27, Decembro 2024

Os catro concelleiros do grupo do Partido Popular e a concelleira do grupo socialista Dolores Fariñas -que ven de sustituír a Iago Fariñas tras a recuncia déste, veñen de asinar unha moción de censura que xa foi rexistrada no concello do Irixo para a destitución da actúal alcaldesa Susana Iglesias, do grupo Xuntos polo Irixo, que gobernaba en solitario xunta á concelleira Tamara Civeira.

Desta maneira, o concello do Irixo terá tres persoas á fronte da alcaldía en apenas ano e media, e dúas mocións de censura, a que desaloxou da alcadía a Manuel Cerdeira o candidato do Partido Popular que fora o máis votado nas eleccións municipais de 2023 e agora unha segunda que propiciará un novo cámbio na alcaldía do Irixo, que pasará a obtentar a socialista Rosa María Dalama.

Para acceder ao escrito da moción de censura preme no seguinte enlace:

https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:76401f72-f966-4be1-996d-5337...

27, Decembro 2024

A noticia avanzada esta mañá por COPE O Carballiño, o acordo entre PP e PSOE no Irixo, que veñen de asinar unha moción de censura que destituirá da alcaldía o próximo dia 13 de xaneiro á actúal alcaldesa Susana Iglesias, e nomeará á socialista Maria Rosa Dalama como nova alcaldesa do concello do Irixo, foi o máis comentado nesta tertulia do venres dia 27 de decembro.

Xunto a Xan Pinal, estiveron nos estudios de COPE O Carballño José Antonio Barge, Maria Luisa Rodríguez, Sebas Lamazares e Fátima Gómez.

Escóitaa aquí:

 

25, Decembro 2024

O Carballiño recupera para a súa oferta de ocio unha sala que foi todo un simbolo e e lugar de culto para varias xeneracións desde a súa apertura a principios da década dos anos oitenta do século pasado, aínda que con varias reformas posteriores que foi transformando e modernizando as súas instalacións orixinais.

Agora, tras unha nova "posta a punto" a nova xerencia de Maxims aposta por unha oferta variada adaptada aos tempos actuais e pensada para todos os públicos. Asi, a idea é ofrecer os venres sesións con música dos 80 e 90 e concertos en vivo, os sábados sesións para un público máis xoven con DJs e Festas "Remember", e para completar as fines de semana a intención e recuperar os míticos "domingos de Maxims", que marcara unha época tanto para miles de persoas do Carballño e O Ribeiro, como de máis alá.

A reapertura da que xa se anuncia como "a sala máis carismática de todos os tempos" será este sábado dia 28 de decembro, ademáis xa están a venda as entradas para a gran noite de "fin de ano", que poden adquirirse a través do Whatsapp 649 622 270 ou o propio dia na taquilla da discoteca.

25, Decembro 2024

O outro dia petoume a porta a una señora moi botada para adiante, si a Sra alcaldesa do Irixo, viñan cun calendario por a porta e moito conto dese que trae ela, como se as que a vimos nacer non souperamos ben quen e a Susana iglesias e compañía… di vostede moitas cousas que non debería, o problema e que non se escoita, e todos lle sorrimos e nadie lle contesta a esas cousas que di pero estamos desexando que volte voste a farmacia porque nese posto era no que realmente podía facer por un sueldo algo sincero e dende logo non decía as cousas que di, donde esta ahora solo fai poñer unha cara cando sabemos que ten outra. A xente do Irixo non se convence por un calendario ou una libra de chocolate  e menos por uns cafes nos bares, esta vostede facendo o contrario do que pensa, faga e diganos o que queira, sabe e sabemos que non foi capaz de ocupar ese posto con humildade e xenerosidade, esperamos moita xente, incluida a que lle sorrimos e falamos o caso que volte voste a farmacia ou se ali non a queren xa para a sua casa… so lle din que a queren ahí os que din unha cousa e pensan outra ou os que estanlle a mamar do teto do concello directa ou indirectamente porque son coma vostedde xente interesada. feliz nadal a boa xente do Irixo no que non se incluie a sua actual alcaldesa e compañía….

 

24, Decembro 2024
23, Decembro 2024

Dende fai unhas semanas, atópase mal estacionado un vehículo na rúa dos Carboeiros, xusto antes do cruce coa estrada de Pontevedra. A localización do vehículo é especialmente problemática,de feito, xa se produciu un accidente entre dous vehículos. Este mal estacionamento obriga aos condutores que se dirixen á autoestrada a invadir o carril contrario, poñendo en perigo os vehículos que circulan correctamente polo seu carril e que proceden desta.

Quero tamén denunciar a deixadez de funcións por parte das autoridades. Este é un punto polo que pasan diariamente a policía local e a Garda Civil e ignoran completamente esta situación. Parece que a súa única preocupación son os vehículos mal estacionados os días de feira.

 

 

23, Decembro 2024

Escoita aquí a entrevista a entrevista a Francisco Fumega, na que o alcalde carballiñés fai balance de 2024 na xestión municipal e avanza os principais proxectos do concello carballiñés para 2025.

21, Decembro 2024

Peeo que es esto de un sakudito "mami", donde estamossss.

Y un coche de proteccion civil con sirenas acompañando y haciendo el tonto. 

D everdad a este nivel llegamos? 

20, Decembro 2024

José Antonio Barge, Maria Luisa Rodríguez, Sebas Lamazares e Manuel Nogueira estiveron xunto a Xan Pinal nos estudios de COPE O Carballiño nunha nova entrega da Tertulia dos Venres, a correspondente a este 20 de decembro de 2024.

Escóitaa aquí:

20, Decembro 2024

Estimados Sres. que xestionan este servizo,

Dende o pasado mes de xullo deixaron "abandoados" restos de un moble  na rua monte do moucho (e a que une o pavillón de deportes co lugar de ollal na parroquia de Veiga).

Chamei a este servizo para solicitar que recolleran os mencionados restos, fun por alí en duas ocasions, e a contestación sempre e a mesma: EN BREVE PASAREMOS A RETIRALOS.

A día de oxe os restos do moble ainda siguen alí, cada vez en peor estado por as inclemencias do tempo.

Preguntome si os ciudadans do nos querido pobo solo estamos para pagar impostos en logo a hora de prestarnos un servizo, parece que non existimos.

Unha vez máis, pregolle que pasen a recoller estos restos, están o lado do contenedor da basura.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS