18, Setembro 2022

Tras dous anos suspendida pola pandemia, a romaría da Saleta recupa a normalidade, coa tradicional e sempre numerosa visita dos devotos e romeiros á capela da Nosa Señora da Saleta, na parrquia de Astureses, no concello de Boborás, sen dúbida a romaría das romarías da comarca do Carballiño. 

O domingo 18 ás 18:30 horas terá lugar o tradicional traslado da imaxe da virxen dende a igrexa parroquial de Astureses, na que se custodia durante todo o ano, ata a capela da Nosa Señora da Saleta, onde se celebra a romaría, despóis pola tardiña e a noite  no bar da comisión poderán degustarse sardiñas asadas, empanada e churrasco, co acompañamento musical do grupo "Estelar".

O lúns 19, festivo local no municipio de Boborás, celebraránse misas dende as 8 da mañá en adiante ata ás 13:00 horas, que será o momento máis álxido para os devotos e devotas da Saleta á hora da procesión seguida da misa solemne. Ás 19:00 horas celebraráse a misa verpertina.

Na carballeira instalaránse varias tabernas ambulantes, nas que poderá comerse o pulpo e os outros manxares típicos dun dia de romaría. No apartado da animación musical amenizarán este dia de romaría na Saleta a Banda de Música de Boborás, o grupo Os Biruxes, e para a verbena a comisión contratou á orquestra portuguesa Cordoson e o grupo Xoldra.

18, Setembro 2022

O PSdeG-PSOE de Leiro vén de informar publicamente que a xustiza deulle outro “portazo” na cara ao alcalde do municipio e senador do Partido Popular, Francisco José Fernández Pérez, no seu intento de “reprimir” e “coartar” a liberdade de expresión da veciñanza con “falsas” denuncias.

A sentenza da Audiencia Provincial de Ourense e do xulgado de 1ª instancia e instrución nº 1 de Ribadavia veñen de decretar o sobresemento libre e o arquivo das dilixencias ao constatar que non existe ningún tipo de delito nas declaracións realizadas por un veciño e militante socialista en redes sociais sobre o alcalde de Leiro. Os socialistas denuncian que o “intento” do rexedor de “amedrentar” á poboación a base de denuncias “carentes de total fundamento” levou unha “sonora labazada” por parte da xustiza, ao entender que as actuacións practicadas acreditan que os feitos obxectos da causa que iniciou o alcalde de Leiro contra un veciño, non son constitutivos de delito.

O Grupo Municipal Socialista sinala que o rexedor do Partido Popular “debería centrarse máis en escoitar as queixas, reclamacións e denuncias da veciñanza, en lugar de tratar de reprimir a súa liberdade de expresión, con accións impropias da democracia”. Consideran que o modus operandi de Fernández Pérez “esconde espurios intereses por tratar de silenciar a voz da veciñanza, co obxectivo de que ninguén discuta o desleixo e o abandono que vive o municipio e deste xeito tapar a súa nefasta xestión ao fronte do Concello de Leiro”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, congratúlase de que a xustiza “dea a razón a veciñanza nas súas reclamacións e que desestime que hai un delito nas declaracións feitas por un militante socialista e veciño nas redes sociais”. Neste senso, o edil socialista lembra que “a crítica política e da xestión administrativa, non poden integrar nunca un delito, aínda que o xuízo sexa acerbo, apaixonado ou esaxerado, tal e como quedou probado na sentenza xudicial”.

Rodríguez Vázquez tamén afirma que o alcalde do Partido Popular “debería centrarse en traballar por mellorar o municipio, en lugar de estar molestando a xustiza con denuncias sen fundamento algún, que non fan máis que demostrar que o único que busca e tapar as súas vergoñas e que non se fale do seu desleixo cara a veciñanza de Leiro”. Neste senso, o voceiro do PSdeG-PSOE na localidade subliña que o rexedor “ten o deber de escoitar á veciñanza, en lugar de ignorala, como nos ten acostumados ao longo do seu mandato” e esíxelle a Francisco José Fernández que “deixe de molestar a xustiza con asuntos sen relevancia e asuma a crítica como parte do cargo de alcalde de Leiro, presidente da mancomunidade do Ribeiro e senador”.

Na sentenza xudicial queda de manifesto nos fundamentos do dereito que “non pode deducirse das actuacións que os feitos denunciados poidan ser constitutivos de delito, polo que non se pode establecer un límite de permisibilidade tan baixo á crítica política e social, que implique non poder realizar manifestacións acerca da opinión que merecen as actuacións levadas a cabo por persoas que ostentan cargos públicos ou electos”. A sentenza tamén confirma que Francisco José Fernández, alcalde de Leiro, ostenta un cargo público e as expresións foron vertidas nun grupo de Facebook do partido contrario, polo que se estima que non hai nin calumnias, nin inxurias, xa que non se imputa ningún delito concreto.

17, Setembro 2022

Adxunto fotografía do estado no que se atopa o cableado do alumeado público a entrada do Varón. Non hai perigo eléctrico, xa que é un cable aillado, pero un camión ou unha furgoneta coas barras de baca no teito polo engancharse nel e provocar calquera outro accidente. Tan pronto se poida, manden alguén a tensar o cableado.

16, Setembro 2022

Tras o inicio da programación festiva no Carballiño este pasado xoves, coa primeira verbena na que alternaron as orquestras Solara e Panorama, O Carballiño vive os dias grandes destas tradicionais Festas do Setembro, coa seguinte programación:

Venres día 16 de setembro
10h-Alborada bombas de palenque
11h-Música Galega na feira
18h-Xogos Populares na Praza Maior. Aspadisi.
De 20:30 a 22h Gran Actuación Orquesta Oca na Praza Maior
00:00 Gran tirada de fogo fixo e voador na entrada do parque municipal a cargo da pirotecnia Josman.
00:20 Gran concerto de “Broken Peach” na rúa Calvo Sotelo
De 02:00 a 03:30 Segundo pase da Orquesta Oca

Sábado día 17 de setembro
10h- Alborada bombas de palenque
11:00- Misa solemne na honra de San Cibrao
Acompañada da Banda de música de Vilatuxe
11:00-Charanga Dr. Anchoa
13h- Concerto da Banda de Música de Vilatuxe na Praza da Veracruz
17:00 h.- Concurso de Chave na explanada do parque municipal.
17:30h- Partido de terceira División Nacional
Carballiño F.S./ 5 Coruña. Paco Chao
19h- charanga Dr.Anchoa
De 21 a 22h Gran actuación da Orquesta Saudade
22h- Charanga Louband
De 00:30 a 02:30 segundo pase da Orquesta Saudade.

Domingo 18 de setembro
10h- Alborada bombas de palenque
11h-Roteiro Cultural: As orixes do Carballiño. Centro de Estudos Chamoso Lamas
Saída dende o Asilo, sen inscrición.
11h- Charanga Castro Bello
11:30-Percorrido polas rúas do Carballiño da Banda de Música de Boborás.
13:30h- Concerto da Banda de música de Boborás na praza Juan Corral Pajariño
16h- Torneo de Xadrez Activo Concello do Carballiño. Circuito Galicia Central de Xadrez 2022.
Organiza Club Xadrez As Burgas no Casino do Carballiño
17h- Fúbol: Campionato 1ª Galicia
Sporting Carballiño-Atl. Vilariño ( Campo da Uceira)
19h- Charanga CLK
19h- Concerto “Amigos do acordeón de Terras de Celanova” na Praza Maior.
20h- Teatro Mafaldas ca obra “As Marías de Santiago”.
Auditorio Municipal Manuel María, entrada de balde.
De 20h a 21:30 Gran Actuación Orquesta Pontevedra
20h-Charanga Castro Bello
De 23 a 00:30h Segundo pase Orquesta Pontevedra

Luns 19 de setembro
Gran Romaría da Saleta en Astureses.
“Na honra á Virxe da Saleta”
Día do Neno nas atraccións: descontos en todas as atraccións festivas.

Martes 20 de setembro
Día do Neno nas atraccións: descontos en todas as atraccións festivas.

15, Setembro 2022

A oito meses por diante para a celebración das eleccións municipais de maio de 2023, o alcalde do Carballiño Francisco Fumega aproveitou unha intervención en COPE O Carballiño para anunciar que optará á reelección do cargo que obstenta dende o ano 2015.

Desta maneira, Fumega volverá encabezar a candidatura do PSdeG no concello do Carballiño "tratando de recabar de novo a confianza dos veciños" e dando por boa a decisión do electorado porque "ésta é a grandeza da democracia, a decisión que tomen será a acertada", reflexionou o rexedor municipal, confirmando asi que aspira a reelección para o que sería o terceiro mandato consecutivo.

Preguntado sobre a súa idea para a candidatura que encabezará nos comicios de 2023, se haberá continuismo ou renovación, Fumega dixo que "renovación sempre hai porque hai xente que lle chega a experiencia, xa me manifestou que non queren repetir, e polo tanto haberá certa renovación".

14, Setembro 2022

A Garda Civil levou a cabo unha operación na xornada deste mércores dia 15 de setembro que saldouse coa detención de alomenos catro detidos, un veciño do Carballiño e outras tres persoas veciñas do concello de Pontevedra e no marco dun operativo contra a compra venda de imaxes de arte sacro de procedencia ilegal.

A operación está dirixida polo Xulgado nº 2 do Carballiño, ademáis da detención e posta a disposición xudicial destas catro persoas, a Garda Civil levou a cabo varios rexistros domiciliarios tanto no Carballiño como en Pontevedra.

De momneto, non trascenderon máis datos relativos a esta causa xudicial que foi declarada como secreta, aínda que podería estar relacionada coa vaga de roubos rexistrados meses atrás en varias igrexas dos concellos de Boborás, San Amaro, Maside e Punxín.

14, Setembro 2022

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou esta MOCIÓN PARA Á “CONVOCATORIA DE AXUDAS ÓS/ÁS ESTUDANTES DO IRIXO instando ó Concello a adopción dos seguintes acordos:

1º.- Que o Pleno do Concello de O Irixo aprobe a elaboración dunha convocatoria e/ou ordenanza municipal para a concesión anual de axudas económicas directas a estudantes e/ou as súas familias para a adquisición de libros de texto e material escolar para pais, nais ou tutores de alumnos escolarizados e/ou residentes no noso concello, que cursen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou universidade, cuxos ingresos mensuais non sexan superiores ó Salario Mínimo Interprofesional, ou sendo superiores existan circunstancias que debidamente reguladas fagan preciso a concesión da axuda proposta segundo o caso.

2º.- Que se invite a participar na elaboración e desenrolo desta convocatoria e/ou ordenanza das axudas ó centro escolar e ás asociacións de pais e nais no caso das axudas a escolares de dito centro e outros axentes sociais do concello.

3.- Que se consensúe a elaboración da referida convocatoria e/ou ordenanza municipal entre tódolos grupos da corporación para entre todos acadar a mellor convocatoria e/ou ordenanza para o noso concello ó respecto e garantir así o éxito da medida.

13, Setembro 2022

A previsión de chuvia para a xornada deste mércores dia 14 de Setembro levou á Comisión de Festas a suspender a que teria que ser a primeira verbena das festas patronais do Carballiño.

Desta maneira, a actuación da orquestra Solara será, na Praza Maior o xoves dia 15, polo tanto compartindo verbena coa orquestra Panorama, na Praza da Veracruz.

11, Setembro 2022

Nin as persoas máis maiores recordan algo asi, tampouco dende que hai rexistros hídricos o río Arenteiro presentou un caudal tan baixo ao seu paso polo Carballiño, como o que pudo observarse durante este verán de 2022, nunha situación que continúa crítica e pode ser dramática se non chegan as chuvias.

O caudal ecolóxico, practicamente inexistente nalgunhos tramos do río coincidindo co seu recorrido urbano, cun evidente perxuizo para a vida da fauna piscícola, como confirman dende a Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, cunha elevada mortandade de peixes e troitas que pon en serio perigo a supervivencia da fauna piscícola no río.

A imaxe que ofrece o río é tan deprimente que podemos ver como é totalmente transitable a pe en varios tramos, como pode observarse nas fotografías que se corresponden coa zona entre a ponte medieval de Veiga e a presa do Cuco, no que o cauce é un areal polo que pode camiñarse sen mollar os zapatos.

Afortunadamente para O Carballiño, o caudal hídrico na parte alta do rio Arenteiro é bastante mellor, e elo permitíu ata o momento manter a normalidade no abastecemento de agua, sen ningún tipo de restriccións, que sí poderían chegar no caso de que continúe a prolongada seca que estamos padecendo no transcurso deste ano. 

9, Setembro 2022

A pasada fin de semana foi no Concello de San Amaro, e chega agora o protagonismo deste 1º Festival Céltico ao concello do Irixo, con 3 concertos entre o venres e o domingo, que terán lugar na Praza do Concello, os 3 gratuítos, e dentro deste programa organizado conxuntamente por ambos concellos coa colaboración da Deputación de Ourense.

Abre o programa no Irixo o venres dia 9 ás 22:00 horas coa agrupación Leirabuxo. O sábado 10 tamén ás 22:00 horas actuará o mítico grupo do folc galego Milladoiro. E xa finalmente, o domingo 11 ás 19:00 horas o público infantil gozará coas cancións de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS