26, Abril 2022

Como dice la juventud, yo flipo.  O sea, suspendemos el carnaval, suspendemos las procesiones, hay 60 contagiados de COVID en Carballino y se anuncia a bombo y platillo la actuación de la orquesta PANORAMA para el jueves dia 5 que seguro va a reunir a cientos de personas en la plaza de la Veracruz sin distancia de seguridad, ni mascarillas obligatorias,  ni nada de nada.  Pues, pásmensen, ésto se organiza con la colaboración del Concello y nada más y nada menos que una ONG como Cruz Vermella, aunque éstos últimos lo aprovechan con el ánimo de recaudar. Esto es una provocación y una falta de respeto para todo el pueblo que no debiéramos de consentir. Que lo trasladen para después del verano, ahora no es el momento.  Ogea.

25, Abril 2022

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse esta no Pazo Provincial co alcalde de San Amaro, Fernando Redondo. Entre outros proxectos de colaboración, abordaron o compromiso da Deputación para reformar a OU-0303 a seu paso por San Amaro, unha infraestrutura viaria clave por comunicar este municipio coa AG-54.

Manuel Baltar valorou esta reunión como “unha oportunidade para felicitar ao alcalde de San Amaro despois dos seus primeiros seis meses de xestión -Redondo tomou posesión o 25 de outubro de 2021-, unha xestión planificada con proxectos reais que van a contar co apoio da Deputación. Algúns deles xa forman parte da modificación de crédito que aprobaremos neste pleno do día 29 de abril e outros que irán no futuro”.

Ademais da reforma da estrada, que contará este ano cun investimento de 210.000 euros da Deputación, no encontro tamén se avanzou o apoio da institución provincial á mellora da eficiencia enerxética para todos os puntos de luz pública do municipio, un proxecto de máis de 700.000 euros presentado polo equipo de Fernando Redondo ao Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) para obter financiación. De conseguir esta axuda, a Deputación aportaría o 15% restante dun proxecto de máis de 700.000 euros. Manuel Baltar garantiu a cooperación con “proxectos e plans estratéxicos para San Amaro, nos que a Deputación ten que estar”.

O presidente da Deputación recoñeceu o traballo do alcalde: “Estamos vendo unha xestión proactiva, en defensa dos intereses xerais de San Amaro e unha boa oportunidade para saudar estes seis meses de xestión pero tamén para comprobar que hai capacidade dabondo para seguir planificando, proxectando e executando a prol dos veciños”.

Fernando Redondo remarcou como este compromiso supón cumprir unha promesa adquirida cos veciños de San Amaro: “A reforma da OU-303 foi unha das cousas coas que me comprometín no pleno de investidura. Nese momento tiven todo o apoio do presidente da Deputación e hoxe temos 210.000 euros comprometidos para esta obra. E a semana que ven, enxeñeiros da Deputación visitarán a zona”.

O alcalde de San Amaro tamén sinalou que en xuño comezarán os proxectos da reforma integral da travesía urbana de Cruceiro e do alumbrado deste núcleo: “Proxectos cos que me comprometín fai seis meses e que se farán realidade antes do verán”. E no horizonte, explica, está o mencionado proxecto de eficiencia enerxética, redactado polo actual equipo de goberno durante xaneiro e febreiro e presentado ao IDAE en marzo: “Un plan ambicioso dentro da nosa aposta por mellorar a calidade de vida dos veciños. Porque os veciños do rural queremos seguir vivindo no rural pero con servizos de primeiro nivel”.

25, Abril 2022

Continúan sucedendose os actos de gamberrismo no Carballiño, que se incrementan coincidindo coas fines de semana, aínda que o responsable da Polica Local Francisco Valeiras, aclarou en COPE O Carballiño que os casos tamén se rexistran noutros dias da semana.

Desta vez, foi nas instalacións municipais do campo de fútbol da Uceira onde actúaron os vándalos, causando un estropicio no terreo de xogo deste recinto deportivo, con danos importantes no terreo de xogo de céspede artificial, xa que empregando obxetos cortantes ou punzantes cortaron e levantaron varios anacos da superficie deportiva.

Dentro das instalacións, deixaron numerosos restos de envases de bebida. A Policia Local investiga os feitos, mentres a concelleira de deportes, Silvia Baranda lamentou o sucedido e avanzou que o concello do Carballiño traballa para poder levar a cabo un proxecto de reforma integral do terreo de xogo e outras melloras para esta instalacion deportiva municipal da Uceira.

25, Abril 2022

As comarcas do Carballiño e O Ribeiro son as que contan con maior representación entre as empresas da provincia que están presentes no Stand do Inorde e que desde hoxe están a promocionar a súa calidade agroalimentaria na 35ª edición de Salón Gourmets. O Inorde participa, por primeira vez, nesta feira de alimentación e bebidas de calidade, con 12 micro empresas como coexpositores que estarán ata o 28 de abril expoñendo os seus produtos.

A xerente do Inorde, Emma González, estivo hoxe en IFEMA, Madrid, na inauguración deste Salón, no que participamos co obxectivo “de promover accións que impulsen os produtos agroalimentarios que xeran valor engadido ao territorio e facilitar plataformas de promoción aos produtores que lles permitan diversificar as canles de comercialización”.

Ademais, a xerente do Inorde incidiu en que é “unha oportunidade idónea para dar a coñecer a enogastronomía da nosa provincia continuando coa estratexia marcada polo goberno provincial de que, a través do Inorde, apóiese ás pequenas empresas deste sector, un dos que máis creceu durante a pandemia na provincia”.

Na caseta do Inorde, deseñado con doce módulos para que cada unha das empresas participantes poidan expoñer e promocionar os seus produtos, está pensado tamén para que os produtores ourensáns poidan manter reunións de traballo, facilitándolles a posibilidade de que establezan novas relacións comerciais.

As empresas que están co Inorde en Salón Gourmets 2022 como coexpositores pertencen a diferentes sectores agroalimentarios e son as seguintes: a adega Sameirás de Ribadavia, Adegas Celme de Castrelo de Miño; Adegas Sampayolo de Petín; Viña Eduardo Bravo de Leiro; Irmáns Ferradás Irixo, baixo a cal se promocionarán diferentes produtos locais que se atopan dentro da “Marca O Irixo”; Cumes de Trevinca do sector lácteo a través da cal se darán a coñecer os “Sabores de Trevinca” que aglutina os produtos que se elaboran no municipio da Veiga; A Central Heladera cos seus xeados artesáns; Solucións Técnicas Esdinela con Nela Gourmet de San Cristovo de Cea coas súas marmeladas creativas; Doce Bágoa de Boborás co seu mel; A Vaquería de Baltar coa súa carne de tenreira 100% galega; Postoiro SCG de Vilar de Santos con produtos de horta; e, por último, Patacas Ama de Xinzo de Limia.

Na inauguración tamén estiveron os alcaldes do Irixo, Manuel Cerdeira; e da Veiga, Juan Anta, para apoiar a promoción dos produtos que se elaboran nos seus municipios baixo as marcas “O Irixo” e “Sabores de Trevinca”, respectivamente.

Salón Gourmets, a Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade número uno de Europa, está aberta en IFEMA ata o 28 de abril para congregar neste edición a máis de 1.600 expositores con 40.000 produtos e 70.000 profesionais que participan para informarse das novidades do sector na súa 35 edición, a terceira máis importante da súa historia.

24, Abril 2022

A programación festivo arrancou o sábado cunha verbena amenizada pola orquestra Garibaldi e a disco-móbil Chocolate, e tivo continuidade este domingo coas celebracións na honra do Santo Wintila, que foron seguidas dun xantar popular con aires de romaría na que veciños e visitantes degustaron un menú organizado pola comisión de festas.

A charanga Europa en sesións de mediodia, tarde e noite, e a orquestra Saudade na verbena encheron de música o campo da festa nesta segunda xornada festiva, algo deslucida polo mal tempo.

O lúns 25,  festivo local no concello de Punxín, coincidindo coa festividade de San Wintila, celebraránse misas na igrexa parroquial a partir das 9 da mañá, cada hora ata as 13:00 h. que será cando se celebre a procesión e misa solemne co acompañamento do grupo de gaitas Terras do Arenteiro e o Orfeón do Carballiño. A  partir das 17:00 horas no adro da igrexa terá lugar a tradicional subasta de productos da terra doados ao santo. Xa a partir ds 20:00 h haberá pinchos no campo da festa e verbena co grupo musical "Pégate".

24, Abril 2022

A Insua dos Poetas acolleu na tarde deste sábado dia 23 de abril a celebración do día do libro, unha tarde na houbo agasallo de libros, a música en vivo de Xisco Feijóo e o seu grupo, e ata unha degustación de productos da marca gastronómica "O Irixo".

Ademáis, o acto foi unha homenaxe ao escritor e investigador literario Arcadio López-Casanova, recentemente falecido. No encontro estiveron, entre outros, o vicepresidente da Deputacón César Fernández, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar.

23, Abril 2022

A quen corresponda tomar medidas,

Bravo polo profesional que cortando madeira no barrio do Ribeiro en San Fiz de Barón tirou o chan a liña de electricidade do alumeado público. Agradécese  polo menos que recollera o cable o redor do poste pero non estaría de máis que protexera as puntas que quedaron sen protección algunha. No horario no que funcionan as luces públicas eses cables teñen electricidade. Os fin de semana  hai bastantes rapaces no pobo, co perigo que iso conleva. 

23, Abril 2022

Fai  máis de dous meses que os de Aviaqua se lles ocorreu facer un burato no camiño que vai a Fontentiga e o Pazo Ludeiro, pensando que alí había unha fuga de auga. Penso que xa transcorreu tempo dabondo para ser tapado. Xa temos o camiño nun estado bastante lamentable como para que nos veñan facer buratos innecesarios e inda por riba non nos tapan.

23, Abril 2022

A Xunta mantén aberto -deica o vindeiro luns 2 maio- o prazo para solicitar as axudas deste ano á reestruturación e reconversión da viña en Galicia. Contan cun orzamento de 3 millóns de euros para os exercicios de 2022, 2023 e 2024.

O obxecto desta liña de achegas é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo. Así, preténdese diminuír os custos das explotacións e apostar polo seu redimensionamento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Tamén se fomenta a adaptación das variedades ás demandas do consumidor, ao tempo que se preservan as viníferas autóctonas galegas, de menores rendementos e elevada calidade diferenciada, aproveitando así a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado. Deste xeito, a través destas achegas aumenta o grao de profesionalización do sector vitícola galego, ao tempo que se potencia a remuda xeracional e un desenvolvemento rural socialmente viable facilitando o acceso ás explotacións de persoas viticultoras mozas e capacitadas, en particular das mulleres viticultoras de Galicia.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación, cunha superficie máxima subvencionable de 10 hectáreas por persoa viticultora e ano. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de reimplantación de viñas, reconversión varietal e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas. Cabe recordar que cada viticultor deberá seleccionar o seu propio calendario de execución, escollendo entre unha execución anual ou bienal. Os beneficiarios poderán solicitar anticipos de ata un 80% da axuda aprobada, no caso de que precisen efectuar pagamentos inmediatos dado o investimento proxectado, sempre e cando constitúan unha garantía por un importe cando menos igual ao do pago anticipado.

Enlace á orde no DOG, publicada o pasado 30 de marzo:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220330/AnuncioG0426-280322-0...

22, Abril 2022

Pois resulta que ésta céntrica rúa da Saleta, recentemente axeitada, ten duas direccions, una pra subir e outra pra baixar, pero como as suas características o permiten, deben pensar os  nosos mandatarios , pois, ademais, puxénrolle aparcamiento en línea no tramo de abaixo, e por si fora pouco tamén en diagonal no tramo de arriba. Hala, si señor, ben feito e todos contentos.  Pero como por alí non deben pasar ningén, nin siquera os municipais, pois non se diron conta , vaya por Deus, que non hay forma de aparcar, subir un coche e coincidir con outro que baixa porque non hay sitio, si, non se cabe, el algún ten que retroceder.  Pra buscar una solución a tamaño problema, acudín a un estudiado experto e díxome, dille os técnicos de tráfico do concello que poñan dirección unica e resolto o problema. Será verdad..?

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS