26, Setembro 2022

A pasada semana era Franscisco Fumega quen avanzaba que optará a reelección á alcaldia do Carballiño para un novo mandato. Hoxe foi Ricardo Perea, o actúal portavoz do grupo municipal popular, en resposta aos ointes de COPE O Carballiño,  quen adiantou que "o Partido Popular ten que abrir unha reflexión e buscar quen pode ser o mellor candidato", para as eleccións municipais de maio de 2023.

"É o momento de facélo, como o resto de partidos supoño, non debe ser ésta unha decisión dunha única persoa, penso que o mellor para O Carballiño sería un alcalde do Partido Popular, e por eso o Partido Popular debe facer un esforzo para que sexa o mellor candidato posible, esa é a obriga do partido", dixo o portavoz dos populares, que encabezou por vez primeira a candidatura carballiñesa nas eleccións de 2019, coa que obtivo catro actas na corporación municipal.

Preguntado de forma expresa e concreta sobre se descartaría ou podería repetir como cabeza de lista dos populares carballiñeses, Perea manifestou que non descarta que tras ese periodo de reflexión que anunciou, él mesmo poida repetir como cabeza de cartel "igual que fai catro anos, eu sigo estando a disposición do meu partido", zanxou.

25, Setembro 2022

Unha vez redactado o borrador do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incencios forestais, o concello do Carballiño abre o periodo de exposición pública durante un periodo de 20 dias hábiles, que comezaron a contar a partir da publicación do anuncio no BOP, con data deste pasado dia 23 de setembro.

Durante este prazo, calquera persoa que o desexe poderá presentar no Rexistro Municipal as observacións ou suxestións que estime oportunas. O borrador deste Plan Municipal de Prevención e Defensa contra incendios forestais, xunto o resto dos documentos integrantes do expediente administrativo, poderán consultarse no portal de transparencia do concello do Carballiño, na sede electrónica da institución municipal, asi como nas propias dependencias municipais en horario de 9:00 a 12:00 horas, de lúns a venres.

23, Setembro 2022

A vila de Cea celebra as festas da Saleta entre o venres 23 e o lúns 26, que será festivo local no municipio, o acontecemento que cada ano despide o calendario festivo estival na comarca carballiñesa.

Para amenizar estas festas estarán en Cea 7 orquestras, que son Unión y Fuerza (Dia 23) New York e Tentaciones (Dia 24) Fusión e Olimpus (Dia 25) e Pégate e Claxxón (Dia 26).  Ofrecerán pasarrúas e concertos as bandas de música Artística de Merza e Muimenta, e complétase o programa musical coa Charanga CLK e o grupo Feitizo de Pau.

O Carballiño ten esta fin de semana dous eventos musicais. O sábado dende as 20:30 horas o Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral, que terá lugar no Casino, e coa participación da propia Coral do Casino, e como agrupacións invitadas o Orfeao de Espinho-Portugal e a Coral Ecos do Miño de Lugo. O domingo, no auditorio e con entrada de balde, Alfonso Medela Trío presenta "Jazz Ad Líbitum", un concerto no que o artísta carballiñés estará acompañado de Luis Vivas á bateria e o cubano Óscar Rodriguez no Contrabaixo.

No campo da festa de Brués, o concello de Boborás programou para as seis da tarde do sábado o musical infantil "Pako Pakolas".

E na carteleira cinematográfica, o Cine Club Carballiño inicia tempada coa proxección da película española Alcarrás, o venres en pases ás 20:00 e 22:30 horas no auditorio. No Novocine de Leiro dúas películas para estes dias: "Tadeo Jons 3" ás 16:00 horas, e "Viaje al Paraiso" ás 18:15 e 20:30 horas.

23, Setembro 2022

Bos días a tod@s os lectores de Cope Carballiño.

Lendo o que aquí se publica o pensamento que me xurde é que imos por detrás con respecto a outras vilas similares ou incluso máis pequenas. 
Non vou entrar en xuízos do que hai e de como está, do mal que o fixeron uns ou outros, do mal ou ben que gastan as partidas presupuestarias, etc. porque o feito feito está e moito se podería decir.

Simplemente vou facer unha suxestiòn en base ó que penso, e comparado co que hai noutras vilas similares. Seguro que xa se ten suxerido.

Unha piscina climatizada municipal, con ou sin servicios adicionais de gimnasio etc, como en Verín, Xinzo, O Barco, Lalín, A Cañiza etc.

Paréceme imprescindible para a calidade de vida de nenos, adultos e terceira idade. 
Saúdos para tod@s!

 

 

22, Setembro 2022

Bo día, en primero lugar desculparme se non fun todo o correcto que debería,  non se trata de atacar a ninguen, ou alomenos non iba con esa intención, senon de dicir e recoñecer que as instalacions deportivas ben sabido e que se atopan nun estado mellorable, moi mellorable nalguns casos, pero que lanzar notas de prensa o aire non e solución, a solucion pasa por estar unidos e loitar para que a Xunta financie Unha mellora no pabellón e outras instalaciones xa que doutro xeito será imposible como vostedes ben saben, realizar melloras de calado Nas instalacions, tan necesarias para os carballiñeses 

Por outro lado pensó que ninguen está nervioso de cara as eleccions municipais, xa que a xente valorará o traballo ben Feito e non so os erros, que calquera mortal comete ,saudos

 

22, Setembro 2022

O Casino do Carballiño acolle, con entrada de balde, dende as 20:30 horas deste sábado dia 24 de setembro a edición número 39 do Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral.

O concelleiro de cultura Diego Fernández, subliñou no acto de presentación deste festival que "trátase dun evento que nunca deixa de sorprendernos grazas ao bo facer da familia da Coral do Casino e tamén do seu director Jaime Pichel, un orgullo para O Carballiño poder contar cun home do seu talento e sempre implicado coa nosa vila".

Pilar Caballero, en nome da organización, que corresponde á Coral Polifónica Casino do Carballiño, destacou o nivel artístico das dúas corais invitadas "que nos achegaron a súa ilusión por estar no Carballiño e participar neste festival, témoslle preparada unha visita turística e gastronómica, na que non faltará o pulpo".

Ademáis dos anfitrións e organizadores, a Coral do Casino, participarán neste festival a agrupación portuguesa Orfeao de Espinho e a Coral Ecos do Miño, de Lugo.

22, Setembro 2022

Seica hai algún veciño do Carballiño ó que lle molesta que se melloren as instalacións deportivas.

Atacar a Espazo Común por facer unha proposta deste tipo só demostra que no PSOE do Carballiño están moi alterados ante o examen que teñen nas eleccións de maio. 

Como non estudiaron nada estes anos saben que os veciños os van suspender. 

Que tomen tila e non se enfaden tanto. 

 

 

21, Setembro 2022

Recentemente limos Unha noticia de Espazo Comun sobre as instalacions deportivas do Carballiño, na que se queixan do seu estado, o cal certo e,non e nada bo,para que imos a mentir,pero como se concello do Carballiño, que por rico non está, poidese solventar Unha problemática que ven de anos, ou acaso o Pavilion Paco Chao fixose vello este ano ? 

Acaso ten culpa o alcalde de que a Xunta non lle dea un can para reformar o pabellón ? 

E o señor Adolfo Nogueira anda company non recordan que cando estaban eles no goberno o pabellón xa estaba Feito Unha merda ? 

Señores deixense de cinismo e centrense na realidade ! Con enviar notas de prensa nada van arrancar, que xa nos coñecemos 

 

21, Setembro 2022

A Deputación e cinco balnearios ourensáns lanzan a campaña “1.000 sesións balnearias a 1 euro”. “Con esta iniciativa innovadora e sen precedentes queremos promocionar a saúde a través da cultura termal”, explicou esta mañá Manuel Baltar no lanzamento da iniciativa en As Burgas, nun encontro mantido cos responsables dos establecementos participantes, todos os da provincia con piscinas de auga mineromedicinal de usos lúdico-terapéuticos: Laias, Cortegada, Lobios, Partovia e Arnoia.

“A promoción posibilitará o goce dos balnearios a prezos moi alcanzables coa intención de que moitos das persoas residentes na nosa provincia que aínda non coñecen os nosos balnearios poidan facelo”, resalta o presidente da Deputación, que encaixa esta presentación no Día da Cooperación Europea (EC Day), “unha forma de resaltar a riqueza termal da provincia e a localización da maioría dos nosos balnearios en territorios considerandos pola UE como transfronteirizos, así como para visibilizar a contribución dos programas de cooperación europea ao termalismo provincial”.

Entre Laias, Cortegada, Lobios, Partovia e Arnoia achegarán unha cifra inicial de 1.000 sesións balnearias que se distribuirán entre os meses de outubro e novembro, de luns a domingo, en diferentes franxas horarias e cunha duración entre 1,5 e 2 horas, en función do balneario.

A reserva das sesións balnearias poderá realizarse a partir do 29 de setembro a prezo especial único de 15 euros, importe sobre o que haberá códigos de desconto de 14 euros, quedando o prezo final en 1 euro. O acceso ás 1.000 prazas será por orde de solicitude e reserva, podendo tramitarse a través de internet.

Os códigos de desconto poñeranse ao dispor dos interesados de diferentes maneiras, a través de eventos ou redes sociais. Os códigos de desconto poderán utilizarse ata completar as prazas ofertadas na promoción, serán individuais e cada persoa poderá utilizar un código.

Toda a información sobre a promoción estará dispoñible en: raiatermalou.com/promocion

Ábrese o rexistro para a promoción, a entrega dos primeiros códigos desconto a próxima semana en Termatalia.

Para acceder á promoción “Sesións en Balnearios a 1 euro” será necesario unha inscrición previa a través de internet, que se poderá facer a partir de hoxe na dirección: www.raiatermalou.com/promocion

Os 250 primeiros códigos de desconto entregaranse o 29 de setembro en Termatalia. As persoas que visiten a caseta da Deputación de Ourense na Feira Internacional de Termalismo en Expourense e teñan interese na campaña de promoción recibirán o seu código de desconto ata esgotarse os códigos dispoñibles.

A Deputación de Ourense a través da área de Benestar habilita o teléfono 999317760 para responder a calquera consulta ou dúbida sobre a promoción termal.

21, Setembro 2022

Espazo Común comeza a súa exposición de motivos desta moción que trasladará ao pleno da corporación municipal suliñando como "O Carballiño é, históricamente, unha vila cunha gran tradición deportiva".

E continúa remarcando que "folga falar da importancia da educación e os valores que aporta a práctica de calquer deporte, sobre todo nos anos de formación dos nosos nenos e nenas e, polo tanto, do importante que resulta dar tódalas facilidades posibles para o seu desenvolvemento.
Sen embargo, coma en outros moitos ámbitos, O Carballiño leva anos quedando atrás con respectoa a outras vilas semellantes de Galicia pola falla de iniciativa e renovación das diferentes instalacións para a súa práctica".

Repróchanlle ao goberno do alcalde Fumega que "non semella que chegara ao goberno local a nova de que hai xa moitos anos que numerosos deportes aparte do fútbol contan con grande número de seguidores e de novos adeptos. Podemos destacar o inmenso número de veciños que exercen como atletas, patinadores ou ciclistas, só por nomear uns poucos".

Poñen desde Espazo Común coma exemplo do afirmado "o feito de que incluso un deporte con tanta tradición coma o baloncesto despareceu do Carballiño por falla de espazos para os seus equipos e agora a xente que desexa xogar ten que desprazarse a Maside".

Asimesmo, engaden que "temos que dende o ano 2009 no que se instalou o céspede artificial no campo de fútbol da Uceira cunha subvención da Xunta de Galicia na que estaba Pachi Vázquez, apenas se fixeron inversións de ningún tipo. Tampouco se adaptaron ás necesidades dos usuarios as poucas instalacións existentes. Por exemplo, contamos cun Pavillón que, a pesares de quedarse moi escaso para as necesidades existentes, pecha as fins de semana e gran parte do verán. A Piscina Municipal é un cúmulo de despropósitos que acumula gastos que superan con creces o millón de euros nos últimos anos e só provoca o disgusto e as queixas dos que a frecuentan. O antedito campo de fútbol da Uceira precisa con moita urxencia unha renovación pois son moitos os equipos (sobre todo da base) que fan uso del, sendo calamitoso o seu estado actual. Os usuarios habituais da pista de pádel queixanse das dificultades con que se atopan para facer uso da mesma. É unha anomalía que unha vila coma a nosa non conte cunha Piscina Climatizada Municipal. A adaptación das instalacións de Pena Cobertoira para a práctica do atletismo e do ciclismo ou a construción dun novo Pavillón deben ser proxectos esenciais no plan de futuro desta vila".

Espazo Común tamen considera que a posta en marcha de pequenas pistas deportivas nos distintios barrios do Carballiño é unha necesidade básica para fomentar o uso do deporte.

Tras esta exposición de motivos, a moción demanda da corporación un acordo para "a elaboración dun Plan Municipal de Renovación e Creación de Instalacións Deportivas que cubra tódalas necesidades actuais e futuras da poboación do Carballiño neste eido".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS