7, Outubro 2022

Fin de semana con destacados acontecementos festivos na comarca do Carballiño, esta segunda do mes de outubro, que se presenta con tempo e temperaturas típicamente do outono, e cun aumento das nubes cara o domingo.

A veciñanza da Pereda, no concello de San Cristovo de Cea, recupera na noite deste venres 7 de outubro a tradición da ruta das adegas, con invitación a viño, licores e pinchos, que ofrecen de balde e coa animación musical do grupo de acordeóns "Lereto". O Sábado 8 en Pereda haberá festa e verbena no grupo Master e as 23:30 h. a actuación estelar da cantante galega Pili Pampín. O domingo 9 celebraráse ás 13:00 h. a misa solemne na honra á Virxen do Rosario, á que seguirá unha sesión vermút amenizada cun grupo musical.

O domingo 9, a paraxe natural do Puzo do Lago acolle a XXXII Festa do Cabalo do Concello de Maside. Pola mañá, dende as 10:00 horas haberá ruta cabalar, e tamén competicións de andadura chapeada e trote montado. Xa pola tarde, celebraránse os concursos de andadura serrada, trote enganchado, galope e burros.

E tamén, o domingo 9, no campo da festa do Arenteiro terá lugar a V Festa dos Callos do Concello de Piñor, cun xantar por 15 euros para un menú con empanada, xamón, callos, postres, bebida e café. Un grupo musical animará o evento, que contará ademáis cunha concentración de motos clásicas e hinchables gratuítos para o público infantil.

7, Outubro 2022

Porque tamen vexo cero publicidade nese tema. A tarxeta Xente Nova e para menores de 18 ou 20 años se non me falla a memoria. ¿Que pasa enton cos demais? Non se informa de nada por parte do Concello.

6, Outubro 2022

O que comenta o Copenauta de ir estudar a Ourense é certo pero tamén pasaba o mesmo hai 20 anos cando estuba eu (mi madriña, xa choveu) e seguimos igual ou pior. Na miña época había algún tren máis a primeira hora da maña pero para volver non había nada despois de rematar as clases. Algún compañeiro estaba de alquiler en Ourense, ou vivía na casa dalgún familiar. eu tiven bastante sorte e consiguín plaza no CRD que está na Cuña en Mariñamansa e pasei alí os tres mellores anos da miña vida.

6, Outubro 2022

As clases comezan as 8 ou as 8 e media e o primeiro autobus da maña chega a estación intermodal de Ourense pasadas as 8 e vinte e ainda hai que ir en carrito ou andando ao centro educativo.  Do tren millor non falar. Moita propaganda esta semana Fumega e o señor da Xunta co tema dos descontos pero logo os horarios non sirven para o día a día. 

6, Outubro 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada OU-504, ao paso polo concello de Cea, que suporán un investimento de 1,1 millóns de euros. Esta mesma actuación tamén se leva a cabo a altura do municipio de Ribadavia

Os traballos, cun prazo de execución de seis meses, consistirán na rehabilitación do firme da OU-504 -coñecida como o Eixo do Ribeiro- entre a intersección coa estrada N-120 en Ribadavia e a intersección coa OU-901 en Cea, en concreto, entre os puntos quilométricos 1+460 ao 1+800; e do 2+900 ao 28+080.

Segundo o treito e o estado actual do firme, realizaranse fresados e reposicións de 5 e 10 cm de espesor, e disporase unha nova capa de rodaxe mediante o estendido dunha mestura bituminosa en frío, tipo microaglomerado.

As obras incluirán a habilitación de cunetas de seguridade de formigón, incluíndo tubo dren e recheo co material de fresado da propia obra para reforzar a seguridade viaria.

Tamén se mellorarán os camiños, mediante estendido do material de fresado da propia obra e o selado mediante unha rega asfáltica. Ademais acometerase a limpeza e o reperfilado das marxes.

6, Outubro 2022

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, no que se analizaron as novas propostas de cooperación formuladas polo rexedor arredor do reforzo dos servizos públicos e a mellora das infraestruturas para os veciños,

A xuntanza foi definida como “moi satisfactoria” polo presidente do goberno provincial xa que, como resalta Manuel Baltar, os acordos acadados permitirán fortalecer a cooperación con San Amaro, e seguir avanzando “en cuestións absolutamente centrais na folla de ruta deste goberno provincial”.

Manuel Baltar avanzou o apoio da Deputación a dous novos proxectos presentados polo alcalde: a implicación do goberno provincial na reforma do centro de saúde de San Amaro, asumindo a parte que lle corresponde ao Concello no convenio coa Xunta de Galicia e, por outra banda, a axilización da reforma integral da estrada OU-0303 ao seu paso por San Amaro.

