16, Maio 2022

A vila de Dacón xa vive ambiente festivo coa celebración diaria da novena de Santa Rita, que comezou o pasado dia 13 e completaráse o dia 21, con tres celebracións diarias na igrexa parroquial de Dacón, ás 8:30, 19:30 e 20:30 horas, unha devoción que ademáis conmemora este ano o seu centenario, xa que a súa primeira edición tivo lugar no ano 1922.

Tras dous anos sen programación festiva pola pandemia, as festas de Santa Rita regresan este ano con forza e unha atractiva programación na que sobresaen as verbenas para as que a comisión de festas contratou a un elenco no que figuran orquestras de primeiro nivel como son Claxxon (Sábado 21) Paris de Noia (Domingo 22) e Marbella (Lúns 23).

Ademáis, no apartado musical, tamén figuran a Banda de Galicia (Domingo 22) e as charangas "Terra de Trives" (Domingo 22) e "Castro Bello" (Lúns 23).

A maiores, outras actividades como foi a IV Ruta Cabalar Vila de Dacón celebrada este pasado domingo, ou a V Xuntanza de Clásicos Deporticos este martes dia 17, festivo, no Día das Letras Galegas.

15, Maio 2022

Non se trata do peche de unha aula , tratase de que nunha vila que supostamente debera medrar, empobrecese. Que pensan que vai pasar se este ano a pechan. Que para o ano pechan un colecio e para o seguinte ou mesmo o ano que ven quitaran tamen outra clase no Calvo sotelo e entòn que pasará. Que todas esas nais que pasan de cara a escola deixaran de tomar un café, de mercar o pan ou mesmo de ir a tenda. Xa non haberà xente pasando, o que chamamos ambiente. E comezará a ser un pobo morto. Cando unha escola pecha un pobo morre. Se os nenos os levan a Ourense onde mercarán..? Se traballan e os nenos os levan a onde traballan , onde acabaran vivindo?

Se as escolas pechan, as que están xusto no centro do pobo, se se acaban os servicios, quen vai querer vir a vivir aqui.

Esto non é un problema solo se pais e nenos, é de comerciantes e hosteleros, é un problema de pobo e moi grande.

Canso unha escola pecha un pobo morre.

14, Maio 2022

Esta semana avisan a los padres del Campo de  la Feria de que no van a poder llevar a los niños de 3 años allí. Supuestamente es una decisiòn de la Xunta y nadie dice nada. 
Solo los padres se quejan? Que dicen los profesores? Y el director? Porque nada se le ha oido decir. Le parece bien o es que no tiene espíritu para defender su colegio? Y las Anpas? Donde están? Mucho ruido con la jornada única y ahora algo que es muchísimo más importante, ni se les oye ni se les ve. Y el Alcalde ? Está muy callado, no dice nada? Ve que cierran un aula que para el año le van a cerrar un colegio y ni se inmuta? Le da igual? No le ve las consecuencias? 
Es alucinante este silencio. Todo el mundo está esperando que pase una cosa detrás de otra sin hacer nada, que caigan las fichas de este pueblo como un dominò. Pues nada, el último que cierre la puerta.

14, Maio 2022

O Concello de Piñor conta cun novo servizo bancario trala instalacion dun caixeiro automático nas dependencias municipais.

En Piñor non hai oficinas bancarias, polo que os seus habitantes teñen que desprazarse a outros concellos para realizar operacións financieiras ou sacar diñeiro.

Por este motivo, o Concello de Piñor asinou un convenio coa Consellería de Facenda co fin de que os veciños e veciñas poidan dispoñer de efectivo e realizar as xestións máis habituais sen ter que desprazarse a outro termo municipal, favorecendo deste xeito a súa inclusión financieira.

Deste xeito, ABANCA instalou o caixeiro nas dependencias municipais e nos vindeiros días terá lugar unha sesión de formación para todos os veciños.

Ao acto de inauguración asistiron Mateo Alonso San Román, Coordinador Institucional de Abanca de Ourense, Alberto Pérez Manso, Director da Oficina de Abanca de Cea e o Alcalde do Concello de Piñor,José Luís González Rodríguez

14, Maio 2022

Esta semana he ido a anotar a mi hijo al colegio del Campo de la Feria y no me han dejado. Es cierto que se me pasò el pazo de matrícula, si. No lo oí, nadie lo anunciò, no me lo notificaron, no vi carteles. La publicidad hecha para el plazo de matriculaciòn fue nula. Pero, habiendo plazas, por qué no me dejan anotarlo.

Siento una total indignaciòn al oir a ese señor que sale ahí en la radio que dice que aun no se sabe nada.

Si, se sabe que el colegio, que desde la Uceira no nos dejan anotar a nuestros hijos en el Campo de la feria.

Alguien tiene que hacer algo, me da igual quien sea, es más todos deberían hacer algo.

12, Maio 2022

A fin de semana adiántase desta vez ao venres no concello do Irixo, coincidindo o 13 de maio coa festividade da Virxen de Fátima, dia festivo de carácter local no municipio do Irixo. A Charanga Castro Bello ameniza esta xornada festiva de moita tradición no Irixo. A solemnidade de Fátima tamén se celebra noutras localidades da comarca, como en Cea, Viuduedo ou As Caldas de Partovia.

A Ruta das Tapas do Carballiño ofrece unha proposta gastronómica con tapas a 2 euros, segunda edición deste mes de maio dedicada ás cidades e vilas galegas e portuguesas que forman parte da asociación do Eixo Atlántico.

Dentro da programación da concellería de cultura, o Maio Cultural inclúe obradoiros de promocion da lingua galega para os máis cativos e a proxección da película de animación "Valentina" na matinal do venres no auditorio, e neste mesmo escenario, o domingo 15  a´s 18:00 horas Teatro Galitoon trae a O Carballiño a súa proposta de teatro infantil "Güela Güela".

E no cine en pantalla grande, temos 3 propostas: a do Cine-Club Carballiño ás 20:00 e 22:30 horas no auditorio a película francesa "París, Distrito 13", e no Novocine de Leiro dúas películas do venres ao domingo "Doctor Strang, el Multiverso de la Locura" e "El juego de llaves".

12, Maio 2022

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade dos Concellos do Carballiño organiza o III ENCONTRO DE FAMILIAS, unha actividade lúdica e gratuíta e de interrelación entre as familias da comarca, financiada polo Fondo Social Europeo.

A primeira edición desta actividade foi en 2019 no Concello de Piñor, no 2020 foi imposible desenvolvela por mor da situación pandémica, levándose a cabo no ano2021 no Concello do Irixo.

Nesta ocasión, o vindeiro domingo 22 de maio (conmemorando o Día Internacional da Familia), terá lugar o III ENCONTRO DE FAMILIAS no Concello de San Amaro. Será totalmente gratuíto e levarase a cabo no C.E.I.P Eulogio Gómez Franqueira a partir das 16:30H, ofrecendo as seguintes actividades:

-ESPECTACULO DE NARRACIÓN ORAL E MANIPULACIÓN DE OBXECTOS: ROUPA TENDIDA, a cargo de Xarope Tulú.

-ESPAZO DE XOGOS PAPORRUBIO: circuíto de xogos de madeira para empregar en familia.

11, Maio 2022

A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, acompañada do delegación territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o centro que presta servizo á Mancomunidade do Carballiño, onde exerceu como anfitrión o presidente da entidade intermunicipal e alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira.

A Xunta financia con 123.000 euros o mantemento anual deste servizo que ofrece apoio ás familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos coa finalidade de dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes en relación aos trastornos de desenvolvemento ou en risco de padecélos, e para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión socical. Para elo, a Mancomunidade de Concellos do Carballiño conta cun equipo integrado por profesionais de psicoloxía, psicomotricidade infantil e logopedia.

A Xunta de Galicia financiará en 2022 a posta en marcha de dez novas unidades de atención temperá, que prestarán servizo a un total de 29 novos concellos, para reforzar e estender a rede pública autonómica. A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, anunciou esta mañá a resolución da orde de axudas para a creación de novos centros, coa que se atende o 100% das peticións formuladas, durante unha visita as instalacións da Mancomunidade do Carballiño.

Fabiola García agradeceu o labor que prestan as traballadoras deste servizo, que serven de guía profesional a milleiros de familias galegas para detectar posibles trastornos de comportamento nos nenos de entre 0 e 6 anos a través dunha actuación conxunta e interdisciplinar imprescindible para ofrecer unha resposta global ás necesidades do pequeno.

11, Maio 2022

A Agrupación Socialista de Leiro quere saír ao paso da noticia pola que a Xunta licitase 360.000,00€ nas obras de mellora do sistema municipal de abastecemento do municipio de Leiro,e deixando constancia que en principio no se o pon as inversions que se realicen no noso Concello de Leiro, pero co fin de probar, como un fracaso de xestión por parte do único responsable do control e funcionamento do servizo municipal da auga, o señor Alcalde, véndesenos como un éxito da súa xestión.

É o momento de lembrar como este alcalde do P.P. contrario á subida de impostos é o primeiro en correr á Xunta Amiga para obter financiamento que lle permita tapar a súa incompetencia na xestión do Concello. Falamos de financiamento con recursos económicos derivados da recadación de impostos, xa non só do españois si non que neste caso de todos os contribuíntes da Unión Europea. Falamos tamén dun alcalde que privatizo a xestión do servizo municipal da auga no ano 2005 cunha taxa media por veciño de 44,68 €/ano e na actualidade en 2021 é de 90,86 €/ano por veciño.

A principio do 2021 o noso portavoz no concello, denuncio a existencia grandes fugas no sistema municipal da auga que xeraban un gran desgaste e deterioración das maquinas, así como un elevado consumo de electricidade e cloro, entre outros inconvenientes.

Unha vez máis o señor alcalde, cuestionaba e negaba as afirmacións do noso compañeiro, á vez que o mesmo contradicíase ao afirmar publicamente que en agosto do 2021 o consumo de auga alcanzaba cotas de 900 a 1.000 M3 diarios. Datos estes, que confrontados cos datos técnicos que obran no concello, permitían confirmar e concretar dúas cousas, a primeira, que o señor alcalde, como único garante do bo funcionamento do servizo de augas, confunde M3 abastecidos con consumo de auga e dúas, que as fugas supoñen un incremento de mais do 300% no abastecemento, é dicir, para que chegue un M3 de auga á casa dun veciño é necesario captar máis de tres M3 dos que dous M3 pérdense.

Foi necesario esperar a que a fuga fose detectada pola empresa concesionaria que xestiona o servizo, algo que non ocorreu e foi a alcaldesa de Boboras, Patricia a que advertiu ao señor Alcalde das fugas de auga no tramo captación do Viñao / ETAP do Viñao do que gran parte transcorre polo concello de Boboras.

É a partir deste momento cando o señor Alcalde de Leiro corre á Xunta amiga para resolver os problemas que ocasiona a súa incompetencia e coa que tanto castiga aos nosos veciños. É o momento en que conxuntamente con Patricia, alcaldesa de Boboras, xestionan a concesión dunha subvención para emendar a súa pésima xestión e obtén unha axuda a tres anos por 360.000,00€ cun desembolso principal de 264.000,00 en 2022 que por axustes de dotación económica na Xunta pásase ao 2023 por un importe de 213.300,88€.

Unha vez máis, volve vender aos veciños por segunda vez como éxito o que só é froito do seu propio fracaso na xestión do Concello. Os veciños de Leiro terán que soportar un ano máis, que en 2022 a deterioración das instalacións do servizo municipal da auga como consecuencia das fugas, non controladas polo Alcalde e non detectadas pola empresa concesionaria, sexa o equivalente á deterioración de tres anos e o peor é que non sabemos desde cando está a ocorrer isto, pero non pasa nada, cando as instalacións empecen a fallar pola mala xestión sempre quedase ao señor Alcalde o recurso da Xunta amiga que cos impostos de todos cubrirán como un éxito os seus erros.

Esta é unha proba máis das mentiras e manipulacións do noso alcalde que desde o 2019 vén negando información e documentación ao noso portavoz sobre o servizo de auga, entre outros, argumentando o custo en fotocopias, é dicir quere aforrar as pesetas e nesta ocasión non se lles escapan os duros, nesta ocasión, son os moitos euros os que nos custa a todos a xestión deste alcalde.

10, Maio 2022

O presidente do Club Ciclista Os Mosqueteiros, Rubén Cerdeira, e a concelleira de deportes do concello carballiñés, Silvia Baranda, presentaron a que será edición número 10 desta actividade que xa está consolidada e recoñecida entre os ciclistas de montaña de toda Galicia, e que terá lugar este próximo domingo dia 15 de maio.

Celebraráse dúas probas, unha media maratón de 40 km. de percorrido e de dificultada media, e a maratón de 73 k. de dficultade media-alta, que percorrerán sendeiros e camiños nos municipios do Carballiño, Boborás e O Irixo., unha maratón que será puntuable para o Campionato Galego de Montaña. A saída será ás 9:30 horas dende a Praza da Veracruz.

Aínda que a inscrición permanece aberta ata as 23:59 horas do mércores 11 de maio, os organizadores agardan unha participación no entorno dos 350 ciclistas, que acudirán esta próxima fin de semana a O Carballiño, a maioria deles con acompañantes, polo que se calcula que unhas mil persoas achegaránse á vila do Arenteiro entre o sábado e o domingo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS