2, Agosto 2022

A Xunta de Galicia construirá un novo centro de saúde na parcela da antiga estación de autobuses do Carballiño que duplicará a superficie da actual infraestrutura sanitaria. Así o acordaron hoxe os conselleiros Sanidade e de Infraestruturas e Mobilidade e de Sanidade, Julio García Comesaña e Ethel Vázquez, respectivamente, co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega. Os representantes públicos asinaron un protocolo de colaboración que dá luz verde á execución desta importante e necesaria infraestrutura sanitaria para o municipio.

No protocolo asinado hoxe, o Concello do Carballiño comprométese a realizar os trámites oportunos para a transmisión, en pleno dominio e libre de cargas e gravames, da parcela da antiga estación de autobuses emprazada no número 66 da Avenida do Balneario para a construción do centro de saúde coa cualificación urbanística axeitada ao Plan Funcional e de Espazos, así como ao cambio de uso do equipamento como sanitario.

O novo Centro de Saúde duplicará a superficie do actual, pois terá 4.500 m² fronte aos 1.800 do antigo local. “Vai ser un inmoble moderno, que permitirá contar con máis consultas de medicina e enfermaría, froito das prazas que se crearon neste centro a través do Plan Galego de Atención Primaria”, explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que engadiu que o espazo contará tamén con importantes melloras para a asistencia a pacientes e profesionais, pois incorporará as áreas bucodental e de saúde mental, así como salas de críticos e de observación no PAC.

O titular de Sanidade destacou que esta infraestrutura sanitaria suporá unha mellora substancial para un centro no que reciben asistencia máis de 20.000 pacientes e no que acoden a traballar máis de 30 profesionais.

As tres administracións públicas coincidiron ademáis na necesidade de que o novo centro de saúde dea resposta á demanda de aparcadoiro que se vai necesitar, polo que a Xunta buscará unha solución arquitectónica que cubra dita demanda e destinará unha parte do espazo libre de 1.000 metros cadrados para aparcadoiro en superficie. O Concello comprometese ao mantemento desta área cun regulamento de uso compartido.

O Concello adaptará o seu plan urbanístico á edificabilidade que demanda o Plan de Espazos de 4.500 m² e propiciará un ordenamento que permita conseguir o mellor aproveitamento do centro de saúde e do espazo libre para aparcadoiro en superficie.

Unha vez posta a disposición a parcela necesaria, a Xunta levará a cabo os trámites e iniciará as obras de construcción deste novo centro de saúde no Concello de O Carballiño.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade estará involucrada en todo o proceso, “pois será a encargada de contratar e executar a obra deste novo centro de saúde” segundo sinalou hoxe o conselleiro de Sanidade. O departamento que dirixe Ethel Vázque se encargará de xestionar “o futuro dos autobuses do Carballiño noutra parcela, como do futuro desta parcela despois de que salgan dela os autobuses”.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, puxo en valor esta colaboración para executar o novo Centro de Saúde do Carballiño na parcela que ocupa a estación de autobuses.

Salientou a dobre satisfacción da Consellería de Infraestruturas pola execución do equipamento sanitario e tamén por habilitar unha parada de autobús intermodal na estación de tren, cun financiamento autonómico que ascende a 190.000 €.

Ethel Vázquez explicou que se acometerá unha parada con marquesiña disposta a ambos os dous lados, xerando así dúas zonas de parada: a primeira, en dirección de acceso á vila, sobre a propia avenida; e a outra na marxe oposta, para os autobuses que saen do municipio.

Sinalou que se está co proceso de contratación destas obras, polo que se prevé comezalas o vindeiro ano co fin de poñer á disposición dos veciños o próximo verán esa parada intermodal que axilice o intercambio do autobús e do tren.

A Xunta tamén traballa co Concello para dispor unha parada na actual estación, para atender as demandas dos veciños e favorecer a súa mobilidade.

O Goberno galego continúa a aposta polo transporte público, con iniciativas como a tarxeta Xente Nova, que no Carballiño permite que 240 mozos viaxen gratis por toda Galicia, podendo ir de balde a Ourense a estudar, significando un aforro de máis de 750 euros no curso.

A titular de Infraestruturas e Mobilidade instou ao Goberno central a apostar tamén polo transporte de competencia estatal, bonificando o 100% os bonos multiviaxe dos trens de media distancia entre Ourense e Santiago; recupendo a totalidade dos servizos de tren previos á pandemia; ou facendo unha reflexión sobre o seu mapa concesional de transporte en autobús, que suprime servizos e paradas en 23 concellos, entre eles, Ribadavia.

2, Agosto 2022

A Insua dos Poetas acolle este venres, día 5 de agosto, o concerto gratuíto do grupo de folk arxentino-galego Sete Netos. A cita, na que colabora a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, comezará as 20,30 horas na Esgueva (Madarnás - O Carballiño).

Sete Netos é unha banda de música folk, tradicional galega con fusión de folclore arxentino e iberoamericano- formada en 1998 en Buenos Aires. A maioría dos seus integrantes proceden do Grupo de Música e Danza do Centro Galicia de Buenos Aires.

O grupo está formado por netos de emigrantes galegos -de aí o nome da banda- que se formaron dende rapaces na música tradicional de Galicia. Teñen colaborado con grupos de prestixio internacional como Milladoiro, The Chieftains, Carlos Núñez, Luar na Lubre, Berrogüetto e outros grandes que visitaron Bos Aires, sendo eles mesmos unha referencia neste tipo de música en toda Latinoamérica.

A crítica resalta o traballo de Sete Netos combinando instrumentos tradicionais con outros máis contemporáneos, establecendo interesantes conexións entre a música do universo celta e a música tradicional de América. Son os difusores na República Arxentina e noutros países de forte emigración galega -Uruguay, Chile, Brasil, Venezuela, México e Panamá- dunha mestizaxe entre a música dos seus ancestros, dándolle un matiz moderno e innovador, con expresións tradicionais da Arxentina e toda Iberoamérica.

A Insua dos Poetas, un referente no mundo literario e no campo das artes plásticas que xa ten acollido no Anfiteatro Nós concertos de Sés, Milladoiro, Luar na Lubre ou Iván Ferreiro

A Insua dos Poetas, unha iniciativa levada a cabo ao longo de quince anos de actividade cultural inintorrompida, constitúe un referente no mundo literario e no campo das artes plásticas. E desde a inauguración en 2020 do Anfiteatro NÓS, conmemorativo do centenario da revista Nós, ten acollido importantes concertos musicais como o de Sés, Milladoiro, Luar na Lubre, A banda da Loba, Iván Ferreiro ou Xisco Feijóo.

"E agora, fiel aos nosos principios de ter en conta a Galicia do alén, o quefacer a prol da nosa lingua e a nosa cultura na diáspora, a Insua dos Poetas será o escenario natural do Grupo Sete Netos de Bos Aires", explica o presidente da Fundación Insua dos Poetas, o poeta Luís González Tosar.

Longa traxectoria dun grupo de referencia na difusión da música tradicional galega

Sete Netos lanzou o seu primeiro disco -homónimo- o 20 de abril de 2002, nun concerto no auditorio de Belgrano, en Bos Aires, diante de máis de 5.000 persoas. O 10 de maio de 2008 presentaron o seu segundo traballo discográfico, "Fogaxe". Esta vez no Teatro del Globo, unha das principais salas porteñas. Pouco despois levarían a cabo a súa primeira xira por Galicia, con concertos en Santiago, A Coruña, Vigo ou Pontevedra.

Nesta segunda andaina de Sete Netos por Galicia estarán presentes por primeira vez na provincia de Ourense.

Integran Sete Netos Gabriel Alberto Ponte -gaita, flautas, tin whistle e percusión-, Alberto López Barros -gaita, flautas, saxo, low whistle, ocarina, acordeón e teclados-, Jorge Alberto Sisto Mellid -guitarra, bandurria, laúd, batería, tambor e derbake-, Hugo Edgardo Reverditto Antúnez -pandeireta, bombo, cunchas, bodhran, djembe, derbake e percusión-, Marcelo Olveira Cambeiro -batería, djembe, derbake e guitarras-, Pablo Rouco -teclados, gaita, acordeón e arpa- e Nicolás Pérez -gaita, flautas, tin whistle, guitarras, violín e acordeón-.

1, Agosto 2022

O Concello do Carballiño vén de adxudicar o proxecto de musealización da Fábrica de Papel “A Labandeira” á empresa valenciana Ingeniería Interactiva del Ocio s.XXI S.L., despois de levarse a cabo a correspondente Mesa de Contratación. Tal e como informou o alcalde, Francisco Fumega, ao tratarse dun proceso aberto ao que se presentaron tres empresas conseguiuse unha rebaixa de 30.000 euros. Así, foi adxudicada de forma provisional por 170.000 euros e as empresas teñen un prazo de 15 días para presentar alegacións.

O proxecto ten como principal obxectivo potenciar a cultura e a economía local do concello. A Fábrica de Papel conta cun proxecto redactado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto. A súa rehabilitación levouse a cabo en distintas fases e con este contrato preténdese levar a cabo a musealización para a dar a coñecer a historia do proceso de industrialización decimonónica da comarca do Carballiño.

As obras de musealización levaranse a cabo en diferentes espazos. Así, na área de recepción de visitantes realizarase a elaboración artesanal dun mostrador a dúas alturas para a recepción, tallos e cadeiras, armarios de almacenamento e estantes. No andar semisoto, cunha superficie de 45,2 metros cadrados, instalarase o taller de elaboración de follas de papel e fabricaranse, en madeira de piñeiro, elementos a escala real como unha bañeira grande para a pasta de papel. Tamén se elaborarán outros a escala reducida e incluso un batán que, aproveitando o curso da auga, transmitirá un movemento alterno en un mazo para o prensado e satinado dos pregos de papel. Tamén haberá nesta zona paneis explicativos con gráficas correspondentes a cada proceso que se dará a coñecer na sala.

No andar de abaixo haberá tres zonas diferenciadas: A de encolado, onde irán aquelas follas de papel que recibirán tinta para facelas máis impermeábeis; a de brunido, onde o papel recibe outros tratamentos como o prensado e a zona de clasificación e preparación para o mercado.
O primeiro andar, cunha superficie útil de 115 metros cadrados, estará dedicado ao sequeiro de papel, cos tendais e mesas de colocación e o resto da sala a documentos históricos.

Un auditorio para 40 persoas será acondicionado no segundo andar (89 metros cadrados) e dotarase de medios audiovisuais e informáticos relacionados con elementos temáticos do mundo do papel. Tamén dará cabida a un mirador sobre o resto do conxunto da fábrica de papel, instalada nas marxes do río Arenteiro. O proxecto terá un prazo de execución de 9 meses e a financiación corre a cargo da Consellería de Cultura.
O alcalde, Francisco Fumega, destacou a importancia destas obras “para que a fábrica se converta no Museo do Papel de Galicia e colaboraremos coa Xunta para integralo na Rede Galega”.

1, Agosto 2022

Hola, lo peor no es poner muchas mesas si estan autorizadas, lo peor es pagar 5 y poner 30. Abusar sobre todo en la calle principal y algun sitio con carpas los dias de feria. 

Tranquilos que no moveran ni un dedo, por eso abusan .

Una verguenza

1, Agosto 2022

Na praciña da porta darriba da Praza de Abastos, hai unha polleria, un local de embasado o vacio, unha Churreria, a que eu acudo todas as mañanciñas, e unha carniceria, carcuteria. Pois hai un cable que pasa pola fachada destes establecementos que leva descolgado a altura da cabeza dende as primeiras obras de remodelacion da praza xa fai varios anos, segun os donos destes estabrecementos.

Poi ahora inda se descolgou mais e esta a altura da nariz dos clientes e comerciantes, unha vez mais co perigro que entraña.

Señores concelleiros da época das obras e posteriores concelleiros ata a actualidade; As inauguracions son moi bonitas saen na prensa e ata dan votos, pero estas obras hai que rematalas e non deixar elementos colgando, afeando e o que e peor sendo un perigro potencial, e que non e cousa de unhos dias ou meses, hai 4 ou 5 anos, que este cable esta asi e xa se avisou en varias ocasions o señor alcalde rexidor.

Un esforzo, pois as empresas cobraron as obras pero dos remates, quen se fai cargo. Arriba Carballiño !!!

31, Xullo 2022

Os incendios forestais declarados na tarde deste domingo 31 de xullo no municipio de Boborás, xa estabilizados ao caer a noite, chegaron a poñer en risco vivendas na localidade de Moreiras, e tan so a rápida e afortunada intervención dos servizos de extinción de incendios da Consellería de Medio Rural evitaron unha catástrofe.

No operativo mobilizado neste lume en Moreiras participaron ata 6 brigadas, 4 motobombas, unha pala, 8 hidroavións e 5 helicópteros, coordenados por un mando integrado por 3 axentes forestais.

Éste de Moreiras foi o segundo incendio forestal rexistrado no concello de Boborás na tarde deste domingo, xa que anteriormente o lume afectou a montes da parroquia de Xurenzás, onde realizaron as labores de control 5 birgadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e un axente. Ademáis, tamén foi requerida a intervención dos bombeiros do parque intercomarcal O Carballiño-Ribeiro, toda vez que o lume amenzaba a vivendas nas localidades de Prado e Balboa. 

Está pendiente a avaliación da superficie queimada en ambos lumes, aínda que neste caso máis que a extensión dos incendios, o principal motivo de preocupación foi a próximidade do lume ás vivendas. 

31, Xullo 2022

Llevo años oyendo que se va a poner en cada bar un cartel con el numero de mesas en la terraza que puede poner. 

Mi pregunta es porque no se pone. 

Los bares pueden hacer los que les da la gana y los demas tenemos que respetar las normas. 

31, Xullo 2022

Con motivo da celebración dun evento promovido por Abanca, que reuníu a 500 clientes este pasado sábado, desde o BNG denuncian "unha nova agresión cometida co consentimento e correspondente autorización do equipo de goberno do Concello".

O BNG do Carballiño "pon unha vez máis en cuestión a utilización do parque municipal como lugar idóneo para a celebración de macro eventos que conlevan unha gran infraestrutura, co perxuizo que iso ocasiona para o mantemento do espazo e a conservación do ecosistema".

Segundo relatan os nacionalistas, é sabido que na cidadanía do Carballiño o parque municipal e máis concretamente o seu uso e mantemento, segue a ser motivo de preocupación e de debate, "algo que parece non importar ao actual Goberno Local", subliñan.

Para o BNG trátase dun episodio no que se pon de manifesto como "un espazo públicoé cedido neste caso a unha entidade privada coa autorización e aprobación do goberno municipal. O sábado, 30 de xullo do 2022, cando se celebrouse un evento, de carácter privado, nun espazo público".

Esta celebración levouse a cabo na entrada principal do parque, na explanada en torno ao monumento dos irmáns Prieto. No BNG pregúntanse se non hai outros espazos onde se minimizasen as agresións ao entorno. O asfaltado da avenida do Arenteiro ou as Barcias son algunhas das alternativas propostas polos nacionalistas ao tempo que denuncian de novo que unha vez máis non se regula o uso dos espazos.

Consideran os nacionalistas que existe descontrol nos usos do entorno, transito de camións, instalación de grandes carpas e eventos masificados.

Critican que seegue sen existir un proxecto sustentable para co medio ambiente. Neste caso un proxecto que regule o uso do espazo natural no parque e que sexa respectuoso para co medio.

No BNG Denuncian pois, "a agresión que se esta a cometer coa natureza e demandan do equipo de goberno o respecto e a dedicación necesaria para o mantemento e coidado do parque".

Finalmente, manifestan que "apostan decididamente pola conservación e polo mantemento do espazo e do ecosistema, así como da súa posta en valor, para uso e desfrute da cidadanía".

31, Xullo 2022

A Festa do Pulpo do Carballiño medra cada ano que pasa, ao mesmo tempo que o fai o interese da programación cultural que a acompaña. Estréase este ano a declaración de interese turístico internacional e a Semana Grande para Pequenos inaugurará os festexos. Do 1 ao 5 de agosto ofreceranse actividades en dous escenarios: de luns a xoves na a Praza Maior e o venres na Praza Veracruz. Será en horario de 19.00 a 21.00 horas e nesta edición agárdase un éxito de participación, xa que a acollida por parte das familias vai en aumento.

O programa foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, que estivo acompañado por Hugo Suárez, representante de empresa Avatel Telecom, operadora de fibra óptica.

O edil anunciou que haberá inchables, obradoiros, maxia e música, entre outras propostas. Ademais, programouse unha festa da escuma para a última xornada. Tamén subliñou que “a Semana Grande para Pequenos colleitou un gran éxito nos últimos anos e así será nesta nova edición”. Fernández tamén agradeceu á empresa a súa colaboración para que os nenos e nenas poidan participar nun amplo programa de actividades.

O programa detallado é o seguinte:
Luns, 1 de agosto: Inchable, obradoiro.
Martes, 2 de agosto: Inchable, coches a pedais, mini obradoiro.
Mércores, 3 de agosto: Obradoiro de maxia.
Xoves, 4 de agosto: Inchable, obradoiro.
Venres, 5 de agosto: Festa da escuma.

30, Xullo 2022

Os socialistas de Leiro vimos de presentar un escrito, ante o que consideramos unha discriminación en toda regra, por parte do Goberno Municipal do Partido Popular, a unha veciña que leva reclamando ante as autoridades municipais durante tres meses, que se cambie unha bombilla, de un punto de luz que ten o lado do seu domicilio, e que o grupo de goberno pasa de cambiala ante por desidea e pasotismo que todo lles da igual, e mais si depende da condición politica de cada veciñ@, si e das ideas do Partido Popular ou si e da oposición neste caso do PsdeG-PSOE ou BNG, se lle fai ou non, e triste decilo, pero a realidade e esta no noso termo municipal.

Por desgracia e utilizamos este termo porque non todos os veciñ@s son iguais, xa que ai de primeira categoria e segunda categoría como e este caso que nos ocupa, que un veciño teña que esperar que lle cambien unha bombilla despois de avisar no Concello, e pasen mais de tres meses, despues de varias reiteracions, de que foran arranxalo, debido a perigrosidad pola noite, xa que non se ve nada de nada, e cando son sabedores que teñen a obrigación de prestar este servicio, xa que o dice a propia ley e que un dereito que temos como ciudadans e non unha obrigación de pedir como un favor, esto e o que ten o cacisquismo que temos instaurado no noso Concello, e que esperemos os socialistas que adique nas proximas eleccions municipais, que se van a celebrar o proximo ano 2023.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS