
Ata 3 películas temos ata o xoves da semana que ven no Novocine de Leiro, con estes títulos e horarios: "Lilo, Mi Amigo El Cocodrilo" (16:00 h.) "BLACK ADAM" (18:00 h.) "Los Renglones Torcidos de Dios" (20:15 h.
Na Mostra de Teatro Amador que organiza Tiruleque doble programa para esta fin de semana. O Sábado co grupo de teatro "Ollomao" de Barreiros-Lugo represena "O Documento" sobre un conto de Ánxel Fole no que verémos un desfile de personaxes entre o real e o grotesto, e o domingo o tamén grupo lucense "Achádego Teatro" trae a O Carballiño "Nadal na casa dos Lamelo", con máis teatro de comedia. Ambas representacións no auditorio do Carballiño en horario de 20:00 horas.
Soutelo de Montes celebrará o domingo 30 a décimo oitava edición da súa Festa dúas Cogomelos, que este ano ofrecerá un menú popular a base de arroz con xabaril e cogomelos, callos con cogomelos e tosta de cogomelos.
A degustación será baixo a carpa instalada na Praza dúas Gaiteiros, a partir das 14.00 horas. A xornada festiva arrincará moito antes. Ás 9.30 horas comezará a camiñada desde Silvaescura á Fervenza dá Graña, con saída desde a Praza dúas Gaiteiros, tres horas de duración e necesidade de inscrición previa (candesanroque@gmail.com). A inscrición custa 15 euros e inclúe almorzo, avituallamiento, seguro e xantar a base de pratos de cogomelos.
Ás 10.30 abrirá o mercado de produtos locais e de artesanía, ás 11.00 comezará a recepción para o concurso de cestas de cogomelos e produtos da terra, ás 12.30 actuará Cé Orquestra Pantasma e ás 13.15 será a entrega de premios dos concursos de cestas e de fotografía.
Antes no centro de saúde do Carballiño o médico ou a enfermeira saian á sala de espera a chamar aos pacientes. Agora ao mais puro estilo hospital puxeron unhas maquinitas para sacar o ticket coa vez e logo unhas pantallas para estar mirando todo o tempo para elas cando nos sae o noso número. A iso chegamos. A esto chega o maltrato ao paciente. Que hai xente que non ve ben ou que é moi maior e xa non entende disto. O que non entenden dende a sanidade pública que toma estas decisións é que é mais cómodo e axil para eles é un incordio e un atraso para os usuarios. Espero recapaciten. e revirtan tal decisión.
Boas tardes, quero pedirlle a xente da comarca do Carballiño e arredores que desperten do seu letarago e que salgamos a calle a protestar pola pesima sanidade que temos no Ambulataorio de Carballiño( e digo no Carballiño xq é donde teño que ir eu) pero esto pasa en todos os Ambulatorios.
Cando vas o médico, no meu caso falo da tarde, as salas están vacias, os medicos/as están de parola coas da ventanilla e ven que te sentas na sala e seguen de conto, da igual que vaias por algo urxente ou leve, elas/es fan que non te ven.
E por se fora pouco van e poñen unha màquina pa quitar a vez, e unhas pantallas pa que nos estreteñamos mirando cando sae o nosa vez, que rediculo, sintoo moito polas aboas/os que teñen dificultad de vision ou que non estén postos nas novas tecnoloxias, neste mundo dase por feito que todo o mundo ten que saber de todo, e non é así. pa catro veciños que somos no Carballiño tanto traballo era pos médicos sair a sala a chamar ós pacientes.
E as enfermeras que nos terian que atender nese momento NUNCA ESTAN e sempre é a mesma excusa ESTAN FACENDO DOMICILIOS, veña xa, unha cousa é ser tontos e outra querer facernos tontos. pido un pouco de respeto polos pacientes .
Están mexando por nós e temos que decir que chove.
Onte no pleno escoiteille ao alcalde decir que saneou as contas do concello. Que cando el chegou se debían 4 millóns de euros e día de hoxe, sete anos despois esa deuda está casi totalmente saldada. Quenes escoitamos eso, así en frio, e non controlamos moito de eses temas só nos podemos maravillar da boa xestión do alcalde. Pero hoxe na tertulia Nogueira dixo que ese saneamento económico foi forzoso pois hai tres leyes (creo que as chamou leyes montoro) que obliga aos concellos a usar os seus aforros para pagar a súa deuda. Leyes que estan suspendidas este ano, lle entendín. Vamos, que de boa xestión nada, senon que xestión imposta.
Estas cousas está ben sabelas e que se expliquen para que a xente sepamos de verdade como está a realidade lonxe dos titulares sensacionalistas que moitas veces lemos sin saber facer unha lectura real da situación que se nos está a narrar.
Gustaríame propoñerlle á cope que fixese un pequeno monográfico con Nogueira e outras persoas que dominen estes temas explicando cuestións básicas de esta índole: lectura dun presuposto, ordenanzas fiscais, tipos de impostos,etc. Cousas que afectan ao noso concello e das que na súa maioría descoñecemos ou non sabemos como entendelas cando os nosos políticos as citan.
(Ollo, menciono a Nogueira non por afinidade política, que non a comparto, sinon porqué é o único que as veces aclara estas cuestións algo técnicas, incluso con exemplos).

Dous establecementos do centro do Carballiño distantes apenas 30 metros, foron obxeto de roubos na noite-madrugada deste venres dia 28 de outubro. Os propietaros presentaron nas últimas horas denuncia ante a Garda Civil.
Os ladróns conseguiron entrar no Bar Meu, popularmente chamado o bar dos callos, na rúa da Carreira, tras forzar as portas da parte traseira do local, levándose diñeiro en efectivo, 600 euros dos botes das propinas e 400 euros da venda de lotaría, asi como varias botellas de licores e outras bebidas, o seu propietario calcula que en total son 3.000 euros o importe do valor do roubo.
O outro roubo rexistrado nas últimas horas foi na Mercería La Moderna, na Praza da Mina, tras acceder pola porta principal, apoderáronse de 2.000 euros en diñeiro efectivo que a propietaria gardaba nun sobre e na caixa rexistradora. En ambos casos, os ladrons non causaron ningún desperfecto.
Dende aquí gustariame facer unha suxerencia o equipo de goberno do Concello do Carballiño, recentemente saliu a resolución das subvencions do PIREP local ( subvencions do ministerio de fomento con fondos da UE ) , sendo con diferencia a provincia de Ourense a que menos recibe, so Maside recibe algo, 77000 euros, algo es algo, dijo un calvo, pero por exemplo Lalín pillou 1,13 M, a pesar de ser de diferente partido, aqui e onde quero facer fincape, e é que o concello debería solicitar cando haxa convocatorias e tentar conseguir financiación para poder facer melloras ben precisas, xa que o remanente pouco lles queda, mais aínda agora que o gasto en electricidade aumenta 175000 euros, sería o momento de tentar conseguir axuda do IDAE como fixeron outros concellos e mellorar a eficiencia do alumeado público ( na Avenida de Vigo fai tempo que non adoita funcionar ) así coma a eficiencia dos edificios municipais, en especial o pabellón de deportes, así que agora cos fondos europeos e o momento idoneo para loitar por mellorar o Carballiño, ahí o deixo, eu son de mais de propoñer ca de criticar como parece que so saben facer alguns da oposición, con discursions absurdas e polarización nada imos facer, agora e o momento de estar unidos e tirar para adiante todos xuntos.
Resulta grotesco e insultante ver de novo a todo un delegado provincial da Xunta sacándose fotos de feirante de boletos premiados ao mesmo tempo que a atención primaria en toda a comarca esmorece sen solución de continuidade.
Señor Gabriel, vai levar o premio aos safaris fotográficos. Aparece vostede en todos os saraos de irrelevancia para o servizo público que vostede debería prestar. Pero faga o favor, traballe un chisco e faga algo pola atención primaria de toda a comarca. Porque é unha auténtica vergonza.
E aqueles que seguen dicindo que temos a mellor sanidade do mundo que o fagan mirar. Temos unha lonxana lembranza do que foi unha sanidade decente. Pero os dos safaris fotográficos están a rematar con ela.
Con este escrito quero facer pública a situación de falta de persoal sanitario que atopei no PAC do Carballiño cando acudí co meu fillo este pasado 23 de outubro as 13:55 horas. Non había nin un so médico/a nin tampouco enfermeiro/a. Estaban todos desplazados fora e xa había catro persoas agardando para ser atendidos. Vendo a situación, decidín acudir a Ourense. Pódese entender que pode ser un momento puntual, pero os responsables de organización de persoal e das quendas de traballo teñen que garantir e previr que non pasen estas situacións nun servizo tan importante. Cada segundo conta a hora de atender unha urxencia para que o resultado sexa o mellor posible e non teñamos que lamentar males maiores.

O evento celébrase entre as 18.00 e as 20.00 hs. deste xoves dia 27 de outubro. Dúas horas nas que poderán canxearse os tickets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 21 ao 27 de outubro neste caso) polos boletos para participar no sorteo en directo de 900 euros repartidos en 2 tarxetas prepago de 300 e 6 de 50 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.
“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto.
Así, todos os clientes de Carballiño que realizaran compras no comercio de proximidade entre as datas sinaladas, poden participar no sorteo en directo destes 900 euros en premios. Este sorteo contará coa presencia de representantes das entidades organizadoras, entre eles a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez Valcárcel, o presidente do CCA Carballiño, Julián Garriga, a xerente do CCA Carballiño, Noelia Mares, e a concelleira de comercio, Silvia Baranda.
Actualmente no centro de saúde do Carballiño polas tardes soamente hai 3 médicos, que ademais teñen o cupo completo polo que non é posible que unha persoa que teña médico pola maña queira cambiar por un da tarde. E iso cando están os 3 médicos, que normalmente so hai un 1 ou 2 por mor de vacacións, días libres ou baixas que non se cubren. Pero ademáis non hai pediatra, nin fisioterapia, nin dentista nin se fan radiografías. Unha vila coma Carballiño merece uns servizos sanitarios dignos para todo o día, non so polas mañás.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- …
- seguinte ›
- última »