
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, asinaron un convenio de colaboración polo que a institución provincial asumirá o financiamento do proxecto de humanización dos terreos nos que se construirá o novo centro de saúde do concello. Segundo reflicte o documento, a Deputación achegará algo más de 186.000 euros para as obras, de cuxa execución farase cargo o concello.
Manuel Baltar enmarcou este acordo “na cooperación que impulsamos desde o goberno provincial cos concellos para a dotación de equipamentos”. Neste caso, engadiu, un centro de saúde “que permitirá poñer a disposición da veciñanza os mellores servizos sanitarios”.
Patricia Torres remarcou pola súa banda “a resposta sempre positiva do presidente da Deputación cara as nosas peticións, sexan grandes ou máis pequenas”. Unha disposición que agora “tradúcese na humanización do espazo no que se asentará o primeiro centro de saúde previsto no novo plan de infraestruturas sanitarias de Galicia”.
O convenio asinado por Manuel Baltar e Patricia Torres establece que a Deputación achegará 186.180 euros, divididos en tres anualidades, para a humanización e dotación de servizos nunha parcela de máis de 6.200 metros cadrados, cuxa expropiación tamén foi xestionada pola Deputación. A achega permitirá construír un aparcamento con 70 prazas, accesos para vehículos e persoas, redes de abastecemento e saneamento, subministro eléctrico, rede de telefonía e alumeado público.
O novo centro de saúde de Boborás substituirá ás actuais instalacións, construídas hai 32 anos e situadas nun inmoble onde comparte espazos con outros servizos municipais. Co futuro centro ampliarase un 40% a superficie construída, en comparación co actual centro, pasando a ocupar 650 metros cadrados. Neste espazo haberá unha área específica para a consulta do programa da muller, ademais dunha sala polivalente para atender casos urxentes ou a realización de técnicas, así como unha sala para patoloxías respiratorias. Os profesionais tamén gozarán de mellores instalacións, xa que o novo centro contará cunha sala de xuntas, vestiarios e almacén, e dúas consultas de medicina xeral e outras dúas de enfermería, coas dimensións establecidas nos criterios asistenciais do Sergas.

Minutos despóis das 7 da tarde os bombeiros do Carballiño rescataron nas augas do río Arenteiro o cadáver dun home, o achádego fora confirmado minutos antes polas forzas de seguridade, nunha zona do río Arenteiro bastante profunda, situada entre a ponte da estrada N-541 e a pasarela metálica, nas inmediacións do Cornuval.
Unha vez que se procedeu a súa identificación, confirmouse que se trata dun home de 63 anos de idade, veciño do municipio carballiñés. Unha familiar denunciara a súa desaparición ante a Policia Local a primeira hora da tarde e á rápida localización contribuíu a chamada dun particular dando conta da extrana aparición de varios obxetos personais á beira do río, o que chamou a súa atención.
No operativo mobilizado participaron os bombeiros do Carballiño, efectivos do Grupo Municipal de Emerxencias, Policia Local e Garda Civil.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde de Beariz, Manuel Prado, para abordar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións e perfilar novas iniciativas de cooperación nos próximos meses.
O presidente do goberno provincial comprometeu a axuda da Deputación para avanzar no proxecto do velorio municipal, “unha dotación imprescindible para os nosos veciños”, sinalou o alcalde de Beariz. Ademais, o goberno provincial aportará unha achega para acometer diversas actuacións de acondicionamento e humanización do pobo de Ricovanca.
Manuel Baltar e Manuel Prado tamén pecharon o compromiso da Deputación para actuar na necrópole arqueolóxica de Garfián. “Un proxecto importante para protexer o noso patrimonio e avanzar na potenciación do turismo arqueolóxico”, sinalou o alcalde de Beariz trala reunión, agradecendo a receptividade e apoio da Deputación nestas actuacións.

O Programa complementario de educación e apoio familiar do Concello de Piñor organiza un obradoiro para pais e nais, e persoas interesadas en xeral, destinado a ofrecer destrezas e habilidades para reaccionar ante as situacións/problemas cos menores no que se refire o uso/abuso de teléfonos móbiles e outras pantallas, como as tablet. Trátase dunha iniciativa totalmente innovadora posto que non consiste nunha mera charla informativa sobre as consecuencias negativas do uso das novas tecnoloxías nos menores, pois calquera pai e nai pode ter acceso a dita información por moitos medios, se non que se trata dun obradoiro eminentemente práctico, impartido por unha psicóloga especialista en intervención en conduta infantil.
O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, é servizo que ademais de trallar de forma individualizada coas familias diferentes problemá-ticas (menores en situación de risco ou desamparo, conflitividade familiar, dificultades educativas, drogodependencias, etc) tamén leva a cabo actividades comunitarias que permitan traballar as-pectos preventivos que favorezan o desenvolvemento axeitado da familia e infancia. Dende devan-dito programa, financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, levarase a cabo a actividade #DESCONECTA: OBRADOIRO DE ACTUACIÓN FRONTE O USO ABUSIVO DE MÓBIL E OUTRAS PANTALLAS NOS MENORES.
#DESCONECTA é unha charla interactiva para familias a través da cal se pretende abordar a problemática do uso continuo (e abuso) de dispositivos nos menores. Neste espazo de diálogo, ademais de compartir os perigos do seu emprego abusivo, ofreceremos estratexias e alternativas ó seu uso e presentaremos aplicacións educativas axeitadas ás idades e necesidades dos nosos cativos. Por outra banda, será un espazo onde compartir e aprender a xestionar a frustración que nos aboca como pais/nais ou educadores/as no noso día a día as diferentes situacións derivadas da problemática do uso excesivo das novas tecnoloxías.
A actividade terá lugar o vindeiro venres 17 de xuño ás 17:30h no Centro Social de Albarona. Para fomentar a máxima asistencia, o Concello de Piñor pon a disposición das familias interesadas un servizo de conciliación, no cal se prestará atención gratuita a cativos de entre 3 e 12 anos (previa solicitude no concello).

Normativa de limpeza e antiinciendios, asi está iste solar na rúa País Vasco, todos os anos a mesma historia. Unhas veciñas que superan os 80 anos camiñaban a diario polas aceras ¿ e agora?

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comprometeuo apoio do goberno provincial “a un dos grandes eixos de desenvolvemento de Punxín como é o termalismo”, colaboración que se concretará co futuro financiamento de diversas actuacións na área termal do Bañiño. Manuel Baltar fixo este anuncio tralo encontro que mantivo na Casa do Concello co alcalde, Manuel Vázquez, ao que acompañaban o tenente alcalde, Eulogio Gómez, e a concelleira Diana Sulleiro.
Manuel Baltar repasou cos membros do goberno local as actuacións realizadas nos últimos anos en Punxín co apoio da Deputación, “executadas a través da liña de colaboración que mantemos aberta”, dixo o presidente do goberno provincial, así como tamén outros proxectos de futuro relacionados con infraestruturas viarias, en particular vías provinciais e municipais, ou unha aula de atención temperá para os escolares máis pequenos.
Pola súa banda, Manuel Vázquez agradeceu o apoio do presidente da Deputación, “que sempre demostrou durante estes once anos como alcalde”. Unha colaboración que dixo estar seguro que continuará, “e por iso presentamos proxectos para máis obras, como o acondicionamento do campo da festa”, espazo que tamén visitou esta mañá Manuel Baltar.
Na zona do Bañiño, o alcalde explicou os novos traballos que proxectan para esta área, despois de adaptar o espazo -desenrolado durante os últimos anos co apoio da Deputación- aos requirimentos da nova normativa termal.
As novas obras perfiladas suporían o investimento de aproximadamente 150.000 euros, cantidade que o goberno municipal espera conseguir cunha achega da Xunta de Galicia máis o apoio económico xa comprometido da Deputación e que alcanzaría o 30% do total. Entre as dotacións previstas figuran a ampliación do aparcadoiro, sinalización de accesos, instalación de alumeado público, accesos a persoas con discapacidade, baños e unha caseta para o vixilante.

O salón do Aparthotel Arenteiro acolleu a convocatoria pública promovida por Pachi Vázquez coa finalidade de constituir unha asociación "na defensa do asilo", unha chamada á que asistiron arredor dun cento de persoas.
O líder de Espazo Común reiterou varias veces, que este este proxecto asociativo nace "en positivo, e non pretende ir cotra ninguén, senón velar polo legado dos irmáns Prieto e que se cumpla o espíritu dos estatutos fundacionais". Vázquez defende a creación desta asociación porque "o patronato do asilo está en perigo, e o pobo do Carballiño ten que saber que a Fundación non é da igrexa nin do concello, senón do Carballiño", tamén asegurou que "durante 120 anos non houbo motivo de preocupación, pero sí dende que marcharon as monxas fai dous anos".
A celebración desta reunión coincidíu nunha xornada na que o sindicato da CIGA e as traballadoras que están enfrontadas á dirección da Residencia Irmáns Prieto levaron a súa protesta ata Ourense, cunha concentración ás portas do Bispado, na que pediron "a readmisión das traballadoras despedidas".
Pola súa parte, a directora do xeriátrico carballiñés defendou nesta emisora de radio a política de persoal e lamentou que "unha minoría das traballadoras non entendesen os cámbios que houbo que levar a cabo, adaptandose ao que nesta e calquera residencia de maiores esixe a Xunta". Nuria Iglesias dixo que o cadro de persoal é na actualidade de 62 persoas e tan so "unha minoria non se adaptou, lamentablemente houbo que tomar decisións porque non estaban facendo ben o seu traballo, e o verdadeiramente imporante son as persoas que coidamos".

