
O Instituto Galego de Comercio e Consumo ofrecerá neste mes de abril no que andamos dúas charlas informativas abertas a toda a veciñanza da comarca carballiñesa sobre a factura da luz, dentro da nova campaña informativa impulsada pola Xunta de Galicia para asesorar e aconsellar en relación a este servizo básico que afecta a toda a cidadanía.
Trátase de xornadas informativas de carácter presencial impartidas polos técnicos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC). A primeira xornada terá lugar o mércores 20 de abril ás 18:00 horas no antigo colexio da Alameda de Maside, e a segunda o martes 26 de abril ás 17:00 horas no auditorio do edificio multiusos de San Cristovo de Cea, ambas xornadas están organizadas en colaboración dos concellos de Maside e San Cristovo de Cea.
Nestes encontros, achégase asesoramento sobre os conceptos básicos que figuran na factura da luz para a súa mellor comprensión, así como para a adopción de decisións que poidan axudar no aforro. Así mesmo, trasládanse diferentes recomendacións, como solicitar as ofertas comerciais que se reciban sempre por escrito e ser cautelosos ao contratar fórmulas de cálculo do prezo da luz de difícil comprensión.
Complementariamente, o IGCC pon a disposición das persoas consumidoras os Venres de Consumo responde, unha iniciativa virtual para atender en aberto os venres ás 12.30 horas, todas as dúbidas das persoas consumidoras a través da aula virtual do organismo.
A cidadanía pode tamén facer uso do servizo telefónico de información gratuíta 900 23 11 23, que funciona de 9 a 14 horas e de 17 a 19 horas de luns a venres. Os consumidores tamén poden enviar as súas dúbidas por correo electrónico ou a través dun formulario que atoparán na web do organismo.

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha moción para o seu tratamento no próximo pleno que celebre a corporación do concello e na que pide diversas actuacións para mellorar a seguridade da estrada autonómica que atravesa o municipio.
O concelleiro recorda que a estrada OU902 e a principal vía de comunicación do noso concello co Carballiño e Lalín. Unha estrada que comunica O Carballiño con Lalín pasando polo noso concello con extensos tramos rectos que a pesar das seus límites de velocidade non sempre se respetan.
Expón que que son varios os pobos que atravesa esta estrada; Pedriña, Guimarás, Coucieiro, Bugalleira, Dadin, As laxas, Abanico ou Baxin e Campinas, algún coincidindo con curvas e outros con prolongadas rectas que en ocasións invitan a velocidade a pesar da limitacións da vía.
Tamén que a actual sinalización pasa desapercibida en moitas ocasións para os condutores que habitualmente circulan por esa vía e atravesan o noso concello debido a súa familiaridade, as veces por imprudencia pero moitas outras por despistes que fan que non se respecten os límites de velocidade que poñen en risco o resto de condutores e a veciñanza que habita nos núcleos de poboación que atravesa esta estrada no Irixo.
O concelleiro socialista considera que "e preciso reforzar a seguridade non so dos conductores, seno tamén da veciñanza que reside nos pobos e lugares que atravesa esta estrada coa colocación de novos pasos de peóns sinalizados".
Pro todo elo, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal instando ó Concello ao seguinte acordo:
1º.- Que o Concello de O Irixo solicite da administración responsable da OU902, estrada entre Carballiño e Lalín o seu paso polo Irixo, Xunta de Galicia de ser o caso, MELLORAR A SEGURIDADE COA COLOCACIÓN DE NOVA SINALIZACIÓN VERTICAL E LUMINOSA que recorde os límites de velocidade, e/ou calquera outro indicador, sinalización ou actuación encamiñada a garantir que se respeten os límites de velocidade o seu paso polo Irixo e mais concretamente nos pobos da Pedriña, Guimarás, Coucieiro, Bugalleira, Dadin, As laxas, Abanico ou Baxin e Campinas.
2º.- Que se coloquen novos pasos de peóns e se sinalicen vertical e luminosamente o seu paso da OU902 polos pobos do Irixo.
3º.- Que se faga un estudio para reforzar a sinalización en toda a rede viaria no termo municipal do noso concello de O Irixo.

Trátase dun percorrido pola historia da electrificación na comarca carballliñesa a través dunha colección de pezas, documentación histórica e paneis explicativos, unha exposición que podemos visitar no Insitituto Chamoso Lamas en horarios de mañá de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 21:00 horas, que se reducirá en Semana Santa o lúns, martes e mércores tan so en horario matinal.
A mostra é unha iniciativa promovida polos departamentos de Xeografía e Historia e Electricidade do IES Chamoso Lamas, e na que colaboran os grupos "Outeiro" e "Mámoa Verde", asi como o Centro de Estudios Chamoso Lamas.
Dende a organización, salientan a colaboración a esta exposición de Adolfo Otero Loureiro, precisamente, no PODCAST de COPE O Carballiño do dia 7 de abril podes escoitar unha escoitar unha entrevista con este extraballador de FENOSA, que aporta unha gran parte do material que forma parte desta mostra.

Actividades para todos os públicos e idades, e moi especialmente para o público infantil nas datas vacacionais da Semana Santa, conforman a programación da concellería de cultura do concello do Carballiño para este mes de abril no que andamos.
Para ver o programa completo debes abrir o arquivo adxunto:

O Bloque Nacionalista Galego denuncia "ante a cidadanía o estado de abandono que está a sufrir o Parque Municipal do Carballiño. Dende hai tempo a algunhas das forzas políticas de este concello e en especial ao grupo de goberno enchéuselles a boca de declaracións grandilocuentes e de anuncios de proxectos que nunca chegaron a materializarse sobre o desenvolvemento da foresta e o entorno do Parque Municipal do Carballiño. Nada máis lonxe da realidade, a día de hoxe pódese comprobar a falla de conservación e mantemento e o abandono total e desinterese por parte do goberno municipal ao respecto".
Poñen de manifesto que "ao grave proceso de erosión e perda de solo , engádeselle actualmente a caída de arbores, con serio perigo para os cidadáns, e a falla de toma de medidas, non sendo o precintado cintas da policía local. O solo é un ecosistema que está a ser moi degradado na maioría dos casos por acción antropoxénica".
O BNG lamenta a acumulación de refugallos vexetais e así van ficando durante días, correndo o risco de plantar neles o lume, mnetres que nas marxes e no leito do Arenteiro acontece máis do mesmo: caídas de arbores e arbustos e abandono.
Engade a formación nacionalista que "de pouco ou nada vale lavarlle a cara cando hai grandes “eventos” (festa do polbo ou mesmo celebracións privadas), cando agroma a primavera, na antesala do verán ou na semana santa para recibir turistas, como está a acontecer nestes días. A limpeza e mantemento non pode ser algo eventual, debe ser unha tarefa regular durante todo o ano".
Pregúntase o BNG se "as veciñas e veciños do Carballiño non temos dereito a gozar do entorno" e propoñen que cando menos sería necesario tomar unha serie de medidas e accións inmediatas desde un proxecto de desenvolvemento sostible "e deixarse de palabras e declaracións de prensa prometendo o que nunca se cumpriu.
É urxente e moi importante unha acción sobre o parque e o seu entorno, elaborando un estudo da erosividade e erosionabilidade, establecendo medidas de recuperación das zonas afectadas, con entresaca de árbores e repoboacións axeitadas, tomando medidas para a recuperación do solo e levando a cabo a limpeza e aproveitamento do rio".
Finalmente, considera o BNG que "é necesario poñer en valor o entorno elaborando programas de ámbito cultural, educativo e didáctico, creando de espazos de ocio e zonas de lecer para os cativos, deseñando programas de visita e itinerarios botánicos guiados, así como percursos de saúde".

O concello de Boborás utiliza o tractor-dsbrozadora municipal para facilitar o acceso a algunhas zonas de difícil acceso debido á maleza existente, na contorna próxima ao pobo do Regueiro. Os familiares de Marcial Manteiga, o home de 80 anos desaparecido dende o pasado venres, foron os que propuxeron esta iniciativa.
Son xa cinco dias de busca sen resultados, nos que un amplo operativo levou a cabo o rastrexo tanto das inmediacións desta localidade na zona de montaña do concello de Boborás e mesmo noutros concellos limítrofes como os de Beariz e Forcarei. Con este operativo, coordenado pola Garda Civil, tamén colaboraron nas últimas horas traballadores do distrito forestal do Carballliño.

Unha intensa xeada ven de ocasionar, especialmente nesta noite do domingo 3 para o luns 4, importantes danos nas viñas do Ribeiro "sen que haxa polo de agora unha valoración polo miúdo dos danos ocasionados, é evidente que hai zonas da comarca claramente afectadas, nas que a xeada vai provocar graves perdas da que ía ser a colleita de 2022", manifesta o BNG.
Engade a formación nacionalista que "aperda de ingresos que supoñen estes danos van poñer aínda máis en risco a viabilidade e supervivencia de moitas explotacións. Tamén no caso de producións que achegaban rendas complementarias ás familias, moi importantes para soster numerosas economías domésticas do Ribeiro, a xeada implica unha redución drástica de ingresos".
O BNG demanda de Medio Rural que se realice con carácter urxente unha avaliación dos danos ocasionados polas xeadas, establecendo liñas de axuda para apoiar as explotacións afectadas, que abrangan tanto a compensación polas perdas da produción xa previstas para este ano, como as medidas precisas para a recuperación das plantacións afectadas que permitan a plena recuperación da produción no seguinte ciclo produtivo.

Marcial Manteiga, de 80 anos de idade, está sendo buscado infructuosamente dende a súa desaparición na tarde do pasado venres, cando saíu da súa vivenda no Regueiro e xa non regresou, sen deixar rastro algún que poida facilitar a súa localización. O home, que sofre unha demencia, puido desorientarse e perderse, aínda que tampouco se descartan outras hipóteses.
Familiares e veciños non se explican que lle pudo pasar e ónde pode estar consumidas tres xornadas de intensa procura na súa busca, e xa son tres as noites que pasaron e nas que as temperaturas nesta zona do concello de Boborás, nas inmediacións do alto do Paraño e os montes do Testeiro chegaron a valores mínimos de ata 5 graos baixo cero.
No operativo de busca deste domingo participaron activamente máis de 100 persoas, efectivos das forzas de seguridade, bombeiros, protección civil e numerosos voluntarios.
Tamén continuou colaborando a unidade de drons da Axencia Galega de Emerxencias, que tiveron que cesar na súa actividade a media tarde debido aos fortes ventos na zona, con velocidades superiores aos 60 quilómetros hora. Ademáis, nesta xornada sumouse ao operativo un helicoptero da Garda Civil.
Este lúns dia 4 de marzo o operativo reanúdase de novo, na que se será xa a cuarta xornada de busca deste veciño desaparecido o pasado venres. O punto de encontro para as persoas voluntarias que queiran participar no operativo será o aparcadoiro da Parrilada Os Hermida, na mesma localidade do Regueiro.

O Templo da Veracruz acolleu o acto de apertura da Semana Santa do Carballiño 2022, organizada pola Cofradía da Veracruz, e no que se procedeu á bendizón dunha nova imaxe que se incorpora ao patrimonio da cofradía carballiñesa, a de San Xoán Apóstol.
Trátase dunha obra do imaxineiro sevillano Manuel Madroñal Isorna, en estilo neobarroco, bendicíuna o párroco Jorge Juan Pérez Gallego, nun acto que contou con numeroso público que encheu o templo carballiñés.
Antes, polas rúas do Carballiño, e despóis na Veracruz, a Banda de Müsica da NOsa Señora do Nordés de Ferrol, solemnizou a xornada coa súa música, con sons propios da Semana Santa. A
Esta visto que vivimos en el Concello mas previsor del mundo, ni las tipicas procesiones de S. Santa hay ya. Somos unicos hasta para eso, el resto del mundo como en carnavales si lo celebra.
Creo que el que organiza eventos de un tipo u otro , por parte de unos o de otros no tiene ni la mas remota idea.
La gente saldra de vacaciones y quizas venga , para no volver ante la falta de actividades con las vacaciones a la vuelta de la esquina.
La pocavque hay se ira a Zamora, Ourense, o donde sea.
No son capaces de tener grupos, orquestas de noche para la gente joven que tambien tiene derecho y de paso echar una mano a los pocos locales nocturnos que van quedando, que se habran dado cuenta que estan cerrando todos.
Buscar el voto de un censo envejecido estara bien , pero se estan cargando por su falta de todo este pueblo, de dia y de noche.
Por cierto, los politicos que a elecciones vista se acuerdan de pedir tren...a la capital de galicia,,, decirles que a Vigo no hay autobuses , o ahi no les interesa.
A los q deberian gobernar y no hacen nada, ahorrando para el verano o las elecciones, decirles que ese tipo de politica esta caduca y muchos ni llegaran .
Una pena, una verguenza y con todos los respetos no todo es mayores y geriatricos.
JUVENTUD-;ILUSION- VIDA -ECONOMIA- eso necesitamos
Saludos
Un autonomo muYYYY cabreado
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- 207
- 208
- 209
- 210
- …
- seguinte ›
- última »