A min o que mais me intriga de todo este asunto da parcela do centro de saúde é o seguinte. Según o publicado nalgún xornal de prensa e según as declaracións do propio delegado provincial da Xunta o outro día en Partovia, soamente foron dúas as propostas remitidas dende o concello do Carballiño a Xunta de Galicia: a do propio gobero municipal do PSOE e a do PP. ¿Que pasou entón cas propostas do BNG, Espazo Común e Podemos? ¿Por que non foron tamén remitidas aos técnicos da Xunta para a súa valoración?
https://www.farodevigo.es/ourense/2022/03/17/xunta-elige-parcela-estacio...
Nese enlace dise claramente que so foron dúas as propostas. Quen minte? A prensa, a Xunta ou o Concello? Moi escuro pinta todo este asunto.

A Deputación de Ourense achegará 186.000 euros para a urbanización dos terreos do novo centro de saúde de Boborás, orzamento que inclúe un aparcadoiro con 70 prazas, unha parada de autobús, a construción de beirarrúas e a instalación de colectores para a xestión de residuos.
Así o destacou o vicepresidente da institución provincial, Rosendo Fernández, tras asistir hoxe á sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Boborás para a construción do novo centro asistencial. O vicepresidente da Deputación subliñou que “a colaboración entre administracións constitúe sempre un exemplo positivo, máis importante aínda tratándose dunha infraestrutura sanitaria”.
A institución provincial, sinala Rosendo Fernández, “sempre está e seguirá estando aí para cooperar na mellora dos servizos á cidadanía”, felicitando tamén á alcaldesa de Boborás “por estar sempre á procura de novos proxectos”, así como ao conselleiro de Sanidade “por atender as necesidades da veciñanza”.
Patricia Torres expresou o seu agradecemento á Xunta de Galicia e á Deputación polo seu apoio a Boborás, exemplo da “aposta polos concellos rurais sen mirar o número de habitantes, e neste caso por unha infraestrutura sanitaria maila urbanización dos terreos nos que se asenta, o que vai mellorar de modo significativo a vida e a calidade asistencial da veciñanza”. Subliñou a alcaldesa que o novo centro de saúde situarase “nunha zona dotacional de servizos públicos na que xa están instalados o colexio, a gardería, o edificio sociocultural, un parque infantil e o pavillón de deportes, ademais de acoller no futuro a unha residencia de maiores e unha piscina”.
O novo centro de saúde de Boborás substituirá ás actuais instalacións, construídas hai 32 anos e situadas nun inmoble onde comparte espazos con outros servizos municipais. O futuro centro asistencial e os servizos asociados ocuparán unha parcela de máis de 6.000 metros cadrados, cuxa expropiación xestionada pola Deputación de Ourense. Deste xeito, aumentarase nun 40% a superficie construída en comparación co actual centro, pasando a ocupar 650 metros cadrados. Neste espazo haberá unha área específica para a consulta do programa da muller, ademais dunha sala polivalente para atender casos urxentes ou a realización de técnicas, así como unha sala para patoloxías respiratorias. Desde o punto de vista do profesional tamén haberá unha mellora importante nas instalacións, xa que o novo centro contará cunha sala de xuntas, vestiarios e almacén, e dúas consultas de medicina xeral e outras dúas de enfermería, coas dimensións establecidas nos criterios asistenciais do Sergas.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia construirá en Boborás un novo centro de saúde que aumentará en case un 40% a superficie do actual.
A tal efecto, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego e a alcaldesa deste concello, Patricia Torres, asinaron un convenio de colaboración para edificar este novo centro nunha parcela cedida polo concello.
Tal e como detallou o conselleiro, o novo centro de saúde vai ter 650 metros cadrados e nel contarase cun espazo específico para a consulta do programa da muller. Ademais, terá unha sala polivalente que poderá usarse para a atención de casos urxentes ou para a realización de técnicas.
Tamén terá unha sala específica para casos de patoloxías respiratorias, co obxecto de garantir que, no caso da covid ou de calquera outra infección semellante, a atención a este paciente non comprometa nin aos outros usuarios nin aos profesionais.
Dende o punto de vista do profesional tamén haberá unha mellora importante nas instalacións, xa que o novo centro contará cunha sala de xuntas, vestiarios e almacén. Terá, así mesmo, dúas consultas de medicina xeral e dúas de enfermería, coas dimensións establecidas nos criterios asistenciais unificados do Sergas.
En consecuencia, “vai ser un inmoble moderno para darlle aos profesionais unha contorna de traballo á altura do seu labor”, dixo o conselleiro no acto, no que tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; e o xerente da área sanitaria, Félix Rubial, García Comesaña sinalou que Boborás será o primeiro concello da fase 1 do Plan de Infraestruturas de Atención Primaria, aprobado o pasado mes de outubro polo Goberno galego, que se constrúa e poña en marcha, “o que demostra a aposta da Xunta porque a cidadanía do rural reciba a mellor asistencia e porque os profesionais que exercen nestes centros traballen nas mellores condicións”.
Ao respecto disto, o conselleiro destacou a celeridade do concello no proceso de identificación da parcela e no inicio dos trámites de expropiación, coa colaboración da Deputación de Ourense.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe algunhas das melloras levadas a cabo no Concello de Avión que contou o ano pasado cunha axuda de 28.650 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental para a adquisición dun vehículo con distintivo ambiental Eco.
Natalia Prieto lembrou que o investimento total neste concello nos últimos anos supera 1 millón de euros, que foron destinados, entre outros proxectos, á instalación solar térmica na residencia de maiores de propiedade municipal; á creación dun espazo destinado a infancia en Barroso; ou á recuperación da antiga levada como sendeiro en Amiudal, dentro do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) en Albarellos, así como á adquisición de máquina retrocargadora para a realización de labores ambientais e de prevención de incendios forestais.
Tamén se instalou un punto para almacenamento temporal de residuos de construción e demolición, e outros residuos urbanos, xunto con melloras de eficiencia enerxética de alumeados públicos en diversas localidades do termo municipal de Avión. No ano 2017 foron premiados co 3º premio dos Coopera pola creación do Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño con 12.500 euros, no marco da Mancomunidade Turística do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro, da que forman parte os concellos de Arnoia, Amoeiro, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Maside, O Carballiño, O Irixo, Piñor, Pontedeva, Ribadavia, San Amaro e San Cristovo de Cea.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do alcalde de Maside, José Manuel Iglesias visitou as obras que se realizaron no centro de saúde de Maside que permitiron levar a cabo melloras para a posta a punto do edificio naqueles elementos máis deteriorados.
O orzamento executado ascendeu a algo máis de 48.000 euros e foi financiado a partes iguais pola Xunta e polo Goberno local ao tratarse dun edificio de titularidade municipal. Pola súa parte, o Concello foi encargado de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras coa redacción do documento técnico necesario para a execución das obras, licitación e execución das mesmas.
O delegado territorial destacou que se levou a cabo esta actuación porque o edificio requiría dunha serie de actuacións para o acondicionamento e melloras das súas instalacións que se foron deteriorando co paso do tempo. Gabriel Alén informou de que as obras que se levaron a cabo consistiron en renovar a carpintería exterior, a adaptación do aseo, acabados interiores e renovar a calefacción.
O representante do Goberno galego puxo en valor este investimento para mellorar a calidade asistencial do centro de saúde para facilitar o seu uso por parte dos veciños e destacou o esforzo inversor por parte da Xunta para acondicionar o edificio municipal no que se presta o servizo sanitario aos veciños de Maside; e lembrou a recente reforma da cuberta deste edificio, na que Vicepresidencia primeira investiu case 34.000 euros.

A porta fora reforzada por dentro cunha plancha metálica antirroubo, o que impedíu que os ladróns poidesen acceder ao interior, aínda que a porta de madeira da parte lateral do templo ardeu por completo.
A igrexa parroquial de San Xoán de Ourantes está alonxada do núcleo de poboación, unha característica que parece está sendo común na maioria das igrexas da contorna que foron obxeto de roubo nas últimas semanas, desta maneira os autores poden actúar con total impunidade, sobre todo se o fan de noite. Varias igrexas parroquiais dos concellos de Boborás, San Amaro, Maside e Punxín foron roubadas no transcurso das últimas semanas.
O párroco de Ourantes, Victor Bernárdez, lamentou en COPE O Carballiño esta vaga de roubos que se está rexistrando nas igrexas da comarca "esta vez, salvámonos pero non estamos libres de que poden volver intentálo". O responsable desta parroquia pensa que este carrusel de roubos son obra dunha banda organizada dedicada ao mercado tráfico de tallas relixiosas, e agarda que as investigacións que está a levar a cabo a Garda Civil poidan poñer fin a esta vaga de roubos que está causando intranquilidade e malestar no rural.

A Insua dos Poetas acolleu este lúns 21 de marzo a celebración do Dia da Poesía, con ampla presenza institucional e a participación dunha representación do alumnado dos centros IES No1 do Carballiño, IES Chamoso Lamas do Carballiño, Colexio Vila do Arenteiro, Colexio Sagrado Corazón, CEIP Calvo Sotelo, CEIP Uceira, CEIP Maside, CEIP Boborás, CEIP O Irixo e alumnado do IES O Castro, de Vigo.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, repasou as raíces do galeguismo, representado na tradición literaria galega con fitos coma a Xeración Nós, un pilar do goberno provincial de Ourense manifestado con actos coma o “Manifesto do Irixo”, o compromiso asinado o pasado ano lembrando os pasos de Ramón Otero Pedrayo, López Cuevillas ou Vicente Risco. “Hoxe lembramos, polo moito que significan, os acentos de milleiros e milleiras de ourensáns e ourensás, que alentaron á fala propia nos seus fogares e nos seus traballos, nas súas vidas, dentro e fóra de Galicia, alí a onde levasen os sábregos ventos da inmigración”, sinalou o presidente da Deputación de Ourense, que destaca que “a lingua propia, como establece o Estatuto de Autonomía, constitúe a chave da identidade de Galicia, por iso dende a peculiaridade ourensá, a ourensanía, un sentimento que transcende límites administrativos e non entende de fronteiras, algo que nace connosco e que permanece, comprometémonos a apoiar cantas medidas sexan necesarias para lograr un maior pulo normalizador que incida no emprego da lingua galega a todos os niveis”.
Manuel Baltar quixo reivindicar o futuro da poesía: “É a expresión da liberdade, pero tamén pode ser lirismo puro, sátira, humor, crítica e denuncia social, exaltación da natureza, canción de amor ou desamor e outras moitas formas de sentimento. A poesía procura a verdade, e dende a música da palabra, segue a ser útil e válida no tempo presente por moi convulso que nos pareza. A poesía perdurará, por iso seguiremos celebrándoa cada 21 de marzo”.
Durante a súa intervención, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, tamén valorou a importancia da poesía nestes momentos convulsos: “Esta non é situación fácil, pero actos así non son superfluos. Se sempre é importante celebrar estas actividades e poñer en valor a cultura, hoxe é máis necesario ca nunca”. O conselleiro celebrou os fortes vencellos de Galicia coa poesía: “Nós somos Galicia por moitas cousas, fundamentalmente grazas ao noso idioma e tamén pola poesía. Somos un país de poetas”.
Pola súa banda, Luís González Tosar, despois de abrir o acto destacando a retirada simbólica da máscara nas actividades escolares ao aire libre parafraseou a Luis Pimentel: “A poesía non hai que definila, é o gran milagre do mundo”. O presidente da Fundación Insua dos Poetas e do Pen Galicia celebrou a presencia dos escolares -“a Insua dos Poetas é patrimonio voso”- e, ante “a barbarie da guerra”, lembrou aos rapaces a importancia da cultura: “Vos tedes a palabra, o artefacto máis potente do mundo”.
Durante o acto, cooganizado pola Deputación de Ourense, Fundación Insua dos Poetas, Centro Pen Galicia, Xunta de Galicia e o Concello do Carballiño, un grupo de escolares recitou poemas de Florencio Delgado Gurriarán, figura homenaxeada do Día das Letras Galegas 2022. A poeta Mirian Sandoval presentou “Cantares Transhumantes”, un espectáculo de poesía, música e danza nun Día Internacional da Poesía que rematou na Insua dos Poetas coa plantación dun ombú, árbore simbólica da Pampa, en homenaxe ás Letras Arxentinas, reivindicando o peso específico desta cultura na tradición iberoamericana.

O alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira comentou en COPE O Carballiño que esta idea "xurdíu e consolidouse este ano en Fitur, ademáis do Irixo van incorporarse a esa asociación no que respecta á provincia de Ourense os concellos de Larouco e A Veiga, e xa formaba parte desta rede o concello de Ribadavia, que ata agora era o único da provincia".
Cerdeira considera que con esta adhesión por parte do concello, O Irixo contará cunha nova plataforma de promoción dos productos locais, das rutas de sendeirismo e dos moitos atractívos turísticos do municipio, fundamentalmente a súa riqueza natural e paisaxística. A Iniciativa Pobos Máxicos pretende axudar aos municipios para poñer en valor os seus recursos locais impulsando o Desenvolvemento Turístico Local. Analízase cada territorio en base a dez áreas de traballo que inclúen Calidade de Vida, Urbanismo, Patrimonio, Festas e Tradicións, Gastronomía e Produtos Locais, Paisaxes, Natureza e outros intanxibles que fan que uns pobos sexan únicos, sexan máxicos.
Unha vez realizado este primeiro estudo considérase a un pobo como Pobo Máxico Seleccionado, nese momento contáctase coas autoridades locais informándolles da análise feita, explicando o programa e comprobando se teñen interese en participar no mesmo. Unha vez que as autoridades locais manifestan o seu interese en incluír o seu pobo na Rede de Pobos Máxicos visítase o mesmo e xunto ás autoridades locais, técnicos de turismo, asociacións de comerciantes, hostaleiros, etc. faise un traballo de campo para elaborar o expediente como Pobo Máxico Candidato e sométese á consideración do Comité Técnico Nacional de Pobos Máxicos .
A inclusión dun Pobo na Rede de Pobos Máxicos de Españas supón o acceso aos múltiples servizos de Promoción e Desenvolvemento Territorial que esta ofrece e ao uso da Marca Rexistrada e Logo de Pobos Máxicos de España, como distintivo de calidade e singularidade do Municipio.

Devoción que vai en aumento nas últimas semanas na comarca, os roubos nas igrexas parroquiais, os últimos rexistrados foron nas igrexas na igrexas de San Martiño do Lago e Santa María de Vilela.
Na parroquial do Lago, no concello de Maside, leváronse cinco tallas, que se corresponden coas imaxes de Santa Lucía, San Xudas Tadeo, San Xosé, San Benito e San Roque, ademáis de outros obxetos relixiosos, dous cálices, un copón e un incensario.
Na igrexa parroquial de Vilela, no concello de Punxín, roubaron unha talla relixiosa, dous copóns, un sagrario e un cáliz. Ambos roubos súmanse aos rexistrados días atrás noutras dúas igrexas parroquias no concello de San Amaro, as de San Fiz de Navío e Santa María de Salamonde.
La planta de lodos que se ubica entre los pueblos de Lamas y Nogueira es la principal responsable de los malos y fuertes olores que padecen estos días los vecinos de numerosos pueblos de Leiro, señalan los socialistas en este Concello. El Grupo del PSOE asegura haber tenido en los últimos días varias quejas de vecinos de diferentes pueblos que se encuentran alrededor de dicha planta, por los olores “insoportables” que salen de dicha instalación y que se acrecentan, cuando las temperaturas son elevadas.
Según los socialistas, los vecinos no descartan ahora mismo llegar a crear una plataforma ciudadana ante la “pasividade e ineptitude” de la autoridades locales, señala el PSOE, que apunta al Gobierno Municipal de Leiro y, en concreto, a su alcalde, Francisco José Fernández y su tercero teniente alcalde, como los máximos responsables de la situación.
El Grupo municipal del PSOE incidimos especialmente en la responsabilidad del regidor municipal y de su tercero teniente alcalde, al que ahora les recordamos que antes de instalarse el depósito de lodos donde actualmente esté, afirmaban a los vecinos que dicha planta no produciría olor alguno e invitaron a algunos a visitar una de estas plantas en el vecino Portugal.
“Os socialistas sinalamos que o alcalde de leiro é un mentiroso, como tantas outras veces, xa que o único que saca beneficio é a empresa que explota a planta, porque mesmo algúns traballadores da instalación tiveron que deixalo por non ser capaces de aguantar os cheiros”, concluye el portavoz de los socialistas, Manuel Rodríguez, mientras asegura que su Grupo seguirá haciéndose eco del malestar que dichos olores están causando entre los vecinos de varios núcleos de Leiro y también van a pedir al ayuntamiento “que dicha planta cumple con todas la medidas reglamentarias relativas al Medio Ambiente y de Seguridad”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 206
- 207
- 208
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- …
- seguinte ›
- última »