10, Maio 2022

A Xunta licitou hoxe as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento do municipio de Leiro, que suporán un investimento de 360.000 euros.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe o anuncio de licitación, ao que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 10 de xuño. Esta intervención enmárcase no convenio de colaboración asinado no pasado mes de novembro entre a Xunta e os Concellos de Boborás e de Leiro.

A través deste contrato executaranse as obras de renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro, co fin de resolver os frecuentes problemas de funcionamento que se producen neste treito de condución que abastece a potabilizadora e o depósito de Leiro.

O Goberno galego apoia aos concellos no desenvolvemento das súas competencias municipais cofinanciando as actuacións previstas en ambos os dous concellos no 80% do seu orzamento total. Pola súa banda, as entidades locais achegarán o 20% restante do importe das actuacións que corresponden cos seus respectivos servizos municipais. Ademais, os concellos de Leiro e de Boborás asumen a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, posta en servizo, mantemento, explotación.

As intervencións serán financiadas pola Unión Europea, no marco do Eixe REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

O Concello de Leiro abastécese dunha captación situada no concello de Boborás, na canle de derivación do encoro de Albarellos. A auga trátase nunha estación de tratamento de auga potable existente no municipio de Leiro e distribúese a través dunha condución cunha lonxitude aproximada de algo máis de 7 quilómetros de lonxitude, dos cales máis de 4,7 se sitúan no termo municipal de Boborás e preto de 2,4 no municipio de Leiro.

Debido á antigüidade da condución que conecta a captación coa potabilizadora, son moi frecuentes as roturas, o que provoca faltas no subministro de auga á poboación. As obras darán servicio a unha poboación fixa de 1.568 habitantes para o ano horizonte 2045.

9, Maio 2022

O grupo municipal de Espazo Común asegura que "a Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de confirmar aos membros da comunidade educativa do CEIP Calvo Sotelo a súa intención de pechar xa dende o vindeiro curso a aula de nenos de 3 anos do centro do Campo da Feira".

Por elo, manifestan que "ésta é unha inaceptable nova que resta unha opción de escolarización, agora e no futuro, para moitas familias nunha zona densamente poboada". Preocupan a Espazo Común os precedentes "non hai máis que ollar o acontecido noutros lugares semellantes para ter a certeza de que este é só o primeiro paso para o peche total dese centro. Se este ano se suprimen a clase de 3 anos, para o ano xa non haberá a de 4 e así sucesivamente ata a desaparición total. Se se consinte o peche, xa non voltará a abrir".

Poñen o foco desta problemática nas políticas municiapis do goberno socialista "esta nova é outro cravo no ataúde do futuro da nosa vila que, día a día, perde servizos, perde atractivo e perde poboación a pasos axigantados". Tras recordar o retroceso demográfico que reflicte o útlimo padrón municipal coa "perda de case 200 habitantes nun só ano e o que é aínda peor, un preocupante envellecemento da poboación, todo elo a causa dunha ausencia total de políticas para atraer a poboación nova e do fomento da natalidade por parte do Concello nos últimos anos".

"Nin servizos de conciliación, nin infraestruturas deportivas, nin novas zonas de xogo infantís... A lista é interminable pero agora o que toca é revertir esta dinámica e freala dende xa con accións concretas que impidan o peche desa aula que de permitirse será a primeira de moitas", poñén de manifesto.

Finalmente, dende Espazo Común anuncian que convocarán "nos vindeiros días a tódolos afectados (profesores, pais, persoal para tomar decisións sobre como afrontar e revertir esta situación e levaremos unha moción ao vindeiro pleno para que tódolos grupos da corporación apoien as iniciativas encamiñadas a elo".

7, Maio 2022

O programa "Enredadas" elaborado polo CIM do concello do Carballiño ofrece durante esta semana diversos talleres ás mulleres residentes na vila como nas parroquias da zona rural, unha actividade na que se traballará na autoestima, o autocoñecemento e o empoderamento, e mediante prácticas como a risoterapia, a relaxación ou as dinámicas de autocoñecemento.

Este programa, que foi  presentado pola concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Guadulupe Sobrado, terá lugar en horarios de tarde e está aberto a todas as mulleres que queiran participar, para facélo tan so teñen que inscribirse na respectiva asociación veciñal da súa parroquia ou directamente no Centro de Información á Muller do concello do Carballiño, no 988 531 076.

As sesións teñen unha duración de hora e media, e para as mulleres da vila levaráse a cabo esta actividade no local do Bo Dia Familia o mércores 11 a partir das 6 da tarde.

O lúns dia 9 ás 6 da tarde para as mullers de Arcos, A Uceira e Seoane.

O martes 10 ás 4 da tarde para as parroquias de Mudelos e Madarnás. Tamén o mesmo martes, ás 6 da tarde, en Veiga.

O mércores 11 ás 4 da tarde para as mulleres do Torrón, Señorín e Partovía.

E finalmente, o xoves dia 12 ás 4 da tarde, os talleres serán para as mulleres de Sagra, Mesego, Cabanelas e Banga.

No vindeiro mes de xuño completaráse este programa "Enredadas" con novas convocatorias.

7, Maio 2022

O Centro de Estudios Chamoso Lamas, que ten, entre otros fins fundacionais, documentar e divulgar o patrimonio cultural e medioambiental da comarca do Carballiño, considera que a mostra sobre as orixes e a evolución da luz eléctrica, que se exhibe no IES Chamoso Lamas e que se pode visitar ate a 12 deste mes, ten un gran interese histórico e por iso ofrece a súa colaboración para editar un catálogo da mesma.

Asemade, propón que esta exposición sexa un punto de partida para a creación dun futuro museo que plasme o nacemento e a evolución da electricidade no concello carballiñés, que foi pioneiro a nivel provincial na implantación da luz eléctrica.

Integrantes do colectivo realizaron esta semana unha visita programada á mostra, comprobando o alto valor das pezas que se exhiben e que deben conservarse nas mellores condicións posibles co obxectivo de que poidan formar parte, xunto con outras que se consigan incorporar, deste museo que amose o carácter pioneiro do municipio carballiñés na chegada da luz eléctrica e a relevancia histórica que tivo na modernización da vila, do concello e da comarca, así como no proceso de industrialización, desde finais do século XIX.

6, Maio 2022

A  xornada tiña carácter solidario e por ese motivo pedíaselle aos espctadores que acudiron este xoves ao espectáculo da orquestra Panorama na Praza da Veracruz que fixeran un donativo de 3 euros, para axudar ás persoas ucraínas refuxidas.

A Cruz Vermella recadou 2.792 euros aportados polos espectadores que acudiron aos dous pases que ofreceu a orquestra no Carballiño, unha cantidade á que  haberá que sumar os donativos recollidos pola pizzería carballiñesa promotora desta xornada musical, polo que a Cruz Vermella agarda que a recadación final poida superar os 3.000 euros.

6, Maio 2022

Cando parecía que todo isto da parcela do futuro centro de saúde do Carballiño estaba xa superado, onte van a pleno os orzamentos para o ano 2022 e o equipo de goberno aproba unha partida que leva o nome "terreos centro de saúde" cunha asignación de 400.000 euros. Preguntado sobre isto o alcalde limítase a dicir que é unha partida que non se vai usar xa que o compromiso é facer o centro de saúde na actual estación de autobuses. Pero vamos a ver. Se esto é así para que se mete entón tal partida? Tan ben está o concello do Carballiño para desdeñar 400.000 euros? Que non son nin 400 nin 4.000.Con 400.000 pódense facer moitas cousas. Unha de dúas. Ou o alcalde oculta algo que non quere dicir ou simplemente limítase a fecer un corta-pega dos orzamentos de anos anteriores sen revistar nada. En calquera das dúas opcións non queda moi ben que digamos. E ese é o nivel do equipo de goberno que temos no Carballiño señores.

5, Maio 2022

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou este terremoto ás 10 horas e 26 minutos desta mañá de xoves e localizou o seu epicentro dentro do municipio de Maside.

A magnitude foi de 2,9 e a profundidade de 1 kilómetro. Este último dato, a próximidade sobre a superficie da terra, de apenas 1 kilómetro fixo que o terromoto fose sentido pola poboación en localidades repartidas por toda a xeografía comarcal.

Tal como notificaron numerosos oíntes de COPE O Carballiño o tremor foi advertido na mesma zona urbana do Carballiño, nas rúas Conde Vallellano, Otero Pedraio e Avenida de Compostela. Tamén en Señorín, Dacón, O Torrón, Longoseiros, San Amaro,  O Cruceiro, Garabás, Moldes, Louredo, Vilela, O Lago, San Facundo ou Cotelas, entre outros puntos xeográficos da comarca, sentiron este pequeno terremoto desta mañá.

4, Maio 2022

As condicións meteorolóxicas van acompañar  este xoves a actuación da orquestra Panorama no Carballiño, con ceo despexado e temperaturas previstas de 18 graos para o pase de tarde e de 12 graos para a sesión de noite-madrugada.

A xornada ten vocación solidaria, xa que dende a organización do evento pídenlle a todas as persoas que se acheguen a ver o espectáculo da orquestra Panorama na Praza da Veracruz un donativo de 3 euros, a recadación destinaráse por parte da Cruz Vermella ás familias do Carballiño en situación de emerxencia social e ás persoas refuxiadas ucraínas. A propia Cruz Vermella será a encargada de organizar o operativo na Praza da Veracruz.

A orquestra Panorama presentará o seu espectáculo 2022 e fará dous pases este xoves dia 5 de maio nesta nova visita a O Carballiño, de 21:00 a 22:00 horas e de 00:00 a 02:00 da madrugada.

Tamén participarán nesta xornada musical o DJ. Tibu, que amenizará o ambiente de 19:30 a 20:30 h. na Praza do Emigrante e de 23:15 a 24:00 na Praza da Veracruz, mentres que a charanga Castro Bello animará as rúas do Carballiño de 22:00 a 24:00 horas. 

A contratación da orquestra Panorama ten un custo de 6.470,47 euros para o concello do Carballiiño, e unha empresa privada cubre o resto dos gastos.

4, Maio 2022

Desta maneira, procederáse á demolición da nave que ocupa dende fai 20 anos Protección Civil a carón da explanada da estación de ferrocarril do Carballiño, cumplíndo unha sentencia xudicial que, tras a denuncia dun particular, ordenou ao concello carballiñés a restitución da legalidade urbanística, xa que a edificación está fora da ordenación urbanística en vigor no PXOM.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto achegouse ata o concello do Carballiño co que o Goberno galego colabora ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental para o acondicionamento do local de Protección Civil a través do convenio asinado hoxe entre a directora xeral e o alcalde, Francisco José Fumega.

Segundo explicou Natalia Prieto, o concello solicitou unha axuda para o acondicionamento de locais e instalacións para Protección Civil co obxecto de reformar e acondicionar parte do edificio destinado a antigo mercado de gando para destinalo a sede dos grupos de Protección Civil e trasladar ao novo local toda a infraestrutura necesaria para o funcionamento destes grupos, vehículos e maquinaria.

O Concello ten que proceder a inmediata demolición da actual edificación que alberga este servicio por elo, resulta preciso acondicionar o antiguo mercado e proceder á distribución das dependencias e ao seu acondicionamento térmico e ambiental, actuacións que inclúen a mellora da eficiencia enerxética da envolvente do edificio, da iluminación e da climatización interior. O orzamento desta actuación ascende a 150.900€ colaborado a Xunta de Galicia cunha achega de 60.000 euros, ca execución destas dependencias se garante a continuidade do servizo de protección civil.

A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para levar a cabo iniciativas como esta que redunden no benestar da cidadanía e incidiu no compromiso do Goberno galego por manter o apoio que precisan os concellos con actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños.

Ao abeiro das axudas da Vicepresidencia, o concello de Carballiño ten recibido maís de 600.000 euros para proxectos e actuacións para o control ambiental os residuos no ámbito municipal mediante o investimento nunha trituradora para o punto limpo, mellora da rede de sumidoiros e do abastecemento, actuacións para a recuperación da fonte natural na marxe do Río Arenteiro, melloras na rede de sumidoiros, construción de dúas pistas de pádel en Veiga, renovación da rede de abastecemento, da rede de sumidoiros, e creación e melloras nas cubertas de parques infantís, entre outros

3, Maio 2022

A XXIII Subida A Saleta levarásé a cabo os días 7 e 8 de Maio e terá un percorrido de 4.3 quilómetros e catro mangas, que se correran nesta estrada da Saleta entre os concellos do Carballiño e Boborás, que colaboran coa organización que está a cargo da Escudería AGE MOTORSPORT.

O Sábado 7, ás 9.30 horas terán lugar as verificacións técnicas. Ás 14.30 horas procederase á saída dos vehículos dende o Parque Pechado. Pola tarde, ás 15.30 horas comezarán os adestramentos oficiais, ás 18.00 horas disputaráse a primeira manga e ás 20.00 horas a segunda. O Domingo 8, ás 09.30 horas darán inicio os adestramentos oficiais. Ás 11.30 horas comezará a terceira manga e a continuación dará inicio a cuarta e ultima manga. Ao finalizar darase paso á entrega de trofeos no Pazo da Almuzara.

Alfonso García, presidente do comité organizador, confirmou en COPE O Carballiño que son 66 os equipos inscritos, unha cifra "que está por riba das expectativas que tiñamos para este ano", subliñou.

Na foto, García xunto á alcaldesa de Boborás Patricia Torres e o alcalde carballiñés Francisco Fumega acompañan a José María Magdaleno, un dos pilotos e organizadores históricos da Subida á Saleta, e ao que veñen de homenaxear esta pasada fin de semana, recoñecendo asi a súa traxectoria nesta mítica proba do automobilismo galego, que tivo as súas primeiras edicións a principios da década dos anos 70 do século pasado, aínda que estivo moitos anos sen celebrarse ata que foi recuperada a súa organización en 2019 por AGE MOTORSPORT.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS