30, Marzo 2022

Tras dous anos polo obrigado parón motivado pola pandemia, a Cofradía da Veracruz recupera este ano 2022 a programación de celebracións, aínda que será unha programación adaptada a situación sanitaria, sen as tradicionais procesións da Semana Santa carballiñesa e no seu lugar, con celebracións alternativas e algunhas novidades, como o Via Crucis Procesional na noite do venres santo que sustituirá á multitudinaria procesión do Santo Enterro.

Abrindo o arquivo adxunto podes consultar toda a programación de actividades e celebracións para esta Semana Santa carballiñesa 2022:

30, Marzo 2022

Estanse a dicir cousas do futuro centro de saúde que non son certas. Non me meto si o alcalde mandou unha, dúas, tres ou cincuenta propostas de ubicación. Mandaría as que tiñan algunha posibilidade de ser escollidas. E polo que se lee mandou a propiedade preto do actual centro de saúde que o prezo ronda os 300.000 euros, barata tendo en conta as burradas que se piden polas outras.  Porque, que eu saiba, agora que tanto falamos da Fundación Irmáns Prieto e do seu legado, non é previsible que haxa algunha alma caritativa no 2022 que queira donar un terreo polo interese público e que o seu nome e apelidos perduren no recordo da cidadania. Dito isto, unha aclaración: a Xunta solicitaba 4000 metros para construir, en ningún momento cambiou as condicións, que se repartían en 2000 metros para aparcamento e 2000 metros para as consultas. 

Non digo que que me guste máis ou menos a parcela da estación de autobuses, pero cumpre os requisitos esixidos e por riba non custa un céntimo os cidadáns do carballiño. A actual estación anda preto dos 2400 metros por planta. Pódese construir o aparcamento de 2000 metros na cota das actuais dársenas de autobuses, e a planta de consultas a nivel da avenida do Balneario con outros 2000 metros.

Para os que din que non gañamos servicios, dicir que pasamos do actual centro de saúde de 1100 m/2 co PAC incluido a 2000 M/2 (80% máis).

O único punto negativo, que non é un detalle menor, e que tamén o tiñan todas as outras propostas con excepción da parcela preto do actual centro de saúde, e a distancia a actual base do helicóptero.

Confío en que se teña en conta polos profesionais que redacten o proxecto, e senón que tomen nota os políticos locais que sei que len esta páxina para solicitalo a quen corresponda no proxecto.

A base para o helicóptero pódese construir sen problemas no teito do centro, deixando unha torre para ascensor e escaleiras como ten a Comisaria de Policia en Ourense. O acceso aéreo pola parte posterior do rio inda e máis doado que cando aterraba na estación de tren.

So pido deixar as demagoxias e os intereses a un lado. Hai que ser obxetivos e propoñer solucións para o ben de todos.

Saudos

30, Marzo 2022

Empresarios do parque empresarial e industrial do Carballiño mostran, a través da Asociación da Área Industrial (AICA), a "gran preocupación pola situación actual". A subida dos prezos da electricidade e os carburantes e a invasión a Ucrania están a producir unha situación crítica que esta poñendo contra as cordas ao tecido empresarial da área industrial.

O primeiro punto no que coinciden é "tanto a suba dos prezos xeneralizados, con especial importancia os carburantes e a enerxía eléctrica, e a consecuente repercusión nos prezos aos seus clientes, viñan sendo situacións difíciles de sortear, pero que se viron agravadas sensiblemente polos acontecementos das últimas semanas. Indican que os incrementos de prezos na produción están obrigándoos a repercutir os sobre costes, que en moitas ocasións non son aceptados polos usuarios finais, coa consecuente perda de beneficios", manifestan.

Por outra banda, o conflito que afecta a Ucrania, país provedor de materias primas de máis dunha empresa do parque empresarial, está a producir efectos devastadores nos subministros. O aceiro, material co que traballan varias empresas dedicadas ao sector do metal, ven na súa maioría, de Mariupol. Tamén hai problemas con outro tipo de materias primas que proveñen directamente deste país, como o vidro e varios produtos do sector da alimentación, o que se ve traducido na perda de provedores e clientes.

Aos dous puntos anteriores, súmase a recente folga convocada polo sector do transporte, feito que produciu un gran desabastecemento de produtos e materias primas. Durante varias semanas deixaron de entrar e saír camións, coa consecuente paralización da actividade produtiva na maioría dos sectores. Aínda que parece que parte do transporte se foi reactivando estes días en Galicia e o paro suavizándose, a actividade no polígono dista de atoparse nunha situación normal. Isto débese a que moito do material que reciben as empresas da área industrial do Carballiño ven doutras zonas de España ou polígonos industriais de fora de Galicia, que aínda se atopan pechados pola folga.

Ante tal panorama, varias empresas están pensando en parar temporalmente a súa actividade, facendo uso das vacacións ou dos ERTE. Aínda que ven positivo o paquete de medidas adoptado polo Goberno, consideran que é insuficiente, e todos coinciden en que se necesitan medidas urxentes e efectivas para frear esta situación.

30, Marzo 2022

O do centro de saude é unha chirigotada. Piden unhos metros e collen menos do que piden. O alcalde decía que ahí non e ahora valelle. E solo fala de que se faga pronto, da igual o que monten e os medios que poñan, eso si gastar moitos cartos ainda que non den servicios. 
E para colmo fala por os veciños, os veciños do Balneario non estamos encantados, solo trae caos e máis atascos dos que xa temos, creo que xa lle dixemos en algunha ocasiò o señor Fumega que o que queremos e vivir tranquilos. Así que non diga que os veciños do Balneario estan encantados, porque falara con tres que topou nun bar, que pa colmo non son do barrio, non pode falar polos veciños. 
Reuniòs para saber o que pensan xa non fai, que na ultima non saliu moi ben parado. 
Menos falar e máis traballar

29, Marzo 2022

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo unha reunión no Pazo Provincial co alcalde do Irixo e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca do Carballiño, Manuel Cerdeira, para analizar as liñas de colaboración abertas entre as tres entidades, ademais de concretar novas iniciativas de cooperación. Neste sentido, o presidente provincial comprometeu a axuda da Deputación para o desenvolvemento dun proxecto no que están a traballar no concello para o autoabastecemento de cereal dos gandeiros, colaboración que se concretará na adquisición de semente para este cultivo.

Tamén no ámbito do Concello, Manuel Baltar e Manuel Cerdeira pecharon outros acordos para o arranxo de vías municipais, a promoción da marca Irixo e un programa de actividades culturais. Manuel Baltar resalta o compromiso da Deputación con estes novos proxectos: “Como o proxecto piloto de produción de cereais ou seguir apostando pola marca Irixo, de produtos propios, que en varios meses de entrada no mercado ten amosada a súa viabilidade de apostar polo local”.

Apoio á Mancomunidade do Carballiño

O presidente do goberno provincial avanzou a Manuel Cerdeira, xa coma presidente da Mancomunidade da comarca do Carballiño -integrada polo Irixo, Boborás, Beariz e San Amaro-, a colaboración da Deputación no cofinanciamento das actividades desta entidade. Manuel Baltar encaixa os acordos dentro da liña de cooperación da Deputación coas entidades municipais e intermunicipais: “Está no ADN desta institución provincial”.

Pola súa banda, Manuel Cerdeira afirmou que a liña de traballo e diálogo que mantén a Deputación de Ourense co Concello do Irixo e a Mancomunidade do Carballiño “é totalmente satisfactoria, sempre obtendo resposta ás necesidades da veciñanza que formulamos, o que fala ben ás claras da receptividade que ten Manuel Baltar ás nosas propostas”.

29, Marzo 2022

Despois de dous anos de parón motivado pola pandemia, a hostelería carballiñesa recupera este venres dia 1 de abril, e terá continuidade o venres da semana que ven, a "ruta das tapas" unha actividade promocionada dende a concellería de turismo do Carballiño e á que se suman desta vez un total de 16 locais da hostalaría local.

Será unha edición dedicada aos arroces e legumes, que ofertan un total de 16 locais a partir das 20:00 horas en adiante a un prezo de 2 euros a tapa.

Os participantes entrarán en sorteos mensuais e para unha información detallada desta ruta gastronómica terán a súa disposición a app "Quedamos de Tapas".

29, Marzo 2022

Trátase dun servizo itinerante da Xunta de Galicia que ofrece servizos gratuítos de especialidades médicas, fundamentalmente pensado para as persoas maiores dos concellos do rural, e que se estrea no concello de San Amaro.

Esta unidade móbil estacionaráse no aparcadoiro do campo de fútbol de Salamonde e ofrecerá servizos de audioloxía, podoloxía, e de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenativas.

Calquera persoa veciña do concello de San Amaro pode acudir a este servizo, podendo solicitar cita previa no teléfono 622 748 283

29, Marzo 2022

Siguiendo con lo expuesto con uno de los comentarios anteriores, donde el Delegado de la Xunta afirma que solo recibió dos propuestas del Concello de Carballiño, pues es para quedarse perplejo. Durante dos años dándole vueltas el alcalde diciendo que buscaba consensos, afirmó que enviaría a la Xunta las propuestas de los grupos políticos, y ahora nos enteramos que solo envió dos propuestas. No comprendo por qué nos quiere engañar de este modo, además ahora la parcela de la estación de autobuses es más pequeña que la parcela que pedía la Xunta para tener un centro de salud acordé a las necesidades de Carballiño. Paco Fumega y su equipo, creo que se deberían ir cuanto antes, aunque espero que el pueblo sea sabio y pida un cambio drástico a la hora de escoger los capitanes que guíen en pueblo. Menos fiestas y más trabajo, recordemos que hay cinco concejales del gobierno a sueldo, eso no lo podemos olvidar

28, Marzo 2022

Tanto o noso Portavoz Municipal como membros da nova Executiva Municipal de Leiro, nos achegamos ata o Pobo de San Clodio, e isto e o panorama que nos encontramos. Unha selva!!! un total abandono,desidia e por suposto suciedade, unha vez mais. Como se suele decir “unha de tantas” . Que cada quen saque as suas propias conclusions??? E a disfrutar do votado nas Eleccions Municipais do ano 2019. Así nos vai´.

¿A que xoga este rexidor? "menos samba e mais traballar" deixese de votar balons fora e eludir responsabilidade e de votarlle a culpa os demais, vostede xa non engaña a nadie, xa que son mentiras sobre mentiras. Unha cousa esta clara, cal e o cometido de esas tres persoas, as cales fai mención o rexidor, porque 9 meses e a tempo completo, dan para moito e para manter o que temos no noso Concello tamen. Asi que vostede, xa non engaña a nadie¡¡¡¡ Disculpas de mal pagador!!

Asinado: Agrupación Socialista de Leiro.

28, Marzo 2022

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse ao novo albergue de peregrinos do Mosteiro de Santa María a Real de Oseira como exemplo da aposta polo patrimonio e o Camiño de Santiago, cunha Rede pública de albergues que remará este 2022 con 78 centros.

Tras un investimento dun millón de euros, Feijóo subliñou que esta nova obra ofertará 42 prazas, que se suman ao obxectivo de poñer a disposición dos peregrinos da Vía da Prata, antes de Semana Santa, un total de 74. Deste xeito, coa incorporación deste albergue, máis o de Piñor e Riós, serán 16 edificios os que integren esta ruta, chegando ás case 520 prazas públicas.

Nesta mesma liña, resaltou que os fondos europeos de recuperación, ademais de axudar a trazar a Galicia do futuro no eido da industria e a innovación, axudarán a impulsar o turismo, cun Plan Xacobeo Next Generation dotado con máis de 39 millóns de euros. “E dentro deste plan, Ourense xogará un papel importante, co fin de converter o Camiño Mozárabe-Vía da Prata en destino cicloturista e familiar”, precisou, referíndose tamén á recuperación da Fortaleza de Monterrei, Ben de Interese Cultural ao que se destinarán de 14 millóns.

O Superior da Comunidade Cisterciense de Oseira, Enrique Trigueros, valorou a importancia desta nova dotación para atender aos peregrinos na mesma liña que o alcalde de Cea, José Luis Valladares, que tamén lembrou o convenio asinado en febreiro coa Deputación de Ourense e a familia Liste para a reapertura do museo etnográfico Olimpio Liste.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS