
Xa non é o primeiro verán, aínda que este de o 2022 é especialmente seco e con altas temperaturas, o que obriga a todos os veciños do Carballiño a ter que tomar medidas preventivas #ante a posibilidade, cada vez máis seria, de non poder contar con auga para subministración doméstica, recordan dende o grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño.
Precisamente, tamén lembran como no ano 2017, tamén por estas datas, este grupo municipal do PP, levou a pleno unha moción que foi aprobada por unanimidade sobre cuestións relacionadas sobre este asunto "e que deberían de ser adoptadas e que só se fixo en parte" refírense a que "sí é certo que se ten publicado bandos advertindo e recomendando o uso responsable da auga. De feito, este ano publicouse con bastante antelación en relación a anos pasados. Pero tamén é certo que non se difunde con total contundencia nos medios de comunicación, nin temos a percepción de que chegue como debería á poboación", subliñan. Tampouco, afirman, está articulado nada que faga pasar legalmente esas recomendacións a obrigacións.
Os populares carballiñeses volver agora con esta moción repetir os mesmos argumentos e peticións que xa presentaron no ano 2017. O primeiro sobre trasladar esta problemática ao Concello de Maside para que tome iguais medidas pois tamén é beneficiario das augas do Río Arenteiro do mesmo xeito que O Carballiño.
E a máis importante e sobre a que o PP vovle incidir “trasladar á Confederación Hidrográfica de Miño-Sil a necesidade de realizar un proxecto de embalsamiento de augas en zonas de captación para garantir o consumo humano e prever posibles restricións para garantir a subministración de uso doméstico”.
Un proxecto que para o Partido Popular resulta imprescindible "para que non teñamos que lamentarnos en calquera momento. A Confederación Hidrográfica ten e debe de estar para estas cuestións, máis que para poñer bonitas as beirarrúas e que dean votos ao alcalde de quenda. Debe pensar máis en preparar infraestruturas adecuadas sobre o propio leito dos ríos que en facer obras, algunhas veces, nin sequera xustificadas ou pilladas polos pelos. De feito o propio río Arenteiro necesita dunha actuación urxente de recuperación e limpeza das presas ao largo do seu curso como tamén dos propios marxen en todo o seu recorrido e non só nos tramos da vila", consideran.
Asemade, os populares afirman que "O Carballiño xunto con Maside, teñen agora unha ferramenta xurídica que é a mancomunidade de augas desde onde se pode e debe de facer forza para solucionar este problema que afecta tanto a Carballiño como a Maside, que é a captación de augas e no seu concepto debe de comprender tamén as obras de melloras que para iso necesítense".
Engaden que "en calquera momento este Concello e entendemos que Maside tamén pola relación que lles une na propia mancomunidade de augas, terán que ter un novo concurso para a rede de auga e que esta infraestrutura debería de estar garantida, e tamén aquí queremos facer un inciso en que sempre será mellor obrigar á nova concesionaria a que axude na execución desta infraestrutura a que se poña a arranxar beirarrúas ou facer fontes no medio do pobo".
O Partido Popular advierte que "desde hai moito tempo que, no lugar da captación de augas de Carballiño, non se adecúa convenientemente, pois na entrada da captación a película de auga algunha vez durante ao ano (como sucede agora) faise escasa, o que revoga que nin sexa succionada auga suficiente e a que entra na captación non sempre está nas mellores condicións. Faise imprescindible dunha vez por todas que, no propio leito do Río Arenteiro, augas arriba da captación, realícese un embalsamiento de auga que se poida fornecer de auga cando a hai mesmo en exceso, para garantir en días como os actuais de subministración de auga, aínda que de igual forma síganse coas recomendacións de uso responsable da auga.
No vindeiro pleno municipal solicitaremos a necesidade de realizar unha obra de embalsamiento de augas en zonas de captación para garantir o consumo humano e prever posibles restricións para garantir a subministración de uso doméstico".
Finalmente, demandarán do pleno do concello que traslade estas propostas tanto a Confederación Hidrográfica, como a recentemente constituída Comisión da auga dos concellos de Maside e O Carballiño

A axenda da fin de semana chega moi musical, con diversas propostas no Carballiño para este venres dia 22 de xullo, no ciclo "Feito no Carballiño" con "SKADELOS" ás 21:30 horas no Pub 7 Flores. Ás 23:00 horas xa na Praza Maior "THE IMPOSSIBLUES" farán de teloneiros do mítico grupo "HEREDEIROS DA CRUS", en concerto a partir das 00:00 horas.
Para o sábado 23 continúa o ciclo musical "Feito no Carballiño" con "SEZZ&CONVIDADOS" ás 20:30 horas na rúa do Paseo, e o domingo 24 ás 20:30 horas na Praz Maior máis música de rúa con "BREOCÁNS".
O domingo 24 ás 20:00 horas dentro da xira 2022 "lugares máxicos" o gaiteiro Carlos Núñez ofrece un concerto no máxico escenario do Mosteiro de Oseira, a entrada ten un prezo de 21 euros.
Ademáis de celebrarse este venres 22 a romaría da Madanela en Lobás, nesta fin de semana temos na comarca outra dúas citas gastronómicas: o domingo 24 o Xantar Popular da parroquia de Anllo-San Amaro, cun menú a base de carne de cabra guisada cunha receta ancestral que se conserva nesta localidade, con bebida e postres e un prezo de 18 euros. Para o lúns 25 queda a "Festa do Chuletón" de Garabás, na que por 22 euros poderá degustarse un chuletón de peso aproximado 700 gramos, con patacas, pementos, pan e bebida.
Se buscas verbenas, este sábado 23 encontrarála no pobo de Caseiro, no concello de Avión, amenizada pola orquestra Miramar, e domingo e lúns, en Anllo-San Amaro, ou en Amiudal-Avión.
E ata 3 películas para estes dias no Novocine de Leiro e cos seguintes títulos e horarios: "MINIONS" ás 15:00 horas, "Padre no hay máis que uno-3" ás 19:00 horas, e "ELVIS" ás 21:00 horas.

O salón de actos da casa do concello acolleu o acto de presentación do programa e o cartel promocional da festa, deseñado por Ari Quintas para esta edición número 60 e no que faise un guiño ao Xacobeo e intégranse todos os elementos que conforman a preparación do pulpo á feira. O programa de actividades converterá as prazas da vila no escenario de concertos, festivais de corais, danza, cine, monicreques, verbenas, exhibicións folclóricas e exposicións, entre outros actos.
“O Carballiño está a cumprir un soño”. Así o destacou o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, facendo referencia á declaración de interese turístico internacional que acadou a Festa do Pulpo e que chega na edición número 60 para devolver a ilusión por esta celebración a todo un pobo. Despois de dous anos nos que os festexos tiveron que adaptarse á pandemia, a programación recuperará a súa esencia, destacando como día grande o domingo 14 de agosto e a preparación da tapa máis grande do mundo, prevista para o día 9. Dacal insistiu na importancia da distinción: “Supón un pulo extraordinario e un aliciente para seguir traballando no engrandecemento desta manifestación gastronómica e cultural que rende homenaxe a unha tradición ancestral”.
Na mesma liña manifestouse o alcalde de O Carballiño, Francisco Fumega, agradecendo “o traballo de todo o pobo e o apoio dos patrocinadores, xa que sen eles isto non sería posible”. Tamén quixo brindar todo o protagonismo aos pulpeiros e insistiu nas gañas que teñen os veciños e veciñas de disfrutar uns festexos como os que se recordan.
O recoñecemento da Festa do Pulpo coa declaración de interese turístico internacional chega “nun momento crucial”, tal e como o sinalou Manuel Arias, secretario da Subdelegación do Goberno, que tamén insistiu “no bo traballo do Concello na tramitación do expediente, pois precisa de requisitos que non son doados de alcanzar”. Tamén recordou que onte mesmo se publicou no Boletín Oficial do Estado dito expediente.
Pola súa banda, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, felicitou ao Concello e a todo o pobo pola festa e sinalou que o recoñecemento recentemente acadado “é unha gran responsabilidade, pois é un escaparate a nivel internacional”. Castro tamén agradeceu o guiño que se fai no cartel deste ano ao Xacobeo, xa que o pulpo semella a concha de vieira que simboliza o Camiño de Santiago. Neste traballo artístico, realizado por Ari Quintas, intégranse todos os elementos que conforman a preparación do pulpo á feira.
A deputada de Cultura Patricia Torres denominou á do Pulpo como “a festa das festas” e auguroulle “un gran éxito a esta edición”.
A presentación foi un exemplo de colaboración público-privada entre institucións e cos patrocinadores, tal e como subliñou a secretaria xeral de Turismo, Nava Castro. No acto tamén estivo presente o deputado nacional e portavoz da Comisión de Industria, Comercio e Turismo, Adolfo Pérez, e a xerente do Inorde, Emma González.

O cinema de verán volve ao Carballiño a cargo das Xociviga (Xornadas de Cinema e Vídeo de Galicia) que presentan xa a súa programación completa para a súa XXXVIII edición, do 27 de xullo ao 31 de xullo. A programación foi presentada nun acto na casa do concello no que participaron o concelleiro de cultura Diego Fernández, e os responsables de organización Flavia Rodríguez e Daniel Filloy, respectivamente, presidenta e vicepresidente da asociación cultural Xociviga.
Durante as mañás, os máis pequenos teñen cita ás 11:00h no Auditorio do Carballiño no Ciclo de Cinema Infantil cos títulos de Lunáticos (2021), Ainbo (2021) e Valentina (2021). Polas tardes, no mesmo lugar, ás 19:00h atopamos títulos de éxito nacional e novidades como El Buen Patrón (2021), Tres (2021), La Voluntaria (2022) e Cinco Lobitos (2022). Para acabar cada xornada, volve o Cinema ao aire libre na Praza da Veracruz ás 23:00 con Espíritu Sagrado (2021), ¿Qué hicimos mal? (2021), Jacinto (2021) e Malencolía (2021).
O festival amplía o seu apartado formativo con dous masterclass ao cargo de directores de relevancia nacional: o día 28 de Julio ás 12:00 con Chema García (Espíritu Sagrado) e o 29 de Julio ás 12:00 con Liliana Torres (¿Qué hicimos mal?). Ambos falarán sobre o proceso creativo e produción das súas películas. A estas poderase asistir de forma gratuíta na Casa da Cultura ou a través da plataforma de Twitch. Todas as películas serán gratuítas, excepto El Buen Patrón cunha entrada de 1€.
O domingo 31, as Xociviga proxectarán ás 18:30 no auditorio carballiñés as curtametraxes seleccionadas do concurso de curtas, coa posterior entrega de premios ás 22:30 na Praza da Veracruz. Para pechar, sesión de concertos co grupo Abuela te quiero ás 23:30 e a DJ Emedj á 1:00 da madrugada, tamén na praza da igrexa.

Os concellos do Carballiño e Maside veñen de presentar formalmente a solicitude ante a Xunta de Galicia para contar cun novo Programa Integrado de Emprego(PIE)de carácter intermunicipal edestinado a un total de 100 participantes, que deberán encontrarse en situación de desemprego.
Trátase dunha iniciativa que ten como finaliade a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral durante un periodo de 12 meses, o proxecto leva consigo o compromiso por parte dos promotores de insertar laboralmente a un mínimo do 45% das persoas atendidas durante o seu desenvolvemento.
O programa promovido polos concellos do Carballiño e Maside terá un carácter multisectorial e consta de dous itinerarios formativos: industrial e atención ao cliente. No primeiro, as persoas participantes recibirán formación en soldadora, carretilla elevadora, xestión de almacén, opoerario de ponte-grua e interpretación de planos mecánicos e caldereiría, mentres que no segundo itinerario ofertaráse formación en atención ao cliente en hostalaría e correo electrónico.
De forma transversal, os participantes no programa tamén recibirán formación en manipulación de alimentos e alfabetización dixital, en total serán 441 horas de formación durante un ano que ten de duración este PIE.
Os concellos de Maside e O Carballiño terán a colaboración para desenvolver esta actividade a 10 empresas, que facilitarán as prácticas non laborais dos participantes nas súas instalacións.

Como pode apreciarse na fotografía, asi quedou na madrugada deste pasado domingo a rúa Curros Enríquez tras unha pelexa entre xóvenes que se saldou cun mozo ferido que precisou asistencia sanitaria urxente, e a intervención policial que procedeu á detención dunha persoa.
Aconteceu na rúa Curros Enríquez, a altura coa rúa Cerca, nunha zona na que son varios os veciños que manifestaron en COPE O Carballiño que este tipo de pelexas son practicamente algo habitual nas madrugadas do sábado e o domingo nesta mesma zona. Non poucos foron os veciños que na mañá do domingo alarmáronse ao encontrarse coa rúa ensanguentada varios metros.
Tanto dende a Xefatura da Policia Local, como dende a Concellería de Seguridade, manifestaron a esta emisora de radio que este tipo de incidentes, asi como tamén os que teñen que ver con destrozos no mobiliario urbano están dentro do que é habitual en poboacións con cifras de habitantes idénticas a O Carballiño.

Espazo Común asegura que son empresas que están a facer obras públicas "as que baleiran alí os escombros coa connivencia do goberno municipal".
Manifestan que foron veciños de Señorín os que lle fixeron chegar a queixa pola "gran cantidade de verquidos procedentes de restos de obras e de podas" e mesmo que "a sorpresa foi en aumento cando foron informados por algún dos coonductores dos vehículos que alí se dirixian de que foi o concello quen lles indicou onde tirar os refugallos". Engaden que "se xa é preocupante o gran número de pequenos vertedoiros ilegais que hai polos nosos montes adiante, é imperdonable que o goberno municipal alente estas prácticas".
Finalmente, dende Espazo Común demandan ao alcalde Fumega e ao seu grupo de goberno "respecto polo medio ambiente, pola lexislación vixente e, sobre todo, polos veciños que teñen que aturar as consecuencias das súas practicas", remarcan.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron hoxe nos actos de celebración da XIV Festa da Palabra, que un ano máis conta co apoio da Xunta e que nesta edición homenaxea ao grupo Brais Pinto. Tamén acudiron outros representantes institucionais, entre eles o alcalde do Carballiño Francisco Fumega ou o presidente da Deputación José Manuel Baltar.
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou o papel dinamizador e o carácter vangardista deste colectivo de intelectuais, artistas e escritores galegos entre os que se atopan Xosé Luis Méndez Ferrín, Ramón Lorenzo así como Bernardiño Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Cebreiro ou Ben-Cho-Shey, entre outros.
Recordou que o colectivo Brais Pinto súmase “a prolífica listaxe de homenaxeados nos últimos anos na Festa da Palabra para poñer en valor e recoñecer o seu papel a prol da cultura galega”. En concreto, desde 2009 homenaxeáronse na Festa da Palabra a figuras como Ramón Piñeiro, Celso Emilio Ferreiro, os poetas do Rexurdimento, Eduardo Blanco Amor, Pura e Dora Vázquez, Carlos Casares ou a Xeración Nós, entre outros.
A XIV Festa da Palabra serviu tamén para entregar os premios en recoñecemento ao labor de varias entidades e persoas que destacan nos seus ámbitos profesionais. En concreto recaeron en Felipe-Senén López Gómez, arqueólogo, historiador e secretario da Real Academia de Belas Artes de Galicia, na modalidade de investigación e promoción cultural; en Bieito Romero, músico e fundador de Luar na Lubre, no eido da música e Pilar Corredoira, crítica de arte e curadora de exposicións, polo seu labor nas Artes Plásticas.
Tamén no Festival de Teatro Galego Celso Parada, por 33 anos de teatro desde O Carballiño; en José María Vila Alén, membro do Grupo Nós da Arxentina, fundador e expresidente do Centro Galicia de Bos Aires polo seu traballo na Cultura na Emigración; en Ramón Caride Ogando, nacido en Cea e un dos máis destacados escritores actuais das letras galegas, no eido da Literatura e o programa da TVG Cos pés na terra na modalidade de cultura rural.

A carballeira do Tellado recreará este domingo 17 de xullo aquela feira secular da que hai constancia da súa existencia dende fai 150 e que celebrábase todos os dia 2 e 17 de cada mes, da súa importancia da conta o número de casas de comidas que había neste lugarciño da parroquia de S. Cosme de Cusanca, onde se chegaron a contabilizar ata 15 tabernas e casas de comida.
Durante esta xornada dominical poderáse desfrutar dunha exposición de gando autóctono, asi como actividades de animación orientadas ás familias, animación musical, xantar a base de polbo e carne ao caldeiro, haberá activades parateatrais, paseo das mozas e concurso de premios para os mellores traxes, tamén un amplo mercado artesanal no que terá especial protagonismo os productos de proximidade e os que están acollidos á marca O Irixo, entres os que encontraremós productos de alimentación, tales como embutidos, pan, empanadas, doces, marmaladas ou os lácteos da Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro.
De forma simultánea, celebraráse a Festa do Cabalo do Concello do Irixo, que terá ruta cabalar nas primeiras horas da mañá polo montes do Irixo, e logo cos tradicionais concursos hípicos xa na propia carballeira do Tellado, e concluirá coa sempre simpática carreira de burros.
Para unha máis detallada información de ambos eventos, aconsellamos escoitar a entrevista a Gloria Bernárdez, no PODCAST de COPE O Carballiño, nesta mesma páxina WEB correspondente ao venres dia 15 de xullo.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe aos mozos e mozas de entre 10 e 13 anos que participan na segunda quenda do campamento Streamers polo cambio da Xunta de Galicia e que se está a celebrar na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.
Durante a súa estancia, os mozos e mozas contan cunha completa programación que xira arredor do mundo influencer, da creación audiovisual e dos videoxogos. Cristina Pichel visitou aos rapaces desta segunda quenda e destacou a importancia de achegar á mocidade as vantaxes das redes sociais desde un uso responsable.
Ademais, os 45 participantes desfrutan de outras actividades de lecer relacionadas coa natureza e ao aire libre e tamén coa comunicación oral e a expresión corporal. Deste xeito, as mozas e mozos estarán desfrutando deste campamento no que a tecnoloxía é a protagonista ata o vindeiro luns 18.
Esta iniciativa forma parte da maior campaña de verán posta en marcha pola Xunta de Galicia. Baixo o lema O verán que queres contar, póñense a disposición da xuventude de todas as idades máis de 10.800 prazas. Con esta proposta, o Goberno galego ofrece á xuventude a posibilidade de empregar o seu tempo libre estival participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo ou formativo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- 194
- 195
- …
- seguinte ›
- última »