Xunta publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria, para xuño e setembro, dos actos expropiatorios para dotar de acceso o parque empresarial de Beariz desde a estrada autonómica OU-212.
Esta intervención de mellora da mobilidade e reforzo da competitividade e das potencialidades empresariais do municipio suporá un investimento autonómico de 445.000 euros. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que avanza na contratación das obras, prevé iniciar os traballos en outono. A actuación conta cun prazo de execución de 4 meses.
Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar o 20 de xuño, das 11:00 ás 13:00 horas, na Casa do Concello de Beariz. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o 1 de setembro, tamén na sede do Concello, das 9:30 ás 10:00 horas. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://cutt.ly/1JATTJR.
Esta actuación é o resultado dun estudo onde se analizaron seis alternativas, tendo en conta a xeometría da estrada OU-212, a funcionalidade e a seguridade viaria. A solución concreta a proposta recollida no Plan Especial de Creación de Solo Industrial do Concello de Beariz.
Así, o departamento de Infraestruturas da Xunta actuará na estrada OU-212 ao longo duns 250 metros, pola marxe esquerda da vía, executando unha intersección que permitirá todos os movementos, en especial, dos vehículos pesados que se acheguen ata o polígono. A intervención inclúe a habilitación de cuñas de aceleración e desaceleración de 30 metros de lonxitude para facilitar a incorporación á estrada e tamén a saída cara ao polígono en condicións de seguridade, ademais de carril central de espera para favorecer os xiros desde esta estrada cara á área empresarial, pensando en ofrecer maiores facilidades aos camións.
Na zona onde se realizará a nova conexión o trazado está formado por unha recta duns 400 metros de lonxitude que, aproximadamente no seu punto medio, conta cunha estrutura de vigas prefabricadas que permite o paso sobre o regato existente. Tamén se procederá á instalación de canalizacións de servizos baixo a berma que serve de protección contra os desprendementos de terras, en previsión da necesidade futura de darlle continuidade á iluminación do parque empresarial, de forma que só sexa necesario a instalación de báculos e de cableado.

"Que actúa ou se comporta sen poñer atención no que di ou fai, sen decatarse do que pasa arredor"
Nesta rúa había un punto de recollida de lixo con dous contedores amarelos e dous verdes.
Debido ás molestias que causaban, ruído, malos cheiros, ... algúns veciños solicitaron ó concello a súa reubicación. Agora están a menos de cen metros.
O asunto é, que hai algún ou algunha que está en desacordo. Deixan o lixo no chan e logo os animais, pegas, cans, .... císcano pola rúa.
Ós veciños quédannos dúas opcións, collelos na allada e tramitar a correspondente denuncia ou agardar que lles veña o entendemento: "Bo xuízo, aptitude para xulgar e obrar de maneira correcta".
BOAS.
-COMO XA SE DIXO HAI UNS DÍAS , OS ILUMINADOS DO CONCELLO , SABENDO OS PROBLEMAS DA AVDA. DE COMPOSTELA A ALTURA DA RÚA PIÑOR, POIS MANDARON AÍNDA MÁIS AUGA DENDE ESTA RÚA PIÑOR HACIA O ALCANTARILLADO DA AVDA. DE COMPOSTELA, E CLARO Á PRIMEIRA ......POIS OUTRA INUNDACIÓN....NON SABEMOS CÓMO SE PODE SER TAN CHAPUZAS E COMO LLE IMPORTAN UN BLEDO OS VECIÑOS. O IMPORTANTE É GASTAR CARTOS Ó TOLO PARA QUE PAREZA QUE SE FAI ALGO, AÍNDA QUE SEXA Á COSTA DE FASTIDIAR ÓS VECIÑOS. TEMOS O QUE MERECEMOS.
UN SAÚDO A TODOS
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 193
- 194
- 195
- 196
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- …
- seguinte ›
- última »