas. Pola tarde, temos outros dous trens con saida dende O Carballiño con destino Ourense, ás 15:00 horas e as 19:56 horas.
No sentido inverso, o primeiro tren diario sae dende a estación de Ourense ás 14:30 horas, mentres que os outros dous teñen a súa saida con destino O Carballiño ás 16:40 horas e as 21:10 horas.
A oferta de servizos da estación de ferrocarril do Carballiño complétase a diario co tren con destino a Santiago de Compostela, con saída ás 17:06 horas.

A Deputación de Ourense ten previsto iniciar despois do Nadal a segunda fase das obras de remodelación do Balneario de Berán, que logo dun investimento de 400.000 euros permitirá incorporar a partir da próxima primavera un balneario máis, o noveno, á oferta ourensá. "Unha infraestrutura que consolidará a nosa imaxe como o territorio con maior potencial termal de Europa, resaltou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, durante unha visita ás instalacións. Un percorrido no que estivo acompañado polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; o presidente da entidade local menor de Berán, Avelino Carballal; e a vogal da entidade, Purificación Vázquez.
Grazas a fondos propios da Deputación de Ourense e do Plan de Sustentabilidade Turística en "Ourense termal" -liderado polo goberno provincial co apoio da Secretaría de Estado de Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia- estase conseguindo "adecuar este espazo ás necesidades do termalismo actual, cunhas instalacións superiores e nun enclave perfecto, a escasos minutos da capital da provincia e a pouco máis de dúas horas da capital do Estado". Esta noveno balneario conta ademais cunhas "augas mineromedicinais de excelente calidade", resalta Manuel Baltar, apropiadas para doenzas hepáticas, respiratorias e da pel, "e polo tanto un recurso do que poden presumir en moi poucos lugares".
"Grazas ao apoio incondicional da Deputación; o Concello de Leiro e a entidade local menor de Berán imos formar parte tamén dese tesouro único, o termalismo, que ten esta comarca e toda a provincia", declara pola súa banda o alcalde de Leiro. Francisco José Fernández pon en valor "o impulso definitivo" a un proxecto que remata con máis de 15 anos de peche das instalacións, destacando entre os traballos executados "a remodelación das piscinas e instalacións termais, realizadas nunha primeira fase, centrándose agora as obras na instalación de novos equipamentos e a reparacións de diversos elementos".
O presidente da entidade local tamén se suma á satisfacción do rexedor pola cada vez máis próxima apertura do balneario de Berán. Avelino Carballal afirma que "estamos máis preto que nunca do noso ansiado obxectivo", anunciando que para axilizar o proceso de posta en marcha das instalacións xa se traballa no prego das bases para adxudicar a explotación do recinto termal.
Termalismo social e oferta en liña de servizos termais
Unha vez en marcha, o balneario de Berán tamén formará parte dos programas de promoción termal que impulsa a Deputación, como o plan de Termalismo Social que vén de cumprir 10 anos de funcionamento e dos que se beneficiaron preto de 20.000 persoas, así como tamén do programa "Ourense, a provincia termal dixital", que facilitará aos usuarios a contratación en liña, desde calquera lugar, dispositivo e a través de plataformas de pago actuais, dos servizos termais que ofrezan os balnearios situados por toda a provincia.
Precisamente as instalacións de Berán acolleron a finais de novembro a sinatura do convenio para a execución deste programa, no que participan nunha primeira fase os balnearios de Laias, Lobios, Arnoia, Cortegada e Partovia, todos eles dotados actualmente con piscinas mineromedicinais termais. O plan sinala que nunha segunda fase incorporaranse o resto de espazos termais activos, coa previsión de que no primeiro trimestre de 2023 todos os balnearios ourensáns actualmente en funcionamento dispoñan xa dalgunha oferta dixital.
Obxectivo: a transformación competitiva dos 15 municipios rurais termais de Ourense
O Plan de Sustentabilidade Turística en "Ourense Termal" é froito dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, a través do cal investiranse máis de 3 millóns entre os anos 2022 e 2024. Un programa deseñado para avanzar na transformación competitiva dos 15 municipios rurais termais de Ourense.

O Cine-Club Carballiño proxecta no audotorio o venres 9 o último éxito do cine arxentino "Argentina 1985", en pases ás 20:00 e 22:30 horas.
E ata 3 películas temos en carteleira no Novocine de Leiro: "Mundo Extraño", "A Todo Tren-2" e "As Bestas", en horarios -respectivamente- ás 16:00, 18:15 e 20:30 horas.
A Coral Polifónica do Casino do Carballiño e a Banda de Müsica de Vilatuxe ofrécennos un concerto conxunto inspirado en "Carmina Burana", o sábado 10 ás 20:00 horas no auditorio, e con entrada de balde.
E temos desta vez dous espectáculo de teatro infantil, ambos ás 18:00 horas do domingo 11. No centro sociocultural de Boborás "Ai falaches, Castela@" cos actores galegos Osvaldo Digón e Xavi Veiras e con música en directo de Cristian Leggiero. No auditorio do Carballiño, Sala Ártika traenos unha proposta de teatro infantil con "A Illa da Deslembranza".
E xa finalmente, na matinal do domingo, 550 atlétas participarán na Carreira Solidaria do Arenteiro, que organiza o concello do Carballiño.
Máis información de todas estas actividades, coas voces dos seus protagonistas, na programaicón local desta emisora de radio, no "Mediodia de Cope O Carballiño".
Estamos a ver nestes días que Espazo en Común está moi preocupado polas multas que recibe o noso concello e pagamos os contribuintes polos vertidos incontrolados o cauce do rio Carrás. Como cidadán, claro que non me gusta, non estamos a falar de poucos cartos para unha persoa de a pé e poderíanse facer cousas con eses cartos, pero a nivel político deixan moito que desexar. Para eles e máis interesante e fácil de quitar réditos electorais dicir que eses vertidos nos custan multas económicas e se quedan tan panchos, ca dicir que están preocupados por contaminar o río aguas a baixo do pobo. Por ahí tamén vive xente de ben, de onde pensan que quitan a auga potable concellos como Leiro? Xa non dígo nada dos pobos de San Fiz de Barón e Fontentiga que teñen que soportar o cheiro do río a carón da suas casas. Para quen non o saiba estes dous pobos tamén pertencen a Carballiño, e un último apuntamento, Fontentiga no ano 2022 segue sen alcantarillado e vertendo directamente o río.
Lémbrome da inauguración da EDAR no 2011 por Feijoo, e que os socialistas estaban moi ofendidos porque era mérito deles o seu logro, en clara alusión a ese Pachi (agora en Espazo Común) que fora conselleiro de Medio Ambiente (agora parece que lle gusta máis a economía ca ecoloxía).
O que está claro é que culpa de todos os partidos que os veciños sigamos tolerando a situación lamentable da EDAR do Carrás, do PP de Marnotes, o PSOE de Fumega con Nogueira no partido, do PSOE de Fumega con maioría, de Espazo en Común, cos ex do PSOE como Nogueira e o super exConselleiro que tanto mérito quería ter na inauguración da EDAR pero agora non quere ver responsabilidades da sua época na Xunta. Do BNG non digo nada porque a verdade non están na realidade dos problemas dos veciños.

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitaron o parque empresarial de San Cristovo de Cea con motivo da actuación de mellora das infraestruturas viarias levada a cabo co apoio da Xunta de Galicia.
En concreto, a Administración galega achegou preto de 120.000 euros (o 80%) para un proxecto no que se investiron preto de 150.000 euros.
O de San Cristovo de Cea foi un dos 42 proxectos apoiados en Galicia para a mellora de infraestruturas en parques empresariais. En concreto, na provincia de Ourense concedéronse nove axudas, todas en concellos emprendedores, que supuxeron un investimento total de máis de 700.000€.

O BNG denuncia que "un ano máis, no pleno deste luns, o PP impuxo os seus orzamentos oscurantistas, sen que o BNG puidera asistir á Comisión de Contas, nin participar na súa elaboración polo que votou en contra". Para o portavoz de Grupo municipal,
Manuel Pérez, “son uns orzamentos continuistas, á baixa, elaborados de costas á oposición e carentes dun proxecto dinamizador capaz de frear a liña decadente pola que transita o concello”. Segundo Pérez, os orzamentos aprobados “trasladan a débeda ascendente á futura corporación, non contemplan apenas inversións reais e unicamente se orientan a apuntalar a potente estrutura caciquil do concello, pensando nas próximas eleccións municipais”. Os orzamentos do Concello de San Cristovo de Cea contemplan 1.094.188 €, un 54% do total dos 2.036.000 €, para gastos de persoal, con case medio cento de traballadores o que supón un traballador municipal por cada 45 habitantes.
Para o Portavoz nacionalista, “tal aspecto podería resultar positivo se existise unha organización transparente, pensada para lograr maior eficiencia nos servizos e que puidera axudar a asentar poboación, pero non parece ser o caso”. Manuel Pérez denuncia que as contas recentemente aprobadas “contemplan de novo o salario dun alto cargo para un concelleiro do PP, máis dedicado ao control da información e a organizar festas que a realizar labores que poderían ser relevantes como a posta en funcionamento dun polígono industrial paralizado, con unha forte inversión xa realizada nel e que de momento ben pouco aporta”. O BNG critica tamén que a estas alturas do ano aínda non se realizaran as obras previstas para 2022, sen outra explicación máis alá de “agardar a que se acheguen as eleccións”.
Na mesma sesión, "a moción presentada polo BNG para que o Concello facilite a restauración dos múltiples muíños existentes nas ribeiras do Barbantiño, o Silvaboa ou outros regatos, moitos deles en estado ruinoso, pero que no seu momento foron industrias de importancia e seguen constituíndo un importante patrimonio histórico-etnolóxico, tamén foi rexeitada polo equipo de goberno do PP", reprochanlle dende o grupo nacionalista.
Ultimamente escoitamos moitos datos sobre problemas do Concello con indeminzacions, primeiro o pufo do tanatorio 95000 euros, logo os 7300 polo de orientación laboral, logo outros 8000 por despedir os varredores, logo multas de 24000 por vertidos da depuradora ilegal, mais outra fai tempo de 200000 que inda non se soupo como quedou e ademais, alguen me pode explicar que e esa posible indemización de 240000 por outra cousa ? Ata cando os cidadans imos ter que seguir pagando multas e indemnizacions por facer as cousas mal, das que tamen son culpables anteriores gobernos , ata cando !

O Concello do Carballiño sumará unha nova proposta de actuación ao programa de recuperación e posta en valor do barrio que deu orixe á vila. A intervención desenvolverase nas rúas Caravel e Loureiro e vén a dar continuidade aos traballos que se iniciaron hai ano e medio coa reforma e mellora do entorno da rúa Mirto, no barrio de Flores.
O proxecto de humanización das rúas Caravel, travesía Caravel, pasaxe Caravel e rúa Loureiro foi redactado polo arquitecto municipal, Sergio Mascareñas Nogueiras, e o obxectivo de dito proxecto pasa por definir o trazado e características do acondicionamento dos pavimentos, a renovación da rede de abastecemento de auga e de alcantarillado, xunto coa nova rede e varios sumideiros de augas pluviais, por tratarse de tramos antigos de fibrocemento (no caso da auga) e de formigón deteriorado (no caso do alcantarillado) e posterior reposición de bases e pavimentos das beirarrúas e das calzadas, nas citadas vías públicas do núcleo urbano do Carballiño.
A actuación nesta zona do barrio de Flores promóvese debido á necesidade de renovación debido ao mal estado das redes de abastecemento e de alcantarillado.
Para a humanización e posta en valor desta nova área de Flores procederase a levantar o actual pavimento, dotarase a toda a zona de novas redes de canalización de augas e alcantarillado, instalaranse novos sumideiros, canalización de pluviais e outros elementos. Dotarase á zona de pavimentado continuo de formigón impreso, con xuntas de 10 cm de espesor, para uso peatonal. Tamén se dotará aos viais obxecto de mellora de lastros de granito Blanco Berrocal para manter a mesma tipoloxía e dar continuidade ás intervencións xa realizadas no barrio.
O prazo de execución do proxecto de reforma e mellora das rúas Caravel –xunto coa travesía Caravel e pasaxe Caravel- e Loureiro será de cinco meses e o orzamento é de 153.397 euros.
Humanización, posta en valor e dinamización do barrio de Flores
O Concello do Carballiño iniciaba na primavera do 2021 o plan de rehabilitación do barrio de Flores. A zona antiga da vila, o espazo que deu lugar ao nacemento de O Carballiño, é un dos sinais de identidade do pobo e dende o goberno municipal os obxectivos pasan por conseguir o desenvolvemento humano e social dun entorno que se foi deteriorando co paso dos anos. A recuperación da habitabilidade e a preservación da identidade do espazo histórico son obxectivos preferentes.
O barrio de Flores foi perdendo poboación ao non contar coas condicións axeitadas para dar resposta ás necesidades dos potenciais novos veciños e coas actuacións que se están a desenvolver agora dende o Concello do Carballiño o que se quere é dotar ao barrio dos servizos públicos axeitados e mellorar as condicións de habitabilidade que podan facer de Flores unha zona atractiva para vivir e investir.
O primeiro dos proxectos do plan de rehabilitación do barrio de Flores foi o referido ao acondicionamento e rehabilitación da rúa Mirto, actuación que estivo dotada cun investimento de 100.000 euros.

O grupo municipal de Espazo Común afirma que esta nova sanción da Confederación Hidrográfica por importe de 24.000 euros súmase ás "multas pagadas anteriormente por verquidos sen autorizar dende a depurado do Carrás ata chegar case aos 300.000 euros", no cómputo dos últimos anos.
Tamén indican dende Espazo Común que dende esta formación política veñen denunciando esta anomalía dende o ano 2028 "no que vimos advertindo desta situación sen que Fumega e o seu equipo sfixeran absolutamente nada".
Confesan que veñen de recibir "con estupor" esta nova sanción, que pon de manifesto "un lamentable caso máis da pésima xestión que ten consecuencias directas nas arcas do concello e do que agora ningúen se fixo responsable".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- …
- seguinte ›
- última »