“Proxectos importantes, básicos para os veciños de San Amaro e cos que a Deputación está implicada ao 100%”, resaltou Manuel Baltar, que destaca a “capacidade propositiva e o liderado de Fernando Redondo en San Amaro”.

5, Outubro 2022

‘Mercar non teu comercio ten premio’ é o nome desta nova campaña que esta mañá presentouse na sede da CEO. Esta iniciativa promocional, que pretende dar visibilidade ao pequeno comercio e dinamizar as compras nel, foi explicada pola presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, que estivo acompañada por outros membros desta entidade, os vicepresidentes Enrique García e Margarita Díaz, e o secretario Jesús de Deus.

A campaña desenvolveráse nas principais poboacións da provincia e no caso do Carballño a inciativa terá lugar entre os dias 21 e 27 de outubro, este último dia faráse o sorteo na Praza Maior do Carballiño

O funcionamento é sinxelo e accesible a calquera cliente. No período de vixencia da campaña en cada localidade, o cliente que comprase no comercio local e queira probar sorte, ten que gardar as súas tickets para trocalos por participacións o último día de campaña nunha carpa que se habilitará para este fin durante 2 horas, e na que se realizará, a continuación, o sorteo que será presencial e cunha urna onde se depositarán as participacións. Cada 10 euros de compra poderanse trocar por unha participación no sorteo e o gañador ou gañadora ha de estar presente na carpa no momento da extracción das papeletas premiadas.

En total, repartiranse 12.000 euros en formato de tarxeta prepago para gastar no pequeno comercio. En Ourense cidade póñense en xogo 2.100 euros repartidos en 4 premios de 300 euros e 18 de 50 euros; mentres que a cantidade para cada vila é de 900 euros, distribuídos en 2 tarxetas para gastar 300 euros cada unha, e outras 6 por valor de 50 euros. Esta repartición obedece ao censo tanto de poboación como de comercios da capital con respecto ás localidades participantes.

A presidenta do colectivo en Ourense aproveitou para comentar a difícil situación que atravesa o pequeno comercio, que trata de seguir resistindo #ante o panorama de crise que atravesa o sector. Por iso sinalou que campañas deste tipo son moi positivas, así como ‘necesarias para darlle visibilidade ao pequeno comercio, que é fundamental para a creación de riqueza, emprego e dinamización das cidades’.

Finalmente, Gómez cualificou de boa noticia a proposta do Concello de repartir 100 euros a cada habitante da cidade para a campaña do Nadal para destinar a comercio, hostalería e actividades profesionais, unha formulación que espera que sexa aprobado polo pleno e poida levar a cabo. Tamén confía en que a Xunta volva convocar en breve a campaña Bonos Activa Comercio, lanzada hai un ano para reactivar as compras no pequeno comercio despois das restricións ocasionadas pola pandemia.

4, Outubro 2022

Ultimamente vexo moitas reaccions sobre o tema, en primeiro lugar hay que decir a cousa esta que bota fume, nunca mellor dito, alguns din que Fumega lle cortou as alas a Adolfo,cousa coa que discrepo, xa que se o alcalde quixera como din alguns no 2016 frear a Adolfo non lle houbese dado fai tan so uns meses atras a portavocia do grupo de goberno, sentando o seu lado nos plenos e sendo o concelleiro con mais competencias, seguridade, emerxencias, persoal, emprego, promocion economica, etc levando unha moi boa xestion ata case finais da lexislatura, aprobando tres presupostos con tres partidos diferentes e cun goberno en minoria, o alcalde beneficiaballe ter no seu equipo a alguen da valía de Adolfo, a quen demostrado esta, non e nada sinxelo nin agradable ter coma rival, todos sabemos que Adolfo tarde ou cedo acabaría sendo o sucesor de Fumega na alcaldía, asi coma deputado provincial, onde a sua retórica, se se fixese tecnicamente o auparía a portavocia do grupo socialista, outra cousa ben distinta e que algunha man negra poderosa o desplazase a fin de deixar o camiño libre a outra persoa de cara a Maside, quen a pesar de ser ben querido por min, non goza da todopoderosa dialectica do de Zafra, pero quen sabe o que realmente pasou ?

4, Outubro 2022

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, mantiveron unha reunión na que estudaron a posibilidade de levar a cabo actuacións de humanización en varias rúas do municipio.

Este proxecto levaríase a cabo no marco do plan Hurbe, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta en 2010 para promover o desenvolvemento das vilas e dos núcleos rurais con criterios de sustentabilidade económica, medioambiental e social; así como mellorar os equipamentos e dotacións, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos co fin de incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos rurais galegos.

De feito, ao abeiro desta iniciativa, no concello de Beariz xa se levaron a cabo melloras nas rúas do núcleo de Alvite, nas prazas de Alvite e Lebozán, e nas contornas da casa consistorial e da igrexa de Doade.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS