15, Marzo 2022

Dende primeira hora da mañá deste martes o po sahariano xa chegou a O Carballiño, cubrindo con cor de tonalidade laranxa o ceo, un excepcional episodio o que pode verse.

Un fenómeno que non se producía con esta intensidade dende facía varias décadas, e que ademáis se traduce nun repentino aumento das temperaturas que mañá volverán desplomarse, según os pronósticos.

15, Marzo 2022

Cáritas Parroquial do Carballiño fai un chamamento a aquelas persoas que poidan axudar con aportacións en diñeiro para costear os elevados gastos do transporte do material solidario para o pobo ucraíno enviado dende O Carballiño.

Para elo, Cáritas Parroquial do Carballiño ten aberta unha conta bancaria, que é a seguinte: ES66 0182 0635 5102 0153 8409

A pasada semana saía un primeiro envio, e hoxe mesmo parte un cargamento con 30 palés con destino a Polonia, e xa traballan para facer un terceiro envio, para elo continúa aberta a recepción de enseres, comida e alimentos, que se recolle no local da rúa Evaristo Vaamonde en horario diario de 6 a 8 da tarde.

 

14, Marzo 2022

Dous xóvenes protagonizaron a primeira hora deste lúns un novo episodio violento nas rúas do Carballiño, ambos discutiron nos soportais da Alameda portando un coitelo de cociña, unha pelexa que foi presenciada por varias persoas que alertaron á Policia Local.

Tres patrullas acudiron á chamada e procederon á detención dos dous xóvenes, que trasladaron a dependencias policiais, agora o atestado policial será trasladado á sede xudicial.

Dende a Policia Local recoñecian a COPE O Carballiño un repunte dos casos de violencia nas rúas do Carballiño nos últimos meses "estamos moi por riba dos casos que viñan sendo habituais noutros anos, sobre todo coincidindo coas fines de semana, e maioritariamente entre xente moza, aínda que falamos dun fenómeno que non está sendo exclusivo do Carballiño, senón de moitas outras localidades de toda España", unhas declaracións do responsable da PL Francisco Valeiras que avalan o incremento da violencia na rúas carballiñesas nos últimos meses.

13, Marzo 2022

A Garda Civil corfirma o achádego dunha muller morta no Punto Limpo do Carballiño, ao parecer, trátase do cadáver dunha muller de nacionalidade brasileña de 38 anos de idade, residente no Carballiño.

O cadáver xa foi trasladado para practicarlle a autopsía, que determinará a causa da morte. A Policia Xudicial investiga as circustancias que rodean a este suceso.

13, Marzo 2022

Na mañá deste domingo chegaba a destino o autocar conducido polos tres chóferes de Empresa Montañesa que partira do Carballiño o pasado venres, transportando o primeiro envio con material solidario recollido por Cáritas Parroquial do Carballiño, con doazóns das comarcas do Carballiño-O Ribeiro, e doutras zonas da provincia.

Agora, na viaxe de volta, no mesmo autocar -con 48 prazas dispoñibles- traerán a persoas ucraínas refuxiadas -nenos e nenas e mulleres- que transportarán ata Madrid, onde serán atendidas pola Fundación Madrina.

13, Marzo 2022

Este martes dia 15 de marzo está previsto o segundo envio que fai Cáritas Parroquial do Carballiño, en total serán 30 palés de material solidario que xa está debidamente clasificado e etiquetado para o seu transporte ata Polonia, do que se encargará un camión da flota de Acar Operadora, con sede no parque empresarial de Xinzo de Limia.

A iniciativa para trasnportar o material partíu da Asociación de Empresarios do Polígono de Xinzo de Limia, e xa están feitas as xestións para a descarga no punto de destino, nunha zona próxima á fronteira entre Polonia e Ucrania. 

 

12, Marzo 2022

O Instituto de Estudios Carballiñeses fixo entrega do Premio "Agora do Orcellón" na súa quinta edición á cardióloga Marisa Crespo Leiro (Santrós-San Cristovo de Cea, 1961), recoñecendo os seus méritos profesionais e humanos por toda unha vida dedicada á medicina.

Ao acto de entrega do premio, celebrado no salón de actos do IES nº1 do Carballiño, asistíu un numeroso público invitado polo director do Instituto de Estudos Carballineses, Avelino Muleiro, entre os que estaban o delegado territorial da Xunta Gabriel Alén; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o presidente do Parlamento Gallego, Miguel Ángel Santalices; o Secretario Xeral de POlítica Lingüistica Valentín García e, por suposto, a premiada, Marisa Crespo, que estivo arroupada por varios amigos e compañeiros de profesión. Marisa Crespo Leiro é doutora en Medicina pola Universidade Autónoma de Madrid e especialista en cardioloxía polo Hospital Porta de Hierro de Madrid.

Na actualidade é responsable da Unidade de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante Cardíaco no Complexo Hospitalaria Universitario da Coruña, o cal compaxina coa docencia na Universidade da Coruña e coa súa participación no Centro de Investigación Biomédica na Rede Cardiovascular e no Grupo de Investigación de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante Cardíaco do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña.

A doutora ceense tamén é membro honorario internacional da Heart Failure Society of America ( HFSA) e membro do grupo de traballo Building Research Initiative Group: Chronic Illnes Management and Adherence in Transplantation ( BRIGHT). A súa calidade humana, a súa entrega e dedicación a cada paciente e o seu compromiso coa Sanidade publica fixérona tamén merecedora deste premio. Unhas calidades xa recoñecidas con anterioridade coa medalla de ouro e brillantes do Colexio Médico da Coruña, coa medalla Castelao concedida polo Goberno galego ou co nomeamento como filla predilecta do Concello de San Cristovo de Cea.

11, Marzo 2022

Numerosos oíntes de COPE O Carballiño manifestaron as súas queixas nesta emisora de radio tras atoparse este venres 11 de marzo a entrada de acceso ao centro sanitario completamente asolagado pola acumulación de varios centimetros de auga, unha situación que provocou dificultades para os usuarios que nesta xornada trataban de entrar ao centro de saúde do Carballiño.

Ao parecer, a causa desta incidencia tras as choivas caidas nos últimos dias está na obra de asfaltado executada recentemente, que taponou os sumidoiros de pluviais. 

"Chamo para denunciar pulicamente esta chapuza, é lamentable, supoño que o concello está o tanto e esixirá a empresa que fixo esto que corrixa esta chapuza", manifestou un dos usuarios que esta mañá encontrouse con estas deficientes condicións na entrada ao edificio sanitario. Outro oínte ironizaba "polo menos foran previsores e puxeran unhas barcas, espero que polo menos a empresa faga un desconto na factura".

Outro usuario tivo palabras de agradecemento para os traballadores do 061-Urxencias Médicas "pola súa boa actitude axudando ás persoas que utilizan cadeiras de rodas tanto para entrar como para saír do centro de saúde".

 

 

11, Marzo 2022

O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia que as obras realizadas polo alcalde do Partido Popular, Francisco José Fernández, no campo de fútbol do municipio non contaron coa autorización pertinente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Os socialistas explican que no proxecto de reforma instaláronse unhas gradas fixas de formigón construídas no devandito campo de fútbol, situadas a menos de 100 metros do río Avia e en zona inundable, polo que era “imprescindible” contar coa autorización da CHMS.

Dende o Grupo Municipal Socialista anuncia que tomarán as medidas “oportunas” ao respecto e non descartan levar esta obra ante a “xustiza”, xa que segundo explican “non consta na Confederación ningunha solicitude rexistrada polo Concello para dita reforma, nin autorización para a instalación desta estrutura prefabricada de formigón”. Dende o PSdeG-PSOE en Leiro consideran que “á espera das dilixencias previas abertas na CHMS, todo indica que o alcalde e senador non observou as normas preceptivas para todos, e que no exercicio das súas funcións, fai cumprir a todos os veciños e veciñas”.

O proxecto para a reforma da iluminación, vestiarios e ambiente do campo de fútbol contaba cun investimento de 65.000 euros e no mesmo procedeuse a substitución da tribuna metálica móbil de dez metros de lonxitude por outra nova de prefabricado de formigón, fixa e de doce metros de lonxitude. “O problema vén na instalación deste elemento fixo, xa que coa presenza do río a escasos 100 metros e sita en zona inundable, é de obrigado cumprimento requirir os permisos oportunos a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, cousa que o alcalde de Leiro non fixo”, alertan os socialistas.

Para o voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, este é outro exemplo “claro” da forma de actuar do rexedor do municipio, “sempre pola porta de atrás, caendo nas mentiras e na manipulación e abusando do seu poder”. Para o edil socialista a situación “é moi preocupante, posto que o señor Fernández ignorou por completo a normativa vixente e os requisitos que deben cumprir as construcións en zona inundable”.

Rodríguez Vázquez tamén sinala que os socialistas “non nos opomos a mellora das instalacións do campo de fútbol de Leiro, xa que concordamos que precisaba dunha mellora, pero non estamos conformes coa forma de levar a cabo esta obra, sen pedir as autorizacións pertinentes e ignorando por completo a lei de chan inundable”. Ante esta situación, o voceiro do PSdeG-PSOE anuncia que “estudiaremos todas as medidas posibles e xa nos puxemos en contacto coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que teñan coñecemento do sucedido e tomen as medidas que consideren oportunas”.

Os socialistas tamén denuncian que nun “novo alarde de falta de transparencia e ausencia total de ética”, o alcalde do Partido Popular “tentou agocharnos a resposta oficial da CHMS a dous escritos rexistrados polos socialistas o 29 de decembro de 2021 e o 4 de febreiro de 2022. Relata o voceiro do PSOE en Leiro “a resposta chegou por correo electrónico ao Concello o pasado 11 de febreiro ao meu nome, pero ata o día de hoxe o alcalde non nos deu traslado oficial de dita información, a pesar de ser os destinatarios da mesma e tivemos que pornos en contacto directamente coa CHMS, quen nos confirmou o envío do escrito e nolo fixo chegar directamente”.

10, Marzo 2022

Un autocar de Empresa Montañesa, con tres conductores, parte este venres dia 11 ás 11 da mañá dende O Carballiño co primeiro envio de material solidario organizado por Cáritas Parroquial do Carballiño, con destino a Varsovia-Polonia, onde será entregado. 

Empresa Montañesa non so vai colaborar desta maneira con Cáritas Parroquial do Carballiño, senón que tamén o fai coa Fundación Madrinas, xa que na viaxe de volta transportará a Madrid a 48 persoas refuxiadas, na súa maioria nenos e as súas nais "aínda que estamos abertos a calquera outra indicación que nos fagan porque todo esto pode cambiar dun a outro día", dixo en COPE O Carballiño Manuel Carballeda, xerente de Empresa Montañesa.

Son 3.500 kilómetros os que distancian O Carbaliño do punto de destino para este autocar, que ten previsto a súa chegada a Varsovia a primeira hora da mañá do domingo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS