2, Xullo 2022

Mira que non hai locais de hosteleria agonizando, como para poñer neste evento barras e comida , incluso xa montando fora do recinto mesas por as aceras dacpraza mayor. 

Que pasa, que non interesa mandalos para ondecteñen as grandes orquestras e actuaccions ou non interesa. 

Non habera cousas que facer sen ter que competir con postos que veñen doutros sitios, pero esta vila vai asi. 

Con pasearvparaxarriba e para abaixo o concelleiro de turno ahora que hai algo feito buscando o pataben de algun xa esta. 

Podrian poñerlle de pe de foto da presentacion do programa cultural "os dous de sempre" ou "heroes" porque a cara e o sorriso destes concelleiros e de salvar a vila ouno mundo. 

Por certo esa oposicion dunha cor ou de outra, que se preocupa por postos de traballo, asilo, e todo o wue de votos, podian botar un ollo o seu arredor e ver comercio e hosteleria que estamos todo o ano, e somos ben mais....ou non intersamos? 

1, Xullo 2022

Armando (Armando Montero Vidal) é un alumno do IES Chamoso Lamas que ven de rematar os seus estudos de Bacharelato no bacharelato para adultos que se imparte no centro. Armando naceu en Veracruz (México), aínda que viviu parte da súa vida na Baixa California. Un accidente truncou os seus estudos ao deixalo en silla de rodas e con outras problemáticas de saude asociadas.

Fai xa uns anos que chegou ao Carballiño, acollido por un familia do noso pobo. Despois de realizar a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, matriculouse en Informática na UNED, pero diuse conta de que despois de tantos anos sen estudar faltábanlle por coñecer moitas cousas básicas. Pero lonxe de rendirse, decidiu empezar dende abaixo e matriculouse no IES Chamoso Lamas para sacar o título de ESO por adultos, a coñecida como ESA.

Unha vez que rematou, decidiuse por facer o Bacharelato Tecnolóxico no noso centro, que pandemia polo medio e uns cantos avatares máis, ven de rematar neste pasado curso con éxito. Un éxito que foi a base de esforzo e como di el mesmo, "de ganas, con ganas o resto non importa".

No IES Chamoso Lamas veñen de facerlle un pequeno agasallo, a el que tanto lle gusta a lectura, porque alumnos como Armando son un espello no que ás veces mirarnos. Sorte nos próximos estudos que inciará xa en setembro, aínda que estamos seguros de que lle irá ben.

1, Xullo 2022

Despues de leer el informe publicado por el concello sobre la situacion de los bienes de la fundacion, me voy a permitir hacer un par de reflexiones:

El informe ademas de detallado, lo cual es de agradecer, nos viene a demostrar q la situacion economica y patrimonial de la Fundacion Hermanos Prieto, no solo es totalmente solvente y bien administrada, sino q pone de manifiesto q el caracter totalmente benefico q propicio su nacimiento y la idea solidaria q querian instaurar sus fundadores y benefactores (Hermanos Prieto), estan a muy buen recaudo. Hechando por tierra todas las mentiras, todos los insultos y todas las sandeces q en los ultimos tiempos se han vertido sobre la Institucion, sobre su direccion e indirectamente sobre los trabajadores q honradamente ejercen su labor con teson y cariño estando  siempre en primera linea, aun en los momentos mas duros.

Lo normal seria q aquellos q llevan meses vertiendo  mie...., se disculpasen y entonaran el mea culpa, pero como se q eso no va suceder, espero q de cara a las proximas elecciones municipales  (q estoy convencido, era lo unico q movia a los q lenvantaron toda la algaravia de estos ultimas semanas) todos nos acordemos de aquellos q mentian y ofendian con la unica meta de arañar unos votos,aun a costa de mancillar el buen nombre y funcionamiento de una noble Institucion y de sus trabajadores, y lleven el castigo q merecen.

 

 

30, Xuño 2022

O concello do Carballiño fixo público un comunicado informativo no que da conta do punto de vista do alcalde do Carballiño Francisco Fumega, na súa condición de patrón do padroado da Fundación Irmáns Prieto, propietaria do Asilo do Carballiño, e no que trata de aclarar diversos asuntos que foron motivo de contraversia na vida municipal e social dos últimos meses no Carballiño. No comunicado emitido polo concello manifestan:

As propiedades que os Irmáns Prieto deixaron á súa morte en favor dos veciños do Carballiño están rexistradas a nome do Asilo do Carballiño ou a nome dos Irmáns Prieto, segundo comprobou o Concello ao interesarse pola situación das mesmas. Logo da inquedanza veciñal xurdida en relación á situación do Asilo e do patrimonio que no seu día doaron os Irmáns Prieto para que servisen como bens en favor dos veciños do Carballiño, o Concello solicitou do padroado da Fundación que xestiona a entidade e da Diócese de Ourense a información correspondente no que se refire á titularidade dos bens patrimoniais. Segundo as certificacións rexistrais ás que tivo acceso o Concello tanto as propiedades do Asilo, entendendo por tales o edificio do propio Asilo e a coñecida como a Casa do Crego –o sacerdote do propio Asilo- e o edificio que alberga o Colexio das Monxas están rexistradas a nome do Asilo do Carballiño ou dos propios Irmáns Prieto. Polo que respecta aos inmobles situados en Madrid, as certificacións rexistrais reflicten que seguen como bens patrimoniais da entidade tres edificios na referida cidade. Unha das fincas urbanas está ubicada na rúa Serrano de Madrid, no número 78, e o titular do 100% é o Asilo de Anciáns de Carballiño.

Coas mesmas condicións, é dicir o 100% do pleno dominio, figura a casa situada na rúa Noviciado nº 6. O mesmo ocorre, é dicir 100% do dominio e tendo como titular da propiedade ao Asilo de Anciáns do Carballiño, co inmoble situado na rúa San Ignacio número 1 de Madrid. Así as cousas, o Asilo de Anciáns do Carballiño é o titular de dous edificios no Carballiño, o Asilo e a Casa do Crego, e tres casas en Madrid, as ubicadas en Serrano 78, Noviciado 6 e San Ignacio 1. O Concello do Carballiño tamén se interesou pola situación na que se atopa o edificio da Praza dos Irmáns Prieto, o inmoble que ocupa dende hai décadas o Colexio Sagrado Corazón. Una vez solicitada a información correspondente ante o Rexistro da Propiedade do Carballiño o que se pode comprobar é que o referido edificio da Praza Irmáns Prieto, o inmoble que acolle o Colexio Sagrado Corazón, é unha propiedade que figura, dende o 17 de xullo de 1913, a nome dos irmáns Leandro e Adelaida Prieto Pereira. É dicir, que os titulares da propiedade son os Irmáns Prieto.

Un Centro de Día, o próximo servizo

A próxima iniciativa a desenvolver nas instalacións carballiñesas será a creación dun Centro de Día, segundo acaba de avanzar a directora do Asilo do Carballiño, Nuria Iglesias. Ao parecer o proxecto xa estaba en carteira hai tempo, aínda que a pandemia e as restricións sanitarias provocaron que se paralizase a iniciativa. A creación dun Centro de Día no Asilo do Carballiño virá a dar resposta a unha vella inquedanza, xa que foron os propios veciños da vila os que trasladaron á institución a necesidade de contar cun servizo que permita ás persoas maiores pasar o día e xantar no Asilo, mantendo a independencia de seguir residindo e durmindo no seu domicilio.

Polo que respecta ao funcionamento do Asilo do Carballiño, segundo o informe da fundación que o xestiona, na actualidade o número de residentes é de 110. Desta cantidade os novos residentes son 53, sendo 40 deles orixinarios da comarca carballiñesa. Do total de residentes son 49 as persoas becadas, destinando a estas axudas un montante de 226.039,12 euros no ano 2021. Destes 49 becados 47 son da comarca do Carballiño. Segundo a estatística da propia institución benéfica, como se pode comprobar no histórico da xestión, o Asilo destinou máis de UN MILLÓN DE EUROS nos últimos cinco anos a becar a persoas necesitadas. Entre outros datos, compre salientar que o Asilo do Carballiño conta con 61 traballadores, dos cales un total de 52 son persoas da comarca carballiñesa.

No referido ao apartado de provedores, segundo os datos aportados pola Fundación Hermanos Prieto, o Asilo ten 32 firmas suministradoras. Desta cantidade a práctica totalidade, todas menos unha, son empresas do Carballiño. E a outra é unha firma de San Cristovo de Cea. En relación á nova situación do Asilo do Carballiño compre salientar que se mellorou na atención ao incentivar a profesionalización da plantilla, o aumento dos días libres ou a axeitar a ratio de usuarios por traballador.

No caso dos residentes agora contan cun servizo de ceas quentes, cousa que non existía na anterior etapa. Dende o Concello do Carballiño tamén se quere deixar claro, en relación á situación laboral, que a administración local confía na equidade dos tribunais e respectará todas e cada unha das decisións que adopten os mesmos. Sen cambios estatutarios no referido á adopción de acordos Os estatutos da Fundación Irmáns Prieto manteñen as mesmas condicións que sempre tiveron no referido á adopción dos acordos e non se fixo cambio de ningún tipo neste apartado.

O padroado está composto por tres persoas e a adopción dos acordos faise por maioría. Nunca, nin no pasado nin no presente, se fixou a regra de que os acordos debesen sen aprobados por unanimidade. Na escritura fundacional sinálase que o Padroado estaría composto orixinariamente por 5 membros (incluíndo dous dos Irmáns Prieto) e despois por 3 (logo do pasamento dos referidos irmáns). En ningún momento se fai referencia a unha forma específica dos acordos, co que sendo un número impar de membros no padroado a adopción dos mesmos obviamente deberá ser por maioría. No que aos Estatutos se refire, os mesmos tiveron que ser obrigatoriamente adaptados á Lei de Fundacións de Interese Galego de 2006, aprobándose os mesmos no ano 2009. Compre reparar neste punto que naquel momento o Sr. Pachi Vázquez era membro do goberno da Xunta de Galicia na súa condición de conselleiro de Medio Ambiente.

Nos novos estatutos non se modificou aspecto algún referido á adopción de acordos e o único que se fixo foi adaptar os mesmos ao que esixe a Lei 12/2006, de 1 de decembro, da Xunta de Galicia. A referida lei prevé o que se sinala de seguido: Artigo 15.-Padroado. 1. En toda fundación deberá existir, coa denominación de padroado, un órgano de goberno e de representación dela, que adoptará os seus acordos por maioría nos termos establecidos nos estatutos. 2. Correspóndelle ao padroado cumprir os fins fundacionais e administrar con dilixencia os bens e os dereitos que integran o patrimonio da fundación, mantendo o seu rendemento e a súa utilidade. Artigo 16.-Composición do padroado. 1. O padroado é un órgano colexiado que estará integrado polo número de membros que determinen os seus estatutos, cun mínimo de tres. O padroado contará cun presidente. 2. Ao presidente do padroado, que deberá ser un membro del, correspóndelle presidir as xuntanzas do padroado e dirixir os debates, así como representar a fundación perante todo tipo de persoas ou entidades, agás naqueles supostos concretos nos que o padroado delegue tal representación nalgún dos seus membros ou outorgue un poder notarial para tal efecto."

Como se pode comprobar, é unha Lei do Parlamento de Galicia (aprobada sendo conselleiro da Xunta de Galicia Pachi Vázquez) a que establece o sistema de maiorías e non de unanimidade para a adopción de acordos. Todo iso relacionado cunha Fundación que xa non contemplaba con anterioridade o requisito da unanimidade, manifesta o alcalde do Carballiño

30, Xuño 2022

Aquí otra fotografía de la magnífica estampa de esta mañana. Le puede pasar a cualquiera? Pues la verdad es que siendo como hay que ser previsor cuando una va a hacer limpieza en un local del que va a cesar la actividad, lo lógico es que la víspera avise al servicio municipal de recogida, máxime entre otras cosas porque los enseres tirados distan de ser destino el contenedor verde. Si ocupó la acera. Lo grave es que la concelleira debería valorar justamente el trabajo de los operarios municipales y haber bien avisado o cuando menos meter todo en cajas o bolsas. Pero dónde no hay no se puede sacar. Y si, todo salió de su local!

30, Xuño 2022

Considero excesivamente exagerado el ataque anterior a una concelleira del PP de Maside. De la foto publicada tan solo se ve un contenedor saturado, y escasos elementos adyacentes al contenedor, sin ocupar la acera, pero sí el espacio adyacente al propio contenedor.

No puedo deducir de esa foto una conducta desordenada, ni cualquier otra que merezca reproche moral, ni cívico ni de ninguna índole. No existe otro lugar para echar la basura que un contenedor, a no ser que el denunciante sugiera que se entierre en alguna finca, como ya se ha hecho.

No puedo deducir de la información aportada que la concelleira no haya hecho una llamada a la cuadrilla de limpieza advirtiendo de la situción excepcional, y de la saturación del contenedor por tales contingencias. Lo cual sería pertinente. En lo demás no aprecio ninguna conducta moral o cívica digna de reproche.

Y no se equivoque, no se lo dice una persona que quiera defender a la concelleira (aunque guarde una relación cordial de vecindad con ella). Se lo dice una persona que en su día denunció que ese local ocupaba un jardín público. Se lo dice una persona que denunció que otro local ocupaba una vía de dominio público. Y aprovecho la ocasión para denunciar que absolutamente todos los locales ocupan las aceras impidiendo la circulación peatonil (que ha de esquivar las terrazas ocupando la calzada).

Una cosa es denunciar hechos objetivos, irrefutables, y otra cosa es hacer ataques ad hominem. A mí me resultó desagradable hacer aquella denuncia, porque detrás estaban personas a las cuales aprecio. Pero eran hechos objetivos irrefutables. Esto está cogido con pinzas, si me lo permite.

30, Xuño 2022

O alcalde do Carballiño aportou hoxe diversa información relativa á xestión da Fundación Irmáns Prieto, e máis concretamente sobre todo o proceso de actualización na xestión do Padroado do que forma parte dende o ano 2018. Fumega negou que se modificasen os estatutos do Padroado "non é certo que os acordos tivesen que ser por unanimidade, dende a creación da Fundación os acordos no padroado foron continúan sendo por maioria, nunca por unanimidade, non houbo ningunha modificación, tan so se foron adaptando dende o ano 1913 ata a actualidade por imperativo legal".

O rexedor municipal adreditou que "todas a propiedades, tanto no Carballiño como en Madrid, están rexistradas ben a nome da Fundación ou do Asilo". Fumega é membro do padroado dende 2018 e foi nese momento cando se actualizou o padroado, xa que ata ese momento apenas tiña actividade "como proba o feito que ata o 2018 figuraba Pachi Vázquez como membro do mesmo". 

Fumega entende que "o asilo nunca estivo mellor" e que pode acreditálo "tras realizar varias visitas por sorpresa nos últimos meses". Tamén considera que é importante a ampliación no número de prazas de residentes, que pasaron das 84 de fai dous anos ás 110 da actualidade "mellorandose de forma notable tanto na calidade de atención como nos ratios de funcionamento", dixo.

Asemade, destacou o alcalde carballiñés o feito de que "o 40% dos residentes contan cunha beca da Fundación, o que permite cubrir os gastos da súa praza, en total nos últimos anos investironse en becas 1 millón de euros por parte da Fundación, destinano ás persoas usuarias con menos recursos, tan so no último ano destináronse a esta finalidade 265.000 euros", asegurou.

Fumega non quixo pronunciarse sobre o conflicto laboral no xeriátrico carballiñés, limitandose a manifestar que é un asunto que está xudializado e non lle corresponde ao alcalde avaliar.

No PODCAST de COPE O Carballiño correspondente ao dia 30 de xuño podes escoitar éstas e outras manifestacións do alcalde do Carballiño sobre este asunto.

30, Xuño 2022

Asi ha estado estacionada este mediodia una furgoneta en la avda. 25 de Julio. A quien corresponda, tomen medidas para tratar de atajar estos comportamientos incivicos. Como se puede apreciar impide totalmente el paso en una acera de mas de cuatro metros de ancho.

30, Xuño 2022

A Concelleira do PP de Maside Luisa Barreiro cesou recientemente a sua actividade comercial, é decir: pechou o bar que rexentaba. Curiosamente sempre ten na boca e tamen nas formas un motivo para sinalar todo aquelo que considera inxusto cara a sua propia persoa e non dubida apuntar con dedo acusador todo canto feito lle parece desatinado sempre e cando claro, veña de quenes ela considera alleos ao PP. Tan exemplar pretende ser que onte fixo parte de limpeza no que ven sendo o bar que tiña e en lugar de facelo de xeito pulcro e medianamente ordenado, que é o que se espera dunha persoa como ela tan exemplar….que non soamente encheu un contenedor veciñal, senon que tamen ocupou parte da estrada e da beirarrua con o seu refugallo. Concelleira que se siente por enriba das normas que todolos veciños de Maside debemos cumplir, a ver si imos aprendendo a facer Ben as cousas. A sua atitude é vergoñenta e para mostra este primeiro boton.

29, Xuño 2022

A Festa de Exaltación do Pan de Cea chega á súa vixésimo novena edición agardando superar un novo récord de vendas. “Hai dous anos quedamos a mediodía sen existencias, polo que nesta ocasión poremos á disposición do público preto de 2.000 pezas”. Así o indicou o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan de Cea, Carlos Rodríguez, esta mañá na presentación da XXIX Festa de Exaltación do Pan de Cea, que se desenvolverá esta fin de semana no Campo da Saleta.

Rodríguez anunciou tamén que a XXIX Festa de Exaltación do Pan de Cea contará como pregoeiro con Jose Manuel Vázquez Rodríguez, xefe de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña e nado en San Cristovo de Cea, quen será presentado por Marisa Crespo Leiro, recentemente nomeada filla predilecta deste concello é que tamén é unha cardióloga e investigadora destacada.

Na rolda de prensa tamén participaron o presidente da Deputación provincial de Ourense, José Manuel Baltar, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luís Valladares. Ambos gabaron as cualidades deste produto con indicativo de calidade e auguraron un novo éxito de convocatoria para esta exaltación gastronómica.

O presidente do Consello Regulador desglosou o programa de actividades para esta fin de semana. A xornada grande, o domingo 3 de xullo, comezará a partires das 10.00 horas cun pasacalles a cargo de diversas charangas. Xa ás 12.00 horas terá lugar a recepción de autoridades no Campo da Saleta.

A continuación, Jose Manuel Vázquez Rodríguez e Marisa Crespo Leiro pronunciarán o pregón da Festa de Exaltación do Pan de Cea. Unha vez finalizada a súa intervención, ofrecerase unha degustación de produtos galegos con distintivo de calidade. A Charanga CLK e Feitizo de Pau e Troula Group encargaranse da amenización musical.

Xa ás 14.30 horas terá lugar o tradicional xantar organizado. “Temos a previsión de que acudan unhas 400 persoas”, concretou Carlos Rodríguez. Ás 19:00 horas haberá unha degustación gratuíta de chourizos ao viño con Pan de Cea. O final de festa comezará a partires das 20.00 horas, con orquestra.

Durante toda a xornada, haberá un espazo expositivo no que participarán unha vintena de empresas de diversos sectores. Artesanía e gastronomía daranse cita nesta mostra feiral, que se complementará co stand institucional onde se exporán produtos amparados por distintos Consellos Reguladores agroalimentarios galegos e co expositor do Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico (Inorde).

VIII Ruta dos Fornos e animación musical, o sábado 2

Aínda que a xornada grande do Pan de Cea será o domingo 3 de xullo, o sábado 2 de xullo terá lugar a oitava edición da Ruta dos Fornos. “O público poderá visitar os 6 fornos antigos, un máis ca en edicións anteriores, gozando de experiencias gastronómicas singulares en cada un deles”, concretou o presidente do Consello Regulador.

A VIII Ruta do Fornos poderase percorrer este sábado 2 de xullo, entre as 18.00 e as 22.00 horas. As propostas gastronómicas nos seis fornos participantes son as seguintes:

A) Forno do Lodairo: pepito de IXP Ternera Gallega, embutidos tradicionais, DOP pementos de Herbón, viño branco e tinto, cervexa Estrella Galicia e auga
B) Forno do Parapeta: queixos das DOP de Galicia, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
C) Forno do Santo: empanada de Pan de Cea, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
D) Forno do Abade: mexillóns ao vapor, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
E) Forno da Cebola: tortilla de IXP Pataca de Galicia, embutidos tradicionais, viño branco e tinto (apto para persoas celíacas)
F) Forno da Eira: xamón a corte, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga

A VIII Ruta dos Fornos combinarase coa animación musical das agrupacións Charanga CLK, Candaira, Feitizo de Pau, Pandereteiras de Cea, Pandereteiras de Celavella e Pratos Mornos. O concerto final da oitava edición desta ruta correrá a cargo do grupo Movilla y los Irresistibles, ás 22:45 horas, e Gin Toni’s, ás 0:30horas; ambos os dous na Praza Maior de San Cristovo de Cea,.

Incremento da produción

Con respecto á comercialización de produtos da IXP Pan de Cea, Carlos Rodríguez indicou que “aumentamos a produción un 3% con respecto ao ano 2020, chegando case as 700.000 pezas”. Este incremento débese a “unha maior demanda dos nosos produtos amparados por parte doutras rexións españolas, como Comunidade Valenciana e Andalucía, aínda que seguimos mantendo presenza nos nosos mercados habituais en Madrid, País Vasco e Cataluña”, explicou o presidente. Na actualidade, son 13 os fornos tradicionais inscritos no Consello Regulador, os mesmos que o ano pasado.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS