16, Xaneiro 2025

A militancia carballiñesa do BNG ven de elixir un novo Consello Local que foi presentado no trancurso dun acto informativo na sede da formación nacionalista no Carballiño, no local das Galerías Magariños.

Unha comparecencia que contou coa presenza de de Lucía López Sobrado, Coordenadora da Área de Organización da Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego, e no que tamén tomo a palabra o novo reponsable local Manuel Chan, ambos manifestaron que "comeza unha nova etapa na que o obxetivo é fortalecer a estructura do BNG tanto no Carballño como no resto dos concellos da comarca, gañar en presenza social e marcar a tendencia política tamén no ámbito local", subliñaron.

Como nova vicerresponsable do Consello Local do BNG carballiñés figura Áura Francisco Lorenzo, completando a composición deste órgano de dirección Eladino Cabanelas, Manuel Caíña, Elvira Fernández e Manuel Freixedo, este últimoen representación de Galiza Nova. Como suplentes quedan Luis Pérez "Ficol", Xulia Fernández e Andrés Fernández.

Neste novo Consello Local do BNG non figura a única concelleira que ten o BNG no concello do Carballño, Sofía García "porque queremos un BNG fortalecido, no que se repartan as responsabilidades ", manifestou o novo máximo responsable do BNG carballiñés, Manuel Chan.

15, Xaneiro 2025

“Os datos, recentemente coñecidos, das listas de agarda do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) non resultan alarmantes só porque nalgúns casos duplican aos de Galicia; senón tamén porque tanto profesionais como pacientes, e a cidadanía en xeral, saben perfectamente que non se corresponden coas experiencias propias ou próximas que amosan realidades moi distintas”, aseguran desde o PSdeG-PSOE.

“O tempo que unha persoa espera por unha cita non é computado na súa totalidade, dado que só se contabiliza desde que se marca a cita nunha axenda, pero non desde que é solicitada polo médico de Atención Primaria”, continúa explicando a deputada no Parlamento Carmen Rodríguez Dacosta que este xoves presentará unha iniciativa para que o Goberno de Rueda elabore e poña en marcha un plan que reduza a agarda que padecen os e as ourensás que precisan consulta cun especialista ou para ser intervidos cirurxicamente.

Neste senso, as socalistas destacan que a media galega para unha consulta é de 71,6 días fronte aos 141,8 días do CHUO. “Queremos que quede moi claro que temos un excelente nivel de profesionais sanitarios, pero os problemas orixínanse pola ineficiencia do sistema, froito da imposibilidade de responder aos problemas que xorden, ou facelo con atraso, dadados os recortes que durante a última década limitaron a capacidade asistencial”, lembra a deputada do PSdeG.

No que atinxe ás consultas por especialidades subliñan algunhas cifras “inasumibles” e “alarmantes” como os 300 días de espera no servizo de Rehabilitación, os 147 días de espera para Oftalmoloxía, os 84 para Traumatoloxía ou os 61,3 en Psiquiatría. “Se falamos de cirurxía, a media en Galicia está en 72 días, pero no CHUO en 88,9”, incide sobre a infraestrutura sanitaria de referencia para toda a provincia. Así mesmo, as socialistas denuncian que estas cifras esconden diagnósticos tardíos ou a cronificación de enfermidades, así como permanecer durante meses con dor posto que a situación actual é peor do que amosan os datos.

“Sabemos que o habitual é agardar semanas ou meses por unha chamada que marca a data da cita, mais ese tempo non se contabiliza. De canto estariamos a falar se as listas recollesen a realidade? Que cifras acadariamos?”, rematan preguntándose.

13, Xaneiro 2025

A concelleira socialista Rosa María Dalama e candidata proposta polos cinco concelleiros (4 do Partido Popular e 1 do PSOE) asinantes da moción de censura á alcaldesa Susana Iglesias, foi proclamada como nova rexedora municipal do concello do Irixo no transcurso do pleno extraordinario celebrado este mediodia no concello do Irixo, ante numeroso público.

O resultado da votación foi: 6 votos a favor da moción de censura (2 do PSOE e 4 do PP) e dous en contra, os das concelleiras de Xuntos, Susana Iglesias e Tamara Civeira. Non asistíu ao pleno o concelleiro Juan Manuel Villanueva.

A celebrada hoxe foi a segunda moción de censura no que vai de mandato municipal neste concello do Irixo, a primeira levárase a cabo en agosto de 2023, apenas 3 meses despóis de celebradas as úlitmas eleccións municipais desde mesmo ano, daquéla tamén con cinco asinantes, dous do PSOE e 3 do grupo de Xuntos polo Irixo, que desbancaran da alcaldía a Manuel Cerdeira, do PP, que comezou o mandato gobernando en minoría, e que tivo que ceder o bastón de mando a Susana Iglesias, de Xuntos.

Agora, case un ano e medio despóis, a alcaldía do Irixxo volve cambiar de titular, e tras esta nova moción de censura Rosa María Dalama, co apoio do Partido Popular, convértese na primeira alcaldesa socialista na historia do concello do Irixo.

Tras celebrarse o pleno, tanto a nova alcaldesa Rosa María Dalama como o portavoz do grupo popular Manuel Cerdeira confirmaron que de momento o acordo foi exclusivamente para a moción de censura e que de momento non hai acordo de cogobernanza, aínda que tampouco o descartan. 

Aquí tes os audios da moción de censura: Rosa Mª Dalama, Susana Iglesias, Maria Dolores Fariñas e Manuel Cerdeira.

12, Xaneiro 2025

Aínda que ogalla o fose Boboras non e o n13 da provincia nin de lonxe nin parece que o vaia a ser por desgracia.

Actualmente e o número 21, e sería moito menos se non fose polo inflado que esta o censo, aqui e noutros sitios, con xente falecida no extranxeiro pola gran emigración, e por moitas persoas censadas que residen noutros lugares, moitos en Mexico, onde hai mais de 200.

Actualmente teñen mais poboacion Ourense, Carballiño, Verin, O Barco, Barbadas, Xinzo, Pereiro, San Cibrao, Allariz, Celanova, Ribadavia, A Rua, Coles, Cartelle, Amoeiro, Maceda, Viana do Bolo,Toen, Maside, e Monterrei.

Desafortunadamente son malos tempos para o rural.

 

11, Xaneiro 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde, Francisco José Fumega, supervisou as obras de rehabilitación dun edificio de vivendas públicas no Carballiño, nas que a Xunta inviste preto de 80.000 euros.

As obras levadas a cabo no edificio, que consta de 64 vivendas e que teñen un prazo de execución de 2 meses, consisten na reparación do revestimento dos patios interiores e dos paramentos do garaxe, mediante a súa limpeza e aplicación dunha pintura impermeable. Estes traballos entrarían como actuacións de habitabilidade que proporcionan ao edificio estanquidade fronte á choiva e a humidade. Por outra parte, engádense obras de pintado dos teitos, dos garaxes e das varandas exteriores.

Reunión co alcalde

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, aproveitou a súa estadía no concello para manter un encontro co alcalde Francisco José Fumega e coñecer de primeira man as necesidades do municipio. Asi, entre as prioridades abordadas nesta reunión está a construcción do novo Centro Integral de Saúde do Carballiño. Nesta reunión tamén estivo presente o tenente alcalde Pepe Castro-Gil.

Nesta visita institucional de Manuel Pardo a O Carballiño, o delegado territorial tamén se achegou á Avenida do Arenteiro,onde estes dias atrás executouse a obra de demolición dunha edificación que estaba ubicada nas Barcias, e solo verde, e coñeceu as intencións municipais para a redacción dun plan de ordenación para o parque municipal.

Manuel Pardo trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello”.

9, Xaneiro 2025

Señora susana vallase usted con la misma dignidad que se fue su antecesor y deje las amenazas y pancartas y sea señora para salir y Preséntese usted a las elecciones otra vez y ahí el pueblo le demostrara lo mucho que la quiere 

9, Xaneiro 2025

Me gustaria una aclaracion? 

Cafeteria o discoteca? . 

Por como trabaja y hace uso de su licencia.

9, Xaneiro 2025

Esta es un escrito para reflexión de la señora alcaldesa de O Irixo.

A unos días de que se celebre la moción de censura contra usted, porque realmente la moción es contra usted, porque en la actualidad en Irixo ya no existe ni el partido por el que usted se ha presentado a las elecciones ni gobierno de coalición entre usted y el PSOE.

Desde el momento en que usted accedió a la alcaldía, a través de una moción de censura también, porque no se le vaya olvidar que usted no fue quien ganó las elecciones, quedó a más de 100 votos del PP, que esto parece que se le olvida fácilmente, todos han sido problemas.

Primero problemas con su propio grupo político, para comprobarlo no hay más que comprobar que tuvieron que eliminar varias publicaciones echas en su perfil de Facebook.

A continuación y desde el momento que desde sus propios compañeros de gobierno intentaron reconducir las diferencias que existían con su compañero de partido Juan Manuel, fueron estos los destinatarios de sus puyas, debía ser que usted se encuentra más a gusto en la confrontación que en la tranquilidad ( le gusta ser la víctima en la confrontación, sino lo es ya buscará usted la manera de darle la vuelta a la situación)

Pero bueno más allá de todo esto se termina una etapa de sombras en el ayuntamiento de O Irixo.

Solamente le pedimos que le vaya muy bien en su vida personal, pero alejada de ninguna institución pública, esperando que la jornada del día 13 sea igual de tranquila que en la que usted accedió a la alcaldía, aunque nos tememos que no será así, porque ya está usted preparando la confrontación a través de amenazas y pancartas.

9, Xaneiro 2025

Son na actualidade 17 os profesionais do taxi no Carballiño agrupados na Asociación de Taxistas do Carballiño, e nos próximos dias reuniránse cos responsables municipais para abordar diversas demandas e co obxetivo de mellorar este servizo público no municipio.

Tras algunhas queixas de oíntes desta emisora de radio sobre o funcionamento do servizo, o portavoz dos taxistas explicaba en COPE O Carballiño como está organizado o mesmo.

Escoita aquí a entrevista a Luis Carballeda:

8, Xaneiro 2025

O pimeiro tenente alcalde do concello carballiñés anunciou en COPE O Carballiño que o goberno municipal PP-PSOE ten previsto levar a pleno o orzamento de 2025 "canto máis antes mellor, se pode ser en xaneiro no esperarémos a febreiro", asegurou.

Pepe Castro-Gil tamén avanzou na súa intervención nesta emisora de radio que o proxecto de "mercado excelente" para a praza de abastos agarda que logo poida ser unha realidade este mesmo ano, un proxecto que representaría unha inversión de 1 millóns de euros por parte da Xunta.

Asemade, referíuse a outras actuacións previstas para este ano, entre elas están o saneamento da masa árborea do parque municipal, que se acometería este mesmo inverno, ou as obras de mantemento e mellora na biblioteca, o auditorio e as piscinas públicas. 

Este xoves, o delegado territorial da Xunta Manuel Pardo presentará a obra de reforma integral do polideportivo do colexio da Uceira, cunha inversión de 600.000 euros.

Escoita aquí a entrevista:

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS