16, Setembro 2022

Tras o inicio da programación festiva no Carballiño este pasado xoves, coa primeira verbena na que alternaron as orquestras Solara e Panorama, O Carballiño vive os dias grandes destas tradicionais Festas do Setembro, coa seguinte programación:

Venres día 16 de setembro
10h-Alborada bombas de palenque
11h-Música Galega na feira
18h-Xogos Populares na Praza Maior. Aspadisi.
De 20:30 a 22h Gran Actuación Orquesta Oca na Praza Maior
00:00 Gran tirada de fogo fixo e voador na entrada do parque municipal a cargo da pirotecnia Josman.
00:20 Gran concerto de “Broken Peach” na rúa Calvo Sotelo
De 02:00 a 03:30 Segundo pase da Orquesta Oca

Sábado día 17 de setembro
10h- Alborada bombas de palenque
11:00- Misa solemne na honra de San Cibrao
Acompañada da Banda de música de Vilatuxe
11:00-Charanga Dr. Anchoa
13h- Concerto da Banda de Música de Vilatuxe na Praza da Veracruz
17:00 h.- Concurso de Chave na explanada do parque municipal.
17:30h- Partido de terceira División Nacional
Carballiño F.S./ 5 Coruña. Paco Chao
19h- charanga Dr.Anchoa
De 21 a 22h Gran actuación da Orquesta Saudade
22h- Charanga Louband
De 00:30 a 02:30 segundo pase da Orquesta Saudade.

Domingo 18 de setembro
10h- Alborada bombas de palenque
11h-Roteiro Cultural: As orixes do Carballiño. Centro de Estudos Chamoso Lamas
Saída dende o Asilo, sen inscrición.
11h- Charanga Castro Bello
11:30-Percorrido polas rúas do Carballiño da Banda de Música de Boborás.
13:30h- Concerto da Banda de música de Boborás na praza Juan Corral Pajariño
16h- Torneo de Xadrez Activo Concello do Carballiño. Circuito Galicia Central de Xadrez 2022.
Organiza Club Xadrez As Burgas no Casino do Carballiño
17h- Fúbol: Campionato 1ª Galicia
Sporting Carballiño-Atl. Vilariño ( Campo da Uceira)
19h- Charanga CLK
19h- Concerto “Amigos do acordeón de Terras de Celanova” na Praza Maior.
20h- Teatro Mafaldas ca obra “As Marías de Santiago”.
Auditorio Municipal Manuel María, entrada de balde.
De 20h a 21:30 Gran Actuación Orquesta Pontevedra
20h-Charanga Castro Bello
De 23 a 00:30h Segundo pase Orquesta Pontevedra

Luns 19 de setembro
Gran Romaría da Saleta en Astureses.
“Na honra á Virxe da Saleta”
Día do Neno nas atraccións: descontos en todas as atraccións festivas.

Martes 20 de setembro
Día do Neno nas atraccións: descontos en todas as atraccións festivas.

15, Setembro 2022

A oito meses por diante para a celebración das eleccións municipais de maio de 2023, o alcalde do Carballiño Francisco Fumega aproveitou unha intervención en COPE O Carballiño para anunciar que optará á reelección do cargo que obstenta dende o ano 2015.

Desta maneira, Fumega volverá encabezar a candidatura do PSdeG no concello do Carballiño "tratando de recabar de novo a confianza dos veciños" e dando por boa a decisión do electorado porque "ésta é a grandeza da democracia, a decisión que tomen será a acertada", reflexionou o rexedor municipal, confirmando asi que aspira a reelección para o que sería o terceiro mandato consecutivo.

Preguntado sobre a súa idea para a candidatura que encabezará nos comicios de 2023, se haberá continuismo ou renovación, Fumega dixo que "renovación sempre hai porque hai xente que lle chega a experiencia, xa me manifestou que non queren repetir, e polo tanto haberá certa renovación".

14, Setembro 2022

A Garda Civil levou a cabo unha operación na xornada deste mércores dia 15 de setembro que saldouse coa detención de alomenos catro detidos, un veciño do Carballiño e outras tres persoas veciñas do concello de Pontevedra e no marco dun operativo contra a compra venda de imaxes de arte sacro de procedencia ilegal.

A operación está dirixida polo Xulgado nº 2 do Carballiño, ademáis da detención e posta a disposición xudicial destas catro persoas, a Garda Civil levou a cabo varios rexistros domiciliarios tanto no Carballiño como en Pontevedra.

De momneto, non trascenderon máis datos relativos a esta causa xudicial que foi declarada como secreta, aínda que podería estar relacionada coa vaga de roubos rexistrados meses atrás en varias igrexas dos concellos de Boborás, San Amaro, Maside e Punxín.

14, Setembro 2022

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou esta MOCIÓN PARA Á “CONVOCATORIA DE AXUDAS ÓS/ÁS ESTUDANTES DO IRIXO instando ó Concello a adopción dos seguintes acordos:

1º.- Que o Pleno do Concello de O Irixo aprobe a elaboración dunha convocatoria e/ou ordenanza municipal para a concesión anual de axudas económicas directas a estudantes e/ou as súas familias para a adquisición de libros de texto e material escolar para pais, nais ou tutores de alumnos escolarizados e/ou residentes no noso concello, que cursen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou universidade, cuxos ingresos mensuais non sexan superiores ó Salario Mínimo Interprofesional, ou sendo superiores existan circunstancias que debidamente reguladas fagan preciso a concesión da axuda proposta segundo o caso.

2º.- Que se invite a participar na elaboración e desenrolo desta convocatoria e/ou ordenanza das axudas ó centro escolar e ás asociacións de pais e nais no caso das axudas a escolares de dito centro e outros axentes sociais do concello.

3.- Que se consensúe a elaboración da referida convocatoria e/ou ordenanza municipal entre tódolos grupos da corporación para entre todos acadar a mellor convocatoria e/ou ordenanza para o noso concello ó respecto e garantir así o éxito da medida.

13, Setembro 2022

A previsión de chuvia para a xornada deste mércores dia 14 de Setembro levou á Comisión de Festas a suspender a que teria que ser a primeira verbena das festas patronais do Carballiño.

Desta maneira, a actuación da orquestra Solara será, na Praza Maior o xoves dia 15, polo tanto compartindo verbena coa orquestra Panorama, na Praza da Veracruz.

11, Setembro 2022

Nin as persoas máis maiores recordan algo asi, tampouco dende que hai rexistros hídricos o río Arenteiro presentou un caudal tan baixo ao seu paso polo Carballiño, como o que pudo observarse durante este verán de 2022, nunha situación que continúa crítica e pode ser dramática se non chegan as chuvias.

O caudal ecolóxico, practicamente inexistente nalgunhos tramos do río coincidindo co seu recorrido urbano, cun evidente perxuizo para a vida da fauna piscícola, como confirman dende a Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, cunha elevada mortandade de peixes e troitas que pon en serio perigo a supervivencia da fauna piscícola no río.

A imaxe que ofrece o río é tan deprimente que podemos ver como é totalmente transitable a pe en varios tramos, como pode observarse nas fotografías que se corresponden coa zona entre a ponte medieval de Veiga e a presa do Cuco, no que o cauce é un areal polo que pode camiñarse sen mollar os zapatos.

Afortunadamente para O Carballiño, o caudal hídrico na parte alta do rio Arenteiro é bastante mellor, e elo permitíu ata o momento manter a normalidade no abastecemento de agua, sen ningún tipo de restriccións, que sí poderían chegar no caso de que continúe a prolongada seca que estamos padecendo no transcurso deste ano. 

9, Setembro 2022

A pasada fin de semana foi no Concello de San Amaro, e chega agora o protagonismo deste 1º Festival Céltico ao concello do Irixo, con 3 concertos entre o venres e o domingo, que terán lugar na Praza do Concello, os 3 gratuítos, e dentro deste programa organizado conxuntamente por ambos concellos coa colaboración da Deputación de Ourense.

Abre o programa no Irixo o venres dia 9 ás 22:00 horas coa agrupación Leirabuxo. O sábado 10 tamén ás 22:00 horas actuará o mítico grupo do folc galego Milladoiro. E xa finalmente, o domingo 11 ás 19:00 horas o público infantil gozará coas cancións de Uxía Lambona e a Banda Molona.

8, Setembro 2022

Diante das últimas informacións saídas nos medios nas últimas horas, desde o BNG de Leiro queremos manifestar:

1. Se a empresa concesionaria do Mosteiro de San Clodio non está garantindo os servizos mínimos acordados no prego de condicións, tanto Xunta de Galiza como Concello de Leiro teñen que iniciar os trámites precisos para a retirada da concesión.

2. Desde o BNG de Leiro entendemos que a principal culpábel desta situación é Hotusa, porén tanto Xunta de Galiza como Concello de Leiro son cómplices da situación actual por non ter unha fiscalización e unha auditorización da concesión asinada.

3. Parécennos irresponsabeis e lamentabeis as declaracións do alcalde do concello de Leiro, afirmando que sabe do problema, que é coñecedor de que a empresa non está cumprindo co acordado. Diante desta situación ,a posición do rexedor debe ser activa. É obriga del contactar à
Xunta de Galiza para obrigar a Hotusa a cumprir o acordado.

4. Este é un exemplo máis do desleixo e abandono que a nosa comarca ven sufrindo tanto por parte da Xunta de Galiza como por parte dos diferentes gobernos do Partido Popular, que demostran non ter unha proposta clara e estratéxica de crecemento e desenvolvemento para as nosas vilas e aldeas.

8, Setembro 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou as obras para dotar de acceso o parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212, que suporán un investimento de 445.000 euros.

A intervención, que conta cun prazo de execución de 4 meses e prevé o seu remate a comezos do vindeiro ano 2023, ten como obxectivo que o futuro parque empresarial dispoña dun acceso cómodo e seguro desde esta vía autonómica, para reforzar a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio.

Esta actuación é o resultado dun estudo onde se analizaron seis alternativas, tendo en conta a xeometría da estrada, a funcionalidade e a seguridade viaria. A solución concreta está recollida no Plan Especial de Creación de Solo Industrial do Concello de Beariz, desenvolvéndoa segundo o previsto no informe de sustentabilidade ambiental dese plan.

Actuarase, concretamente, ao longo duns 250 metros na estrada OU-212 pola marxe esquerda da vía, executando unha intersección que permitirá todos os movementos, en especial dos vehículos pesados que se acheguen ata o polígono.

A obra comprende a habilitación de cuñas de aceleración e desaceleración de 30 metros de lonxitude para facilitar a incorporación á estrada e tamén a saída cara ao polígono en condicións de seguridade, ademais de carril central de espera para favorecer os xiros desde esta estrada cara á área empresarial, pensando en ofrecer maiores facilidades aos camións.

Na zona onde se executa a nova conexión o trazado está formado por unha recta duns 400 metros de lonxitude que, aproximadamente no seu punto medio, conta cunha estrutura de vigas prefabricadas que permite o paso sobre o regato existente.

A intervención incluirá a instalación de canalizacións de servizos baixo a berma que serve de protección contra os desprendementos de terras, en previsión da necesidade futura de darlle continuidade á iluminación do parque empresarial, de forma que só sexa necesario a instalación de báculos e de cableado.

7, Setembro 2022

Péchase a parentese da pandemia e o barrio de Flores recupera a Feira Festa da Pepa Loba, que regresa coa súa 26 edición os dias 9, 10 e 11 de setembro, co mercado tradicional de artesanía e arte, e un diverso programa con actividades de animación os 3 dias,

O programa comeza o venres 9 ás 6 da tarde coa apertura da feira, exposición e venda de mercadorías. A mesma hora, xogos populares a cargo do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo da Deputación de Ourense.

Ás 8 da tarde, na Eira de Flores, será a homenaxe ás menciñeiras e curandeiros, e a medianoite na Fonte de Flores, faráse o conxuro, queimada `popular e ofrecemento da auga máxica de Flores.

O Sábado 10, ás 12 do mediodia será a apertura da feira e demostración en vivo de vellos oficios. A mesma hora, Os Serandeiros comezarán a animar o dia coa súa música tradicional e iniciaráse  ao lado da fonte a lectura continuada de "La Juventud de Pepa Loba" de Aurelio Miras Azor.

Ás 5 da tarde, Obradoiro de Estampación Creativa para nenos e maiores, e as 7 da tarde será un dos momentos culminantes da Feira-Festa coa Baixada de Pepa Loba e a súa gavilla, unha representación parateatral a cargo do grupo Dar Trela. Dende as 8 da tarde en adiante, continuarán as actividades, e comezarán a escoitarse o cantar do Cego na feira.

O domingo 11, tras a apertura da feira ás 12 do mediodia, iniciaráse o Obradoiro de Oleiros "Alén das Olas", na fonte do concello, que terá continuidade durante toda a xornada. Ás 12:30 horas volverá amenizar o barrio a música dos Serandeiros e celebraráse o Campionato de Chave na Eira. Este mesmo dia terá lugar o tradicional xantar popular desta Feira-Festa da Pepa Loba, que se clausurará ao caer a noite do domingo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS